Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 70.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 30 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Este curso pretende introducir aos estudantes na arquitectura de sistemas paralelos e distribuídos, desde procesadores multicore e manycore ata clusters, grandes supercomputadores e granxas de servidores. Estes sistemas son estudados desde o punto de vista de hardware e configuración, introducindo técnicas de mellora do rendemento e análise de custos, e mellorando a súa fiabilidade e dispoñibilidade.
A materia divídese en 4 temas:
1. Introdución aos sistemas paralelos e distribuídos. Conceptos básicos sobre o seu rendemento.
2. Tipos de arquitectura dos sistemas paralelos. Redes de interconexión.
3. Sistemas multiprocesador e multinúcleo de memoria compartida. Coherencia e consistencia cache. Sistemas manycore e GPUs.
4. Sistemas de paso de mensaxes. Programación con MPI. Clusters.
Bibliografía básica e complementaria
Básica:
- John L. Hennessy, David A. Patterson. Computer Architecture. A Quantitative Approach, 6th edition, Morgan Kaufmann, 2017.
Complementaria:
- Julio Ortega, Mancia Anguita, Alberto Prieto. Arquitectura de Computadores. Ediciones Paraninfo, 2005.
- Vivek Kale. Parallel Computing Architectures and APIs: IoT Big Data Stream Processing, CRC Press, 2019
- W. Stallings, Computer Organization and Architecture: Designing for Performance, 11th edition, Pearson, 2019.
- Georg Hager, Gerhard Wellein Introduction to High Performance Computing for Scientists and Engineers, 1st edition, 2011 (2ª edición prevista para 2021).
- William J. Dally, Brian P. Towles. Principles and Practices of Interconnection Networks, Morgan Kaufmann, 2004.
- Hesham El-Rewini, Mostafa Abd-El-Barr. Advanced Computer Architecture and Parallel Processing, Wiley 2005.
Contribuír a acadar as competencias recollidas na memoria do título de Grao en Enxeñaría Informática na USC (CG4, CG6, CG9, CG11, TR1, TR2, TR3, FB5, RI1, RI9, RI14, TI2, TI5).
Específicamente:
CG4. Capacidade para definir, avaliar e seleccionar plataformas hardware e software para o desenvolvemento e execución de sistemas, servizos e aplicacións informáticas, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no "Acuerdo del Consejo de Universidades del 03/03/2009 para los títulos oficiales en el ámbito de la Ingeniería Técnica Informática".
CG6. Capacidade para concibir e desenvolver sistemas ou arquitecturas informáticas centralizadas ou distribuídas integrando hardware, software e redes de acordo aos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 do "Acuerdo del Consejo de Universidades del 03/03/2009 para los títulos oficiales en el ámbito de la Ingeniería Técnica Informática".
CG9. Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade. Capacidade para saber comunicar e transmitir os coñecementos, habilidades e destrezas da profesión de Enxeñeiro en Informática.
CG11. Capacidade para analizar e valorar o impacto social e medioambiental das soluciones técnicas, comprendendo a responsabilidade ética e profesional da actividade do Enxeñeiro en Informática.
TR1. Instrumentais: capacidade de análise e síntese. Capacidade de organización e planificación. Comunicación oral e escrita en galego, castelán e inglés. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
TR2. Persoais: Traballo en equipo. Traballo nun equipo multidisciplinar e multilingüe. Habilidades nas relacións interpersonais. Razoamento crítico. Compromiso ético.
TR3. Sistémicas: Aprendizaxe autónomo. Adaptación a novas situacións. Creatividade. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Sensibilidade por temas medioambientais.
FB5. Coñecemento da estrutura, organización, funcionamento e interconexión dos sistemas informáticos, os fundamentos da súa programación, e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da Enxeñaría.
RI1. Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e avaliar aplicacións e sistemas informáticos, asegurando a súa fiabilidade, seguridade e calidade, conforme aos principios éticos e a lexislación e normativa vixente.
RI9. Capacidade para coñecer, comprender e avaliar a estrutura e arquitectura dos computadores, así como os compoñentes básicos que os conforman.
RI14. Coñecemento e aplicación dos principios fundamentais e técnicas básicas da programación paralela, concorrente, distribuída e de tempo real.
TI2. Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hardware, software e redes, dentro dos parámetros de custo e de calidade axeitados.
TI5. Capacidade para seleccionar, despregar, integrar e xestionar sistemas de información que satisfagan as necesidades da organización, con criterios de custo e calidade identificados.
Competencias asociadas ao módulo de enxeñería de computadores dentro do grao:
- Coñecemento da arquitectura dos sistemas paralelos e distribuídos tanto dende o punto de vista hardware e de implementación como dende o punto de vista da súa programación.
Nas clases expositivas farase uso da pizarra e de sistemas multimedia e diapositivas. Nestas clases o profesor presentará e desenvolverá os aspectos fundamentais de cada un dos temas da materia. Os contidos que se abordan nestas clases van ser suficientes para que se poidan realizar as prácticas da materia; ademais, se explicarán todos os conceptos que se van a esixir para aprobar a materia.
As prácticas farán uso das aula de informática da escola e dos sistemas de supercomputación proporcionados polo CESGA. Procurarase que o alumnado traballe individualmente ou en grupos reducidos.
Adicionalmente farase uso, na medida do posible, das capacidades da USC-Virtual. Na páxina da materia o alumnado poderá obter unha copia en formato dixital do material usado nas clases teóricas e prácticas, así como material suplementario e enlaces a páxinas web relacionadas cos contidos da materia.
En canto as competencias que debe adquirir o alumno, nas clases expositivas traballaranse as competencias CG4, CG6, CG11, FB5, RI1, RI9, RI14, TI2 e TI5, e nas clases interactivas traballaranse as competencias CG4, CG6, CG9, TR1, TR2, TR3, RI4.
A avaliación da aprendizaxe basearase na realización efectiva dunha avaliación continua e un exame final. A avaliación continua estará fundamentada na realización efectiva por parte dos alumnos das prácticas propostas ao longo do cuadrimestre e na realización dos traballos e exercicios propostos. O exame final incluirá todos os contidos da materia.
Polo tanto, a avaliación da materia consta de dous apartados que se avalían de xeito independente: exame final e avaliación continua das prácticas, traballos e exercicios. O exame final supón o 50% da cualificación final e a parte de avaliación continua supón o outro 50%. En calquera caso, para superar a materia é requisito imprescindible ter unha nota igual ou maior que 4 en cada unha destas dúas partes, e que a media aritmética entre ambas notas sexa maior ou igual a 5.
A asistencia ás prácticas é obrigatoria. Cada unha das prácticas propostas terá unha data concreta de finalización. Pasada esta data, a práctica será considerada como non feita. Ao rematar cada unha das prácticas propostas, o alumno deberá enviala ao profesor. As prácticas serán avaliadas durante as sesións posteriores á data de entrega.
OPORTUNIDADE DE XULLO
Realizarase un exame final sobre a teoría da materia, do mesmo xeito que na avaliación ordinaria. Ademais, e só nesta oportunidade, haberá un exame final de prácticas para os alumnos que non superen a avaliación continua na convocatoria de febreiro.
CONDICIÓN DE NON PRESENTADO
O alumnado recibirá a cualificación de "non presentado" cando non faga o exame final de teoría en ningunha das dúas convocatorias.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En aplicación da Normativa da ETSE sobre plaxio (aprobada pola Xunta da ETSE o 19/12/2019), a copia total ou parcial dalgún exercicio de prácticas ou teoría suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de 0,0 en ambos casos.
A distribución estimada das horas a dedicar á materia é como segue:
- 10 horas de clases maxistrais
- 30 horas de prácticas
- 2 horas adicadas a titorías e resolución de dúbidas
O traballo autónomo do alumnado é de, aproximadamente, 70,5 horas, que inclúen estudio autónomo, escritura de exercicios e traballos, preparación das prácticas, avaliación de traballos e realización de exames.
O total de horas é 112,5 horas.
- Resulta recomendable ter superadas (ou polo menos estudadas) as materias Arquitectura de Computadores e Enxeñería de Computadores, e coñecementos de programación en linguaxe C.
- A realización das prácticas propostos en paralelo co desenvolvendo dos diferentes temas resulta decisiva para a asimilación dun xeito resolto e ordenado dos diferentes conceptos que se estudan.
- Os materiais do curso e as comunicacións electrónicas co alumnado levarase a cabo coas ferramentas do campus virtual da USC.
- A materia “Programación de Arquitecturas Emerxentes” constitúe o complemento perfecto desta materia.
- As clases impartiranse en castelán.
Jose Carlos Cabaleiro Dominguez
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881816421
- Correo electrónico
- jc.cabaleiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Fernández Rivera
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881816470
- Correo electrónico
- ff.rivera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | IA.04 |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.S1 |
14.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
14.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
19.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
19.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |