-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 3Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 2
Clase Expositiva: 9
Clase Interactiva: 15
Total: 26Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Electrónica e ComputaciónÁreas:
Ciencia da Computación e Intelixencia ArtificialCentro
Facultade de Xeografía e HistoriaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
O obxectivo formativo desta materia é a adquisición dos seguintes coñecementos, habilidades, e destrezas:
- CON7. Coñecementos sobre a virtualización do patrimonio cultural: infografías, realidade aumentada, visualización 3D, xeolocalización, fotointerpretación.
- CON9: Coñecementos sobre produtos interactivos e apps aplicadas á difusión e á educación patrimonial.
- CON25: Coñecementos sobre Internet e a web; aplicacións web; aplicacións móbiles; introdución á gamificación.
- HAB2: Ser capaz de aplicar o coñecemento na resolución de problemas
- HAB4: Ser capaz de identificar fontes de información, recompilar e analizar datos e elaborar sínteses en relación con eles.
- DES1: Ser capaz de manexar ferramentas tecnolóxicas e informáticas aplicadas á dixitalización do patrimonio.Tema 1. Internet e a web
Tema 2. Aplicacións web
Tema 3. Aplicacións móbiles
Tema 4. Introdución á gamificación
Tema 5. Casos de uso e aplicacións no ámbito do patrimonio
Tema 6. Redes sociaisBibliografía Básica:
Juan Diego Gauchat. El gran libro de HTML5, CSS3 y JavaScript. MARCOMBO S.A; 3ª edición (2019). ISBN: 8426724639.
Bibliografía Complementaria:
Mario Rubiales Gómez. Curso de Desarrollo Web: HTML, CSS y JavaScript. ANAYA MULTIMEDIA (2018). ISBN: 8441539391
G. Zichermann y C. Cunningham. Gamification by Design: Implementing Game Mechanics in Web and Mobile Apps. O'Reilly Media (2011).
Jennifer Niederst Robbins. Learning Web Design 5e: A Beginner's Guide to HTML, CSS, JavaScript, and Web Graphics. O'Reilly Media; 5th edition (2018). ISBN: 1491960205
Polinario, Javi (2016). "Como divulgar ciencia a través de las redes sociales" . Círculo Rojo Editorial.A materia contribúe ao desenvolvemento das competencias básicas, xerais e específicas recollidas nos cadros correspondentes da citada memoria de título:
* Habilidades básicas:
CB2. Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinarios) relacionados coa súa área de estudo.
CB4. Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB5. Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudiando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
* Habilidades xerais:
CG3. Utilizar adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, procesado, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital.
CG5. Traballar en equipos interdisciplinarios en ámbitos empresariais de mercado e institucionais de xestión cultural.
CG6. Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural unindo coñecementos humanísticos e tecnolóxicos.
* Competencias transversais:
CT1. Adaptar o uso e transferencia do coñecemento a novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico.
CT4. Comprender os valores da igualdade, sustentabilidade ambiental e o dereito ao acceso equitativo aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.A metodoloxía seguida utiliza o Campus Virtual da USC como plataforma básica. Na aula virtual da materia o alumnado disporá de toda a información (material teórico, exposicións de clase, guións prácticos, bibliotecas, etc.).
A través da aprendizaxe significativa, impartición de sesións académicas cun carácter teórico-práctico, mediante as que se plantexen estratexias de presentación de resultados de investigación relacionados co patrimonio histórico, artístico, arqueolóxico e/ou cultural.
Impartiranse 9 horas de clases maxistrais en sesións de 1 hora, 12 horas de sesións interactivas e 3 h de seminario.A avaliación realizarase mediante a avaliación continua do traballo realizado polo estudantado cunha porcentaxe dun 40%. O resto da avaliación (60%) computarase mediante a presentación dun traballo final.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
As prácticas a través de TIC se avaliarán de xeito continuo.
Para superar a materia é necesario superar cada unha das prácticas a través de TIC e o traballo tutelado. Se non se supera algún destas actividades, a nota máxima global da materia non superará o 4,5.
Todo alumno que non realice a presentación oral dos traballos tutelados terá a cualificación de NON PRESENTADO.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A calificación das actividades superadas manterase na segunda oportunidade. Do mesmo xeito que na primeira oportunidade, para superar a materia é necesario superar cada unha das prácticas a través de TIC e o traballo tutelado. Se non se supera algún destas actividades, a nota máxima global da materia non superará o 4,5.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.
DISPENSA ACADÉMICA
Dado que a asistencia ás clases presenciais non é obrigatoria, aquel alumnado con matrícula a tempo parcial e con dispensa académica que o exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado.
OPORTUNIDADE ADIANTADA
Utilizaranse os criterios de segunda oportunidade.
IMPLICACIÓNS DO PLAXIO
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.Esta materia ten 3 créditos ECTS, correspondendo unha carga de traballo total de 75 horas. Este tempo pode desagregarse nos seguintes apartados:
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
*Clases maxistrais: 9 horas
*Sesións prácticas en grupos reducidos: 12 horas
*Sesións de titorías en grupos de seminario: 2 horas
*Titorización individual do alumnado: 3 horas
*Revisión do traballo: 1 hora
Total horas traballo presencial na aula: 27 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO:
* Estudo autónomo: 20 horas
* Escritura de exercicios, traballos, etc.: 10 horas
* Programación/experimentación en computador: 10 horas
* Avaliación de traballos, proxectos, exames: 8 horas
Total horas traballo persoal: 48 horasRecoméndase seguir o modelo de avaliación continua, o que significa levar a materia ao día. Desta forma seguiranse con maior facilidade as clases teóricas e as clases prácticas, o que fai a materia máis levadía.
Tamén se recomenda encarecidamente o uso das horas de titorías para aclarar calquera dúbida que se poida presentar no desenvolvemento da materia.Utilizarase o campus virtual da USC para toda a docencia, publicación de material, guións de prácticas e entrega de traballos.
-
Senén Barro Ameneiro
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816469
- Correo electrónico
- senen.barro@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Nicolas Vila Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881815509
- Correo electrónico
- nicolas.vila@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Mércores 16:00-18:00 Grupo /CLE_01 Galego Aula 16 Xoves 16:00-18:00 Grupo /CLIL_01 Galego Aula 16 Exames 03.06.2025 10:00-12:00 Grupo /CLE_01 Aula 16 08.07.2025 10:00-12:00 Grupo /CLE_01 Aula 16