-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Centro
Escola Politécnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Sen docencia (Extinguida)Matrícula:
Non matriculable -
A memoria do título fixa os seguintes resultados de aprendizaxe como obxectivos desta materia:
1. Aplicar e entender as métricas sobre o software para determinar e priorizar as probas de maior valor.
2. Entender a construción de software mediante o uso de metodoloxías guiadas por probas
3. Coñecer e saber utilizar un estándar de planificación e construción de probas para a xeración de documentación de probas de calidade.
4. Ser capaz de identificar as estratexias adecuadas para a construción de probas en función dos requisitos e criterios de aceptación do sistema proposto.
5. Coñecer e ser capaz de aplicar técnicas de xeración de casos de proba tanto para probas estruturais como funcionais.
6. Coñecer un marco para a construción de probas automatizadas e ser capaz de utilizalo para a construción, na linguaxe soportada, de casos e procedementos de probas.De acordo coa memoria verificada do título, os contidos para esta materia son:
Métricas do software. Métodos de construción dirixidos por probas. Planificación e construción de probas. Estratexias de proba. Técnicas de proba
Estes contidos estrutúranse no seguinte programa (incluíndo as horas presenciais e non presenciais aproximadas):
1. Introdución á Enxeñería de Software (4 HP, 6 HNP)
2. Ciclos de vida dirixidos por probas (TDD) (4 HP, 6 HNP)
3. Enxeñería de requisitos (4 HP, 6 HNP)
3.1. Análise e especificación de requisitos
3.2. Validación de requisitos
3.3. Xestión de requisitos
4. Métricas aplicadas ao desenvolvemento de Software (4 HP, 6 HNP)
5. Probas de software (8 HP, 12 HNP)
5.1. Técnicas de deseño de casos de proba
5.1.1. Probas estruturais ou de caixa branca
5.1.2. Probas funcionais ou de caixa negra
5.2. Documentación do deseño das probas
5.3. Planificación da execución das próbas
5.4. Estratexias de aplicación e depuración das probas
Trátase dunha materia cun compoñente práctico importante na que o alumno aprenderá, a través das sesións interactivas, a aplicar as diferentes técnicas e metodoloxías vistas durante as clases expositivas. O programa de prácticas completo (24 HP e 36 HNP) estará centrado no desenvolvemento por equipos dun proxecto software de robótica. O alumnado recibirá a descrición do proxecto e, en base a iso, terá que obter os requisitos e implementalos seguindo un desenvolvemento guiado por probas de software (TDD). Durante este proceso o alumnado deberá de deseñar, planificar, executar e documentar as diferentes probas que permitan avanzar no proxecto e, finalmente, entregar e presentar os resultados. Python será a linguaxe de desenvolvemento empregado para a implementación das prácticas e para o desenvolvemento de e automatización das probas necesarias.Bibliografía básica
[1]. Pressman, Roger S., Ingeniería del software: un enfoque práctico. McGraw-Hill
[2]. Sommerville, Ian, "Ingeniería de software", Addison Wesley
Bibliografía complementaria
[3]. Beck, Kent, "Test-driven development by example", Addison-Wesley
[4]. Khorikov, Vladimir, "Unit Testing Principles, Practices, and Patterns", Manning
[5]. Percival, Harry, "Test-Driven Web Development with Python", O'ReillyCompetencias básicas
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG1 - Coñecemento de materias básicas e tecnoloxías, que lle capacite para a aprendizaxe de novos métodos e tecnoloxías, así como que lle dote dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG2 - Capacidade de resolución de problemas no campo da enxeñería robótica con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
CG3 - Capacidade de utilizar ferramentas informáticas para o modelado, a simulación e o deseño de aplicacións de enxeñería.
CG6 - Concibir, calcular, deseñar e poñer en marcha algoritmos, equipos ou instalacións no ámbito da robótica, para aplicacións industriais ou de servizos, tendo en conta aspectos de calidade, seguridade, criterios ambientais, uso racional e eficiente de recursos.
CG7 - Capacidade de traballar nun grupo multidisciplinar e de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas relacionadas coa robótica e a electrónica.
Competencias transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e da internet.
CT11 - Utilización de información complementaria e/ou puntual en lingua inglesa.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas
CE5 - Capacidade de analizar, deseñar, representar e programar algoritmos, e manexo das estruturas de datos adecuadas para a resolución de problemas no ámbito da robótica.Os contidos da materia impartiranse indistintamente nas clases expositivas e interactivas. As unidades teóricas e as prácticas impartiranse de maneira alterna ao longo do semestre, co obxectivo de afianzar os conceptos impartidos nelas e utilizar a teoría como a base real das prácticas. A realización das prácticas é necesaria, do mesmo xeito que a asistencia a clase, para aprobar a materia, debido a que teoría e prácticas compleméntanse.
Clases expositivas: as clases de teoría articularanse con apoio de medios electrónicos como vídeos e diapositivas. A través da ferramenta de e- Learning da USC (Campus virtual) proporcionarase ao alumnado o material docente da materia a medida que se vaia empregando.
Clases interactivas: ao longo do semestre o alumnado terá que realizar un proxecto composto de diferentes exercicios adecuados aos contidos expostos ata o momento. As clases interactivas desenvolveranse principalmente de forma grupal e estarán centradas na realización dun proxecto software de robótica desenvolto a través dun ciclo de vida guiado por probas (TDD) no que se aplicarán as metodoloxías, técnicas e algoritmos vistos durante as clases expositivas. Para o desenvolvemento das prácticas empregarase a linguaxe de programación Python. Proporcionarase ao alumnado o entorno necesario para levar a cabo as prácticas.
Titorías: as sesións de titorías servirán para resolver as dúbidas do alumnado en canto aos contidos da materia e exercicios de prácticas. Estas titorías serán tanto presenciais como virtuais a través de correo electrónico, campus virtual ou a plataforma Microsoft Teams.
Curso Virtual: Esta materia dispoñerá dun curso virtual desenvolto sobre a plataforma de Campus virtual da USC, usando ademais a ferramenta colaborativa Microsoft Teams. Facilitaráselle ao alumnado todo o material necesario en formato dixital e distintas ferramentas de comunicación para o apoio, tanto da docencia virtual como das titorías, incluíndo videoconferencia, chat, correo electrónico, foros...
Os recursos necesarios para a materia son os seguintes:
- Computador persoal
- Entorno de desenvolvemento (proporcionarase ao alumnado)
- Copias dos apuntes da materia
- Acceso dos alumnos á bibliografía na Biblioteca ou por Internet.
- OpenOffice ou LibreOffice para a preparación da documentación das prácticas.
- Acceso ao campus virtual da USC
- Acceso a Microsoft TeamsPara superar a materia, o alumnado deberá superar por separado tanto a teoría como a práctica da materia.
A asistencia ás clases interactivas e expositivas é obrigatoria e terase en conta para a avaliación da materia. Será obrigatorio a asistencia polo menos ao 80% das sesións (salvo causas moi xustificadas, segundo normativa da USC).
As clases prácticas realizaranse ao longo do curso durante as sesións interactivas. Ao longo do semestre, durante as sesións e de forma grupal, o alumnado desenvolverá un proxecto software de robótica composto de diferentes exercicios centrados no desenvolvemento de software dirixido por probas. Á finalización do semestre o alumnado entregará e presentará o proxecto realizado, que será empregado como medio principal para avaliar a súa evolución na parte práctica da materia.
As preguntas do exame final centraranse nos contidos específicos, que se desenvolven na materia, en relación coas súas competencias, e que poderán ser adquiridos polo alumno tanto na parte expositiva como na interactiva. O exame poderá constar de preguntas tipo test, preguntas curtas e problemas de casos prácticos. No exame avaliarase o grao de asimilación dos obxectivos establecidos no programa docente da materia.
Non se realizará ningún exame de teoría parcial.
O exame final será o 40% da nota da materia e as prácticas o outro 60%. Para poder superar a materia e establecendo unha avaliación sobre 10 puntos, será necesario obter polo menos un 4 en cada unha das partes (exame final e prácticas) e un 5 na media entre as dúas.
Non presentado: o alumno recibirá a cualificación de "non-presentado" cando non faga o examen final
* Segunda oportunidade
Mantense a nota conseguida nas prácticas durante o curso e tamén o seu peso na nota final. Aos alumnos que non superasen a parte práctica durante a convocatoria anterior proporcionaráselles outro proxecto para que desenvolvan, entreguen e presenten en data previa ao exame final. En segunda oportunidade, o exame final será o 40% da nota da materia e as prácticas o outro 60%. Para poder superar a materia e establecendo unha avaliación sobre 10 puntos, será necesario obter polo menos un 4 en cada unha das partes (exame final e prácticas) e un 5 na media entre as dúas.
* Dispensa de asistencia
En caso de dispensa de asistencia os alumnos estarán exentos do cumprimento do deber de asistencia, pero seguirá sendo obrigatorio a realización, entrega e superación das actividades propostas, así como superar o exame final.
* Alumnos repetidores
Os alumnos repetidores de anos anteriores estarán exentos do cumprimento do deber de asistencia ás clases presenciais. Para aprobar a materia deberán superar o exame teórico e os exercicios prácticos como o resto dos alumnos.
* Realización fraudulenta de exercicios ou probas
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.
* Avaliación das competencias
En xeral o desenvolvemento das actividades prácticas, así como a preparación dos temas teóricos, permitirá ao alumnado traballar as competencias básicas, xerais e transversais da materia. En concreto, o desenvolvemento das prácticas así como a proba final permitirá avaliar as competencias: CB2, CB4, CG2, CG3, CG6, CT1, CT4, CT6, CT7, CT12, CE5.A materia ten fixada unha carga de traballo de 6 ECTS. Na guía da materia pódese ver unha análise detallada sobre o tempo de estudo e traballo persoal necesario para superar a materia que de forma simplificada móstrase a continuación:
Traballo presencial na aula
- Clases expositivas: 24 horas.
- Clases interactivas: 24 horas.
- Titorías de grupo (con grupos reducidos): 3 horas.
- Titorías individualizadas: 4 horas.
- Actividades de avaliación e revisión: 5 horas.
TOTAL 60 horas
Traballo persoal do estudante
- Lectura e preparación de temas: 36 horas.
- Elaboración das prácticas: 36 horas.
- Titoría en grupo: 5 horas.
- Titoría individualizada: 6 horas.
- Actividades de avaliación e revisión: 7 horas.
TOTAL 90 horasMateria en extinción no curso 2024/25, sen docencia pero con dereito á avaliación co sistema especificado para estudantes repetidores.
-