Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Resultados da aprendizaxe: Coñecer, comprender e empregar os principios da Xenética e aplicacións biotecnolóxicas na mellora animal e vexetal.
Presentar aos estudantes os principios básicos da Xenética e as súas aplicacións na mellora animal e vexetal.
Na Memoria do Título contémplanse para esta materia os seguintes contidos: Base molecular da herdanza xenética. Xenética Mendeliana e ampliacións. Cartografía cromosómica. Xenética Cuantitativa. Xenética de Poboacións. Enxeñaría Xenética. Aplicacións á mellora xenética e á conservación.
Estes contidos desenvolveranse de acordo ao seguinte temario e programa práctico, para o que se indica a distribución estimada por tema e práctica de laboratorio das horas de actividade presencial (total 48 h, expositivas e interactivas), titorías de grupo reducido (total 3h) e de traballo non presencial (total 96 h).
Tema 1. Introdución. Relación da xenética con outras ciencias. Importancia da xenética nas ciencias agrarias. Ácidos nucleicos. Xenomas de eucariotas, procariotas e virus. Cromosomas. Cariotipo. (3 h presencial: 5 h non presencial)
Tema 2. Material hereditario. Propiedades Biolóxicas. Replicación. Mitose. Meiose. Expresión xénica. Mutación xénica. (7 h presencial: 12 non presencial)
Tema 3. Xenética mendeliana. Os experimentos de Mendel. Lei da segregación. Cruzamento proba. Transmisión independente. Base cromosómica da herdanza. Xenealoxías. (3 h presencial: 7 non presencial)
Tema 4. Ampliacións da xenética mendeliana. Variacións nas relacións de dominancia. Alelismo múltiple. Xenes letais. Interacción xénica. Complementación. Penetración. Expresividade. Pleiotropía. Determinación do sexo e herdanza ligada ao sexo. Herdanza limitada e influída polo sexo. Herdanza extranuclear. (6 h presencial: 1 titoría grupal presencial: 15 non presencial)
Tema 5. Ligamento e recombinación. Grupos de ligamento. Entrecruzamento xenético. Mapa xenético. Distancia de mapa e frecuencia de recombinación. Coincidencia e interferencia. Aplicacións na mellora xenética. (5 h presencial: 10 h non presencial)
Tema 6. Mutación cromosómica.Variacións numéricas e estruturais. Aneuploidías. Euploidías. Duplicacións. Delecións. Inversións. Translocacións. Aplicacións na mellora xenética. (4 h presencial: 8 h non presencial)
Tema 7. Xenética cuantitativa e mellora xenética. Caracteres cuantitativos e cualitativos. Herdanza polixénica e QTL (loci de rasgos cuantitativos). Compoñentes da varianza fenotípica. Herdabilidade: significado e métodos de estimación. Resposta á selección artificial. (5 h presencial: 1 titoría grupal presencial: 13 non presencial)
Tema 8. Xenética de poboacións. Frecuencias xénicas e xenotípicas. Diversidade xenética. A lei de Hardy-Weinberg. Cambios nas frecuencias xenotípicas: Apareamento non aleatorio. Cambios nas frecuencias xénicas e xenotípicas: Mutación, Deriva, Migración, Selección. Xenética da conservación. (6 h presencial: 12 h non presencial)
Tema 9. Enxeñaría xenética. Tecnoloxía do DNA recombinante. Xenómica. Tipos de secuencias de DNA. Marcadores moleculares. Transxénesis. Aplicacións biotecnolóxicas para a mellora xenética e conservación de recursos xenéticos. (3 h presencial: 1 titoría grupal presencial: 8 h non presencial)
Prácticas de laboratorio (A realizar no laboratorio de prácticas).
Práctica I. Aplicación de tecnoloxías do ADN para a detección de variantes xenéticas de interese gandeiro. (2 h presencial: 2h non presencial)
Práctica II. Estudio xenético da herdanza de caracteres cualitativos. Análise de grans de millo (Zea mays). (2 h presencial: 2 h non presencial)
Práctica III. Estudo xenético de caracteres cuantitativos. Análise de variedades de xudía (Phaseolus vulgaris). (2 h presencial: 2h non presencial)
Básica
-KLUG WS, CUMMINGS MR. 2013. Conceptos de Genética. 10th Ed. Pearson-Prentice Hall, D.L. Libro electrónico Biblioteca USC: https://www-ingebook-com.ezbusc.usc.gal/ib/NPcd/IB_Escritorio_Visualiza…
-PIERCE, B.A. 2016. Genética: Un enfoque Conceptual. 5ª Ed. Editorial Médica Panamericana. Libro electrónico Biblioteca-USC: http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
-PIERCE BA. 2016. Genetics essentials: concepts and connections. 3rd edition. W.H. Freeman and Company.
Complementaria
-ACQUAAH G. 2012. Principles of Plant Genetics and Breeding 2nd Ed. Wiley.
-BENITO JIMÉNEZ C. 2002. “360 problemas de Genética: resueltos paso a paso”. Síntesis.
-BLASCO A. 2021. Mejora genética animal. Editorial Síntesis.
-CUBERO S. 2013. Introducción a la mejora génetica vegetal. 3ª Ed. (rev. y amp.). Mundi-Prensa.
-FITA AM, RODRÍGUEZ A, PROHENS J. 2008. Genética y Mejora Vegetal. Universidad Politécnica de Valencia.
-GRIFFITHS AJF, WESSLER SR, CARROLL SB, DOEBLEY J. 2015. Introduction to Genetic Analysis. W.H. Freeman and Company.
-HARTL DL. 2020. Essentials Genetics and Genomics. 7th Ed. Jonet & Bartlett Learning.
-KLUG WS; CUMMINGS MR; SPENCER CA, PALLADINO MA, KILLIAN D. 2018. Concepts of Genetics. Twelfth edition. Pearson Education, Inc.
-MARTÍNEZ F, SOLIS I. 2014. Mejora vegetal para ingeniería agronómica. Universidad de Sevilla.
-NICHOLAS FW. 2010. Introduction to veterinary genetics. Wiley-Blackwell.
-PIERCE BA. 2022.Fundamentos de genética: conceptos y relaciones. 5ª Ed. Editorial Médica Panamericana.
-PIERCE BA. 2020. Genetics: a conceptual approach. 7th Ed. Macmillan International Higher Education.
-RUEDA J, LINACERO R, TORO MA. 2021.Genética y biotecnología de plantas y animales. Editorial Síntesis.
A adquisición de competencias complementarase con outras materias da titulación.
XERAIS
CG1: Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou entornas cambiantes.
CG2: Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
TRANSVERSAIS
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT10: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11: Utilización de información en lingua estranxeira
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
ESPECÍFICAS
Capacidade para coñecer, comprender e empregar principios esenciais para diferentes áreas específicas da titulación:
CR4. Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das aplicacións da biotecnoloxía na enxeñaría agrícola e gandeira.
HJ3. Capacidade para coñecer, comprender e empregar os principios da Xenética e Mellora vexetal.
EA1. Capacidad para conocer, comprender e empregar os principios das tecnoloxías da producción animal: Anatomía animal.Fisioloxía animal. Sistemas de producción, protección e explotación animal. Técnicas de producción animal. Xenética e Mellora Animal.
MC1. Capacidade para coñecer, comprender e empregar os principios das tecnoloxías da producción vexetal e animal: Fitotecnia; Biotecnoloxía e mellora vexetal; Cultivos; Protección de cultivos; Xardinería e Paisaxismo. Espacios deportivos.
MC2. Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de nutrición. Hixiene e sistemas de produción animal. Biotecnoloxía e mellora animal. Produtos animais.
Empregarase a Aula da Materia no Campus Virtual-USC para a presentación da programación, contidos, recursos de apoio e programación de tarefas. Tamén como vía de comunicación (foros) cos estudantes durante o curso. A docencia expositiva e interactiva realizarase en modalidade presencial. Ademais se contemplarán outros medios telemáticos de comunicación e/ou actividade docente si necesario (correo electrónico, Microsoft-Teams).
DOCENCIA EXPOSITIVA
-Aulas maxistrais: Desenvolvemento de contidos específicos do programa, con axuda de presentacións PowerPoint específicas por tema, xunto co encerado, animacións, bases de datos específicas e calquera outro material que facilite a comprensión dos conceptos a estudar, incluíndo material en inglés (figuras, textos e sitios web).
Competencias: CG1, CG2, CT2, CT3, CT10, CT11, CT12, CR4, EA1, HJ3, MC1, MC2
DOCENCIA INTERACTIVA
-Prácticas de laboratorio: Faranse tres prácticas cun guion específico que será presentado ao grupo de estudantes, xunto co visionado dun vídeo técnico en inglés. Para cada práctica os estudantes completarán e entregarán un informe para a súa avaliación.
Competencias: CG1, CG2, CT2, CT3, CT6, CT11, CT12, CR4, EA1, HJ3, MC1, MC2
-Seminarios: Resolución de casos prácticos e problemas propostos relacionados cos contidos do programa. Cada estudante entregará nos prazos previstos unha selección de cuestións e problemas resoltos e/ou informes a proposta do docente para a súa avaliación.
Competencias: CG1, CG2, CT2, CT3, CT6, CT10, CT11, CT12, CR4, EA1, HJ3, MC1, MC2
-Titorías en grupo: Orientación e discusión sobre a resolución de casos prácticos e problemas, incluíndo recursos bibliográficos en inglés, complementarios ás aulas expositivas e interactivas. Os estudantes entregarán informes a proposta do docente para a súa avaliación.
Competencias: CG2, CT2, CT6, CT10, CT11, CT12, CR4, EA1, HJ3, MC1, MC2
Avaliarase a comprensión dos conceptos fundamentáis da materia e a súa aplicación na resolución de problemas. Indícase a porcentaxe de ponderación máxima das actividades de avaliación:
- Probas escritas: Exame final en convocatoria oficial (70%*)
Probas presenciais en primeira e segunda oportunidade da convocatoria programadas no calendario oficial do Centro. Avaliación do coñecemento e a aplicación dos contidos da materia mediante cuestións conceptuais e resolución de problemas.
Competencias específicas: CR4, EA1, HJ3, MC1, MC2
Competencias xerais e transversais: CG1, CG2, CT2, CT3, CT12
- Avaliación continua: Asistencia e participación en actividades interactivas (seminarios e titorías de grupo) (20%*)
Asistencia e aproveitamento relativo a clases, seminarios e titorías de grupo reducido. Realización de exercicios e informes sobre problemas e casos prácticos no curso.
Competencias específicas: CR4, EA1, HJ3, MC1, MC2
Competencias xerais e transversais: CG1, CG2, CT2, CT3, CT6, CT10, CT12
-Avaliación continua: Prácticas de laboratorio (10%*)
Asistencia e aproveitamento, presentación de informes e cuestionarios, incluindo algunhas cuestións sobre términos técnicos en inglés.
Competencias específicas: CR4, EA1, HJ3, MC1, MC2
Competencias xerais e transversais: CG1, CG2, CT2, CT11, CT12
* As cualificacións obtidas pola participación en actividades interactivas (seminarios, titorías de grupo e prácticas de laboratorio) computarán a condición de obter unha cualificación mínima de 5,0 (escala de 0 a 10) no exame final, xa sexa en primeira ou segunda oportunidade de avaliación. A non asistencia e participación nas actividades interactivas durante o período de clases (no primeiro semestre) impedirá a súa avaliación e cómputo na cualificación final da materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Os estudantes repetidores poderán opcionalmente non realizar aquelas actividades interactivas e prácticas de laboratorio do programa que foran avaliadas positivamente nos tres cursos anteriores.
No caso de dispensas académicas, manterase o sistema de avaliación, sendo obrigatorio asistir ás prácticas de laboratorio, así como participar nos seminarios e titorías de grupo ao longo do curso, para poder computar na nota final da materia as cualificacións respectivas das actividades interactivas na nota final da materia (*)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”. https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/ gl/web/descargas/20_06_26_Directrices-docencia-2020-2021.pdf
Docencia presencial: 54 horas (h)
51 h: 24 h Aulas Expositivas, 24 h Interactivas (18 h Seminarios: 6 h laboratorio), 3 h Titorías en grupo.
3 h: Actividades de avaliación (proba final)
Traballo non presencial (96 h) (factor promedio de 2 horas non presenciais por hora presencial, salvo prácticas de laboratorio con factor de 1 h non presencial por hora presencial). Preparación continua das clases expositivas e interactivas, resolución de problemas, estudo para probas escritas e elaboración de informes.
Volume total de traballo: 150 horas equivalentes a 6 créditos ECTS
Para mellorar a eficacia na consecución dos obxectivos da materia recomendase aos estudantes:
Asistir ás clases expositivas e interactivas.
Seguimento regular da Aula Virtual da materia.
Consultar polo menos parte da bibliografía, material e recursos propostos.
Estudar regularmente e resolver problemas relacionados con cada tema da materia.
Participar nas aulas expositivas, interactivas e titorías: plantexamento de dúbidas e consultas.
Rafaela Maria Amaro Gonzalez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- rafaela.amaro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
M Carmen Bouza Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- mcarmen.bouza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Adrian Casanova Chiclana
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- adrian.casanova [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral USC_Campus Terra
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |