Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Filoloxía Italiana, Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Mellora do coñecemento da consolidación do modelo da comedia nova na tradición teatral española do século XVII.
2. Coñecemento das reformas teatrais italianas do século XVIII e a súa penetración no teatro español.
1. O teatro español do século XVII.
1.1. A construción da 'comedia nueva'.
1.2. «El arte nuevo de hacer comedias» de Lope de Vega.
2. De Lope a Calderón. Exemplos da investigación no teatro de Calderón.
3. As reformas teatrais na Italia do século XVIII.
3.1. A “commedia dell’arte”.
3.2. Do teatro barroco ao modelo ilustrado: Carlo Goldoni.
3.3. Alternativas á renovación do teatro goldoniano: Carlo Gozzi.
Bibliografía básica
Antonucci, F., Calderón de la Barca, Roma, Salerno editrice, 2020 (existe tamén en formato e-book).
Calderón de la Barca, Pedro, La vida es sueño (con preferencia por la edición de F. Antonucci, Barcelona, Crítica, 2008)
Calderón de la Barca, Pedro, El médico de su honra (calquera edición anotada, a ser posible a de F. Antonucci, Madrid, BCRAE, 2021)
Calderón de la Barca, Pedro, La dama duende (con preferencia pola edición de F. Antonucci, Barcelona, Crítica, 2005)
Calderón de la Barca, Pedro, La fiera, el rayo y la piedra, ed. A. Egido, Madrid, Cátedra.
Ferrone, Siro, La commedia dell’arte. Attrici e attori italiani in Europa (XVI-XVIII secolo), Torino, Einaudi, 2014.
Ruano da Haza, J. M., La puesta en escena en los teatros comerciales del Siglo de Oro, Madrid, Castalia, 2000.
Turchi, Roberta, La commedia italiana del Settecento, Firenze, Sansoni, 1985.
Vega Carpio, Lope de, La dama boba (calquera edición anotada)
Vescovo, Piermario (a cura di), Goldoni e il teatro comido del Settecento, Roma, Carocci, 2019.
Bibliografía complementaria
Alberti, Carmelo, La scena veneziana nell’età di Goldoni, Roma, Bulzoni, 1990.
Alvarez Barrientos, Joaquín, “La experiencia teatral de Leandro Fernández Moratín en Italia”, en Italia e Spagna nella cultura del ’700: Atti dei Convegni Lincei, 96, (Roma, 1990), Roma, Academia Nazionale dei Lincei, 1992, pp. 119-143.
Anglani, Bartolo, Che cos’è questa crisi? Divagazioni sul teatro di Carlo Goldoni e i suoi interpreti, Roma, Aracne, 2015.
Baratto, Mario, “La letteratura teatrale del Settecento in Italia”, en Id., La letteratura teatrale del Settecento in Italia. Studi e letture su Carlo Goldoni, Vicenza, Neri Pozza, 1985, pp. 11-32.
Beniscelli, Alberto, La finzione del fiabesco. Studi sul teatro di Carlo Gozzi, Casale Monferrato, Marietti, 1986.
Bordin, Michele - Anna Scannapieco, Antologia della critica goldoniana e gozziana, Venezia, Marsilio, 2009.
Carandini, Silvia, Teatro e spettacolo nel Seicento, Bari, Laterza, 1997.
Ferrone, Siro, La vita e il teatro di Carlo Goldoni, Venezia, Marsilio, 2011.
Gutiérrez Carou, Javier, “Introdución”, en Gozzi, Carlo, Turandot (texto crítico italiano, tradución galega, introdución e notas de Javier Gutiérrez Carou), A Coruña, Biblioteca-Arquivo Teatral “Francisco Pillado Mayor”, 2007, 2 vols., vol. I, pp. 9-170.
Gutiérrez Carou, Javier (a cura di), Metamorfosi drammaturgiche settecentesche: il teatro 'spagnolesco' di Carlo Gozzi, Venezia, lineadacqua, 2011.
Gutiérrez Carou, Javier (a cura di), Goldoni «avant la lettre»: esperienze teatrali pregoldoniane, Venezia, lineadacqua, 2015.
Gutiérrez Carou, Javier - Cotticelli, Francesco - Freixeiro Ayo, Irina, Goldoni «avant la lettre»: drammaturgie e pratiche attoriali fra Italia, Spagna e Francia (1650-1750), Venezia, linedacqua, 2019.
Historia del teatro en España. I: Edad Media, Siglo XVI, Siglo XVII, dir. J. M. Díez Borque, Madrid, Taurus, 1983 (e reedicións); solo “El teatro en el siglo XVII”, capítulo IV.2 (“El hecho literario”) a cargo de M. Vitse.
Scannapieco, Anna, Gozzi: la scena del libro, Venezia, Marsilio, 2006.
Shergold, N., A History of the Spanish Stage. From Medieval Times until the End of the Seventeenth Century, Oxford, Clarendon Press, 1967.
Tessari, Roberto, Commedia dell’arte: la maschera e l’ombra, Milano, Mursia, 1981.
Tessari, Roberto, Teatro e spettacolo nel Settecento, Bari, Laterza, 1995.
1. Competencias xerais:
CX1: Posuír, comprender e saber aplicar os coñecementos que aportan a oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e a aplicación de ideas, frecuentemente nun contexto de investigación.
CX2: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos, dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo, a literatura universal.
CX3: Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CX4: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CX5: Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
2. Competencias transversais:
CT1: Que os estudantes teñan unha visión actualizada dos sistemas teóricos e metodolóxicos no campo dos estudos literarios e culturais.
CT2: Que os estudantes poidan afondar nos coñecementos xa adquiridos, enriquecéndose dende unha perspectiva interdisciplinar.
CT3: Que os estudantes saiban manexar as ferramentas metodolóxicas e técnicas para acadar postos en distintas institucións nacionais e internacionais nos grandes grupos de comunicación, na administración e na xestión da información dos bens culturais e recursos humanos.
CT4: Que os estudantes posúan os instrumentos metodolóxicos que sirvan para desenvolver un espírito crítico e reflexivo, áxil e práctico de cara a distintos fenómenos culturais.
3. Competencias específicas:
CEA1: Que os estudantes obteñan os coñecementos histórico-filolóxicos, retóricos e bibliográficos necesarios para o estudo e edición da literatura.
CEA2: Que os estudantes adquiran as nocións e técnicas da metodoloxía da crítica textual.
CEA5: Que os estudantes coñezan autores e obras da literatura universal, coas súas características fundamentais (textuais e críticas).
As sesións presenciais se ofrecerán como guía dun traballo personalizado por parte do alumnado sobre textos comentados parcial ou totalmente nas devanditas sesións.
O traballo individual do alumnado, coa guía do profesor, será a base do curso.
O profesor servirase da aula virtual para poñer a disposición do estudantado apuntes, documentos, materiais multimedia, etc.
1. Primeira oportunidade
1.1. Estudantes sen dispensa oficial de asistencia (faltas de asistencia permitidas: ata un 10% do tempo total): deberán optar por seguir o sistema de avaliación por contidos ou por traballo de investigación.
1.1.1. Avaliación por contidos (cualificación máxima posible: 8 puntos):
1.1.1.1. Asistencia a clase regular e participativa: ata 1 punto.
1.1.1.2. Cometario crítico: cada estudante realizará por escrito un comentario sobre un tema dos tratados en clase. Este comentario, dunha extensión máxima de 10 páxinas (Times New Roman 12, interliña 1,5, márgenes 2,5 cm.), será enviado antes do 15 de maio de 2024 por correo electrónico a marilena.ceccarelli [at] usc.gal (marilena[dot]ceccarelli[at]usc[dot]gal) (aqueles estudantes que non asistan con regularidade e/ou non entreguen o comentario recibirán unha cualificación de “Non presentado” na primeira oportunidade e deberán realizar o exame previsto para a segunda). O texto poderá ser redactado en galego, castelán, italiano, portugués, francés ou inglés. Polo comentario poderase obtener unha cualificación de ata 7 puntos.
1.1.2. Avaliación por traballo de investigación (cualificación máxima posible: 10 puntos):
1.1.2.1. Asistencia a clase regular e participativa: ata 1 punto.
1.1.2.2. Traballo de investigación: os estudantes que opten por este sistema de avaliación realizarán un breve traballo de investigación cuxo tema será pactado cun dos dous profesores da materia. Este traballo, dunha extensión máxima de 10 páxinas (Times New Roman 12, interlineado 1,5, márgenes 2,5 cm.), será enviado antes do 15 de maio de 2023 ao profesor que o dirixira nunha mensaxe de correo electrónico a santiago.fernandez.mosquera [at] usc.gal (santiago[dot]fernandez[dot]mosquera[at]usc[dot]gal) ou a marilena.ceccarelli [at] usc.gal (marilena[dot]ceccarelli[at]usc[dot]gal). O texto poderá ser redactado en galego, castelán, italiano, portugués, francés ou inglés. Polo traballo poderase obter unha cualificación de ata 9 puntos.
1.2. Estudantes con dispensa oficial de asistencia: realizarán un exame ou un traballo pactado cos profesores da materia (puntuable de 0 a 10)
2. Segunda oportunidade: aqueles estudantes, con ou sen dispensa oficial de asistencia, que non superen a materia na primeira oportunidade e deban concorrer á segunda terán que realizar un breve traballo ou un exame (puntuable de 0 a 10). A decisión sobre unha ou outra opción será acordada polos profesores co alumno.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
Considérase que un tempo global (clase e estudo persoal) de adicación de 75 horas debe ser suficiente para superar a materia.
A asistencia regular a clase, a preparación por anticipado das lecturas de obras e de textos críticos indicados polos profesores e a realización de lecturas voluntarias que amplían a perspectiva sobre o período e as problemáticas estudadas facilitarán a correcta e completa asimilación dos contidos da materia.
Observacións importantes
1. O profesor poderá solicitar a sinatura de presencia na aula aos estudantes.
2. Calquera fragmento pertencente á obra doutra persoa incluído nun traballo ou nunha presentación sen as preceptivas aspas e a indicación explícita da súa procedencia será considerado plaxio e dará lugar a unha cualificación de 0 (cero) no traballo.
3. O profesor non responderá nin terá en conta as mensaxes de correo electrónico en cuxo texto non se indique o nome completo do estudante e a materia á que pertence.
4. O profesor responderá aos correos electrónicos dos estudantes preferentemente no seu horario de titorías.
5. Será posible realizar titorías a través da plataforma Teams previa cita a través de correo electrónico.
6. Lémbrase aos estudantes que o profesor poderá pórse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha dixital da USC ou da lista de mensaxes da aula virtual.
7. Polo que respecta aos temas do programa vencellados á literatura italiana, aínda que en clase será posible traballar con traduccións, é recomendable posuír polo menos unha certa competencia lectora en italiano.
Santiago Fernandez Mosquera
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811815
- Correo electrónico
- santiago.fernandez.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Marilena Ceccarelli
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Correo electrónico
- marilena.ceccarelli [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C03 |
Mércores | |||
18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C03 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C03 |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C03 |
18:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C03 |
16.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D03 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D03 |