Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Ofrecer unha visión plural e integradora da arte e a cultura europeas medievais nas súas diversas manifestacións.
- Capacitar aos estudantes para establecer relacións recíprocas entre os principais eixos que configuran a materia: histórico, artístico e literario (cultural en xeral).
- Capacitar aos alumnos para que adquiran un coñecemento exhaustivo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos medievais sobre arte e cultura.
- Proporcionar aos estudantes os fundamentos metodolóxicos e críticos que lles permitan acceder ao exercicio da actividade investigadora cunha formación versátil e interdisciplinar.
- Capacitar ao alumnado no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos medievais, así como indicar a súa utilidade na práctica investigadora e na divulgación do patrimonio cultural.
- Dotar aos estudantes das destrezas fundamentais para aproveitar e aplicar os coñecementos adquiridos á correcta interpretación e difusión do legado cultural medievais.
- Capacitar aos estudantes para abrir vías de investigación novas no ámbito dos estudos medievais sobre arte e cultura.
- Facer posible que os estudantes cos seus traballos de investigación contribúan ao desenvolvemento cultural europeo a través da interpretación crítica e a correcta transmisión do patrimonio cultural medieval nas súas diversas manifestacións.
- Contribuír ao desenvolvemento cultural de Galicia mediante a correcta valorización, interpretación e contextualización do legado medieval que posúe.
A ARTE MEDIEVAL NA SÚA EVOLUCIÓN
Clases expositivas:
Tema 1. O cristianismo e as súas primeiras manifestacións artísticas. Das catacumbas ás basílicas. A fixación da iconografía cristiá.
Tema 2. O Imperio Bizantino. Evolución arquitectónica. A Iconoclastia e a súa consecuencia nas artes figurativas.
Tema 3. As invasións bárbaras. Asentamento dos principais pobos godos –ostrogodos e visigodos- na Europa Occidental. Os merovinxios e os lombardos. Principais manifestacións da arquitectura e artes figurativas na Europa dos séculos V a IX.
Tema 4. O Islam e a expansión musulmá na Idade Media. Principais tipoloxías edilicias e recursos ornamentais. A arte en Al-Andalus.
Tema 5. A arte cristiá na Península Ibérica entre os séculos VIII e X: do período asturiano á arte do Século X.
Tema 6. Europa nos séculos XI e XII: a plenitude do Románico. Solucións arquitectónicas e materializacións edilicias. Mosteiros, igrexas e castelos.
Tema 7. Desenvolvemento das artes figurativas no Románico. Temas iconográficos na escultura e na pintura. A ourivería.
Tema 8. Europa nos séculos XIII-XV: os tempos do Gótico. Os avances técnicos na arquitectura. As catedrais, os conventos, os pazos urbanos e os edificios civís. O urbanismo.
Tema 9. As artes figurativas no Gótico. Novas propostas temáticas e compositivas. Evolución pictórica e escultórica. As artes decorativas.
Tema 10. A xestión do patrimonio medieval. Visións e retos.
Clases interactivas:
Clase 1. Os sarcófagos paleocristiáns: identificacións iconográficas e temáticas.
Clase 2. Os mosaicos de Santa María a Maior de Roma.
Clase 3. As grandes obras de Xustiniano: o promotor e a súa época.
Clase 4. Análise arquitectónica de San Pedro de Rocas e San Miguel de Celanova.
Clase 5. Iconografía e ornamentación na arte atlántica altomedieval.
Clase 6. As miniaturas dos beatos do século X.
Clase 7. De Saint-Gall a Cluny III.
Clase 8. As grandes portadas do románico europeo.
Clase 9. O panteón rexio de San Isidoro de León.
Clase 10. Dos mosteiros do Císter aos conventos mendicantes.
Clase 11. Giotto.
Clase 12. O gótico hispano do século XV.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- BARRAL I ALTET, X.: La Alta Edad Media. De la Antigüedad al Año 1000, Colonia, 1998 (el línea).
- FERNÁNDEZ ARENAS, J.: Teoría y Metodología de la Historia del Arte. Ed. Anthropos. Barcelona, 1990 (1ª: 1982).
- Historia del Arte Medieval (dir. J.V. García Mansilla; C. Mancho i Suárez; I. Ruiz de la Peña González), Valencia, 2012.
- Historia del Arte de la Alta y Plena Edad Media (Monteira Arias, I.; Vidal Álvarez, S.; Alegre Carvajal, E.; Vallejo Triano, A.), Madrid, Editorial Universitaria Ramón Areces-UNED, 2014 (en línea).
- LOPEZ TRUJILLO, M.A., Patrimonio. La lucha por los bienes culturales españoles (1500-1939). Ediciones Trea, Asturias, 2006.
- PANOFSKY, E.: Estudios sobre iconología (1939), Trad.: Madrid, Alianza, 2008.
- PEÑA GÓMEZ, Mª del Pilar de la: Manual básico de Historia del Arte (en línea: https://www3.unex.es/publicaciones/files/1562-Manual%20b%C3%A1sico%20de…).
- RAMÍREZ, J.A. (coord.): La Edad Media (vol. 2 de Historia del Arte), Madrid, Alianza Editorial, 1996.
- SEBASTIÁN, S.: Mensaje simbólico del Arte Medieval. Arquitectura, Iconografía, Liturgia, Madrid, 1994 (en línea).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- BANGO TORVISO, I.G.: Arte prerrománico hispano: el arte en la España cristiana de los siglos VI al XI (vol. VIII-II de Summa Artis), Madrid, 2001.
- CAMILLE, M.: Arte gótico: visiones gloriosas, Tres Cantos (Madrid), 2005.
- CASTRO FERNANDEZ, B.Mª.: D. Francisco Pons-Sorolla y Arnau, arquitecto-restaurador: sus intervenciones en Galicia (1945-1985). Tesis, Universidad de Santiago, 2006.
- DAVY, M.M.: Iniciación a la simbología románica, Madrid, 1996.
- DURLIAT, M.: El arte románico, Madrid, 1992.
- GARCIA CUETOS, Mª. P.: El prerrománico asturiano, historia de la arquitectura y la restauración (1844-1976), Oviedo, Sueve, 1999.
- GRABAR, A.: Las vías de creación de la iconografía cristiana, Madrid, 1985.
- MILONE, A.: Medievo: 1000-1400: El arte europeo entre el Románico y el Gótico, Barcelona, 2007.
- NÚÑEZ RODRÍGUEZ, M.: Arquitectura prerrománica (Arte galega), Madrid, 1978.
- RIVERA BLANCO, J.: Historia de las restauraciones de la Catedral de León: pulcra leonina, la contradicción ensimismada. Valladolid. Servicio de Publicaciones de la Universidad, 1993.
- SCHLOSSER, J.: La literatura artística. Ed. Cátedra. Madrid, 1993.
- SUREDA, J.: El despertar de Europa (El arte del románico y del gótico), Barcelona, 2006.
- Turris Fortissima: documentos sobre la construcción, acrecentamiento y restauración de la Giralda. Sevilla: Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitectos Técnicos, 1988.
- WIRTH, J.: L’image Medievale. Naissance et developpements, París, 1989.
- YARZA LUACES, J.: Fuentes de la Historia del Arte. Ed. Historia 16. Madrid, 1997.
- YZQUIERDO PERRÍN, R. / YZQUIERDO PERRÍN, R. y MANSO PORTO, C.: Galicia. Arte. Arte Medieval (I) y (II), A Coruña, 1995.
- ALEXANDER, J. J. G.: Medieval illuminators and their methods of work, New Haven, 1992.
- ESCOLAR, H. (dir.): Historia ilustrada del libro español. Los manuscritos, Madrid, 1993.
- PÄCTH, O.: La miniatura medieval: una introducción, Madrid, 1987 (Munich, 1984).
- SMEYERS, M.: La miniature (Typologie des sources du Moyen Âge occidental, 8), Turnhout, 1974.
- WALTER, I. F.: Codices illustres. Los manuscritos iluminados más bellos del mundo, desde 400 hasta 1600, Colonia, 2003.
- YARZA LUACES, J. (ed.): La miniatura medieval en la Península Ibérica, Murcia, 2007.
- FINGERNAGEL, A. (ed.): Esplendor y lujo de las Biblias iluminadas, Colonia, 2004.
- HARTHAN, J. P.: L’âge d’or des livres d’heures, París, 1977.
- HOURIHANE, C. (ed.): Between the picture and the word: Manuscript Studies from the Index of Christian Art, Princeton, 2005.
- MAYR-HARTING, H.: Ottonian book illumination. An historical study, Londres, 1999.
- SANDLER, L. F.: Studies in manuscript illumination, 1200-1400, Londres, 2008.
- SPECIALE, L. (ed.): Uomini, libri e immagini. Per una storia del libro illustrato dal tardoantico al medioevo, Nápoles, 2000.
- STONES, A.: Gothic manuscripts: 1260-1320, Londres, 2013-2014.
- VAN DER HORST, K. et al.: The Utrecht Psalter in Medieval Art: Picturing the Psalms of David, Londres, 1996.
- WILLIAMS, J.: The Illustrated Beatus. A corpus of the illustrations of the Commentary on the Apocalypse, Londres, 1994.
RECURSOS EN REDE RECOMENDADOS:
- Biblioteca Digital Hispánica (BNE):
http://www.bne.es/es/Catalogos/BibliotecaDigitalHispanica/Inicio/index…
- Bibliothèque Virtuelle des Manuscrits Médiévaux (BVMM) (Institut de Recherche et d’Histoire des Textes):
http://bvmm.irht.cnrs.fr/
- Calendoscope (herramienta para la identificación de calendarios litúrgicos medievales):
http://calendoscope.irht.cnrs.fr/
- Catalogue of Illuminated Manuscripts, British Library:
http://www.bl.uk/catalogues/illuminatedmanuscripts/welcome.htm
- DigiVatLib. Biblioteca Digitale della Biblioteca Apostolica Vaticana:
http://digi.vatlib.it/?ling=it
- Exposición Trésors carolingiens:
http://expositions.bnf.fr/carolingiens/
- Gallica. Biblioteca digital de la Bibliothèque Nationale de France:
http://gallica.bnf.fr/
- Graesse, Orbis latinus (herramienta para la identificación de topónimos latinos):
http://www.columbia.edu/acis/ets/Graesse/contents.html
- Guía del Stage d’initiation à l’étude du manuscrit médiéval et au livre humaniste (Institut de Recherche et d’Histoire des Textes):
http://www.irht.cnrs.fr/fr
- Initiale. Catalogue des manuscrits enluminés (Institut de Recherche et d’Histoire des Textes):
http://initiale.irht.cnrs.fr/accueil/index.php
- Introducir no estudo das manifestacións artísticas medievais, con especial atención ao trasfondo da súa elaboración material e recepción polo estudoso contemporáneo. Proporcionaranse as claves para a comprensión das distintas realidades artísticas e incidirase naquelas que se manifestan como un fenómeno europeo común.
- Reforzamento dunha formación teórica sobre a análise da Historia da Arte e a súa materialización escrita.
- Coñecer a tipoloxía e casuística das fontes textuais que permiten un coñecemento máis profundo da obra de arte no seu contexto histórico e cronolóxico.
- Aprender a utilizar as fontes desde a análise crítica e a interdisciplinariedade.
- Formar ao alumno para un adecuado tratamento das fontes, a súa inserción no contexto histórico-artístico, para o seu emprego no estudo e investigación das obras de arte medievais.
- Coñecer os diversos métodos para o estudo da Historia da Arte medieval.
- Adquisición dunha praxe elemental e efectiva ante os problemas que poidan xurdir no proceso investigador.
- Adquirir un coñecemento das liñas de investigación e as propostas máis relevantes no ámbito da Historia da Arte.
- Impulsar ao alumno ao contacto con outras disciplinas, cuxo obxecto de estudo é, en ocasións, común á Historia da arte (paleografía, codicoloxía, epigrafía, numismática, literatura, etc.).
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido polos profesores e as outras 75 horas (50%) a traballo libre por parte dos alumnos. As horas de traballo dirixido distribuiranse en 48 de actividades formativas presenciais (o que supón o 32% do traballo total) e 27 de actividades dirixidas non presenciais (o que supón o 18% do traballo total).
As actividades formativas presenciais que se realizarán son as seguintes:
1) Clases expositivas teóricas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Esas clases serán impartidas polo profesor, pero nalgún caso solicitarase para as exposicións a colaboración dalgún alumno ou grupo de alumnos. Para as explicacións utilizaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) oportunos.
2) Clases prácticas interactivas dedicadas á lectura de bibliografía e á análise de obras de arte medieval que sirvan de modelo dos contidos teóricos estudados, e clases prácticas dedicadas ao traballo cos instrumentos necesarios para a actividade académica e investigadora no ámbito dos estudos de arquitectura e iconografía medievais. Estas clases interactivas estarán dirixidas polo profesor, pero buscarán a participación activa do alumno, tanto no desenvolvemento e resolución de exercicios realizados colectivamente no aula, como na preparación persoal fose do aula dalgún exercicio, para a posterior posta en común no aula. Tamén para as clases prácticas usaranse os recursos tecnolóxicos que poidan ser útiles.
3) Visita a obras de arte, arquivos e bibliotecas especializadas (prácticas de campo). Incluso posibilidade de realizar visitas fóra de Santiago no caso de contar con financiamente para autobús da USC.
4) Clases prácticas dedicadas á presentación, análise e discusión dun pequeno traballo realizado individualmente ou en grupo.
5) Titorías individuais ou en grupo reducido para o seguimento do proceso de aprendizaxe e para o seguimento, no seu momento, da elaboración do traballo.
As actividades formativas non presenciais incluirán:
1) Principalmente o traballo autónomo do alumno, que este organiza persoal e libremente para a correcta aprendizaxe dos coñecementos e competencias obxectivo da materia. Ese traballo necesariamente debe incluír síntese, estudo e asimilación da información recibida, lecturas complementarias e procura de nova información, elaboración de conclusións, etc.
2) Preparación dalgunha exposición teórica ou dalgún exercicio práctico encomendados polo profesor, e lectura dalgún título bibliográfico recomendado.
3) Elaboración e redacción dun pequeno traballo de aplicación práctica de aspectos tratados na materia.
- Para avaliar os resultados da aprendizaxe utilizaranse os métodos e criterios que a continuación se detallan (válidos tanto para a primeira como para a segunda oportunidade), e as cualificacións correspondentes indicaranse de acordo coa lexislación vixente:
1) Avaliación continua, para a que se valorará a participación activa e continuada do alumno nas actividades presenciais desenvolvidas. Suporá o 30% da cualificación total. Testificarase mediante a sinatura diaria do alumnado. Cando se produza una ausencia, esta deberá ser xustificada polo/a alumno/a, podendo faltar ata un máximo de 3 horas. Quen tivera que faltar a clase, como compensación deberá realizar unha breve achega de carácter esquemático sobre os contidos desenvoltos na clase (aproximadamente 1 páxina por hora de ausencia, letra Times New Roman 12, formato interliñado con espazo simple) a partires da bibliografía recomendada, co propósito de asegurar así o seguimento pleno da materia.
2) O traballo práctico suporá o 70% restante da cualificación total. Valorarase a calidade da redacción e do contido, que deberán reflectir o dominio dos principais rudimentos metodolóxicos e o coñecemento dos contidos básicos da materia. A data de entrega límite deste traballo será a fixada no calendario unificado correspondente ao presente curso 2024-2025: 25 de novembro de 2024 para a primeira oportunidade, e 15 de xuño de 2025 para a segunda oportunidade.
O sistema de cualificacións empregado para valorar a aprendizaxe dos estudantes expresarase mediante cualificacións numéricas, segundo o establecido no RD 1125/2003 de 5 de setembro.
DISPENSA: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
- O alumnado que tivera que repetir esta materia por non habela superado nun curso anterior estará sometido aos mesmos criterios de avaliación que no caso ordinario, se ben estará exento de asistir ás clases en caso de que houbera xa superado esa avaliación continua no curso pasado correspondente, debendo só aportar entón o traballo práctico conforme ás características e datas de entrega fixadas no apartado 2 do sistema ordinario. Á súa vez, se ten superado xa o traballo práctico, unicamente deberá superar entón nesta convocatoria a avaliación continua mediante a súa asistencia e participación activa nas clases presenciais.
* En todas estas tarefas que haberá de realizar en entregar o alumnado para a súa avaliación por parte do profesorado, e seguindo as indicacións normativas da USC referidas ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas, é preciso indicar que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A distribución de todas as actividades en horas de traballo do alumno recóllese no seguinte cadro:
HORAS: Horas presenciais (a) / Horas non presenciais dirixidas (b) / Horas non presenciais libres (c) / TOTAL (T)
ACTIVIDADES
Clases teóricas: 19 (a) / 5 (b) / 30 (c) / 54 (T)
Clases prácticas: 19 (a) / 5 (b) / 30 (c) / 54 (T)
Traballo-debate: 5 (a) / 20 (b) / 15 (c) / 40 (T)
Titorías individuais
ou en grupo reducido: 2 (a) / --- (b) / --- (c) / 2 (T)
TOTAL: 45 (a) / 30 (b) / 75 (c) / 150 (T)
- O Máster en xeral e a materia en particular que se expón están primordialmente orientados a estudantes que procedan das titulacións de Historia, Historia da Arte e Filoloxía. De todos os xeitos, tanto a súa estrutura curricular como o feito de que sexa unha oferta única no SUG pode determinar que nel se matriculen graduados doutras titulacións do campo das Humanidades ou as Ciencias Sociais que desexen completar a súa formación investigadora nos estudos medievais (p. ex., Maxisterio, Ciencias da Información, Turismo, Biblioteconomía e Documentación, Filosofía, etc.).
- Capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica do ámbito dos estudos medievais.
David Chao Castro
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812595
- Correo electrónico
- david.chao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sara Carreño López
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- sara.carreno [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 da Facultade de Historia |
Martes | |||
16:00-17:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 da Facultade de Historia |
Mércores | |||
16:00-17:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 da Facultade de Historia |