Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Estudo da evolución seguida polas principais construcións políticas do Occidente cristián.
- Ofrecer unha visión plural e integradora da cultura europea medieval nas súas diversas manifestacións.
- Capacitar aos estudantes para establecer relacións recíprocas entre os principais eixos que configuran o Máster: histórico, artístico e lingüísticoliterario.
- Capacitar aos alumnos para que adquiran un coñecemento exhaustivo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito da historia político-social.
- Facer posible que os estudantes cos seus traballos de investigación contribúan ao desenvolvemento cultural europeo a través da interpretación crítica.
1. A conformación da sociedade medieval (séculos V-X)
-Os pobos germánicos
-A importancia de Oriente e o Islam
-O cristianismo
2. O desenvolvemento da cristiandade feudal (séculos XI- XIII)
-O rural e o urbano
-A conformación de novos espazos políticos
-A importancia da Igrexa e o cristianismo
3. Os últimos anos medievais e a transición cara ao Estado moderno (séculos XIV- XV)
-A conformación das monarquías
-As crises baixomedievales
-Espiritualidade baixomedieval e política relixiosa
Abulafia, D., The Western Mediterranean kingdoms, 1200-1500: the struggle for dominion, London, 1997
Andrade, J.M., López Carreira, A., O Reino medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria, Vigo, 2020
Astarita, C., Revolución en el burgo. Movimientos comunales en la Edad Media. España y Europa, Madrid, 2019
Barbero, A., Carlomagno, Barcelona, 2001
Bisson, T.N., La crisis del siglo XII. El poder, la nobleza y los orígenes de la gobernación europea, Barcelona, 2010
Bloch, M., La sociedad feudal, Madrid, 1986.
Bois, G., La gran depresión medieval: siglos XIV-XV: el precedente de una crisis sistémica, Valencia, 2006
Boto, G. (dir.), 910-1230. Reino de León. Hombres, mujeres, poderes e ideas, León, 2010
Bresc, H., Mantran, R., Europa y el Islam en la Edad Media, Barcelona, 2001
Colás, A., Imperio, Madrid, 2009
Contamine, P., La Guerra en la Edad Media, Barcelona, 1984
García de Cortázar, J.A., Historia religiosa del Occidente medieval, Madrid, 2012
Diago Hernando, M., El Imperio en la Europa medieval, Madrid, 1996
Dohndt, J., La Alta edad media, México, 1971
Dunbabin, J., France in the Making: 843-1180, Oxford, 1985
Fernández Conde, J., Mínguez, J.M., Portela, E., El reino de Hispania (siglos VIII-XII). Teoría y prácticas del poder, Madrid, 2019
Fossier, R., La infancia de Europa, Barcelona, 1984
González Jiménez, M., Alfonso X el Sabio, Barcelona, 2004
Guenée, B., Occidente durante los siglos XIV y XV: los estados, Barcelona, 1985
Guerreau, A., L´avenir d´un passé incertain. Quelle histoire du Moyen Áge au XXI siélce?, Paris, 2001
Guillot, O., Des origines à l'époque féodale, Paris, 1999
Halsall, G., Worlds of Arthur. Facts and Fictions of the Dark Ages, Oxford, 2013
Iradiel, P. – Moreta, S. – Sarasa, E., Historia medieval de la España cristiana, Madrid, 1995
Kleinschmidt, H., La transformación de ideas y actitudes en el mundo medieval, Madrid, 2009
Le Goff, J., La civilización del Occidente medieval, Barcelona, 1999
Le Patourel, J., Feudal Empires : Norman and Plantagenet, London, 1984
López, R.S., El nacimiento de europa, Barcelona, 1965
Le Patourel, J., The Norman Empire, Oxford, 1997
Martín, J.L., Las Cortes medievales, Madrid, 1989
Morsel, Joseph, L´aristocratie médiévale. La domination sociale en Occident (V-XV siècle), París, 2004
Nieto Soria, J. M., Europa en la Edad Media, Madrid, 2016
Richardson, H.G., The English Parliament in the Middle Ages, Londres, 1981
Schramm, P.E., Kaiser Rom und renovatio : studien zur geschichtes des römischen erneuerungsgedankens von Ende des Karolingcjen Reiches bis zum investiturstreit, Darmstadt, 1957
Schramm, P.E., Las insignias de la realeza en la Edad Media española, Madrid, 1960
Saunders, J., A History of Medieval Islam, London, 1978
Valdeón, J - Herbers, K. - Rudolf, K. coordinadores, España y el "Sacro Imperio": procesos de cambios, influencias y acciones recíprocas en la época de la "europeización" (siglos XI-XIII), Valladolid, 2002
Wickham, C., Una historia nueva de la Alta Edad Media: Europa y el mundo mediterráneo, 400-800, Barcelona, 2008
Wickham, C., Europa en la Edad Media, Barcelona, 2017
- Capacidade de análise das lecturas efectuadas.
- Ser capaces de desenvolver con claridade os temas nos que os alumnos teñan traballado persoalmente.
- Identificar e coñecer as liñas xerais da evolución política e social europea na Idade Media.
- Comunicar conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- Establecer interrelacións entre as diversas disciplinas que integran o Máster.
- Alcanzar un coñecemento sincrónico e diacrónico dos fenómenos sociais, estéticos e económicos dentro do contexto da Europa medieval, con xuízo para discernir as analogías e diferenzas que se producen nas diversas zonas obxecto de estudo.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido polos profesores e as outras 75 horas (50%) a traballo libre por parte dos alumnos. As horas de traballo dirixido distribuiranse en 45 de actividades formativas presenciais (o que supón o 30% do traballo total) e 30 de actividades dirixidas non presenciais.
As actividades formativas presenciais que se realizarán son as seguintes:
1) Clases teóricas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Esas clases serán impartidas polo profesor, pero nalgún caso solicitarase para as exposicións a colaboración dalgún alumno ou grupo de alumnos. Para as explicacións utilizaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) oportunos.
2) Clases prácticas dedicadas á lectura de textos e recensión. Estas clases prácticas estarán dirixidas polo profesor, pero buscarán a participación activa do alumno, tanto no desenvolvemento e resolución de exercicios realizados colectivamente no aula, como na preparación persoal fose do aula dalgún exercicio, para a posterior posta en común no aula. Tamén para as clases prácticas usaranse os recursos tecnolóxicos que poidan ser útiles.
3) Titorías individuais ou en grupo reducido para o seguimento do proceso de aprendizaxe e para o seguimento, no seu momento, da elaboración do traballo.
Para avaliar os resultados da aprendizaxe utilizaranse os métodos e criterios que a continuación se detallan, e as cualificacións correspondentes indicaranse de acordo coa lexislación vixente:
1) Avaliación continua, para a que se valorará a participación activa e continuada do alumno nas actividades presenciais desenvolvidas. Suporá o 30% da cualificación total.
2) O traballo práctico suporá o 70% restante da cualificación total. Constará dun único traballo escrito e o tema do traballo será acordado co Coordinador da asignatura. A extensión máxima do traballo é de 15 folios. Valorarase a calidade da redacción e do contido, que deberán reflectir o dominio dos principais rudimentos metodolóxicos e o coñecemento dos contidos básicos da materia. O traballo entregarase en versión papel a cada un dos docentes da materia para a correspondente avaliación.
3) O traballo debe entregarse antes do día 25 de novembro de 2024 en primeira oportunidade e antes do día 15 de xuño de 2025 para a segunda oportunidade
4) O sistema de avaliación é o mesmo para a primeira que para a segunda oportunidade
5) No caso do alumnado que teña dispensa de asistencia, segundo o disposto na instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, o 100 % correspondente a asistencia e participación será complementado cun sistema individualizado de avaliación acorde aos motivos de dispensa.
En todas estas tarefas que haberá de realizar en entregar o alumnado para a súa avaliación por parte do profesorado, e seguindo as indicacións normativas da USC referidas ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas, é preciso indicar que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As actividades formativas non presenciais incluirán:
1) Principalmente o traballo autónomo do alumno, que este organiza persoal e libremente para a correcta aprendizaxe dos coñecementos e competencias obxectivo da materia. Ese traballo necesariamente debe incluír síntese, estudo e asimilación da información recibida, lecturas complementarias e procura de nova información, elaboración de traballos, etc.
2) Preparación dalgunha exposición teórica ou dalgún exercicio práctico encomendados polo profesor, e lectura dalgún título bibliográfico recomendado.
3) Elaboración e redacción dun pequeno traballo de aplicación práctica dalgún aspecto tratado na materia.
Estímase que cada alumno haberá de dedicar unhas 150 horas ao traballo desta materia, divididas deste xeito: 45 horas presenciais, 30 horas non presenciais dirixidas e 75 non presenciais libres
Capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica.
A docencia quedará repartida do seguinte xeito: Israel Sanmartín Barros (2 créditos), Diana Pelaz Flores (2 créditos), Xosé Manoel Sánchez Sánchez (2 créditos)
Israel Sanmartín Barros
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Teléfono
- 881812621
- Correo electrónico
- israel.sanmartin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xose Manoel Sanchez Sanchez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- xosemanuel.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Diana Pelaz Flores
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Teléfono
- 881812622
- Correo electrónico
- diana.pelaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
18:15-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 da Facultade de Historia |
Martes | |||
18:15-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 da Facultade de Historia |
Mércores | |||
18:15-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 da Facultade de Historia |