Créditos ECTS Créditos ECTS: 10
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 10 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 40 Total: 80
Linguas de uso Alemán, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Filoloxía Alemá, Área externa M.U Erasmus Mundus en Lexicografía (2ªed)
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Como principal obxectivo perséguese que os alumnos sexan capaces de
-coñecer as necesidades dos usuarios
- diferenciar as partes dos dicionarios
- coñecer a información lexicográfica
- ter unha visión de conxunto dos diferentes tipos de dicionarios, así como das clasificacións.
- a evolución da Lexicografía e das súas relacións culturais e sociais
- coñecer os fundamentos teóricos e prácticos da Lexicografía
- comunicarse cos seus compañeiros sobre cuestións lexicográficas
- Requisitos de uso. Quen necesita un dicionario?
- Que é un dicionario? Compoñentes
- As entradas nos dicionarios: Descrición lexicográfica: Principios de fonética, fonoloxía, morfoloxía, composición, sintaxe, semántica, pragmática
- Tipos de dicionarios
- Aspectos históricos da lexicografía, fundamentos sociais. Relación coa cultura e a ciencia social
- Que é a lexicografía e o estudo do dicionario?
- Relación da Lexicografía coa Lingüística e outras disciplinas
- Fundamentos da lexicografía electrónica
Bibliografía básica e complementaria
Como bibliografía básica proponse:
HSK 5.1 = Wörterbücher. Dictionaries. Dictionnaires. Ein internationales Handbuch zur Lexikographie [...]. Hrsg. v. FRANZ JOSEF HAUSMANN, OSKAR REICHMANN, HERBERT ERNST WIEGAND, LADISLAV ZGUSTA. Erster Teilband. Berlin [usw.] 1989 (Handbücher zur Sprach- und Kommunikationswissenschaft 5.1). > Cap. I., II, IV, VIN, VII,
HSK 5.2 = Wörterbücher. Dictionaries. Dictionnaires. Ein internationales Handbuch zur Lexikographie [...]. Hrsg. v. FRANZ JOSEF HAUSMANN, OSKAR REICHMANN, HERBERT ERNST WIEGAND, LADISLAV ZGUSTA. Zweiter Teilband. Berlin [usw.] 1990 (Handbücher zur Sprach- und Kommunikationswissenschaft 5.2). > Cap. Kap. VIII
Cada unha das unidades E-Learning da plataforma aporta bibliografía básica e complementaria relacionada coa súa temática central.
As competencias e resultados da aprendizaxe que adquire o estudantado:
Coñecemento e contidos: Con01, Con02, Con04, Con07
Habilidades e destrezas: H/D02, H/D03
Competencias: Comp01, Comp05
Metodoloxía da ensinanza
A metodoloxía aséntase na aprendizaxe mediante e-learning. Para tal efecto está habilitada unha plataforma Moodle - http://www.emlex.eu/moodle/ - na que de modo conxunto traballarán os docentes e o alumnado.
A metodoloxía aséntase nos seguintes procedementos:
- Método indutivo e dedutivo
- Sesións de Internet.
- Sesións de titorías
As unidades están elaboradas en inglés e/ou alemán.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
1. Para superar esta asignatura na primeira oportunidade os estudantes deben cumprir o seguinte requisito:
Participación activa e regular na plataforma xunto coa realización de diferentes tarefas =100% da nota final
2. Na segunda oportunidade aplicarase o mesmo criterio de avaliación.
Os/As estudantes con dispensa oficial da asistencia a clase serán avaliados/a seguindo o mesmo criterio que na primeira e segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
As unidades de E-learning cobren unhas 56 horas, ao que cómpre sumar o traballo autónomo/elaboración de actividades propostas polos docentes.
Espérase do alumnado:
- Activa e regular participación.
- Traballo constante e preparación previa e posterior das unidades.
- Lectura da bibliografía recomendada
- Manexo de recursos electrónicos
Maria Jose Dominguez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811834
- Correo electrónico
- majo.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade