Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Saber identificar a empresa como un sistema aberto
- Coñecer o marco institucional e xurídico da empresa
- Comprender a organización e xestión das empresas
- Coñecer os subsistemas funcionais
- Coñecemento da terminoloxía empregada no ámbito da Administración e Organización Industrial
1.- Concepto de empresa
2.- A contorna da empresa
3.- Subsistemas funcionais da empresa
4.- Organización e xestión de empresas
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Ganaza Vargas, J. G. (2017). Introducción a la economía de la empresa. Madrid: Pirámide
González Domínguez, F. J., & Ganaza Vargas, J. D. (2017). Fundamentos de Economía de la empresa. Madrid: Pirámide.
Maynar Mariño, P., Bañegil Palacios, T. M., & Galera Casquet, C. (2008). La economía de la empresa en el espacio europeo de educación superior. Madrid: Mc-GrawHill
COMPLEMENTARIA:
Armstrong, G., Kotler, P., Merino, M. J., Pintado, T., & Juan, J. M. (2011). Introducción al marketing (3ª edición). Madrid: Pearson.
Curto Rodríguez, E., García Chas, R., & Castro Casal, C. (Coord.) (2016). Introducción a la dirección de empresas. Madrid: Pearson.
Robbins, S. P., Coulter, M., & DeCenzo, D. A. (2017). Fundamentos de Administración. México: Pearson.
Santesmases Mestre, M., Merino Sanz, J. J., Sánchez Herrera, J., & Pintado Blanco, T. (2018). Fundamentos de marketing (2ª edición). Madrid: Pirámide
Poderase recomendar bibliografía específica para os distintos contidos.
BÁSICAS E XERAIS
CG3 - Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións
CG5 - Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos
CG9 - Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións
CB1 - Que o alumnado demostre posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese
CT3 - Capacidade para xestionar a información
CT4 - Capacidade para traballar en equipo
CT7 - Demostrar iniciativa e espírito emprendedor
CT8 - Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación
CT9 - Capacidade para organizar e planificar
CT10 - Capacidade para a resolución de problemas
CT11 - Capacidade para tomar decisións
ESPECÍFICAS
CE6 - Coñecemento adecuado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas
As sesións dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles.
Durante as prácticas abordarase a resolución de problemas mediante a metodoloxía de estudio de casos. Nos seminarios e laboratorios abordaranse traballos tales como a resolución de exercicios e casos, procura de información ou análise de documentos e lecturas, entre outros. En moitos casos, logo da súa elaboración efectuarase unha posta en común e/ou debate sobre os mesmos. Algunhas actividades abordaranse de forma individual e outras en grupo; algunhas resolveranse na súa totalidade en horario lectivo, outras comezaranse en horario lectivo e deberán ser abordadas/finalizadas na parte de traballo autónomo do alumnado, e outras prepararanse no tempo dedicado ao traballo autónomo e resolveranse en horario lectivo. Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías (principalmente as recollidas no horario da materia), que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe. As titorías tamén servirán de canle de retroalimentación sobre os resultados obtidos.
Utilizarase a Aula Virtual como ferramenta de comunicación e soporte á docencia.
O desenvolvemento das sesións realizarase de forma presencial nos horarios de clase establecidos, sendo obrigatoria a asistencia a ambas as sesións se se quere puntuar na avaliación continua. As titorías adicionais (non programadas no horario da materia), realizaranse preferentemente de forma presencial, aínda que en determinados casos tamén se poderán realizar de forma virtual e sincrónica (a través da plataforma institucional MS Teams) e asincrónica (a través do campus virtual). En calquera caso, desenvolveranse no horario publicado oficialmente polo profesorado.
O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado: realización e participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, presentación e exposición de traballos, realización de cuestionarios sobre contidos teóricos e prácticos, etc.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades, tanto para o alumnado de primeira matrícula como para o alumnado repetidor, recóllese a continuación:
Primeira oportunidade ordinaria. Contémplase a avaliación continua, combinada cunha proba final.
A. Avaliación continua (peso na cualificación final: 30%), repartida como sigue:
-A1. Aproveitamento das prácticas en laboratorios (24% da cualificación)
-A2. Elaboración dos traballos encargados nos seminarios (6% da cualificación)
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias:
- Aproveitamento das prácticas: CB2, CB3, CB4, CT1, CT3, CT4, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CE6.
- Elaboración dos traballos encargados nos seminarios: CB2, CB3, CB4, CT1, CT3, CT4, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CE6.
B. Exame final de contidos (peso na cualificación final: 70%): proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, e poderá incluír preguntas de resposta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o alumnado debe dar unha solución, baseándose nos contidos teóricos da materia e/ou nas habilidades/competencias desenvolvidas ao longo do cuadrimestre.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CG3, CG5, CG9, CB1, CB2, CB3, CB4 CT1, CT3, CE6.
Para poder sumar B e A é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2.8 sobre 7 no exame de contidos. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
O alumnado que non obteña ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas nas sesións expositivas e interactivas só poderá obter un máximo de 7 puntos nesta convocatoria.
Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación:
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade, é dicir, realizarase un novo exame final de contidos, coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
O alumnado ao que lle sexa concedida a dispensa de asistencia seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O desenvolvemento da avaliación a través dos instrumentos anteriores realizarase nas datas fixadas no calendario de probas finais e nos horarios de clase establecidos do seguinte xeito:
- Exame final: presencial.
- Prácticas e seminarios: entrega presencial e/ou non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC) e resolución presencial.
A materia ten asignados 6 créditos ECTS. Cada crédito equivale a 25 horas, co que ten unha carga de traballo para o alumnado de 150 horas, entre as que se inclúen como actividades presenciais:
33 expositivas, 12 interactivas de laboratorio, 4 interactivas de seminario e 2 de titorías
- Asistir e participar tanto nas clases expositivas como nas prácticas e seminarios.
- Consultar a bibliografía recomendada.
- Examinar os materiais recomendados polo profesorado e/ou entregados fisicamente ou a través da Aula Virtual.
- Recorrer ao profesorado para aclarar dúbidas, utilizando as titorías e todos os métodos de contacto dispoñibles.
A docencia impartirase en galego e español.
Paula Vazquez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824475
- Correo electrónico
- paula.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
16.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
07.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |