-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 4.5Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 71.5
Horas de Titorías: 1
Clase Expositiva: 10
Clase Interactiva: 30
Total: 112.5Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Electrónica e ComputaciónÁreas:
Linguaxes e Sistemas InformáticosCentro
Escola Técnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
• Comprensión xeral dos principios da visualización e das técnicas necesarias para a visualización de datos.
• Coñecer que características conducen a unha boa visualización.
• Capacidade de detectar erros nunha representación e os problemas que carrexan eses erros.
• Capacidade para elixir a mellor opción para extraer a información dos datos e transmitila de forma eficaz.
• Elección, en función dos tipos de datos dispoñibles e o obxectivo, da solución gráfica que mellor se adapte.
• Implementar métodos de visualización de datos dinámicos.
• Aplicar técnicas de visualización de datos con dependencia temporal e espacial.
• Implementar procedementos de visualización interactiva.
• Coñecemento de programas de visualización de datos.TEORÍA
1. Introdución
2. Tipos de datos, relacións e formatos de visualización
3. Principios básicos para visualización de datos
4. A narración de historias para a comunicación social e de mercado
5. Tendencias dos estudos de mercado e os taboleiros de visualización de datos
PRÁCTICAS
Obterase experiencia práctica resolvendo problemas utilizando potentes ferramentas que as empresas usan hoxe en día co fin de aprender a:
1. Localizar fontes de datos relevantes para un campo de estudo
2. Identificar e corrixir problemas en conxuntos de datos
3. Combinar conxuntos de datos de diferentes fontes
4. Transmitir información significativa dunha análise de datos a través das visualizacións
5. Analizar un conxunto de datos mediante táboas dinámicas
6. Deseño de cadros de mando interactivosBibliografía básica:
• McCandless, David. Knowledge is Beautiful. 1st Edition, William Collins, 2014. ISBN: 9780007427925
• McDaniel, Eileen, McDaniel, Stephen. The Accidental Analyst: Show your data Who’s Boss. 1st Edition, CreateSpace Independent Publishing Platform, 2012. ISBN: 1477432264
• Cairo, Alberto. The functional art: an introduction to information graphics and visualization. 1st Edition, New Riders, 2012. ISBN: 9780321834737
• Few, Stephen. Information Dashboard Design: Displaying Data for at-a-glace Monitoring. 2nd Edition, Analytics Press, 2013. ISBN: 1938377001
Bibliografía complementaria:
• Murray, Scott. Interactive Data Visualization for the Web. 2nd Edition, O’Really, 2017. ISBN: 9781491921289
• Meirelles, Isabel. Design for information. 1st edition, Rockport Publishers. 2013. ISBN: 1592538061
• Newton, Thomas et al. Learning D3.js 5 Mapping: build cutting-edge maps and visualizations with JavaScript. 2nd Edition, Packt Publishing, 2017. ISBN: 9781787280175
• Wexler, Steve et al. The big book of dashboards. 1st Edition, John Wiley & Sons Inc, 2017. ISBN: 111928271Contribuír:
• a conseguir as competencias da memoria do título de Grao en Enxeñería Informática da USC (CB3, CB4, CG8, CG9, TR1, TR2, TR3, RI13, RI17, TI6)
• Obtención dunha visión xeral do mundo da visualización de datos, abarcando tanto os conceptos básicos como os distintos principios e técnicas utilizadas para mostrar a información.
• Coñecemento dos conceptos, modelos e técnicas de procesamento de datos.
• Coñecemento de técnicas de recolección, preparación e filtrado de datos para a visualización.
• Utilizar unha contorna de programación e librerías para utilizar e implementar as técnicas de visualización de datos interactiva.
• Coñecemento das fases de desenvolvemento dun proxecto de visualización de datos.A materia dispoñerá dunha aula virtual soportada pola plataforma Moodle do Campus Virtual da USC. Dita aula virtual dará soporte ás distintas actividades de ensino-aprendizaxe nos diferentes escenarios contemplados, incluídas posibles actividades de avaliación, e tamén servirá como medio de comunicación co alumnado mediante foros e mensaxería RI13.
As titorías e aclaración de dúbidas realizaranse a través da plataforma virtual ou de MS Teams ou do correo electrónico RI13:
• Pedro Saco pedro.saco@usc.es
Nas sesións expositivas na aula:
• Exposicións orais dos contidos teóricos fomentando a atención do alumnado mediante curiosidades e/ou anécdotas relacionadas coa materia. CG8
• Desenvolver o temario seguindo unha orde ascendente na complexidade dos contidos. CG8
• Propoñeranse seminarios preparados polos estudantes, en grupos reducidos, sobre temáticas relacionadas co temario de forma que o complementen partindo de diferentes premisas definidas polo profesorado. CB3, CB4, CG8, CG9, TR1, TR2, TR3, RI13, TI6
Nas sesións interactivas na aula de informática:
• Realizaranse exercicios prácticos que lles permitan levar á práctica os coñecementos teóricos aprendidos utilizando o hardware e software idóneos. CB3, CG8, TR1, TR3
• Os estudantes desenvolverán de forma individual proxectos de visualización no que usarán os coñecementos adquiridos ao longo do curso. CB3, CB4, CG8, CG9, TR1, TR2, TR3, RI13, RI17, TI6
• Conectarán os coñecementos de cada tema cos demais para reflectir as relacións entre os distintos elementos. CG8• Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”.
• Non se conservan cualificacións dun curso para outro. En consecuencia, os estudantes repetidores cursarán a materia como
un estudante de primeira convocatoria.
• As porcentaxes de avaliación serán:
70% proxectos individuais + 30% traballos grupais
• Os traballos individuais do curso realizaranse, ao longo do curso, utilizando as fontes de datos indicadas polo profesor e seguindo unha guía de traballo.
• Os traballos grupais consistirán na entrega dun informe escrito e unha presentación oral de cada traballo en clase.
• A nota mínima admisible nos traballos grupais e individuais é de 4 sobre 10.Para as clases teóricas o alumnado debería dedicarlle 1 hora por cada hora presencial. Para a preparación dos seminarios cada estudante debería dedicarlle 12 horas. Para os traballos grupais e o traballo individual o estudante debería dedicarlle 40 horas ademais das horas de prácticas presenciais. Para a preparación do exame 8 horas levando a materia ao día. Iso dá un total de 44 horas presenciais e 69 horas de traballo persoal.
-
Pedro Jose Saco Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816008
- Correo electrónico
- pedro.saco@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Roi Santos Mateos
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Correo electrónico
- roi.santos@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
-
1º semestre - Do 09 ao 15 de setembro Martes 09:00-11:30 Grupo /CLIL_02 Castelán IA.04 11:30-14:00 Grupo /CLIL_01 Castelán IA.S2 16:00-17:00 Grupo /CLE_01 Castelán IA.S1 Exames 24.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_01 Aula A2 24.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 Aula A2 24.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_02 Aula A2 30.06.2025 10:00-14:00 Grupo /CLIL_02 Aula A2 30.06.2025 10:00-14:00 Grupo /CLIL_01 Aula A2 30.06.2025 10:00-14:00 Grupo /CLE_01 Aula A2