Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría do medio e da paisaxe. Principios de desenvolvemento sostible. Análise, xestión e Plans de Ordenación Territorial. Proxectos de desenvolvemento. Instrumentos para a Ordenación do territorio e da paisaxe.
A memoria do título considera para esta materia os seguintes contidos:
A Ordenación do Territorio. Marco Legal de referencia. Integración de Políticas de Desenvolvemento. Actuacións de Planificación Rural. Instrumentos de planificación e ordenación do territorio e da paisaxe. Desenvolvemento sostible. Proxectos de desenvolvemento. Metodoloxías de análise, síntese e avaliación.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo ao seguinte temario:
Módulos teóricos (Docencia expositiva. P: Presencial; NP: Non Presencial)
Módulo I.- Introdución á Ordenación Territorial (6h. P; 12h. NP)
Ordenación do Territorio. Sistema Territorial. Sustentabilidade, desenvolvemento sostible e territorio.
Módulo II – Instrumentos (4h. P; 8h. NP)
O nivel europeo. O nivel estatal e o nivel autonómico. Instrumentos de planificación integrada. Instrumentos de planificación sectorial.
Módulo III – Metodoloxías de planificación (6h. P; 12h. NP)
Fases. Inventario e análise. Diagnose. Xeración de alternativas. Planificación. Xestión.
Módulo IV - Proxectos de desenvolvemento (2h. P; 4h. NP)
Formulación e execución de plans e programas de desenvolvemento. Seguimento e avaliación de plans e programas de desenvolvemento
Módulo práctico (Docencia interactiva) (18h. P; 35.5h. NP)
Práctica 1 - Fontes de datos espaciais en ordenación do territorio
Práctica 2 - Plans de ordenación do territorio: estudos de caso (I)
Práctica 3 - Plans de ordenación do territorio: estudos de caso (II)
Práctica 4 – Análise con Sistemas de Información Xeográfica (I): Medio físico - natural
Práctica 5 – Análise con Sistemas de Información Xeográfica (II): Poboación e actividades
Práctica 6 – Análise con Sistemas de Información Xeográfica (III): Núcleos e infraestruturas. Normas e institucións
Práctica 7 - Diagnóstico territorial integrado
Práctica 8 - Planificación. Xeración de conceptos espaciais
Práctica 9 - Selección de alternativas
Titorías en grupo (2 h. P)
Actividades de avaliación (3 h. P)
Na materia, empregarase a seguinte bibliografía básica (en español):
• Gómez Orea, D., 2008. Ordenación territorial. Mundiprensa, Madrid.
• Gómez Orea, D., 1992. Planificación Rural. MAPA - Editorial Agrícola Española, D.L., Madrid.
Na materia, empregarase a seguinte bibliografía básica (en inglés):
• Alexander, E. R. (1992). Approaches to Planning: Introducing Current Planning Theories, Concepts, and Issues. Taylor & Francis.
Recoméndase ó alumno/a a consulta da seguinte bibliografía complementaria (en español):
• Benabent Fernández de Córdoba, M. 2006. La ordenación del territorio en España: evolución del concepto y de su práctica en el siglo XX. Universidad de Sevilla-Consejería de Obras Públicas y Transportes, Sevilla.
• Crecente, R., Fra, U., Álvarez, C.J., 2001. Concentración Parcelaria en Galicia: Caracterización y Evaluación. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Alimentaria, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela
• Díaz, E.R., Crecente, R., Álvarez, C.J., 2004. Turismo y ordenación del territorio en el municipio de Ribadeo. Ayuntamiento de Ribadeo y Universidad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela
• Fernández Fernández, A., Pardo Abad, C.J., Martín Roda, E.M., Cocero Matesanz, D. 2007. Ordenación del Territorio y Medio Ambiente. UNED, Madrid.
• Galiana, L., Vinuesa, J. 2010. Teoría y práctica para una ordenación racional del territorio. Síntesis, Madrid.
• Martínez de Anguita, P. (Coord.). 2006. Planificación física y ordenación del territorio. Dykinson, Madrid.
Recoméndase ó alumno/a a consulta da seguinte bibliografía complementaria (en inglés):
• Filotas, E., Parrott, L., Burton, P.J. (et al.). 2014. Viewing forests through the lens of complex systems science. Ecosphere, 5(1): 1-23
• Hardin, G. 1968. The tragedy of the commons. Science 162: 1243-1248
• Steffen et al. 2015. Planetary Boundaries: Guiding human development on a changing planet. Science Vol. 347 no. 6223
Nesta materia o/a alumno/a adquirirá ou poñerá en práctica unha serie de competencias básicas e xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas da ordenación do territorio (especialmente nos aspectos orientados ao medio agroforestal) e dos proxectos de desenvolvemento. Dentro do cadro de competencias deseñado para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas e xerais
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou ámbitos cambiantes.
CG4 - Capacidade para a busca e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación.
Competencias transversais
CT1 - Capacidade de análise y síntese
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas
CEG5 - Capacidade para a redacción e firma de estudos de desenvolvemento rural, de impacto ambiental e de xestión de residuos das industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, e espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo.
CEG3 - Capacidade para dirixir a execución das obras obxecto dos proxectos relativos a industrias agroalimentarias, explotacións agrarias e espazos verdes e as súas edificacións, infraestruturas e instalacións, a prevención de riscos asociados a esa execución e a dirección de equipos multidisciplinares e xestión de recursos humanos, de conformidade con criterios deontolóxicos
CEG4 - Capacidade para a redacción e firma de medicións, segregacións, parcelacións, valoracións e taxacións dentro do medio rural, a técnica propia da industria agroalimentaria e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo, teñan ou non carácter de informes periciais para Órganos xudiciais ou administrativos, e con independencia do uso ao que este destinado o ben moble ou inmoble obxecto destas.
HJ5 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da obra civil, instalacións e infraestruturas das zonas verdes e áreas protexidas. Electrificación. Regas e drenaxes. Maquinaría para hortofruticultura e xardinería.
HJ8 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de Hidroloxía. Erosión. Material vexetal: produción, uso e mantemento; Ecosistemas e biodiversidade; Medio físico e cambio climático. Análise, xestión e Plans de Ordenación Territorial. Principios de paisaxismo. Ferramentas específicas de deseño e expresión gráfica; Desenvolvemento práctico de estudos de impacto ambiental; Proxectos de restauración ambiental e paisaxística; Proxectos e Plans de mantemento de zonas verdes; Proxectos de desenvolvemento. Instrumentos para a Ordenación do territorio e da paisaxe; Xestión e planificación de proxectos e obras.
HJ6 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría do medio e da paisaxe.
HJ7 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de lexislación e xestión ambiental; Principios de desenvolvemento sostible; Estratexias de mercado e do exercicio profesional; Valoración de activos ambientais.
O ensino afrontarase mediante a docencia expositiva en grupos de ata 30 alumnos/as (18 horas), a través de leccións maxistrais participativas. Así mesmo, impartirase docencia interactiva orientada ao desenvolvemento de casos prácticos (18 horas). Os casos prácticos servirán para poñer en contexto as explicacións teóricas, e poderán requirir do traballo en grupo dos/as alumnos/ as. Os resultados das sesións prácticas, unidas ao traballo persoal do/a alumno/a, constituirán un traballo práctico a entregar en forma de portafolios.
Especificamente, empregaranse como elementos metodolóxicos, orientados ás competencias correspondentes:
• Leccións maxistrais participativas (CG1, CEG5, CEG3, CEG4, HJ8, HJ6, HJ7)
• Seminarios e conferencias (CG1, CEG5, CEG3, CEG4, HJ8, HJ6, HJ7)
• Prácticas de laboratorio ou campo (CG1, CG4, CEG5, CEG3, CEG4, HJ8, HJ6, HJ7)
• Prácticas de aula informática (CG1, CG4, CT3, CEG5, CEG3, CEG4, HJ8, HJ6, HJ7)
• Utilización de lousas clásicas e dixitais (CG1, CT3, CT9)
• Utilización da aula virtual (CG1, CG4, CT3, CT9)
• Realización de presentacións mediante ordenador (CG1, CT2, CT4, CT9)
• Resolución de problemas (CG1, CT1, CT3, CT5, CT12)
• Elaboración e presentación de traballo/s de curso (CG1, CG4, CT2, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT10, CT12, CEG5, CEG3, CEG4, HJ8, HJ6, HJ7)
• Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos e en proxectos (CT1, CG1, CG4, CEG5, CEG3, CEG4, HJ8, HJ5, HJ6, HJ7)
• Titorías individualizadas e colectivas (CG1, CT3)
• Traballo autónomo e estudo independente dos/as alumnos/as (CG1, CG4, CT3, CT10, CEG5, CEG3, CEG4, HJ8, HJ6, HJ7)
• Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativa (CG1, CT1, CT4, CT7, CT10, CEG5, CEG3, CEG4, HJ8, HJ5, HJ6, HJ7)
• Sesión/é de discusión activa (CG1, CEG5, CEG3, CEG4, HJ8, HJ6, HJ7)
• Avaliación de competencias mediante exercicios de control (CG1, CG4, CT2, CT3, CT6, CT8, CT12, CEG5, CEG3, CEG4, HJ8, HJ6, HJ7)
A utilización da plataforma da USC virtual, así coma da aplicación Microsoft Teams, permitirá axilizar o fluxo de información bidireccional entre alumno/a e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do/a alumno/a.
Mixto con talleres de traballo e casos prácticos, e exame. Avalíase ao alumno/a en función das súas respostas ás preguntas dos profesores e ás súas intervencións e resultados nos talleres de traballo e casos prácticos, sexa de forma individual ou en grupo. Ao final da materia os/as alumnos/ as realizan un exame. A cualificación do/a alumno/a repártese un 45% na proba escrita, un 45% a entrega e/ou presentación de traballos (talleres, casos), e un 10% por asistencia presencial. Non superarán a materia os/as alumnos/ as que non obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte. Nas prácticas avaliarase o rendemento do/a alumno/a en a aula a través da calidade dos traballos entregados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O reparto de competencias sería:
Asistencia (10%)
Proba escrita (45%): competencias avaliadas CG1, CT1, CT2, CT3, CT12, CEG3, CEG4, CEG5, HJ6, HJ7, HJ8.
Traballos prácticos entregados e/ou expostos (45%): competencias avaliadas CG4, CT1, CT2, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT12, CEG3, CEG4, CEG5, HJ5, HJ6, HJ7, HJ8.
Para superar a materia esíxeselle ao/a alumno/a a asistencia a un 75% das clases teóricas e prácticas. O non cumprimento da asistencia levará consigo que, para a superación da materia, o/a alumno/a teña que facer un traballo adicional proposto polo profesor. Os/as alumnos/as que teñan concedida a dispensa de asistencia deberán realizar un traballo adicional específico indicado polo profesor. Estes criterios son válidos para a convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade e repetidores. As cualificacións dos traballos prácticos e dos exames conservaranse unicamente durante o curso académico.
Os/as alumnos/as dedicarán un total de 73,5 horas de traballo persoal, que se repartirán entre a lectura e preparación de temas, a realización de exercicios, a preparación previa das prácticas e o traballo posterior sobre estas, a elaboración de traballos de curso, a asistencia a titorías, e a preparación de probas de avaliación.
Recoméndase adecuarse á programación de contidos teóricos e prácticos de acordo cos manuais da materia, para un máximo aproveitamento á hora de cursala. Así mesmo, poñerase a disposición dos/as alumnos/as o material docente para o seu estudo previo ás sesións expositivas, de forma que poidan comprender e asimilar mellor os conceptos da materia. Anímase os/as alumnos/as á participación activa nas clases e uso das titorías.
Carlos Amiama Ares
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- carlos.amiama [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Emilio Rafael Diaz Varela
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- emilio.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 (Aulario 1) |
Martes | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 (Aulario 1) |
09.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 (Aulario 1) |
27.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 (Aulario 1) |