Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Historia da Arte, Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Románica, Filoloxías Galega e Portuguesa, Historia da Arte, Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1.– Formar o alumno na identificación e análise de mitos e lendas representados nas artes e nas letras da Idade Media europea con criterios científicos rigorosos e coherentes.
2.– Explicar cuestións teóricas acerca da creación de mitos ou da "mitificación" de figuras históricas e literarias.
3.– Que o alumno perciba as diferenzas entre mitos e figuras do mundo clásico, da Biblia, da historia ou da literatura, e que comprenda as posibilidades semánticas e os usos políticos e ideolóxicos. que a sociedade fai dos mesmos
4.– Capacitar os alumnos para que adquiran os fundamentos metodolóxicos que definen a arte e a literatura e os seus métodos de análise máis relevantes.
1. Carlomagno. Aspectos históricos. Política cultural. A herdanza de Carlomagno: o Sacro Imperio. Carlomagno, mito político e literario na Idade Media.. (Prof. Santiago López Martínez-Morás)
2. Modelos, xéneros e discursos histórico-literários asociados a mitos e figuras mitificadas na cultura portuguesa medieval e a súa proxección ao longo de tempos e espazos (Profª. Mª Isabel Morán Cabanas)
3. Unha constante: o mito do Final dos Tempos (Profª. Mª Rocío Sánchez Ameijeiras).
4. Materia artúrica e imaxes (Profª. Mª Rocío Sánchez Ameijeiras).
5. Sigfrido, características e apropiacións dun mito xermánico (Prof. Victor Millet).
Esta é unha bibliografía básica. Os profesores resérvanse o dereito de proporcionar máis títulos e material de traballo e/ou de leitura obligatoria nas clases ou en calquera outra plataforma informativa.
Boutet, D., Charlemagne et Arthur ou le roi imaginaire, Paris, Champion, 1992.
Folz, R., Le couronnement impérial de Charlemagne: 25 décembre 800, Paris, Gallimard, 1964.
Folz, R., Le souvenir et la légende de Charlemagne dans l’empire germanique médiéval, Genève, Slatkine, 1973 [Inclúe o volume Études sur le culte liturgique de Charlemagne dans les églises de l’empire. Reimpresión das edicións de París, 1950 e 1951)].
Cristóvão, F. (ed.), Vida e feitos heroicos do grande Condestável, Lisboa, Esfera do Caos, 2010..
Halphen, L., Carlomagno y el Imperio Carolingio, Madrid, Akal, 1992.
Horrent, J., La chanson de Roland dans les littératures française et espagnole au Moyen Age, Paris, Champion, 19682.
López Martínez-Morás, S., Épica y Camino de Santiago. En torno al Pseudo Turpin, Sada, eds. do Castro, 2002.
López Martínez-Morás, S., "Le Pseudo-Turpín en Espagne", Cahiers de Recherches Médiévales et Humanistes, 25, 2013, pp. 471-494.
Maleval, Maria do A. Tavares, Fernão Lopes e a retórica medieval, Rio de Janeiro, UFF, 2010.
Millet, Victor, Héroes de libro. Poesía heroica en las culturas anglogermánicas medievales, Santiago de Compostela, USC, 2007.
Morán Cabanas, M. Isabel, “Liturgia e cor amarela no Cancioneiro Geral: ainda para uma interpretação em chave criptojudaica de Bernardim Ribeiro?”, Cultura neolatina, 79, 3-4, 2019, pp. 379-407.
Morán Cabanas, M.I, "Memória de célebres apaixonados como património cultural português e ibérico no Cancioneiro Geral", Signum, vol. 13, n. 2, 2012.http://www.revistasignum.com/signum/index.php/revistasignumn11/article/…
Morán Cabanas, Maria Isabel e Infante, Ulisses: O Meu Portugal, de Guilherme de Almeida (edição e estudo). Casa Guilherme de Almeida. Centro de Estudos de Tradução Literária da Secretaria de Cultura do Estado de São Paulo-Editora Annablume, São Paulo, 2016.
Morán Cabanas, M. Isabel, “São Francisco como figura exemplar no Cancioneiro Geral: textos e autores”, in D. Chao Castro, I. González, F. López Alsina, Franciscanos en la Edad Media. Memoria, cultura y promoción artística, Alessandria: Orso, pp. 37-54.
Palumbo, G., La Chanson de Roland in Italia nel Medioevo, Roma, Salerno editrice, 2013.
Pratt, K. (ed.), Roland and Charlemagne in Europe: essays on the reception and transformation of a legend, London, King’s College, 1996.
Riquer, A. de (trad.), Eginardo, Vida de Carlomagno, Madrid, Gredos, 1999.
Riquer, M,. de (ed. e trad.), Cantar de Roldán y el Roncesvalles navarro, Barcelona, Quaderns Crema, 1994.
Tessier, G., Charlemagne, Paris, A. Michel, 1965
1.– Coñecemento da tipoloxía e casuística das fontes históricas, artísticas e literarias referidas a figuras e mitos do imaxinario medieval.
2.– Capacidade de identificar e analizar mitos e lendas medievais plasmados e representados nas artes e nas letras con criterios científicos rigorosos.
3.– Destreza metodolóxica no exame das fontes básicas para o coñecemento dos aspectos propostos, sexan artísticas, literarias ou científicas.
4.– Aprender a concatenar os distintos aspectos abordados na materia, de xeito que os estudantes saiban trazar unha visión multidimensional dos mitos e das figuras lendarias do Medievo.
5.– Comprender o significado dos mitos e das lendas na cultura e na política da sociedade medieval.
6.– Coñecemento das posibilidades metodolóxicas e dos novos enfoques que se poden empregar no eido dos estudos medievais.
A impartición da materia terá dúas vertentes: a primeira comprenderá unha serie de actividades formativas presenciais; a segunda contemplará un conxunto de actividades formativas non presenciais. As actividades formativas presenciais que se realizarán son as seguintes:
– Clases teóricas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Esas clases serán impartidas polas profesoras, que solicitarán nas exposicións a participación activa dos alumnos. Para as explicacións empregaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) que se estimen oportunos.
– Clases prácticas dedicadas á lectura e comentario de textos, á realización de exercicios nos que se apliquen os métodos e conceptos estudados e á análise práctica de diferentes ferramentas informáticas e recursos electrónicos, así como traballo práctico de lectura de fontes e de estudo de imaxes. As clases serán orientadas polas docentes e contarán coa participación activa dos alumnos.
– Titorías en grupos reducidos e individualizadas; nelas ofreceráselles aos alumnos a orientación bibliográfica e metodolóxica pertinente para a realización dos traballos, e ofreceráselles, así mesmo, orientación para profundar nos contidos da materia.
As actividades formativas non presenciais incluirán:
– Principalmente, o traballo autónomo do alumno, que este organizará de forma persoal e libre, e que lle facilitará a correcta adquisición dos contidos que configuran a presente materia. Este traballo debe incluír necesariamente a lectura e comprensión de textos, a busca e selección de material bibliográfico novo ou o adestramento no manexo das ferramentas informáticas, entre outros.
– Preparación dun pequeno traballo individual escrito (máxima extensión entre 12 e 15 páxinas) sobre un tema concordado cun dos docentes da materia. Para a realización deste traballo o alumno contará co seguimento do seu titor, que decidirá sobre a viabilidade do traballo que se pretende realizar despois de escoitar os demais profesores.
Todos os alumnos deberán participar obrigatoria e activamente nas clases presenciais, xa que se conciben como un recurso co que fomentar a implicación dos estudantes na adquisición e asimilación dos contidos. Esta participación suporá o 30% da nota final da materia.
O 70% restante da nota corresponde á realización dun traballo escrito monográfico presentado polo alumno, de acordo cos criterios presentes na guía da materia. O alumno poderá escoller libremente entre as propostas formuladas nela ou seleccionar un tema distinto, que someterá ao visto e prace do profesor co que queira facelo. A corrección deste traballo corresponde ao conxunto dos docentes da materia, que deberán recibir simultáneamente copia dos documentos. O traballo monográfico será o único criterio de avaliación para os alumnos con dispensa oficial das clases presenciais e para os eventuais alumnos repetidores.
A data límite de entrega dos traballos da primeira e segunda convocatoria anunciarase coa suficiente antelación o primeiro día de impartición da materia e publicarase no CAMPUS VIRTUAL, onde se abrirá espazo para a súa entrega no prazo establecido.
Os alumnos presenciais só poden faltar de xeito debidamente xustificado. O tope legal permitido de ausencias é un 20% do total de horas. A partir da terceira hora de ausencia, os alumnos que falten deberán elaborar un ou máis traballos adicionais, dependendo do número de faltas, cuxas características serán determinadas polo profesor responsable da docencia nese momento.
Todos os alumnos deberán asinar diariamente unha folla con indicación da súa presenza para que quede constancia escrita da mesma.
No caso do alumnado que teña dispensa de asistencia, segundo o disposto na instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, o 100 % correspondente a asistencia e participación será complementado cun sistema individualizado de avaliación acorde aos motivos da dispensa.
NOTA IMPORTANTE.- Para todos os casos de realización fraudulenta de exercicios, traballos ou probas (tales como plaxio), será aplicada a "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións" da USC
Clases teóricas: 21 h presenciais, 5 h non presenciais dirixidas, 20 h de traballo autónomo. Total: 46
Clases prácticas: 21 h presenciais, 10 h non presenciais dirixidas, 30 h de traballo autónomo - que inclúe as leituras citadas como obrigatorias. Total: 61
Traballo escrito: 15 h non presenciais dirixidas, 25 h de traballo autónomo. Total: 40
Titorías: 3 h presenciais, Total: 3
Total: 150 h
Mª Del Rocio Sanchez Ameijeiras
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812597
- Correo electrónico
- mdelrocio.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Santiago Lopez Martinez-Moras
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811790
- Correo electrónico
- santiago.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Isabel Moran Cabanas
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811781
- Correo electrónico
- isabel.moran.cabanas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Victor Millet Schröder
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811901
- Correo electrónico
- victor.millet [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
18:15-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | C07 |