Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 41 Clase Interactiva: 8 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Saber aplicar os principios da mecánica de fluidos no prantexamento e a resolución de problemas prácticos relacionados co transporte de fluidos.
- Coñecer os diferentes equipos e accesorios presentes nas instalacións de fluidos.
- Saber seleccionar o equipamento necesario para aplicacións concretas de transporte de fluidos e determinar os seus parámetros característicos.
* Estática e cinemática de fluidos
* Dinámica de fluidos
* Instalacións para fluxo de fluidos
* Equipos e accesorios das instalacións de fluidos
Bibliografía básica:
* MOTT, R.L. Mecánica de fluidos. 6ª Ed. Mexico. Prentice Hall. 2006. ISBN: 978-607-32-3288-3. (Sinatura USC: FIM7, FIM4, A113 3 I, A113 3 J, A113 3K)
Bibliografía complementaria:
* COSTA NOVELLA e col. Ingeniería Química. Vol. 3. Flujo de fluidos. Madrid. Alambra. 1985. ISBN: 84-205-1119-6. (Sinatura USC: A110 1 D, R55519)
* LEVENSPIEL, O. Flujo de fluidos e intercambio de calor. Barcelona. Reverté. 1993. ISBN: 84-291-7968-2. (Sinatura USC: QUT 222, QUT 32, QUT 33, QUT 34, QUT 41, QUT 42, QUT 43, QUT 44, QUT 45)
* WILKES, J.O. Fluid Mechanics for chemical engineers. London. Prentice Hall. 1999. ISBN: 0-13-739897-2. (Sinatura USC: DEP 15787, 113 13)
* WHITE, F. M. Mecánica de fluidos. 6ª Ed. Madrid. Mc Graw Hill. 2008. ISBN: 9788448166038. (Sinatura USC: FIM 159,FIM 160, FIM 202, A113 1 B, A113 1 C)
* MATAIX, C. Mecánica de fluidos y Máquinas hidráulicas. 2ª Ed. México. AlfaOmega: Oxford University Press. 2008. ISBN: 9789701510575. (Sinatura USC: IHI 287)
* BÁSICAS (R.D. 1393/2007)
- CB1: Que os estudantes demostraran posuír e comprender os coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e polo xeral a un nivel que, aínda que se basea en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
- CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que, adoitan demóstranse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de natureza social, científica ou ética.
- CB4: Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
- CB5: Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
* XERAIS (Orden CIN/351/2009)
Das competencias xerais correspondentes ao módulo común á Rama Industrial, as que se traballarán más intensamente e se avaliarán nesta materia son:
-CG4: Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñería industrial na sua especialidade de Química Industrial.
-CG5: Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
-CG6: Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
* TRANSVERSAIS
-CT1: Capacidade de análise e síntese.
-CT3: Capacidade para xestionar a información.
-CT4: Capacidade para traballar en equipo.
-CT5: Demostrar compromiso ético.
-CT7: Demostrar iniciativa e espírito emprendedor.
-CT8: Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación.
-CT10: Capacidade para a resolución de problemas: incluída en CG4
-CT11: Capacidade para tomar decisións: incluída en CG4
-CT13: Capacidade para transmitir coñecementos: incluída en CG4
-CT14: Demostrar razoamento crítico: incluída en CG4
* ESPECÍFICAS (Orden CIN/351/2009)
-CE8: Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no eido da enxeñaría. Cálculo de tubarias, canles e sistema de fluídos.
- A consecución dunha formación básica do alumno será mediante clases maxistrais (actividade presencial de docencia expositiva), onde se explicarán os fundamentos teóricos da materia e se resolverán exercicios e problemas que sirvan para aplicar os coñecementos teóricos. Buscarase a participación activa do alumno que será incentivado a intervir continuamente.
- Os seminarios propóñense como unha actividade presencial de docencia interactiva na que poderán abordarse aspectos moi diversos como técnicas auxiliares de cálculo, debates sobre temas de interese relacionados cos contidos da materia, emprego de de fontes bibliográficas manuais técnicos, programas informáticos, exposición de traballos, etc.
- Realizaranse dúas titorías en grupo, nas que os estudantes, individualmente ou distribuídos en grupos, plantexarán as súas dubidas sobre os contidos da materia.
- Como apoio ao desenvolvemento da docencia empregarase o Campus Virtual da USC.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O sistema de avaliación ten en conta o seguimento da aprendizaxe co plantexamento de casos prácticos e actividades a resolver, presencialmente ou non, individualmente ou por grupos. Procederase ademais a realizar polo menos un exame. A cualificación final do alumno considerará tanto o resultado do exame final (50%) como a súa avaliación continua (50%). Nesta avaliación continua inclúense tanto os traballos realizados polo estudante (25%), como as actividades desenvoltas na aula (25%).
Soamente os estudantes que non realizaran ningunha das actividades avaliables poderán obter a cualificación final de Non Presentado.
Os estudantes repetidores que así o desexen e renuncien a Avaliación Continua, serán avaliados na segunda oportunidade tal e como se especifica no apartado (B2).
A)-PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación realizarase mediante Avaliación Continua (50%) mais un Exame Final (50%).
*A1)-Avaliación Continua, a cualificación mínima esixida será do 40% (2 puntos) e constará de dous apartados:
1º) Traballos : realizados de modo asíncrono. Cualificación:25% (ata 2,5 puntos), cualificación mínima esixida: 1 punto. Programaranse actividades nas que se valorarán as intervencións do estudante e a resolución dos problemas e cuestións que se lle propoñan. Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG4, CG6, CT1, CT3, CT4, CT5, CT7, CT8, CE8
2º)Actividades en aula: síncronas. Cualificación:25% (ata 2,5 puntos), cualificación mínima esixida: 1 punto. Nas actividades de aula valorarase a iniciativa persoal, a capacidade para traballar en equipo e para afrontar e resolver os problemas que podan propoñerse, así como os resultados conseguidos e a crítica dos mesmos. Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB5, CG4, CG5, CT1, CT3, CT4, CT5, CT7, CT8, CE8
Os estudantes que non acaden a cualificación mínima esixida en calquera destes dous apartados, recibirán unha cualificación final de Suspenso e serán avaliados na Segunda Oportunidade tal e como se detalla no apartado (B2).
*A2)-Exame Final: síncrono. Competencias avaliadas: CB1, CB2, CG4, CG5, CE8. Realizarase en dúas partes coas seguintes características:
1ª)-Parte Teórica: cualificación 25% (ata 1,25 punto), cualificación mínima esixida 0,5 puntos.
2ª)-Parte Práctica: cualificación 75% (ata 3,75 puntos), cualificación mínima esixida 1,5 puntos.
É obrigatorio acadar a cualificación mínima esixida en cada unha das partes para poder obter unha nota media. É necesario obter, como mínimo, unha nota media de 5 puntos para superar a materia.
B)-SEGUNDA OPORTUNIDADE:
*B1)-Os estudantes que acadaron a cualificación mínima esixida na Avaliación Continua conservarán esa cualificación e realizarán un Exame Final coas mesmas características que na primeira oportunidade de avaliación (A2).
*B2)-Os estudantes que non acadaron a cualificación mínima esixida na Avaliación Continua perderán esa cualificación e deberán realizar un Exame Final, de carácter síncrono, que se levará a cabo en dúas partes coas seguintes características:
1ª)-Parte Teórica: cualificación 25% (ata 2,5 puntos), cualificación mínima esixida 1 punto.
2ª)-Parte Práctica: cualificación 75% (ata 7,5 puntos), cualificación mínima esixida 3 puntos.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CG4, CG5, CE8.
É obrigatorio acadar a cualificación mínima esixida en cada unha das partes para poder obter unha nota media. É necesario obter, como mínimo, unha nota media de 5 puntos para superar a materia.
Esta marteria divídese en 41 horas de clases expositivas, 8 de seminarios, 2 horas de titorías en grupo e 3 de realización de exames (54 horas en total). Con todo, estímase que o alumno deberá empregar un total de 96 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas dedicadas á asignatura.
É recomendable ter cursado a materia Física I.
É aconsellable ter coñecementos a nivel de usuario de Ms Excel.
É importante que o alumno intente realizar os boletíns de problemas por sí mesmo para posteriormente resolver as dubidas e simultaneamente, o profesor, facer un seguimento continuado da evolución do alumnado na asignatura.
A docencia da materia impartirase nas dúas linguas oficiais da comunidade autónoma galega: galego e castelán.
Jose Manuel Martinez Ageitos
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- josemanuel.martinez.ageitos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
15.01.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
15.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
17.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
17.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |