-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 9Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 220
Horas de Titorías: 3.5
Clase Interactiva: 1.5
Total: 225Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Electrónica e ComputaciónÁreas:
Ciencia da Computación e Intelixencia ArtificialCentro
Escola Técnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Prácticas en Empresas de Grao e MásterDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Traballo realizado nun contorno real (empresas e/ou institucións do ámbito das TIC) no que se poña de manifesto a capacidade de aplicar as competencias adquiridas no desenvolvemento da titulación en contornos reais da profesión.
Polas peculiaridades deste traballo é imposible definir uns contidos a priori. Para cada práctica dependerán do ámbito no cal se desenvolvan, estando en calquera caso relacionadas cos estudos realizados.
Sen embargo, para garantir o éxito das prácticas, os estudantes terán que asistir obrigatoriamente ás actividades que se programen neste contexto:
-Foro de empresas para Enxeñaría Informática: actividade que se soe programar en decembro, que serve para o coñecemento mutuo entre as empresas participantes do programa de prácticas e os estudantes.Non hai
Aprender de xeito autónomo novos coñecementos e técnicas adecuadas para a concepción, o desenvolvemento ou a explotación de sistemas informáticos.
Comprender a responsabilidade social, ética e profesional, e civil no seu caso, da actividade do Enxeñeiro en Informática e o seu papel no ámbito das TIC e da Sociedade da Información e o coñecemento.
Concibir e levar a cabo proxectos informáticos utilizando os principios e metodologías propios da enxeñaríaIntegración nun equipo de desenvolvemento nun entorno real (empresarial)
Os estudantes deben asistir obrigatoriamente ás actividades que se programen cara á preparación de procesos de seleción e os foros de contacto con empresas.
A nota final se calculará a partir do informe da empresa e a Memoria final de práctica entregada polo estudante ao finalizar a mesma.Tres horas de traballo presencial repartidos entre titorías e avaliación, e 222 horas de traballo persoal do alumno.
-