Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Capacitar para o exercicio profesional como Coordinador de Seguridade e Saúde en proxectos agrarios e agroalimentarios. Coñecer riscos laborais e medidas, e medios, individuais e colectivos, de protección, propios dos proxectos nos sectores agroforestal e agroalimentario
A memoria do título considera para esta materia os seguintes contidos:
Seguridade e saúde no traballo. Coordinador en materia de seguridade e saúde. Ámbito xurídico e xestión da prevención de riscos laborais. Marco normativo. Técnicas de comunicación, motivación e negociación. Condicións de implantación en obras de construción. Equipos de traballo. Proteccións colectivas e individuais. Condicións de seguridade nas obras de edificación e civís. Outras especialidades preventivas.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario
PROGRAMA DE TEORÍA (Tema: 1 HP + 1,7 HNP)
BLOQUE I. CONCEPTOS BÁSICOS SOBRE SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO. MARCO NORMATIVO.
TEMA 1. O traballo e a saúde: os riscos profesionais. Danos derivados do traballo.
TEMA 2. Condicións de traballo, factores de risco e técnicas preventivas. Estatísticas de sinestralidade laboral.
TEMA 3. Marco normativo en materia de prevención de riscos laborais. Dereitos e deberes nesta materia.
BLOQUE II. XESTIÓN DA PREVENCIÓN.
TEMA 4. Criterios xerais.
TEMA 5. Criterios específicos aplicados ao sector da construción.
TEMA 6. A prevención en España. Organismos e entidades.
BLOQUE III. PLANIFICACIÓN DA PREVENCIÓN NAS OBRAS DE CONSTRUCIÓN.
TEMA 7. Funcións de coordinación durante a elaboración do proxecto e a execución da obra.
TEMA 8. Criterios para a elaboración do estudo básico de seguridade e saúde.
TEMA 9. Criterios para a elaboración e aprobación do plan de seguridade e saúde no traballo.
BLOQUE IV. TÉCNICAS XERAIS DE ANÁLISE, AVALIACIÓN E CONTROL DE RISCOS.
TEMA 10. Riscos e medidas preventivas relacionados coas condicións de seguridade nas obras de construción: Condicións xerais de implantación. Riscos específicos nas obras de edificación. Fases de obra. Medidas preventivas e de protección. Riscos específicos na obra civil. Tipoloxías. Medidas preventivas e de protección. Normas técnicas específicas de aplicación. Seguimento e control.
TEMA 11. Riscos e medidas preventivas relacionadas co medio de traballo nas obras de construción (hixiene industrial): Riscos xerais de hixiene industrial. Desmantelamento e retirada de fibrocemento.
TEMA 12. Outros aspectos preventivos relacionados coas obras de construción: Ergonomía e Psicosocioloxía.
TEMA 13. Criterios para a vixilancia da saúde. Organización das medidas en materia de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación dos traballadores.
BLOQUE V. PROMOCIÓN DA PREVENCIÓN.
TEMA 14. Análise e verificación da formación e información.
TEMA 15. Técnicas de comunicación, motivación e negociación.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS. (6 sesions de 2 HP + 1,7 HNP)
Formúlanse diversas sesións prácticas nas que se pretende simular o traballo a realizar polos Coordinadores de Seguridade e Saúde. Consistirán na redacción dun Estudo de Seguridade e Saúde, correspondente a un proxecto que se lles facilite, que implicará o uso de ferramentas informáticas. Igualmente propoñeranse unha batería de casos prácticos relacionados co seguimento da execución dunha obra na que os alumnos deberán de resolver as casuísticas formuladas actuando como coordinadores de seguridade e saúde.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Barrasa Rioja, M. 2002. Apuntes de Seguridad y Salud. Curso 2002/03. Unicopia. Lugo.
Espeso, J. A. y otros 2005. Coordinadores de seguridad y salud en el sector de la construcción. Manual para la formación. 2ª edición. Lex Nova. Madrid.
http://www.mtas.es
http://www.xunta.es
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Osalan. 2007. Guía práctica del coordinador de seguridad y salud durante la ejecución de obras de construcción. http://www.osalan.euskadi.eus/s94-osa0017/es/contenidos/libro/gestion_2…
Instituto de la construcción de Castilla León. Formularios para la Coordinación de Seguridad y Salud en Obras de Construcción. http://www.coavalladolid.com/DOCUMENTOS_WEB/Documentos/SeguridadSalud/F…
Ademais da que se especifica en cada tema
Básicas, xerais e transversais
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou ámbitos cambiantes.
CG2 - Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
CG4 - Capacidade para a busca e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación.
CG5 - Capacidade para desenvolver as súas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade do ámbito humano e natural.
CG6 - Capacidade para o traballo en equipos multidisciplinares e multiculturais.
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CEG1 - Capacidade para Ia preparación previa, concepción, redacción e firma de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturas e vías rurais), a industria agroalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salgaduras e, en xeral, calquera outra dedicada a Ia elaboración e/
ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinaría e o paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais parques, xardíns, viveiros, arboredo urbano, etc., instalacións deportivas públicas ou privadas e ámbitos sometidos a recuperación paisaxística).
CEG3 - Capacidade para dirixir a execución das obras obxecto dos proxectos relativos a industrias agroalimentarias, explotacións agrarias e espazos verdes e as súas edificacións, infraestruturas e instalacións, a prevención de riscos asociados a esa execución e a dirección de equipos multidisciplinares e xestión de recursos humanos, de conformidade con criterios deontolóxicos.
A docencia expositiva abórdase con clases maxistrais participativas dirixidas a grupos reducidos. A docencia interactiva desenvólvese con actividades en seminarios interactivos en grupos reducidos, con prácticas en resolución de traballos concretos e proxectos, con prácticas en aula de informática e traballos en grupos. Cas metodoloxías empregadas trabállanse todas competencias identificadas.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
Mixta con casos prácticos e exame escrito. Avalíase o alumno en función das súas respostas ás preguntas dos profesores e ás súas intervencións e resultados nos casos prácticos, sexa de forma individual ou en grupo. Ao final da materia os alumnos realizan unha proba escrita. A cualificación do alumno é unha media ponderada, ao 50%-50%, entre o rendemento deste nas dúas partes nas que se avalía este: proba escrita e rendemento nas prácticas (casos). Non superará a materia aquel alumno que non obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte. Nas prácticas avaliará o rendemento do alumno na aula, e a calidade das memorias entregadas. De aplicación tanto a primeira como a segunda oportunidade
Aos alumnos repetidores, caso de superar as prácticas, gárdaselles a cualificación.
Os alumnos aos que se lle conceda dispénsaa de asistencia, deberán presentarse ao exame previa entrega das memorias de prácticas. Recoméndaselles poñerse en contacto co profesor canto antes
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de las calificaciones”.
Proba escrita (50%): competencias avaliadas CG1, CG2, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT7 e CT11
Traballos prácticos vinculados coas competencias a adquirir (50%): competencias avaliadas, todas as descritas.
O alumno recibirá 15 horas de docencia expositiva e participará en 12,5 horas de prácticas (docencia interactiva), nas que ademais será avaliado. Ademais contemplaranse 1,5 horas presenciais de titorías en grupos reducidos. Adicionalmente o alumno deberá desenvolver un traballo non presencial, preparando documentación para as clases presenciais, realizando traballos da materia, preparando as probas escritas obxecto de avaliación. A estas tarefas dedicaranse 46 horas de traballo persoal. Aproximadamente a un ratio de 1,7 horas de traballo pesoal por cada hora presencial
Asistencia a todas as actividades docentes. Consulta da bibliografía recomendada. Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia. Levar a materia ao día.
Durante as actividades docentes os dispositivos móviles deberán estar apagados
Martin Barrasa Rioja
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- martin.barrasa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade