Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68.5 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 12 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Formar aos estudantes nos conceptos teóricos e prácticos relacionados coas producións secundarias (non madeireiras) dos sistemas forestais de cara a complementar a súa formación no campo da xestión e o aproveitamento sustentable dos recursos forestais.
A Memoria Verificada da titulación establece para esta materia os seguintes contidos a desenvolver mediante as correspondentes actividades académicas:
- Principais aproveitamentos tradicionais dos sistemas forestais do norte de España.
- Os sistemas forestais como produtores de setas: estudo morfolóxico, ecolóxico e económico das principais especies.
- Estudo das micorrizas e as súas aplicacións forestais.
- Ecoloxía, distribución e posibilidades de aproveitamento da sobreira en Galicia.
- Caracterización botánica, ecolóxica e utilidades terapéuticas das plantas medicinais presentes nos sistemas forestais do norte de España.
- Cultivo, recolección e procesado de plantas aromáticas e medicinais.
- Estudo e interese do aproveitamento das plantas melíferas presentes nos sistemas forestais no norte de España.
- Estudo das especies autóctonas produtoras de pequenos froitos de interese no norte de España.
- Árbores forestais de importancia económica como produtores de froitos.
Estes contidos desenvolveránse a traveso do seguinte programa da materia:
Programa teórico
O programa teórico divídese en 2 bloques temáticos:
Bloque 1: centrado no aproveitamento micolóxico e a subericultura (9 horas expositivas).
Tema 1.- Sistemas forestais: definición e funcións. Sistemas silvopastorais e agro-silvo-pastorais. Producións tanxibles e intanxibles. Producións principais e complementarias. Uso múltiple ou integral dos montes. Bases do uso sostible dos recursos forestais.
Tema 2.- Aproveitamento micolóxico. Introducción aos Fungos. Características xerais. Formas de vida. Reproducción. Sistemática. Organografía dos corpos de froitificación. Características organolépticas. Toxicidade. Lexislación relativa ao aproveitamento micolóxico. Estudo das micorrizas e as súas aplicacións forestais.
Tema 3.- Hábitats fúnxicos ou micotopos de Galicia. Hábitats arborados: carballais, reboleiras, faiais, bosques mixtos, biduedos, soutos, piñeirais, eucaliptais. Hábitats arbustivos: toxeiras, xesteiras, piornais, uceiras, estevais. Hábitats herbáceos: prados e pastizais, turbeiras.
Tema 4.- Ascomycetes. Características xerais. Ecoloxía. Xéneros Morchella, Helvella, Gyromitra: principais especies comestibles. Xénero Tuber (trufas): principais xéneros e especies de interese.
Tema 5.- Basidiomycetes. Características xerais. Ecoloxía. Xéneros Amanita, Agaricus, Lepiota, Coprinus e Clitocybe, Agrocybe, Calocybe, Marasmius, Hygrophorosis, Pleurotus, Fistulina Lactarius, Russula, Tricholoma, Paxillus, Laccaria, Entoloma, Clitopilus, Hydnum, Sarcodon, Cantharellus e Boletus. Caracteres xerais e identificación das especies de maior interese ou de carácter tóxico.
Tema 6.- Factores que inflúen na produción de cogomelos. Influencia da xestión forestal no aproveitamento micolóxico. Lexislación relativa ao aproveitamento e comercialización de recursos micolóxicos.
Tema 7.- Subericultura. Características botánicas e ecolóxicas de Quercus suber. Área de distribución mundial e galega. Estado actual e grao de aproveitamento dos sobreirais galegos. Lexislación sobre o aproveitamento da sobreira en Galicia.
Bloque 2: centrado no aproveitamento das plantas con interese medicinal, melíferas e productoras de pequenos froitos (9 horas expositivas).
Tema 8.- Definición de plantas aromáticas, medicinais e condimentares. Principios activos. Aspectos legais sobre recolección e produción de PAM.
Tema 9.- Principais especies aromáticas e medicinais, silvestres e cultivadas, das Familias Asteraceae (Compositae), Apiaceae (Umbelliferae), Lamiaceae (Labiatae) i Ericaceae. Caracteres diferenciais, descrición e importancia económica.
Tema 10.- Outros grupos de plantas silvestres medicinais e aromáticas.
Tema 11.- Técnicas de cultivo das especies aromáticas e medicinais, silvestres e introducidas, de maior importancia económica. Aspectos ecolóxicos, multiplicación, preparación do terreo, coidados culturais, produción e recolección. Procesado e comercialización de plantas aromáticas e medicinais. Preparación para infusións/dietética: secado ou deshidratación, clasificación e troceado, limpeza e acondicionamento, selección e envasado, conservación.
Tema 12.- Plantas entomófilas: xeneralidades. Factores que inflúen na produción de néctar. O pole. As melazas ou melatos. Os propóleos. Flora espontánea ou subespontanea da España atlántica de elevado interese apícola.
Tema 13.- Especies vexetais produtoras de pequenos froitos de importancia económica. Características botánicas. Ecoloxía. Variedades. Técnicas de cultivo. Produción. Recolección. Procesado. Comercialización.
Programa práctico
Prácticas de laboratorio (total de horas: 10)
Identificación de "visu" e mediante claves de cogumelos, plantas medicinais, aromáticas, melíferas e produtoras de pequenos froitos. Cálculo da capacidade e velocidade de xerminación de plantas medicinais e aromáticas. Procesado post-colleita de plantas medicinais.
Estas prácticas realizaranse nos laboratorios de prácticas de Botánica Forestal e nos espazos verdes do Campus Universitario. Os estudantes terán que entregar informes de prácticas razoando os resultados obtidos.
Prácticas de campo (total de horas: 8)
Realizaránse dúas prácticas de campo:
- Práctica de avaliación de potencialidade para o aproveitamento micolóxico dun monte, a realizar nun monte veciñal próximo á capital luguesa.
- Viaxe de prácticas consistente na visita a unha industria familiar de procesado de cogomelos e a unha cooperativa de procesado de plantas aromáticas e medicinais, ambas na provincia de Lugo.
Os alumnos terán que entregar informes das prácticas de campo, salientando os aspectos relacionados co aproveitamento e rendemento das producións vistas en cada caso. Con estas prácticas de campo preténdense reforzar os coñecementos adquiridos nas aulas identificando ambientes micolóxicos reais e comprobando que especies de cogomelos, plantas medicinais e froitos silvestres son os máis demandados, como se procesan e comercializan.
Bibliografía básica
- Castro, M., Justo, A., Lorenzo, P. & Soliño, A. (2005). Guía micolóxica dos ecosistemas galegos. Coleción Natureza nº 17. Baía Edicións. A Coruña. 445 pp.
- Coque, M., Díaz, Mª.B., Ciordia & M., García, J.C. (1994). El cultivo del frambueso y la zarzamora. Principado de Asturias. Consejería de Medio Rural y Pesca.
- De Diego Calonge, F. (1990). Setas. Guía ilustrada. Ed. Mundi-Prensa.
- Fernández de Ana-Magán, F. & Rodríguez, A. (2000). Os cogumelos nos ecosistemas forestais galegos. Ed. Xerais.
- Fernández Pola, J. (1996). Cultivo de plantas medicinais, aromáticas e condimentarias. E. Omega. Barcelona.
- Font Quer, P. (1990). Plantas medicinais. El Dioscórides renovado. Editorial Labor. S.A.
- Fundación Alfonso Martín Escudero. (1999). Las plantas con extractos. Bases para un plan de desarrollo del Sector. Ed. Melissa S.A.
- Romo, A., Stubing, G. & Peris, J.B. (2002). Plantas medicinales de la Península Ibérica e Islas Baleares. Ed. Jaguar.
- Sánchez González, M, Calama, R, Bonet, J.A. (2020). Los productos forestales no madereros en España: Del monte a la industria. Monografía INIA: Serie Forestal, nº 31.
Bibliografía complementaria
- Bruneton, J. (1979). Plantas tóxicas. Ed. Acribia. S.A.
- Vallés, J.M. (2012). El huerto urbano: plantas aromáticas: Manual de cultivo de plantas medicinales y aromáticas en terrazas y balcones. Ediciones del Serbal. Barcelona. 288 pp.
Bibliografía complementaria en inglés
- Hornok, L. (1992). Cultivation and processsing of medicinal plants. Wiley and Sons. Bruneton, J. (1979). Plantas tóxicas. Ed. Acribia. S.A.
- Husen, A., Kumar, R. & Bachheti, A. (2021). Non timber forest: food, healthcare and industrial applications. Springer. 473 pp.
- Jones, E.T., McLain, R.J. & Weigland, J. (2002). Nontimber Forest Products in the United States. 443 pp. Univeristy Press of Kansas.
Coa superación da materia, os estudantes adquirirán as seguintes competencias xerais, transversais e específicas, establecidas dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación:
Competencias xerais
CG1: Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamento no ámbito forestal.
Competencias Transversais:
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade para o traballo individual con actitude autocrítica.
CT4:Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Capacidade para obter información adecuada e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7: Capacidade para a realización de unha exposición pública de forma clara, concisa e coherente.
CT8:Compromiso de veracidade da información ofrecida
CT11: Utilización de información en lingua extranxeira
Competencias específicas:
CETEIF6: Materias primas forestais non madeireiras.
Mediante estas competencias, os estudantes acadarán unha visión xeral dos aproveitamentos secundarios potenciais e con maior rendemento económico dos sistemas forestais existentes no NW Ibérico.
A totalidade das actividades docentes desenvolvidas dentro desta materia considéranse de carácter presencial. A metodoloxía de ensinanza susténtase en clases teóricas (maxistrais), clases interactivas (prácticas de laboratorio e viaxes de prácticas) e o esforzo individual relacionado coa elaboración dun traballo individual obrigatorio. O traballo consistirá na identificación e valoración das posibilidades de aproveitamento de recursos forestais non madeirables nun área xeográfica determinada, a escoller polo estudante. O traballo deberá de elaborarse seguindo un guión que se deixará a disposición dos estudantes no Campus Virtual. O traballo presentarase en soporte dixital (arquivo pdf) e será exposto de xeito resumido nas datas e lugares oficiais de exame de 1ª e 2ª oportunidade.
A avaliación será continua e escalar. Os criterios de avaliación terán en conta a asistencia (pasarase diariamente á sinatura un listado dos estudantes matriculados) e participación nas clases teóricas e prácticas, así como a entrega dos informes de prácticas e a redacción e exposición do traballo individual obrigatorio da materia. Este consistirá na inventariación e valoración económica dos aproveitamentos non madeirables dun área de traballo proposta polos propios estudantes ou consensuada entre estes e os profesores responsables da materia. Na redacción de dito traballo haberán de incluírse, de xeito obrigatorio, referencias en lingua inglesa.
Establécese a seguinte relación entre modalidades de avaliación, competencias avaliadas e ponderación sobre a cualificación final da materia:
Modalidade de avaliación Competencias avaliadas Ponderación mín.(%) Ponderación máx. (%)
Participación nas actividades da aula CT1/CT2/CT3/CT5/CG1/CETEIF6 0 5
Presentación de informes de prácticas (laboratorio, campo e viaxes):
CG1/ /CT1/CT2/CT3/CT4/CT5/CT6/CT7/CT8/CETEIF6 0 25
Elaboración e presentación do traballo obrigatorio
CG1/CETEIF6/CT1/CT2/CT6/ 0 70
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades interactivas (prácticas de laboratorio, viaxes de práticas) que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente, así como a presentación do traballo individual.
Os estudantes que pretendan superar a materia na segunda oportunidade, así como os estudantes que repitan matrícula, deberán de ter realizadas as actividades establecidas como obrigatorias (prácticas de laboratorio, viaxes de prácticas) na programación da materia así como avaliados positivamente os seus informes respectivos.
As actuacións dos profesores da materia rexeranse, particularmente nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas de avaliación, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
A Memoria Verificada da titulación establece a seguinte relación de actividades formativas e a súa correlación coas horas de traballo persoal dos estudantes:
Trabajo presencial na aula Horas Traballo persoal dos estudantes Horas
Clases teóricas (expositivas de grupo grande) 24 Lectura e preparación de temas 26
Prácticas (con grupos reducidos) 12 Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas 20
Titorías en grupo (con grupos moi reducidos) 3 Elaboración de traballos de curso (en grupo o individuais) 12
Titorías individuais 2 Preparación de probas de avaliación 10,5
Actividades de avaliación 3
TOTAL 44 TOTAL 68,5
Estímase que para a superación da materia os estudantes deberían dedicar semanalmente a seguinte programación de traballo autónomo:
Tipo de traballo persoal Horas/semana
Lectura e preparación de temas 0,5
Elaboración de informes/traballos 0,5
Elaboración de traballos de curso 3,0
O estudo debe realizarse de xeito regular e apoiándose en libros e revistas especializadas. Recoméndase asistir as titorias para resolver as dúbidas e, na medida do posible, acostumarse a sair ó campo (complementando as saídas realizadas cos profesores) para identificar e valorar "in situ" os distintos aproveitamentos.
Ao longo do período docente da materia se colocarán no Campus Virtual diferentes documentos que serán utilizados durante as clases para ser debatidos. Recoméndase aos estudantes que visiten periódicamente o Campus Virtual para acceder a esta información para que o seu aproveitamento das actividades académicas sexa o mellor posible.
Calquera dúbida relativa aos contidos teóricos, o desenvolvemento das prácticas ou a elaboración do traballo obrigatorio da materia poderán ser resoltos dentro do horario de titorías dos profesores responsables da materia ou ben, mediante consulta telemática a traveso de correo electrónico dirixido a:
rosa.romero [at] usc.es (rosa[dot]romero[at]usc[dot]es)
manuelantonio.rodriguez [at] usc.es (manuelantonio[dot]rodriguez[at]usc[dot]es).
Contémplase, para os casos xustificados, a realización de titorías personalizadas por medios electrónicos, por exemplo mediante o emprego da plataforma Teams, previa concertación de data e hora cos profesores implicados.
Rosa Romero Franco
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- rosa.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Antonio Rodriguez Guitian
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- manuelantonio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor