Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 97 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 25 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Electrónica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Nesta materia preténdese achegar conceptos físicos fundamentais vinculados ós procesos tecnolóxicos presentes nos sistemas informáticos. Con isto preténdese non só que os e as estudantes coñezan os piares tecnolóxicos dos sistemas de computación actuais mais tamén que poidan prevela súa evolución nun futuro inmediato.
DOCENCIA EXPOSITIVA
TEMA 1: Electricidade e magnetismo
TEMA 2: Teoría de circuitos
TEMA 3: Sistemas electrónicos
TEMA 4: Semiconductores
TEMA 5: Dispositivos semiconductores: o diodo
TEMA 6: Dispositivos semiconductores: o transistor
TEMA 7: Métricas de calidade no deseño digital
TEMA 8: Circuitos lóxicos combinacionais
TEMA 9: Circuitos lóxicos secuenciais
TEMA 10: Memorias de estado sólido
DOCENCIA INTERACTIVA
Laboratorio de electrónica: Introdución ao manexo de instrumentación electrónica e reforzo dos coñecementos adquiridos na docencia expositiva.
Seminarios interactivos sobre aplicacións y extensións prácticas dos contidos introducidos na docencia expositiva.
Bibliografía básica:
- GÓMEZ VILDA, Pedro et al. Fundamentos Físicos y Tecnológicos de la Informática. Madrid: Pearson Educación, 2006. ISBN 978-84-8966-085-4.
- Material de apoio da materia (dispoñible no Campus Virtual).
Bibliografía complementaria:
- RABAEY, J.M. et al. Circuitos Integrados Digitales, Madrid: Pearson Educación, 2004. ISBN:978-84-2054-103-7.
Nesta materia promóvese que a adquisición dun conxunto de competencias tanto de carácter global como específico. En particular, incídese no desenvolvemento das competencias CB1, CG8, CG11, TR1, TR2, TR3, FB2, RI4 e RI9; tal e como se recollen na Memoria do Título de Grao en Enxeñería Informática da USC.
Esta materia enfócase cara a unha aprendizaxe por obxectivos. Neste senso e sendo conscentes do tempo adicado para a aprendizaxe dos contidos da materia, profundizarase nos conceptos físicos o exclusivamente necesario para comprendela súa implicación no desenvolvemento tecnolóxico dos sistemas informáticos. Esta tarefa levarase a cabo esencialmente nas clases expositivas.
Ó longo deste camiño, que vai desde os principios básicos da electricidade e o magnetismo ata a fabricación de circuitos integrados, faranse diferentes paradas e saídas da ruta establecida para describir os elementos esenciais en calquera sistema informático. Estes elementos tocaranse na súa meirande parte en clases interactivas e seminarios.
As competencias CB1, CG8, CG11, RI4, RI9 e FB2 traballaranse esencialmente nas sesión expositivas e seminarios e avaliaranse mediante examen escrito ao final do cuadrimestre. Por outra banda as sesións interactivas están orientadas ao desenvolvemento das competencias transversais (TR1-3).
A cualificación da materia basearase nun proceso de avaliación continua ó longo do cuadrimestre combinado cun exame final.
A través da avaliación continua medirase o nivel de aproveitamento da materia, especialmente da docencia interactiva. A esta parte corresponderalle un 40% da cualificación global.
Ainda que a asistencia ás clases non é requisito imprescindible para superar a materia, a falta de asistencia ás sesións interactivas e seminarios si podería ter repercusión na avaliación continua pois a meirande parte das mesmas debe realizarse no laboratorio correspondente.
O exame final consistirá nunha proba escrita a realizar ó final do cuadrimestre. Incluirá cuestións e exercicios de calquera parte da materia, con especial énfase na parte desenvolvida nas clases expositivas. A esta parte corresponderalle un 60% da cualificación global.
Para superar a materia é necesario cumprir as dúas condicións seguintes:
1. Acadar 2 puntos ou máis na avaliación continua
2. Acadar 3 puntos ou máis no exame final.
En caso de non supera a materia na primeira oportunidade ordinaria o/a estudante poderase presentar á oportunidade extraordinaria de recuperación, pero soamente para outra proba escrita que abarca o 60% da cualificación global. A cualificación asociada á avaliación continua terase en conta nas dúas oportunidades. De non ter acadado 2 puntos ou máis na avaliación continua, non será posible superar a materia nesta convocatoria.
Dado que a avaliación continua é unha parte irrenunciable da materia, non se considerará como "Non presentado/a" se se foi cualificado/a total o parcialmente da parte asociada a devandita avaliación continua.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para superala materia considérase un esforzo persoal correspondente a unhas 92 horas. Nestas incluese o tempo adicado ó estudo autónomo, á resolución de exercicios e á preparación de traballos.
Para un mellor aproveitamento da materia recoméndase adicar entre 3 e 5 horas semanais de traballo persoal ó longo do cuadrimestre e incrementala adicación durante as semanas sen docencia presencial.
É de especial importancia a asistencia a titorías e a participación activa durante as clases de carácter interactivo.
A admisión de alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñezan e cumpran as normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas, da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información atópase dispoñible dispoñible no apartado de Seguridade da súa web.
A comunicación xeral será prioritariamente en castelán. A comunicación persoal será en galego ou castelán segundo as preferencias de cada estudante.
Farase uso do Campus Virtual para a comunicación co estudantado, publicación de novas e como medio para a descarga de material docente (presentacións, guións de prácticas, ...)
David López Vilariño
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Electrónica
- Correo electrónico
- david.vilarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
15:30-17:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula de Informática I7 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A1 |
15:30-17:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula de Informática I7 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula A1 |
15:30-17:30 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Aula de Informática I7 |
Venres | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática I7 |
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula Traballo |
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula Traballo |
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Traballo |
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula Traballo |
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula Traballo |
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula Traballo |
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula Traballo |
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula Traballo |
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula Traballo |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A3 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A3 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A4 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A4 |
10.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |
10.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A1 |
10.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A1 |
10.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
10.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
10.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
10.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
10.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
10.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |