Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 136 Horas de Titorías: 14 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Electrónica e Computación, Física de Partículas
Áreas: Electromagnetismo, Física Aplicada, Óptica, Electrónica, Física Atómica, Molecular e Nuclear, Física da Materia Condensada, Física Teórica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo do Traballo Fin de Grao é a avaliación das competencias adquiridas polo alumnado tras cursar o resto das materias do programa de estudos. Para a súa presentación é requisito necesario ter superados todos os demáis créditos conducentes á obtención do título de grao.
O traballo fin de grao consistirá na elaboración por parte do alumno dun traballo orixinal onde se acrediten os coñecementos e destrezas adquiridas ao cursar o Grao en Física. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información relevante, redacción e presentación e defensa. Poderá consistir nun estudo teórico, un cálculo ou resolución dun problema, na descrición ou deseño dun experimento ou práctica de laboratorio, nun proceso de análise de datos, no desenvolvemento dun programa informático ou simulación, etc.
A bibliografía específica virá determinada pola temática do mesmo.
Competencias básicas e xerais
CB1 - Que os estudantes teñan probado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoitan atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, tamén inclúe algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CG1 - Posuír e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Física, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiren o uso de coñecementos da Física.
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e abstracción na definición e plantexamento de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
Competencias transversais
CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT2 - Ter capacidade de organización e planificación.
CT4 - Ser capaz de traballar en equipo.
CT5 - Desenvolver o razoamento crítico.
CT6 - Desenvolver a creatividade, iniciativa e espírito emprendedor.
Competencias específicas
CE2 - Ser capaz de manexar claramente as ordes de magnitude e realizar estimacións axeitadas para desenvolver unha clara percepción de situacións que, aínda que son fisicamente diferentes, mostran algunha analoxía, permitindo a utilización de solucións coñecidas a novos problemas.
CE3 - Terse familiarizado cos modelos experimentais máis importantes, ademais de ser capaces de realizar experimentos de forma independente, así como describir, analizar e avaliar criticamente os datos experimentais.
CE4 - Ser capaz de comparar novos datos experimentais con modelos dispoñibles para revisar a súa validez e suxerir cambios que melloren a concordancia dos modelos cos datos.
CE5 - Ser capaz de realizar o esencial dun proceso ou situación e establecer un modelo de traballo do mesmo, así como realizar as aproximacións esixidas para reducir o problema ata un nivel manexable. Demostrará posesión de pensamento crítico para construír modelos físicos.
CE6 - Comprender e dominar o uso dos métodos matemáticos e numéricos máis comunmente utilizados en Física.
CE7 - Ser capaz de utilizar ferramentas informáticas e desenvolver programas de software
CE8 - Ser capaz de manexar, buscar e utilizar bibliografía, así como calquera fonte de información relevante e aplicala a traballos de investigación e desenvolvemento técnico de proxectos.
A metodoloxía específica de cada traballo será a apropiada para o seu desenvolvemento en función sas características e temáticas do proxecto aprobado pola Comisión de Traballo Fin de Grao.
Defensa pública diante dun tribunal proposto pola Comisión de Traballo de Fin de Grao en Física.
Horas interactivas de seminario: 4
Horas de titoría: 10.5
Traballo presencial e autónomo do alumnado: 135,5h
A normativa que regula o TFG así como a información relacionada coa súa tramitación atópase na seguinte ligazón:
https://www.usc.gal/es/centro/facultad-fisica/tfg
A Comisión do Traballo Fin de Grao é a responsable de velar polo correcto desenvolvemento de todos os aspectos relacionados con esta materia.