Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Inglesa e Alemá, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Filoloxía Románica, Filoloxía Alemá, Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Facilitar os coñecementos histórico-filolóxicos e bibliográficos necesarios para a edición e estudo da literatura.
2. Formar nas nocións e técnicas da metodoloxía da crítica textual.
3. Dar a coñecer algúns dos problemas que afectan á transmisión e edición de textos diferentes da literatura universal.
4. Afondar nos distintos conceptos da bibliografía: tradicional, material, textual..., en estreita conexión cos contidos que se desenvolven na materia "Bibliografía material, codicoloxía e historia do libro".
5. Instruír ao alumnado no coñecemento e correcto manexo das edicións críticas.
Sección 1ª. FUNDAMENTOS METODOLÓXICOS
1ª PARTE
1. Textos literarios: particularidades na historia da súa transmisión
2. Tipoloxía das edicións de textos: que é e para que serve unha edición crítica?
3. Unha breve historia do método crítico: principais correntes e achegas metodolóxicas
4. Aplicación dos métodos ás diferentes tradicións textuais
5. A anotación filolóxica de textos
2ª PARTE
6. A edición filolóxica dixital: definición, potencialidades e criterios de avaliación
7. Transformación do texto en datos, modelado de datos e edición
8. Práctica de transcripción e edición en linguaxe XML/TEI
9. Retos e solucións da edición dixital (recoñecemento de escritura manuscrita, anotación textual automática, transformacións e publicación)
Sección 2ª. APLICACIÓN PRÁCTICA A TEXTOS LITERARIOS
1. A edición crítica de textos literarios medievais
Tradición única vs. tradición con varios testemuños
Colación de testemuños (erros e variantes), constitución dun stemma codicum, constitutio textus e dispositio
Aparato crítico e anotación filolóxica
2. A edición crítica de textos literarios dramáticos do Século de Ouro: crítica textual
Relación e colación de testemuños (erros e variantes). O problema das autorías, dos títulos e das dobles versións. A estilometría.
Construción do stemma constitutio e dispositio textus. Aparato crítico e anotación filolóxica
3. A edición e anotación de textos literarios hispánicos contemporáneos (ss. XIX-XXI): crítica xenética. Arquivos e fondos documentais persoais
4. Traballo dirixido: deseño dun proxecto de edición dixital dun ou varios documentos e/ou textos seleccionados polo alumnado. Entornos de investigación virtuais dedicados á edición. Linguaxes de marcación e o vocabulario da Text Encoding Inititiative. A interface como parte do discurso filolóxico
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Blecua, Alberto: Manual de crítica textual, Madrid: Castalia, 1983
Pérez Priego, Miguel A. : Introducción general a la edición del texto literario, Madrid: UNED, 2001.
Pérez Priego, Miguel A. : La edición de textos, Madrid: Síntesis, 2011.
Pérez Priego, Miguel A. : Historia del libro y edición de textos, Madrid: UNED, 2018.
Pierazzo, Elena: Digital Scholarly Editing: Theories, Models and Methods. London ; New York: Routledge, 2015.
Sahle, Patrick: Criterios para la reseña de ediciones digitales académicas (EDA), versión 1.1. Tradución para o español de Susanna Allés Torrent, 2016. https://www.i-d-e.de/publikationen/weitereschriften/criterios-version-1….
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Allés Torrent, Susanna, “Crítica textual y edición digital o ¿dónde está la crítica en las ediciones digitales?”, Studia Aurea, 14, 2020, pp. 63-98. https://doi.org/10.5565/rev/studiaaurea.395
Avalle, D’Arco Silvio, Introduzione alla critica del testo, Turín, Giappichelli, 1970. Avalle, D’Arco Silvio, Principi di critica testuale, Padua, Antenore, 1972.
Avalle, D’Arco Silvio, La doppia verità. Fenomenologia ecdotica e lingua letteraria del medioevo romanzo, Firenze: Edizioni del Galluzzo, 2002.
Bédier, Joseph, “La tradition manuscrite du Lai de l’ombre. Réflexions sur l’art d’editer les anciens textes”, Romania, 54 (1928), pp. 161-196, 321-356.
Beltrami, Pietro, A che serve un’edizione critica? Leggere i testi della letteratura romanza medievale, Bologna: Il Mulino, 2010.
Bleier, Roman, Martina Bürgermeister, Helmut W. Klug, Frederike Neuber, y Gerlinde Schneider: Digital Scholary Editions as Interfaces. Norderstedt: Books on Demand GmbH, 2018.
Bowers, F,T., Bibliography and Textual Criticism, Oxford, Clarendon Press, 1966.
Cañedo, J. e I. Arellano, eds., Crítica textual y anotación filológica en obras del Siglo de Oro, Madrid, Castalia, 1991.
Caretti, Lanfranco, Filologia e critica, Milán-Nápoles, Ricciardi, 1955.
Cerquiglini, Bernard, Éloge de la variante. Histoire critique de la philologie, Paris: Éditions du Seuil, 1989.
Classen, A. (ed.), Handbook of Medieval Studies: Terms, Methods, Trends, Berlin: de Gruyter, 2010.
Contini, Gianfranco, Varianti e altra linguistica, Turín, Einaudi, 1970.
Contini, Gianfranco, Breviario di ecdotica, Milán-Nápoles, Riccardo Ricciardi, 1986.
Duval, Frédéric, Le mot de l’édition des textes, Paris, École Nationale de France, 2015.
Fiesoli, Giovanni, La genesi del lachmannismo, Firenze, Sismel-Edizioni del Galluzio, 2000. Fradejas Rueda, José Manuel, Introducción a la edición de textos medievales castellanos, Madrid, UNED, 1991.
Franzini, Greta: Catalogue of Digital Editions. 2012. Datos: doi:10.5281/zenodo.1161425. Aplicación web: https://dig-ed-cat.acdh.oeaw.ac.at/
Havet, Louis, Manuel de critique verbale apliquée aux textes latins, París, Hachette, 1911.
Inglese, Giorgio, Come si legge un’edizione critica. Elementi di filologia italiana, Roma: Carocci, 1999.
Italia, Paola, “Le mano (e la mente) dell'autore: Storia e prospettive della Filologia d'autore”, Anuario Lope de Vega: Texto, literatura, cultura, 29, 2023, pp. 324-350.
Imprenta y crítica textual en el Siglo de Oro, Estudios publicados bajo la dirección de Francisco Rico, al cuidado de Pablo Andrés y Sonia Garza, Valladolid, Universidad de Valladolid, 2000.
La edición de textos. Actas del I Congreso Internacional de Hispanistas del Siglo de Oro, eds. P. Jauralde, D. Noguera, A. Rey, Londres, Tamesis Books, 1990.
La critica del testo. Problemi di metodo de esperienze di lavoro. Atti del Convegno di Lecce (22- 26 ottobre, 1984), Roma, Salerno, 1984.
La critica testuale greco-latina oggi. Atti del Convegno Internazionale (Napoli, 29-31 ottobre, 1979), Roma, Ateneo, 1981.
La practique des ordinateurs dans la critique des textes, París, CNRS, 1979.
Lebrave, Jean Louis, “La crítica genética: rupturas y continuaciones”, Ínsula: revista de letras y ciencias humanas, 861, 2018 (Ejemplar dedicado a: La obra en proceso: estudios sobre crítica genética en literatura hispánica), pp. 6-10.
Leonardi, Lino, Filologia romanza. 1. Critica del testo, Milan, Mondadori, Le monnier, 2022.
Lucía Megías, Jose Manuel (1998), “Manuales de crítica textual: las líneas maestras de la ecdótica española”, Revista de Poética Medieval, 2, pp. 115-153.
Maas, Paul, Crítica del texto, trad. española de A. Baldissera y R. Bonilla, Universidad Internacional de Andalucía, 2012 (1ª ed., 1927).
Marcos Marín, Francisco, “Metodología e informática para la edición de textos”, Incipit, 6 (1986), pp. 185-203.
Marcos Marín, Francisco, "Computers and text editing: A review of tools, an introduction to UNITE and some observations concerning its application to Old Spanish texts", Romance Philology, 45 (1991-1992), pp. 102-122.
Mariotti, Scevola, “Varianti d’autore e variante di transmissione”, en La critica del testo. Problemi di metodo ed esperienze di lavoro. Atti del Convegno di Lecce, Roma, Salerno editrice, 1985, pp. 97-111.
Montanari, Elio, La critica del testo secondo Paul Maas. Testo e commento, Firenze, Sismel- Edizioni del Galluzzo, 2003.
Nury, Elisa: Automated Collation and Digital Editions: From Theory to Practice. Tese Doutoral, King’s College London, 2018. https://hal.science/tel-02493805.
Orduna, Germán, Ecdótica. Problemática de la edición de textos, Kassel, Edition Reichenberger, 2000.
Orduna, Germán, Fundamentos de crítica textual, edición de José Manuel Lucía Megías y Leonardo Funes, Madrid, Arco Libros, 2005.
Pasquali, Giorgio, Storia della tradizione e critica del testo, Firenze, Le Monnier, 19622. Pastor Platero, Emilio, coord., Genética textual, Madrid, Arco Libros, 2008.
Pozuelo Yvancos, José María, “La crítica genética”, Ínsula: revista de letras y ciencias humanas, 792, 2012, pp. 13-15.
Quentin, Dom Henri, Essais de critique textuelle (Ecdotique), París, Picard, 1926.
Reynolds, Leighton y Nigel G. Wilson, Copistas y filólogos. Las vías de transmisión de las literaturas griega y latina, traducción castellana, Madrid, Gredos, 1986 (1ª ed. 1968; reedición de la traducción castellana en Madrid, Gredos, 1995).
Rico, Francisco, El texto del Quijote. Preliminares a una ecdótica del Siglo de Oro, Valladolid, Universidad de Valladolid-Centro para la Edición de Clásicos Españoles, 2005.
Roncaglia, Aurelio, Principi e applicazioni di critica testuale, Roma, Bulzoni, 1975.
Robinson, Peter, Towards a Theory of Digital Editions.” Variants, 10, 2013, pp. 105–131.
Sánchez-Prieto Borja, Pedro, Cómo editar los textos medievales. Criterios para su presentación gráfica, Madrid: Arco Libros, 1998.
Rosselli Del Turco, Roberto, “After the Editing Is Done: Designing a Graphic User Interface for Digital Editions.” Digital Medievalist, 7 (2012) doi:10.16995/dm.30.
Timpanaro, Sebastiano, La genesi del metodo de Lachmann, Padua, Liviana, 1963.
Trovato, Paolo, Everything you Always Wanted to Know about Lachmann’s Method. A Non-Standard Handbook of genealogical Textual Criticism in the Age of PostStructuralism Cladistics, and Copy-Text, Padova: Liberiauniversitaria.it edizioni, 2014.
Vega García-Luengos, Germán, Los problemas de la autoría en el teatro del Siglo de Oro la ayuda digital para su detección y remedio, Archiletras científica: revista de investigación de lengua y letras, ISSN 2659-8957, Nº. 9, 2023 (Ejemplar dedicado a: El Teatro Clásico español hoy: los cauces globales de la vieja escena), pp. 67-83.
Vinaver, Eugène, “Principles of Textual Emendation”, en Studies in French Language and Medieval Literature Presented to Professor Mildred H. Pope, Manchester, Manchester University Press, 1939, pp. 351-369.
Willis, James, Latin Textual Criticism, Urbana, University of Illinois, 1972.
• Aplicar con corrección e rigor a terminoloxía técnica específica e as nocións teóricas.
• Coñecer e empregar con corrección os conceptos clave da crítica textual e da bibliografía textual.
• Coñecer e empregar con corrección conceptos clave da teoría literaria (Poética, Retórica, Métrica, etc.).
• Coñecer as principais correntes metodolóxicas relativas á edición de textos.
• Adquirir a capacidade para valorar criticamente un texto literario, sendo consciente da existencia de condicionantes que afectan á súa transmisión e á súa edición.
• Desenvolver a capacidade para valorar criticamente a información relativa ao texto literario.
• Avaliar criticamente textos literarios de diferentes épocas, linguas e autores.
• Desenvolver a habilidade para (contra)argumentar unha hipótese ou punto de vista.
• Aprender a traballar de maneira interdisciplinar.
• Recoñecer os principios que deben regular unha edición crítica fiable, entendida esta como o punto de partida imprescindible para a realización de calquera estudo posterior (literario, lingüístico, estilístico, histórico, etc.).
As sesións presenciais combinarán a exposición dos principios teóricos sobre edición crítica nas sesións expositivas co traballo práctico en sesións interactivas, que permitirá ilustrar os conceptos e as nocións teórico-técnicas tratadas, propiciando a súa correcta asimilación e aplicación por parte do alumnado.
A aprendizaxe dos contidos teóricos apoiarase na práctica da edición e anotación de textos concretos. Ademais, as docentes poderán solicitar a lectura previa de textos escollidos que permitan complementar a perspectiva teórico-práctica sobre algún dos puntos concretos do programa.
A asistencia ás clases considérase imprescindible para adquirir de maneira plena e satisfactoria as competencias previstas, así como para permitir a participación activa das/dos estudantes durante as sesións presenciais, a través de debates e exposicións breves.
As actividades formativas non presenciais baséanse no traballo autónomo do alumnado, que permitirá unha mellora na adquisición e asimilación de contidos, e que poderá consistir na revisión de notas e a lectura crítica de textos escollidos e recomendados polas profesoras da materia. Ademais, a/o estudante deberá preparar un traballo de tipo individual conforme se presenta no apartado seguinte.
As/os estudantes deben participar activamente nas sesións presenciais. A avaliación final terá en conta a asistencia e participación de cada estudante durante as clases, así como o grao de pertinencia e agudeza das súas observacións e a calidade dos resultados da súa participación nas actividades (30%).
Conforme á memoria do Mestrado en Estudos da Literatura e da Cultura, os/as estudantes que superen o 25% de ausencias non poderán presentarse á convocatoria ordinaria e terán que facelo na segunda oportunidade.
A cualificación final basearase así mesmo na realización dun traballo (70%), tanto na primeira oportunidade como na segunda oportunidade.
No mes de novembro, unha das sesións presenciais dedicarase á exposición de posters. Nesa sesión, cada estudante deberá dar conta dos progresos logrados e das dificultades atopadas no proceso de realización do seu traballo final.
TRABALLO FINAL
En tanto que é un traballo de iniciación á investigación, deberá combinar o estado da cuestión, a través da consulta bibliográfica oportuna, con observacións persoais. Debe seguir certos criterios de presentación que serán oportunamente facilitados no inicio do curso. Aconséllase evitar o abuso de citas textuais extensas e a sucesión abusiva de citas textuais aínda que teñan carácter breve. Debe ser orixinal e elaborado exclusivamente para a avaliación nesta materia. Non se permite o plaxio.
Cabe a posibilidade de escoller entre tres modalidades de traballo:
1) Consistirá na preparación dunha proposta de edición crítica anotada, elaborada de maneira individual. Será previamente acordada co profesorado.
2) Consistirá na preparación dunha recensión / valoración detallada dunha edición crítica concreta en formato impreso. Será previamente acordada co profesorado.
3) Consistirá na elaboración dunha revisión/valoración crítica detallada dunha edición crítica dixital específica. Acordarase previamente co profesorado.
As/os estudantes con dispensa oficial deberán realizar un traballo da modalidade 1 e outro a elixir entre as modalidades 2 e 3, sendo cada un deles acordado previamente co profesorado.
A data límite de entrega para os traballos coincidirá coa data marcada no calendario de exames para esta materia do mestrado. Os traballos deberán ser entregados a través do Campus Virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ACTIVIDADE PRESENCIAL
Sesións expositivas: 18h
Sesións de seminario: 24h
Sesións de titoría programada: 6h
ACTIVIDADE NON PRESENCIAL
Contidos expositivos: 36h
Contidos prácticos: 36h
Avaliación (confección do traballo final individual): 30h
TOTAL: 150 HORAS.
Para un satisfactorio aproveitamento desta materia é conveniente participar activamente nas sesións e facer as lecturas recomendadas.
A impartición dos contidos da materia distribuírase da seguinte maneira:
1) Déborah González Martínez: 3 créditos.
-Sección 1ª. FUNDAMENTOS METODOLÓXICOS, 1ª Parte
-Sección 2ª. APLICACIÓN PRÁCTICA A TEXTOS LITERARIOS, tema 1
2) Alejandra Ulla Lorenzo: 1,5 créditos.
-Sección 2ª. APLICACIÓN PRÁCTICA A TEXTOS LITERARIOS, temas 2 e 3
3) Victor Millet Schröder: 1,5 créditos.
-Sección 1ª. FUNDAMENTOS METODOLÓXICOS, 2ª Parte
-Sección 2ª. APLICACIÓN PRÁCTICA A TEXTOS LITERARIOS, tema 4
Victor Millet Schröder
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811901
- Correo electrónico
- victor.millet [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alejandra Ulla Lorenzo
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- alejandra.ulla [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Debora Gonzalez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- deborah.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | D11 |
Martes | |||
18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | D11 |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | D11 |
14.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | D03 |
06.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | D03 |