Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 147.4 Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Química Física, Electrónica e Computación, Matemática Aplicada, Bioloxía Funcional, Física de Partículas, Matemáticas
Áreas: Electromagnetismo, Física Aplicada, Óptica, Química Física, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Electrónica, Astronomía e Astrofísica, Fisioloxía Vexetal, Física Atómica, Molecular e Nuclear, Física da Materia Condensada, Física Teórica, Álxebra
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia Prácticas Externas ten como obxectivo a reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecien do a formación dos estudantes dos ensinos de grao, nunha contorna que lles proporcionará, tanto a eles como aos responsables da for mación, un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitarán no futuro.
Prácticas en empresas e entidades públicas e privadas como parte da formación académica dos estudantes. Estas prácticas son voluntarias e poderán obterse ata 6 créditos optativos.
..
BÁSICAS E XERAIS:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG2 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Física.
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
TRANSVERSAIS:
CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT2 - Ter capacidade de organización e planificación.
CT3 - Dominar unha lingua estranxeira e traballar nun contexto internacional.
CT4 - Ser capaz de traballar en equipo.
CT5 - Desenvolver o razoamento crítico e o compromiso ético.
CT6 - Desenvolver a creatividade, iniciativa e espírito emprendedor.
ESPECÍFICAS:
CE4 - Ser capaz de comparar novos datos experimentais con modelos dispoñibles para revisar a súa validez e suxerir cambios que melloren a concordancia dos modelos cos datos.
CE5 - Ser capaz de realizar o esencial dun proceso ou situación e establecer un modelo de traballo do mesmo, así como realizar as aproximacións requiridas co obxecto de reducir o problema ata un nivel manexable. Demostrará posuír pensamento crítico para construír modelos físicos.
CE7 - Ser capaz de utilizar ferramentas informáticas e desenvolver programas de software
- Presentación ao alumno das actividades que deberá realizar
- Programación das actividades
- Asesoramento sobre os procedementos que debe seguir
- Supervisión das actividades para realizar
- Exposición e análise dos resultados do traballo proposto
- Introdución á elaboración de informes académicos/científicos ou memorias técnicas
A avaliación das prácticas externas farase a partir de:
-Informe do titor externo
-Informe do profesor titor.
-Memoria de prácticas.
Horas interactivas de seminario: 0.6
Horas de titoría: 2
Traballo na empresa+traballo autónomo: 147.4h
..
A normativa que regula as prácticas externas, así como as convocatorias que realiza o centro cada curso académico poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/es/centro/facultad-fisica/practicas
O alumno pode cursar Practicas Externas no 3 er e 4º curso da titulación.