Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 61.5 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 25 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral desta materia e dar a coñecer as diferentes alternativas tecnolóxicas das que se dispón cando se propón a instalación dun centro de procesamento de datos ou, en xeral, dunha instalación informática de tamaño medio/grande. Estudiaranse as diferentes configuracións de servidores (rack, blade, etc.), sistemas de almacenamento, buses e rede. Tamén, analizaranse mecanismos para medir o rendemento dos sistemas instalados e para optimizar a súa utilización. Por último, estudiaranse os diferentes estándares para a instalación e mantemento dunha instalación informática.
Bloque 1. Servidores en formato Rack e Blade:
a. Formatos de servidores
b. Concepto de mainframe
c. Vantaxes da tecnoloxía Blade
Bloque 2. Introducción aos Centros de Procesamento de Datos (CPDs):
a. Deseño dun CPD
b. Planificación e xestión da infraestructura
c. Alta dispoñibilidade
Bloque 3. Virtualización e consolidación de servidores:
a. Virtualización de servidores: contenedores
b. Virtualización de almacenamento e redes
Bloque 4. Tecnoloxías e redes de almacenamento:
a. Tecnoloxía e estándares de discos duros
b. RAID
c. Redes de almacenamento
d. SAN e NAS
Bloque 5. Backup e arquivamento:
a. Backup
b. Arquivamento
c. Almacenamento removible
Bloque 6. Xestión e monitorización do rendemento:
a. Ferramentas de xestión
b. Monitorización
Prácticas de Campo:
-- Visita o Centro de Procesamento de Datos da empresa Altia, Vigo.
- Kailash Jayaswal. “Administering Data Centers: Servers, Storage, and Voice over IP”. Editorial Wiley. ISBN 978-0471771838. 2005.
- Barb Goldworm & Anne Skamarock. “Blade Servers and Virtualization: Transforming Enterprise Computing While Cutting Costs”. Editorial Wiley. ISBN 978-0471783954. 2007.
- Ulf Troppens & Rainer Erkens & Wolfgang Müller. „Storage Networks Explained: Basics and Application of Fibre Channel SAN, NAS iSCSI and InfiniBand”. Editorial Wiley. ISBN 978-0470861820. 2004.
Complementaria:
- W. Curtis Preston. “Backup & Recovery: Inexpensive Backup Solutions for Open Systems”. Editorial O'Reilly. ISBN 978-0596102463. 2007.
- René J. Chevance. “Server Architectures: Multiprocessors, Clusters, Parallel Systems, Web Servers, Storage Solutions”. Editorial Digital Press. ISBN 978-1555583330. 2004.
Nesta materia promóvese que o estudante adquira un conxunto de competencias tanto de carácter global como específico. En particular, incídese no desenvolvemento das competencias
CG1, CG2, CG4, CG6, CG7, CG9, CG10, CG11;
TR1 e TR3;
FB5;
RI1, RI2, RI4, RI5, RI9 e RI11;
TI2, TI4 e TI5;
tal e como se recollen na Memoria do Título de Grao en Enxeñaría Informática da USC. Así como as competencias do módulo de Enxeñería de Computadores:
- Coñecer as diferentes alternativas tecnolóxicas das que se dispoñen cando se plantexa unha instalación informática de alto rendemento (posibles configuracións de servidores, sistemas de almacenamento, buses e redes, así como os mecanismos para medir o rendemento dos sistemas instalados e para optimizar o seu uso).
Con este obxectivo o alumno/a coñecerá as tecnoloxías relacionadas coa posta en marcha e mantemento de instalacións informáticas de tamaño medio-grande. Aprenderá a dimensionar unha instalación de acordo coas necesidades e a avalía-lo rendemento. Valorará o impacto de cada tecnoloxía e estará en condicións de tomar decisións sobre a organización dun centro de datos.
O material de traballo para esta materia inclúe os libros recomendados dispoñibles na biblioteca, notas de clase, copia das diapositivas empregadas nas explicacións e información de distintas fontes relacionadas sobre a evolución e dispoñibilidade das tecnoloxías. Usarase o soporte do Campus Virtual da USC.
As prácticas faranse na Aula de Informática empregando simuladores e recursos dispoñibles na rede.
En canto as competencias que debe adquiri-lo alumno, nas clases expositivas traballarase as competencias CG1, CG2, CG4, CG6, CG9, FB5, TI2, TI4 e TI5; e nas clases interactivas traballarase as competencias CG1, CG2, CG9, CG10, CG11, TR1, TR3 , FB5, RI1, RI2, RI4, RI5, RI9, RI11.
Oportunidade Ordinaria (Xuño)
- O 60% da nota virá dado polo exame teórico da materia. O exame incluirá o desenrolo de temas de teoría e a resolución de problemas e casos de uso comentados na clase, prácticas e/ou titorías.
- O 40% restante da nota obterase mediante a avaliación do traballo realizado durante as prácticas. A asistencia a estas sesións é obrigatoria para aproba-la materia. O profesor comprobará a asistencia a estas sesións pasando unha folla para asinar ou recollendo os traballos realizados na aula. Os alumnos deberán ademais resolver os problemas propostos e presentar e expoñer traballos.
- Para aprobar a materia será necesario que a nota total sexa de alomenos un 5 sobre 10. Ademais, non se poderá aprobar se nalgunha das partes se obtén unha nota inferior ao 4 sobre 10.
- Considerarase "non presentado" a non asistencia á realización do exame teórico.
- Os alumnos que non aproben a parte da materia correspondente ás prácticas/avaliación continua antes do exame de Xuño, non poderán superar a materia no exame de Xullo.
Segunda Oportunidade (Xullo)
- O 60% da nota virá dado polo exame teórico da materia. O exame incluirá o desenrolo de temas de teoría e a resolución de problemas e casos de uso comentados na clase e prácticas. É condición indispensable para poder superar a asignatura no exame de Xullo, ter aprobado a parte práctica da asignatura durante o curso.
- Conservarase a cualificación obtida polo traballo realizado durante as prácticas/avaliación continua (40% restante da nota).
- Para aprobar a materia será necesario que a nota total sexa de alomenos un 5 sobre 10. Ademais, non se poderá aprobar se nalgunha das partes se obtén unha nota inferior ao 4 sobre 10.
- Considerarase "non presentado" a non asistencia á realización do exame teórico.
Avaliación de competencias:
- Dentro da parte teórica da materia (60% da nota), avaliaranse as competencias CG1, CG2, CG4, CG6, CG9, FB5, TI2, TI4 e TI5 mediante distintas preguntas e exercicios no exame teórico.
- Dentro da parte práctica da materia (40% da nota) a nota do traballo realizados terá en conta o grao de consecución das competencias CG1, CG2, CG9, CG10, CG11, TR1, TR3 , FB5, RI1, RI2, RI4, RI5, RI9, RI11.
Exame Extraordinario
- O 60% da nota virá dado polo exame teórico da materia. O exame incluirá o desenrolo de temas de teoría e a resolución de problemas e casos de uso.
- O 40% restante da nota se avaliará mediante a entrega das prácticas e traballos que durante ese curso se teñan esixido a os alumnos avaliados en avaliación ordinaria.
- Para aprobar a materia será necesario que a nota total sexa de alomenos un 5 sobre 10. Ademais, non se poderá aprobar se nalgunha das partes se obtén unha nota inferior ao 4 sobre 10.
- Considerarase "Non Presentado" a non asistencia á realización do exame teórico.
O tempo total de traballo presencial na aula e traballo persoal do estudante será de 50 horas e 100 horas respectivamente, que se repartirán do seguinte modo:
Docencia expositiva: 25 horas presenciais e 50 de estudio autónomo por parte do estudante.
Aprendizaxe baseado en problemas: 5 horas e 20 horas de traballo persoal do estudante.
Sesións prácticas: 20 horas presenciais e 30 de traballo persoal do estudante para a realización de prácticas e outros traballos.
Asistencia a clase e ás prácticas. Estudiar día a día a materia para poder realizar as prácticas e problemas propostos. Ter unha actitude activa á hora de recoller e analizar información de distintas fontes. É necesario estar familiarizado cos conceptos das materias de Fundamentos de Computadores, Arquitectura de Computadores e Redes.
A materia impartirase en castelán e galego.
Juan Carlos Pichel Campos
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881816437
- Correo electrónico
- juancarlos.pichel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alvaro Ordoñez Iglesias
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881815508
- Correo electrónico
- alvaro.ordonez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Cesar Alfredo Piñeiro Pomar
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Correo electrónico
- cesaralfredo.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán, Galego | IA.04 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.S1 |
Xoves | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego, Castelán | IA.04 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.S1 |
Venres | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | IA.04 |
11:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 | Galego, Castelán | IA.04 |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.S1 |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.S1 |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.S1 |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.S1 |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | IA.S1 |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.S2 |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.S2 |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.S2 |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.S2 |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | IA.S2 |
27.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
27.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
27.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
27.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
27.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |