Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Coñecemento dos principais conceptos, teorías e métodos da Psicoloxía do Envellecemento.
-Coñecemento do proceso de desenvolvemento persoal e emocional no envellecemento.
-Coñecemento dos principais sistemas e procedementos de avaliación persoal e emocional no envellecemento.
1. Conceptos, teorías e métodos da Psicoxerontoloxía
2. Personalidade e adaptación na vellez
3. Emocións e envellecemento
4. Avaliación das dimensións personais e emocionais
Suministrarase material bibliográficos a través da aula virtual.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Schaie, K. W., & Willis, S. L. (Eds.). (2016). Handbook of the Psychology of Aging. Academic Press.
Scheibe, S.& Carstensen,L.L. (2010). Emotional Aging: Recent Findings and Future Trends. The Journals of Gerontology: Series B, 65B(2), 135–144.
Triadó, C., Celdrán, M. & Villar, F. (2019). Desarrollo adulto y envejecimiento: una perspectiva psicológica. En C.Triadó, M.Celdrán, & F.Villar (Coords.). Desarrollo adulto y envejecimiento (pp. 15-44). Alianza
Villar, F. (2005). El enfoque del ciclo vital: hacia un abordaje evolutivo del envejecimiento. En M. Sánchez y S. Pinazo (Eds.), Gerontología: Actualización, innovación y propuestas (pp. 145-181). Pearson
Villar, F. & Serrat, R. (2019). Personalidad y adaptación. En C.Triadó, M.Celdrán, y F.Villar (Coords.). Desarrollo adulto y envejecimiento (pp. 139-175). Alianza.
Villar, F. & Triadó, C. (2006). El estudio del ciclo vital a partir de historias de vida: una propuesta práctica. Publicacions de la Universitat de Barcelona.
Yanguas, J. J. (2009). Emociones y envejecimiento. Fundación Viure i Conviure de Caixa Cataluña.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Charles, S.T. & Carstensen, L.L. (2007). Emotion regulation and aging. En J.J. Gross (Ed.), Handbook of Emotion Regulation. Guilford Press.
De Medeiros, K. (2014). Narrative Gerontology. Springer.
Fernández-Ballesteros, R. (2009). Envejecimiento activo. Contribuciones de la Psicología. Pirámide.
Lang, F. R., & Carstensen, L. L. (2002). Time counts: Future time perspective, goals and social relationships. Psychology and Aging, 17, 125-139
Magai, C. (2010) Longed lived emotions. In Lewis, M. D., Haviland-Jones, J. M., & Barrett, L. F. (Eds.). Handbook of emotions. Guilford Press.
Márquez, M.; Fernández De Trocóniz, M.; Montorio, I. & Losada, A. (2008) Experiencia y Regulación emocional a lo largo de etapa adulta del ciclo vital: análisis comparativo en tres grupos de edad, Psicothema, 20, (4), 616-622.
ONU (2002). Plan de Acción Internacional de Madrid sobre el envejecimiento. Organización Naciones Unidas.
Sánchez, M. & Martínez, A. (2007). Una sociedad para todas las edades. En M. Sánchez (Dir.). Programas intergeneracionales. Hacia una sociedad para todas las edades (pp. 16-36). Obra Social ‘La Caixa’.
Scheibe, S., & Carstensen, L.L. (2010). Emotional aging: recent findings and future trends. Journal of Gerontology: Psychological Sciences, 65B(2), 135–144.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Coñecer a nivel avanzado o proceso de envellecemento normal e patolóxico desde o punto de vista psicobiolóxico, cognitivo, persoal e social.
CG8 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro dos contextos interdisciplinares relacionados coa Psicoxerontoloxía.
CB6 - Posuir e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miudo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudiantes saiban aplicar os coñcementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplios (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
TRANSVERSAIS
CT1 - Saber obter, analizar e sintetizar información especializada.
CT4 - Desenvolver a capacidade de traballo autónomo con capacidade autocrítica.
ESPECÍFICAS
CE11 - Saber identificar e formular problemas de investigación e participar no deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación en Psicoxerontoloxía.
CE12 - Coñecer, aplicar e interpretar análisis de datos aplicados ao estudo del envellecemento.
CE1 - Saber aplicar as teorías sobre o envellecemento na conceptualización dos casos e situacións concretos.
As clases combinarán a metodoloxía expositiva con metodoloxía participativa por medio de traballo colaborativo e en grupos e tamén individual, de forma que se promova o traballo autónomo do estudante. Na parte expositiva introducirase e explicarase o sentido dos temas, clarificarase os conceptos importantes, orientarase e guiarase a realización de traballos, darase unha visión global dos diferentes contidos e relacionarase coñecementos para promover a significatividade da aprendizaxe. Os materiais empregados nelas estarán a disposición do alumnado no servicios na aula virtual.
O traballo máis interactivo, que comprenderá tarefas individuais e/ou grupais, irá dirixido a que o alumnado adquira dominio no manexo das diferentes fontes documentais (documentos audiovisuais e escritos), realice traballos cooperativos para a resolución de problemas, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, axudados da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requeridas e os materiais necesarios serán presentados o alumnado nas correspondentes sesións de clase e na aula virtual.
No desenvolvemento das clases usarase material audio-visual para exemplificar, analizar e discutir o contido conceptual, procedimental ou actitudinal a través dun medio que permita expresar e debatir opinións.
As tarefas de esta materia están vinculadas a un Proxecto de ApS.
-Participación activa en clase: ponderarase sobre un 40%
-Examen ou Informe de traballos individuais ou en grupo: ponderarase sobre un 60%
Posto que a participación é unha parte importante da nota, é obrigatoria a asistencia ao 80% das clases, salvo faltas debidamente xustificadas.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/ as alumnos/as poderán solicitar DISPENSA DE ASISTENCIA ou EXENCIÓN DE DOCENCIA. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado nos primeiros 15 días de curso para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia. As directrices poderán pactarse tendo en conta as particularidades das circunstancias de cada alumno ou alumna. Non obstante, a alternativa xeral será da realización dunha proba específica (4 puntos) e a realización de traballo individual (6 puntos).
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
O tempo total de estudo e traballo do/a estudante para superar esta materia é de 75 horas (25 horas por crédito), distribuídas do seguinte xeito:
- Clases presenciais: 24 horas (9 horas expositivas, 12 interactivas e 3 de titorías)
- Traballo tutelado do/a alumnado: 16 horas
- Traballo autónomo do/a estudante: 35 horas
Recoméndase que o alumnado realice unha análise detallada da documentación e materiais suministrados.Para eso é imprescindible que teña unha participación activa en clase e a través da aula virtual.
Recoméndase que o alumnado faga uso das titorías para resolver dúbidas sobre a materia, como complemento ás clases expositivas e interactivas. O horario de titorías comunicarase ao inicio do semestre presencialmente e a través do Campus Virtual.
Cristina Lojo Seoane
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813908
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Irene Rodríguez Trejo
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Correo electrónico
- irene.rodriguez.trejo [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral_Doutoramento Industrial
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 11 |
Mércores | |||
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 11 |
Venres | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 11 |
09.01.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
16.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |