Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Trátase dunha materia pretecnolóxica básica para a aprendizaxe doutras materias da titulación, como a Silvicultura, Ordenación de Montes, Pascicultura e Sistemas Agroforestais, etc.
Con esta materia preténdese presentar aos estudantes os principios da Botánica Forestal, capacitándoos especialmente para:
- Identificar visualmente as especies leñosas máis frecuentes no cadrante NW Ibérico.
- Coñecer as características morfolóxicas i ecológicas, así como a coroloxía, das principais especies da flora forestal do NW Ibérico.
- Coñecer os principais tipos de masas arboradas e arbustivas doNW Ibérico.
- Coñocer o papel indicador das especies da flora forestal e das comunidades vexetais do NW Ibérico.
- Coñecer a importancia económica, ecolóxica e corolóxica das especies da flora forestal do NW Ibérico.
A Memoria do Título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Posición sistemática, descrición detallada, coroloxía, ecoloxía, significado e importancia de:
- As árbores autóctonas de Galicia. Referencia ás do resto de España.
- As árbores exóticas máis utilizadas na repoboación forestal en Galicia e no resto de España. Referencia ás de maior importancia forestal no mundo.
- As especies arbustivas, matas leñosas e plantas herbáceas máis abundantes nas matogueiras e sotobosques dos montes galegos.
Estes contidos desenvólvense do seguinte xeito (indícanse entre parénteses as horas adicadas de docencia expositiva e as de traballo persoal do alumno):
Programa Teórico (36 horas presenciais):
Bloque I: Introdución á Botánica Forestal e vocabulario ecolóxico. Xeobotánica: nocións básicas de bioclimatoloxía, bioxeografía e comunidades vexetais. Aspectos legais da botánica forestal (6 h + 6 h de traballo persoal).
Bloque II: Posición sistemática, descrición detallada, coroloxía, ecoloxía e importancia económica das principais especies de fentos e ximnospermas do NW Ibérico. Referencia ás do resto da Península ibérica (15 h + 15 h de traballo persoal).
Bloque III: Posición sistemática, descrición detallada, coroloxía, ecoloxía e importancia económica das principais especies leñosas de anxiospermas nativas e introducidas no eido forestal do NW Ibérico. Referencia ás do resto da Península ibérica (15 h + 15 h de traballo persoal).
Programa Práctico (laboratorio e viaxes de campo)(18 horas presenciais):
- Seminario de Morfoloxía vexetal (2 h)
- Prácticas de laboratorio: identificación mediante claves de especies leñosas e herbáceas frecuentes no NW Ibérico (10 h)
- Viaxes de prácticas: realizaranse dúas viaxes de prácticas conxuntas coa materia de Ecoloxía (2 h) nas que se identificarán especies e formacións vexetais frecuentes no eido forestal do NW Ibérico.
Bibliografía básica
Aizpuru, I., Aseginolaza, C., Uribe-Echebarría, P.M., Urrutia, P. & Zorrakin, I. (1999). Claves Ilustradas de la flora del Pais Vasco y territorios limítrofes. Eusko Jaularitzaren Artigalpen Zerbitzu Nagusia. Vitoria-Gasteiz. 830 pp.
Castroviejo, S. (Ed.). (2001). Claves de Flora Ibérica. Vol I. C.S.I.C.. Madrid.
Castroviejo, S. (Coord. general)(1990-2017). Flora Iberica. Vol. I-XXI. C.S.I.C. Madrid.
Farjon, A. (1990): Pinaceae. Koeltz Scientific Books. Königstein. 330 pp.
Fernández Prieto, J.A., Amigo, J., Bueno, Á., Herrera, M., Rodríguez-Guitián, M.A. & Loidi, J. (2023). Bosques y orlas forestales de los territorios atlánticos del Noroeste Ibérico. Guineana 23. Universidad del País Vasco. Bilbao.
Ferreras, C. & Fidalgo, C.E. (1991): Biogeografía y edafogeografía. Colección Espacios y Sociedades nº 6. Ed. Síntesis. Madrid. 262 pp.
Gómez, F. (Coord.) (1997): Los bosques ibéricos. Una interpretación geobotánica. Editorial Planeta. Barcelona. 572 pp.
López González, G.(2001). Los árboles y arbustos de la Península Ibérica e Islas Baleares. Tomo I y II. Ediciones Mundi-Prensa. Madrid.
Rodríguez Guitián M.A. & Ramil-Rego, P. (2007): Revisión de las clasificaciones climáticas aplicadas al territorio gallego desde una perspectiva biogeográfica. Recursos Rurais 1(3): 31-53.
Rodríguez Guitián M.A. & Ramil-Rego, P. (2008): Fitogeografía de Galicia (NW Ibérico): análisis histórico y nueva propuesta corológica. Recursos Rurais 1(4): 9-50.
Rodríguez Guitián, M.A., Ramil Rego, P. & Ferreiro da Costa, J. (2012): Propuesta de clasificación multicriterio para los bosques de Galicia (NW Ibérico). Recursos Rurais, Serie Cursos 6: 63-106.
Ruíz de la Torre, J. (2006). Flora Mayor. Organismo Autónomo Parques Nacionales. Madrid. 1760 pp.
Sitte, P., Weiler, E.W., Kadereit, J.W., Bresinsky, A. & Körner, C. (2003): Strasburguer. Tratado de Botánica. 35ª Ed. Editorial Omega. Barcelona. 1131 pp.
Bibliografía complementaria
Díaz González, T.E. & Vázquez, A. (2004): Guía de los bosques de Asturias. 287 pp. Ed. Trea. Gijón.
Díaz González, T.E. & Fernández Prieto, J.A. (1994): La vegetación de Asturias. Itinera Geobotanica. Vol 8: 243-528. Servicio de Publicaciones. Universidad de León.
García Martínez, X.R. (2008): Guía das plantas de Galicia. Colección Natureza. Edicións Xerais de Galicia. Vigo. 509 pp.
Niño Ricoi, H. (2008): Guía dos fentos de Galicia. Bahía Edicións. A Coruña. 179 pp.
Niño Ricoi, H. & Silvar, C. (1997): Guía das árbores de Galicia. Bahía Edicións. A Coruña. 229 pp.
Rivas-Martínez, S. (2011): Mapa de series, geoseries y geopermaseries de vegetación de España. Itinera Geobotánica 18 (2 vols.).
Salvo Tierra, E. (1990): Guía de Helechos de la Península Ibérica y Baleares. Ediciones Pirámide S.A. Madrid.
Silva Pando, F.J. & Rigueiro, A. (1992): Guía das árbores e bosques de Galicia. 294 pp. Ed. Galaxia. Vigo.
VV.AA. (2002). Botánica. Proyecto Galicia: Natureza (tomos XLI, XLII, XLIII). Hércules de Ediciones. A Coruña.
Bibliografía complementaria en inglés
Amigo, J., Rodríguez Guitián, M.A., Honrado, J.J.P. & Alves, P. (2017). Chapter 6. The lowlands and midlands of Northwestern Atlantic Iberia. In: J. Loidi: The Vegetation of the Iberian Peninsula. Plant and Vegetation 12: 191-250. Springer International Publishing AG. Bassel.
Ramil Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A., López Castro, H., Ferreiro da Costa, J. & Muñoz Sobrino, C. (2013): Loss of European Dry Heaths in NW Spain: A Case Study. Diversity 5(3): 557-580.
Rodríguez Guitián, M.A. (2010): Temperate riverside forests without alder trees at the NW of the Iberian peninsula: ecology, phytosociological profile and interest for preservation policies. Lazaroa 31: 9-37.
Rodríguez Guitián, M.A., Real Rodríguez, C., Amigo Vázquez, J. & Romero Franco, R. (2003):. The Galician-Asturian beechwoods (Saxifrago spathularidis-Fagetum sylvaticae): description, ecology and differentiation from other Cantabrian woodland types. Acta Botanica Gallica 200: 15-36.
Rodríguez Guitián, M.A., Romero Franco, R., Real, C. & Álvarez Hurtado, A. (2017): Phytosociological framework and conservation value of supratemperate riparian birch forest of the Northwestern Iberian Peninsula. Lazaroa 38(2): 87-126.
Rodríguez Guitián, M.A., Amigo, J., Real, C. & Romero Franco, R. (2021): Cork oak forests in the NW. Iberian Peninsula: phytosociological reassessment and new proposals. Plant Biosystems 155(4): 944-961.
Nesta materia los estudantes adquirirán ou practicarán unha serie de competencias xenéricas (básicas, xerais, transversais) intrínsecas a calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con alto grao de autonomía
Competencias xerais:
CG1 - Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamentos no ámbito forestal.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7- Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12-Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
CECF1 - Competencias específicas da Ciencia Forestal: Botánica Forestal.
Esta materia ten unha carga lectiva de 6 créditos ECTS (51 h totais de docencia presencial), repartidos en 36 h de docencia expositiva (en grupos de 75 estudantes como máximo), 12 h de docencia interactiva (en grupos de 20 estudantes como máximo) e 3 h de docencia interactiva en grupos reducidos (en grupos de 10 estudantes como máximo).
A metodoloxía de ensinanza susténtase en clases teóricas (maxistrais), clases interactivas (prácticas de laboratorio e viaxes de campo), titorías en grupos reducidos e titorías individualizadas relacionadas coa elaboración do traballo obrigatorio da materia. A asistencia ás actividades académicas será presencial e obrigatoria.
As clases de teoría, expositivas e de carácter maxistral, desenvolveranse na aula por parte do profesorado, axudado dos medios materiais e audiovisuais que se consideren oportunos.
Desenvolveranse cinco prácticas de laboratorio de carácter interactivo, realizadas en grupos reducidos, destinadas ao recoñecemento visual de diferentes especies de plantas vasculares e a súa determinación mediante o manexo de claves dicotómicas. Estas actividades prácticas permitirán ao alumnado a adquisición de habilidades e a posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal e das clases de teoría. Os estudantes deberán entregar un informe de cada unha destas prácticas que versará sobre o proceso de determinación de cada unha das especies vistas nas prácticas.
Realizaranse dúas viaxes de prácticas destinadas a recoñecer especies botánicas e ecosistemas con representacións de diversos tipos de bosques, matogueiras, humidais e plantacións forestais de interese dentro do ámbito de Galicia. Unha delas desenvolverase pola Terra Chá e a Mariña Luguesa e a outra pola área montañosa do sueste da provincia de Lugo. Estas viaxes de prácticas organizaranse conxuntamente coa materia de Ecoloxía, correspondendo á materia de Botánica Forestal 2 horas de docencia do total de 12 imputables a cada unha destas prácticas.
Nas titorías en grupo reducido (10 estudantes máximo) e nas individuais atenderase ao alumnado para discutir, comentar, aclarar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, preparación de probas de avaliación, realización de traballos, identificación de especies, etc.).
Os profesores ofrecerán apoio aos estudantes a traveso do Campus Virtual da USC. En calquera caso, todas as tarefas desenvolvidas persoalmente polo alumnado, dentro da súa aprendizaxe autónoma, serán orientadas e supervisadas polo profesorado.
As actividades académicas descritas permitirán traballar diferentes competencias establecidas para esta materia, seguindo o seguinte esquema:
Clases expositivas (teoría e seminario): CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT1, CT2, CT3, CT5, CECF1
Docencia interactiva en grupo reducido (prácticas de laboratorio): CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT2, CT3, CT5, CT7, CECF1
Viaxes de prácticas: CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT2, CT3, CT5, CT7, CECF1
Titorías en grupos moi reducidos: CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT2, CT3, CT5, CT7, CECF1
Titorías individuais: CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT2, CT3, CT5, CT7, CECF1
A avaliación dos coñecementos farase de forma continua a traveso da realización de exames escritos sobre contidos teóricos, a redacción de informes sobre os contidos das prácticas de laboratorio e as viaxes de prácticas, a elaboración dun traballo individual obrigatorio e a realización dun exame de identificación de “visu” de mostras de especies vexetais. A superación da materia acadarase sempre e cando se teñan superadas todas e cada un das probas de avaliación establecidas para cada unha das modalidades docentes. Poderanse compensar as cualificacións de partes da materia que non acadaran a nota de 5,0 sempre e cando superaran o 4,5, e se a media aritmética das partes e igual ou superior a 5,0. As datas oficiais de exames, recollidas na páxina web do Centro ao inicio do curso, considéranse inamovibles de non existir modificación expresa por parte da Dirección da EPSE.
Probas parciais.
Ao longo do curso poderanse realizar probas escritas de carácter liberatorio sobre os contidos teóricos das partes nas que se divide o temario da materia (cualificación numérica) e os contidos do seminario de morfoloxía vexetal (cualificación de apto ou non apto). Gardaranse as cualificacións das probas que resulten superadas para as convocatorias ordinarias de primeira e segunda oportunidade, así como, de ser o caso, para a convocatoria Fin de Carreira do curso seguinte.
Prácticas de laboratorio
Os estudantes deberán entregar un informe de cada unha das 5 prácticas de laboratorio realizadas a traveso do Campus Virtual dentro dos prazos establecidos. Ditos informes serán corrixidos e no caso de considerarse “non apto”, devolveranse aos seus autores para a súa corrección e nova entrega dentro do prazo estipulado.
Viaxes de prácticas.
Os estudantes deberán entregar a traveso do Campus Virtual un informe de cada unha das dúas practicas de campo a realizar, nos que se describirán, de xeito resumido, os contidos abordados nelas. Ditos informes serán corrixidos e no caso de considerarse “non apto”, devolveranse aos seus autores para a súa corrección e nova entrega dentro do prazo estipulado.
Dado o carácter obrigatorio das clases prácticas, a non asistencia a algunha delas (a non ser por causa de forza maior debidamente xustificada), a non entrega dalgún dos guións das mesmas ou a súa entrega deficientemente elaborada e non corrixida dentro do prazo establecido, levarán consigo a cualificación de suspenso na materia para a convocatoria de primeira oportunidade. Os estudantes que xustificaran debidamente a non asistencia a algunha das actividades prácticas deberán de realizar un exame específico sobre os seus contidos para poder superar a materia na convocatoria de primeira oportunidade. Nas convocatorias de segunda oportunidade e Fin de Carreira, os estudantes que non realizaran algunha das prácticas sen causa xustificada, deberán de realizar unha proba escrita sobre os seus contidos nas mesmas datas de exames establecidas no calendario académico oficial.
Exame práctico de identificación de “visu”:
Esta proba avaliará a capacidade de identificación rápida por parte dos estudantes de especies fundamentais no ámbito forestal do NW Ibérico. A relación das especies avaliables porase a disposición dos estudantes a comezos do curso no Campus Virtual da materia, e clasificaranse como obrigatorias e non obrigatorias.
Nesta proba, cada estudante disporá de dez minutos para recoñecer cinco especies vexetais das que lle serán entregadas mostras (tres de especies “obrigatorias” e dúas “non obrigatorias”) no momento da realización do exame. Soamente se admitirá un fallo, que ademais só poderá corresponder a algunha das especies “non obrigatorias”. A confusión dunha planta “non obrigatoria” con unha das “obrigatorias” ou a non identificación dalgunhas das especies vistas nas clases prácticas de laboratorio ou nas viaxes de prácticas suporá, igualmente, a cualificación de “non apto”.
Os exames de “visu” faranse nas datas dos exames oficiais. Os profesores indicarán no taboleiro (sito no vestíbulo de entrada da Planta Baixa Inferior do Pavillón I) e no Campus Virtual as datas, lugar e horario de realización desta proba con, como mínimo, unha semana de antelación.
Traballo individual obrigatorio.
Cada estudante deberá confeccionar un traballo que versará sobre a caracterización botánica de diversas formacións vexetais leñosas presentes dentro dun determinado contexto xeográfico. As pautas de elaboración de dito traballo (“Guión de Elaboración”) serán proporcionadas ao inicio do curso aos estudantes a traveso do Campus Virtual. O traballo será entregado en formato “pdf”, sendo as datas e horas límite de envío as establecidas para os exames oficiais de primeira e segunda oportunidade.
O peso das diferentes probas de avaliación sobre a nota final (%) e a súa vinculación coas competencias avaliadas son os seguintes:
Sistema de avaliación Competencias avaliadas Ponderación sobre nota final (%)
Valoración da participación nas clases teóricas CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT2, CT3, CT5, CT7, CECF1 5%
Entrega de informes de prácticas CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT2, CT1, CT3, CT4, CT6, CT7, CT10, CECF1 5%
Probas escritas CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT1, CT2, CT3, CT5, CECF1 40%
Exame contido Seminario de morfoloxía vexetal CB2, CB3, CB4, CG1, CT1, CT2, CT3, CT6, NON APTO APTO
Exame de identificación de especies CB2, CG1, CT2, CT3, CT5, CECF1 NON APTO APTO
Elaboración traballo individual CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT1, CT2, CT5, CT6, CT8, CT10, CT12, CECF1 50%
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia na primeira oportunidade é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas que están sinaladas no horario de clases. De non asistir ás clases prácticas, para aprobar a materia na segunda oportunidade ou na convocatoria de fin de carreira será necesario superar un exame de prácticas.
As actuacións dos profesores da materia rexeranse en todo caso, pero especialmente para os de realización fraudulenta de exercicios ou probas, pola normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Revisión de calificaciones
Unha vez establecidas as cualificacións acadadas en cada unha das probas de avaliación realizadas, faranse públicas as datas e horas de revisión das mesmas, en cumprimento da normativa de avaliación vixente. As cualificacións finais provisionais obtidas en cada unha das convocatorias oficiais de exames, xunto coas datas de revisión das mesmas, serán comunicadas aos estudantes que o solicitaran a traveso de mensaxes a teléfonos móbiles.
Como norma para esta titulación, establécese que o tempo total de dedicación dos estudantes ás materias é de 25 h por cada crédito ECTS cursado que, neste caso, ao tratarse dunha materia de 6 ECTS, é de 150 h. Dado que a parte de docencia presencial acada as 51 h de dedicación, o tempo de traballo persoal dos estudantes establécese en 99 h. Ditas horas de actividade non presencial repártense en tarefas que, de xeito a título de orientación, poderían dividirse en:
- Preparación das probas de avaliación (40 h)
- Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas (20 h)
- Elaboración do traballo obrigatorio da materia (39 h)
TOTAL 99 h
- Asistir e participar nas clases.
- Repasar a materia día a día.
- Acudir ás titorías a consultar dúbidas en relación coas clases teóricas, identificación de especies, etc.
- Preparar un herbario fotográfico coas especies de recoñecemento obrigado no exame de “visu”.
- Consultar a bibliografía recomendada.
- Integrar os conceptos desta materia cos impartidos desde outras afíns (xeoloxía, edafoloxía e climatoloxía, ecoloxía, etc. ), analizando a súa relación dentro do eido forestal.
- Visitar periodicamente o espazo reservado para a materia no Campus Virtual para acceder á información que deixen alí os profesores.
Outras recomendacións: manexo adecuado das TIC e de diferentes tipos de software (follas de cálculo, tratamento de textos, manexo de SIX, etc.) de uso habitual na elaboración e presentación de documentos e traballos de nivel universitario. Considérase igualmente moi aconsellable a lectura de traballos científicos e manuais en lingua inglesa. E moi recomendable que o alumnado faga preguntas e que tente resolver as cuestións que se lle propoñan, de forma autónoma inicialmente, e posteriormente pasando á discusión na clase ou nas titorías cos profesores.
Calquera dúbida relacionada co desenvolvemento das actividades docentes ou os contidos propios da materia poderá resolverse facendo uso do horario de titorías dos profesores responsables da materia ou a mediante consulta dirixida e eles a traveso do seu correo electrónico:
rosa.romero [at] usc.es (rosa[dot]romero[at]usc[dot]es)
pilar.gonzalez [at] usc.es (pilar[dot]gonzalez[at]usc[dot]es)
manuelantonio.rodriguez [at] usc.es (manuelantonio[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
Tamén se contempla a posibilidade, se existen causas xustificadas, de manter titorías virtuais facendo uso do software Teams ou similar.
Rosa Romero Franco
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- rosa.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Antonio Rodriguez Guitian
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- manuelantonio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
María Del Pilar González Hernández
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- pilar.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade