-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 10Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 2.5
Clase Interactiva: 1
Total: 3.5Linguas de uso
Alemán, InglésTipo:
Prácticum Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Filoloxía Clásica, Francesa e ItalianaÁreas:
Filoloxía ItalianaCentro
Facultade de FiloloxíaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
• Familiarizar ao alumnado coa aplicación dos coñecementos, habilidades e competencias adquiridos nas diferentes materias do Mestrado.
• Establecer conexións entre a Universidade e o mundo da empresa e o mercado de traballo.
• Familiarizar o alumnado co funcionamento de institucións e compañías: organización, traballo, clientes, proxección nacional e internacional das mesmas.En liñas xerais, os contidos centraranse en:
• Actividades lexicográficas relacionadas coa concepción e desenvolvemento de dicionarios e materiais lexicográficos.
• Estratexias e mecanismos básicos propios dunha editorial ou centro de investigación no que se elaboran dicionarios, glosarios, corpora lexicográficos etc.
• Ferramentas e técnicas para o desenvolvemento de materiais con aplicación lexicográficas.
Os contidos serán especificados máis polo miúdo no centro de prácticas.De ser o caso, as persoas responsables da titorización en cada centro de prácticas, así coma o/a titor/a académico/a proporcionaranlle ao alumnado a bibliografía necesaria.
Coñecementos ou contidos: Con01 - Con10
Habilidades ou destrezas: H/D01 - H/D10
Competencias: Comp01, Comp05, Comp06, Comp08• Introdución ao funcionamento e ás actividades desenvolvidas na institución, compañía ou empresa.
• Participación supervisada do alumnado nas actividades da institución, compañía ou empresa.
• Memoria final sobre os coñecementos prácticos aprendidos.
• As actividades que se van realizar inclúen:
1. Selección da institución, compañía ou empresa, supervisada polo/a titor/a académico/a da Universidade.
2. Reunións co/a titor/a académica e coa persoa que asume a titoría no centro de prácticas.
3. Participación supervisada do alumnado nas actividades da institución, compañía ou empresa.
4. Redacción da memoria final por parte do alumnado.A avaliación terá en conta as diferentes etapas do proceso e incluirá os aspectos seguintes:
-Valoración por parte do titor ou titora de prácticas na institución, compañía ou empresa na que se desenvolveu a actividade.
- Memoria final presentada polo alumnado.
- Avaliación por parte do/a titor/a académico/a na Universidade.
O/a titor/a académico/a deberá recibir a memoria elaborada polo alumnado nun prazo máximo de 30 días trala finalización do período de prácticas. Esta memoria, así como a valoración do traballo desenvolvido no centro de prácticas, serán os dous parámetros utilizados polo/a titor/a académico/a co fin de avaliar o período de prácticas.
Naqueles casos nos que se determine unha realización fraudulenta do Practicum, aplicarase o contido recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.10 créditos ECTS corresponden, de xeito aproximado, a 250 horas de traballo do estudantado. Na dedicación do alumnado inclúense as sesión de titorías e o tempo necesario para a redacción da memoria correspondente ás actividades realizadas no período de prácticas.
É aconsellable que o alumnado se poña en contacto co/a titor/a académico/a tan pronto como se fagan públicos os destinos, con fin de poder perfilar e organizar mellor a súa actividade.
Adxudicación de prazas: a Comisión do Título procederá a adxudicar de oficio as prazas en función das preferencias manifestadas polos/as solicitantes.
Naqueles casos nos que haxa máis solicitantes que prazas dispoñibles nunha empresa/ institución, os candidatos serán baremados segundo os criterios acordados pola Comisión académica (nota media máis alta no mestrado e expediente académico).
-