Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Psiquiatría
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Saber avaliar os trastornos de ansiedade, estado de ánimo, do sono, de conduta e delirantes no envellecemento.
• Saber desenvolver programas de intervención neses trastornos.
Bloque 1. BASES DA INTERVENCIÓN NOS TRASTORNOS MENTAIS NO ENVELLECEMENTO.
Tema 1. Introdución. Trastornos mentais e perspectiva do ciclo vital. Epidemioloxía. A valoración psicogerontológica integral: a interacción entre os factores mentais, físicos e sociais.
Tema 2. Avaliación clínica. Dificultades máis habituais, habilidades específicas. Características das entrevistas, cuestionarios e escalas. A avaliación baseada en necesidades. Instrumentos.
Tema 3. Características da intervención con persoas maiores. Principios da organización da asistencia psicogeriátrica. Marcos normativos relevantes, nacionais e internacionais.
Tema 4. A intervención en distintos niveis asistenciais. A intervención en residencias de maiores. Novas formas de intervención. Telepsicoxeriatría.
Bloque 2. AVALIACIÓN E INTERVENCIÓN NOS TRASTORNOS DE ANSIEDADE
Tema 5. Clasificación e características dos trastornos de ansiedade nos maiores. Avaliación. Diagnóstico e comorbilidade física e mental. Xeneralidades do tratamento farmacolóxico. Intervención psicolóxica. Prevención.
Tema 6. Avaliación e intervención nos trastornos do sono. Clasificación dos trastornos do sono. Disomnias: trastornos intrínsecos do sono, trastornos extrínsecos do sono, trastornos do ritmo circadiano. Parasomnias: trastornos do espertar, trastornos da transición sono vixía, trastornos asociados ao sono REM, outras parasomnias. Trastornos asociados con procesos médicos ou psiquiátricos..
Bloque 3. AVALIACIÓN E INTERVENCIÓN NOS TRASTORNOS DO ESTADO DE ÁNIMO
Tema 7. Trastornos Depresivos. Clasificación. Heteroxeneidade clínica e etiolóxica dos trastornos depresivos na idade avanzada. Avaliación. Diagnóstico e comorbilidade, física e mental. Diagnóstico e deterioración cognoscitiva. Instrumentos de cribado e diagnóstico clínico. Xeneralidades do tratamento farmacolóxico. Intervención terapéutica: individual, familiar, social. Curso e resultado. Prevención.
Tema 8. O suicidio en persoas maiores. Prevención. A autopsia psicolóxica.
Tema 9. A manía na idade avanzada. Heteroxeneidade clínica e etiolóxica. Avaliación. Diagnóstico e comorbilidade. Xeneralidades do tratamento farmacolóxico. Instrumentos. Intervención.
Bloque 4. AVALIACIÓN E INTERVENCIÓN NOUTROS TRASTORNOS MENTAIS
Tema 10. Os trastornos delirantes na idade avanzada. Heteroxeneidade clínica e etiolóxica. Avaliación. Diagnóstico e comorbilidade. Xeneralidades do tratamento farmacolóxico. Intervención.
Tema 11. Trastornos de personalidade na idade avanzada. Heteroxeneidade clínica e etiolóxica. Avaliación. Xeneralidades do tratamento farmacolóxico. Intervención.
Tema 12. Trastornos do comportamento asociados ás demencias. Concepto e perspectiva histórica, a clasificación da International Psychogeriatric Association. Epidemioloxía. Manifestacións clínicas. Consideracións xerais sobre avaliación e tratamento. Tratamento farmacolóxico..
Bibliografía básica
Montorio, I. e Izal, M. (2000). Intervención psicológica en la vejez. Aplicaciones en el ámbito clínico y de la salud. Madrid: Síntesis
Agüera, L., Cervilla, J. e Martín, M. (2006). Psiquiatría geriátrica (2ª ed.). Barcelona: Masson.
Carstensen, L. e Edelstein, B.A. (1989). El envejecimiento y sus trastornos. Barcelona: Martínez Roca.
Sánchez Pérez, M (coord.). (2011). Guía esencial de psicogeriatría, Médica Panamerica, Madrid.
Zarit, S.H. & Zarit, J.M. (2007). Mental disorders in older adults: fundamentals of assessment and treatment, 2ª edn, Guilford Press, New York.
Bibliografía complementaria
Alexopoulos GS, Kiosses DN (eds) (2011). Geriatric psychiatry: advances and directions. Philadelphia: Saunders.
Carstensen, L. e Edelstein, B.A. (1990). Gerontología clínica y salud: intervención psicológica y social. Madrid: Martínez Roca.
Eyers, K., Parker, G., & Brodaty, H. (2012). Managing depression, growing older: a guide for professionals and carers,Routledge, London.
Firmino, H (2006). Psicogeriatria, Psiquiatria Clínica, Coimbra.
Fernández-Ballesteros, R. (Dir.) (2000). Gerontología social. Madrid: Pirámide.
Fernández-Ballesteros, R., Íñiguez, J. e López, M.P. (1998). Trastornos asociados a la vejez. En M. A.Vallejo (Dir.), Manual de Terapia de Conducta (Vol. II, pp. 701-758). Madrid: Dykinson.
Fernández-Ballesteros, R., Izal, M., Montorio, I., González, J.L. e Díaz, P. (1992). Evaluación e intervención psicológica en la vejez. Barcelona: Martínez Roca.
Fernández-Ballesteros, R. (Dir.) (2002). Vivir con vitalidad (Vol. I y III). Madrid: Pirámide.
Hersen, M. e Van Hasselt, V.B. (1998). Psychological treatment of older adults. Plenum Press.
Izal, M. e Montorio, I. (1999). Gerontología conductual. Bases para la intervención y ámbitos de aplicación. Madrid: Síntesis.
Jacoby, R. e Oppenheimer, C. (Eds.) (2005). Psiquiatriìa en el anciano. Barcelona: Masson.
Lehr, U. (1988). Psicología de la senectud. Barcelona: Herder.
Orrell, M., & Hancock, G. (2004). CANE - Camberwell Assessment of Need for the Elderly: a needs assessment for older mental health service users. London, Gaskell.
Potsdam Conference on Late-Onset Mental Disorders (1996), Marneros, A.(., 1946- & Royal College of Psychiatrists. 1999, ©1999,Late-onset mental disorders : the Potsdam Conference, Gaskell for the Royal College of Psychiatrists, London.
Reig, A. e Fernández-Ballesteros, R. (1994). Evaluación conductual en la vejez. En R. Fernández-Ballesteros (Dir.), Evaluación conductual hoy. Un enfoque para el cambio en psicología clínica y de la salud (pp. 743-782). Madrid: Pirámide.
Sajatovic, M. & Blow, F.C. (2007) Bipolar disorder in later life, Johns Hopkins University Press, Baltimore.
Salgado, A e Alarcón, M.T. (1993). Valoración del paciente anciano. Barcelona: Masson.
Salgado, A., González, J.I. e Alarcón, M.T. (1996). Fundamentos prácticos de la asistencia al anciano. Madrid: Barcelona: Masson.
Yuste, N., Rubio, R. e Aleixandre, M. (2004). Introducción a la psicogerontología. Madrid: Pirámide.
Competencias básicas e xerais
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir de unha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CG2 - Coñecer en profundidade os distintos modelos de avaliación, diagnóstico, intervención e tratamento no campo da Psicoxerontoloxía, así como as técnicas e procedementos que deles se derivan.
CG3 - Planificar, desenvolver e supervisar o proceso de avaliación psicogerontológica nos diferentes contextos e ámbitos deactuación.
CG4 - Deseñar, desenvolver, supervisar e avaliar plans e programas de intervención e tratamento psicoxerontolóxico en función da avaliación previa e das variables individuais, sociais e institucionais.
CG5 - Mostrar habilidades de comunicación interpersoal e de manexo das emocións axeitadas para unha interacción efectiva coas persoas maiores, familiares, coidadores e demais profesionais implicados na atención xerontolóxica.
Competencias transversais
CT4 - Desenvolver a capacidade de traballo autónomo con capacidade autocrítica.
CT5 - Desenvolver a capacidade para traballar en grupo e solucionar problemas de forma cooperativa.
Competencias específicas
CE2 - Ser capaz de planificar e desenvolver unha avaliación utilizando os instrumentos e técnicas máis convenientes.
CE3 - Ser capaz de interpretar os resultados dunha avaliación e de facer un diagnóstico sobre as persoas e/ou situación avaliadas.
CE4 - Saber elaborar informes e comunicar os resultados das avaliacións con diferentes propósitos e para diferentes destinatarios.
CE5 - Saber planificar e desenvolver programas de intervención seleccionando os obxectivos, os procedementos e os instrumentos máis apropiados en función das características do problema e do contexto.
CE6 - Saber deseñar e desenvolver programas específicos relacionados coas trastornos psicolóxicos e os problemas sociais máis frecuentes en persoas maiores.
CE9 - Coñecer os recursos e a organización do sistema de atención sociosanitaria ás persoas maiores.
Respecto á parte teórica, o profesor expoñerá os contidos esenciais, utilizando os distintos recursos didácticos dispoñibles tales como diapositivas, transparencias, vídeos, etc. O contido dos temas estará claramente estructurado e delimitado. Ao inicio de cada tema proporcionarase un esquema pormenorizado dos puntos que se van tratar, acompañándoo das referencias bibliográficas específicas polas que terán que preparar o tema. Antes de finalizar o tema levarase a cabo unha síntese do exposto facendo énfase nos puntos clave e indicando as principais conclusións. Fomentarase a participación dos alumnos durante toda a clase, gardando mesmo un período específico ao final desta para discutir e integrar os aspectos novidosos do tema que se impartiu.
Na parte práctica, os alumnos terán que realizar un traballo en grupo reducido. Este tipo de traballos terán como obxectivo revisar un tema, resumir un libro ou un artigo, levar a cabo unha avaliación, deseñar e aplicar unha intervención, etc. A presentación destes terá que cinguirse ao estilo suxerido pola American Psychological Association ou a algún dos que se poidan suxerir nas distintas revistas científicas que adoiten publicar traballos relacionados coa intervención clínica na vellez.
Tamén participarán na práctica de Campo visita ao Complexo Xerontolóxico A Veiga, Poboa de S. Xiao, Lugo, para facer unha primeira avaliación da sintomatoloxía depresiva nos residentes e para poder facer aportacións a un traballo conxunto de Informe Psicoxerontolóxico.
1) Participación nas clases: se avaliará a participación activa nas clases. Ponderación mínima 10% e máxima 20%.
2) Informe de traballos individuais ou en grupo, ou exame. Ponderación mínima 40% e máxima 80%
O tempo total de estudio e traballo do estudante para superar a materia é de 75 horas, que se distribúen do seguinte xeito:
- Clases presenciais expositivas: 9 horas
- Clases presenciais interactivas: 12 horas
- Titorías presenciais en grupo reducido: 2 horas
- Traballo tutelado con apoio de titorías: 16 horas
- Traballo autónomo do alumno: 35 horas.
- Asistir regularmente ás clases teóricas e prácticas.
- Participar e implicarse activamente nas clases teóricas e prácticas.
- Completar os apuntamentos coas lecturas recomendadas.
- Preguntar para resolver as dúbidas.
- Utilizar as titorías.
- Facer e entregar os traballos nos prazos fixados.
- Dedicar un tempo de estudo semanal á asignatura
O programa e metodoloxía docente preséntanse o primeiro dia de clase
Raimundo Mateos Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Teléfono
- 881812314
- Correo electrónico
- raimundo.mateos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Garcia Mahia
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- mcarmen.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Francisco Javier Vicente Alba
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- franciscojavier.vicente [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario da Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
Xoves | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario da Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
Venres | |||
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario da Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
15.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
19.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |