Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física Teórica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia forma parte do bloque que no grao se adica á Mecánica Clásica, que é a parte da Física que estuda o movemento das partículas e os corpos materiais e que comprende a teoría iniciada por Galileo e Newton e desenvolvida nos séculos XVIII e XIX por Lagrange e Hamilton, incluindo tamén a Relatividade Especial de Einstein. Os contidos deste amplio campo se distribúen nas materias de formación básica Mecánica Clásica I e Mecánica Clásica II, de segundo curso de grao, e Mecánica Clásica III, obrigatoria de 3º curso. Como obxectivos xerais compre destacar os seguintes:
- Presentar os conceptos básicos das formulacións newtoniana e lagrangiana da mecánica así como da relatividade especial para a descripción dos sistemas mecánicos e fenómenos ondulatorios.
- Describir as aplicacións máis relevantes, entendendo a maneira en que os principios fundamentais interveñen na resolución das ecuacións do movemento.
- Familiarizar ao estudante coas técnicas matemáticas axeitadas para a resolución de problemas, e fornecer a capacidade de manipulación de conceptos para resolver estes problemas de modo creativo.
- Facer que o estudiante adquira a terminoloxía e as notacións da física moderna que lle faciliten a transición a outras áreas da física, especialmente da mecánica cuántica.
Como resultados da aprendizaxe da materia Mecánica Clásica I, o alumno:
- Entenderá os conceptos clave da mecánica newtoniana e será capaz de resolver problemas de dinámica de partículas e sistemas integrando as ecuacións do movemento e utilizando as leis de conservación.
- Comprenderá os efectos que se producen cando o sistema de referencia non é inercial e será capaz de calculalos.
- Utilizará o método de Lagrange para obter as ecuacións do movemento dun sistema e entenderá a relación entre simetrías e leis de conservación.
- Traballará con sistemas de osciladores lineais sabendo aplicar os métodos matemáticos que permiten obter as solucións.
- Resolverá ecuacións de onda nunha dimensión, distinguirá os conceptos de velocidade de fase e de grupo nun medio dispersivo, e será capaz de realizar a análise de Fourier dunha onda dada.
1. MECÁNICA DE NEWTON
- Leis de Newton. Sistemas inerciais. Transformacións de Galileo
- Teoremas de conservación
- Exemplos de integración das ecuacións de Newton.
- Oscilador harmónico. Oscilacións amortecidas e forzadas. Resonancia.
- Sistemas non inerciais: forzas centrífuga e de Coriolis. Péndulo de Foucault.
2. ECUACIÓNS DE LAGRANGE
- Ligaduras e coordenadas xeneralizadas.
- Principio de d’Alembert e ecuacións de Lagrange.
- Simetrías e leis de conservación.
3. OSCILACIÓNS LINEAIS
- Teoría de osciladores acoplados. Modos normais.
- A corda continua como límite da discreta. Ecuación de onda.
4. ONDAS
- Solución xeral da ecuación de ondas nunha dimensión.
- Paquetes de ondas, velocidades de fase e de grupo. Dispersión.
- Representación de Fourier.
- Ondas planas, esféricas e cilíndricas.
Bibliografía básica:
- J. B. Marion: Dinámica clásica de las partículas y los sistemas. Ed. Reverté, 2000. (3-A03-9)
- H. Goldstein: Mecánica clásica. Ed. Reverté, 2000. (3-A03-8)
- John R. Taylor: Classical mechanics, University Science Books, 2004 (3-A03-248).
Mecánica Clásica, Editorial Reverté, 2013 (español)
Outros libros de consulta:
- K. R. Symon: Mecánica. Ed. Aguilar, 1970. (3-A03-44)
Mechanics. Addison-Wesley, 1971. (3-A03-107)
- A. P. French: Mecánica Newtoniana, Reverté 1978. (3-A03-40)
Vibraciones y ondas. Reverté 1991. (3-A03-41)
- F.S. Crawford: Ondas. Berkeley Physics Course v. 3. Ed. Reverté, 1979. (A03-125)
- Tai L. Chow: Classical mechanics, John Wiley, 1995 (3-A03-144).
Libros de problemas:
- O. Ecenarro. Problemas de mecánica resueltos y comentados. Universidad del Pais Vasco, 2000. (3-A03-190)
- O. Ecenarro. Mecánica y Ondas: Problemas de examen resueltos y comentados. Universidad del Pais Vasco, 2000. (3-A03-216)
- V.M. Pérez García, L. Vázquez Martínez y A. Fernández-Rañada: 100 problemas de mecánica, Alianza editorial, 1997. (3-A03-159)
- David Morin: Introduction to Classical Mechanics. With Problems and Solutions, Cambridge University Press, 2008. (3-A03-269)
Recursos na rede:
Aula Virtual: incluirá material docente elaborado polo profesorado, enlaces a libros libres de dereitos de autor e recursos online.
Libros electrónicos:
https://prelo.usc.es/
As competencias básicas e xerais son as especificadas na Memoria do Título de Grao en Física da USC e non se repetirán eiqui. As competencias transversais son: a adquisición de capacidade de análise e síntese, capacidade de organización e planificación, e densenvolvemento de razoamento crítico.
En canto as competencias específicas, estas son:
- Ter unha boa comprensión das teorías físicas máis importantes, localizando na súa estructura lóxica e matemática, o seu soporte experimental e o fenómeno físico que pode ser descrito a través de elas.
- Ser quen de manexar órdenes de magnitude e realizar estimacións adecuadas cunha clara percepción de situacións que, ainda que físicamente diferentes, amosen algunha analoxía, permitindo o uso de solucións coñecidas en novos problemas.
- Ser quen de identificar o esencial nun proceso físico establecendo un modelo de traballo do mesmo, así como realizar as aproximacións requeridas para reducir o problema ata un nivel manexable.
- Comprender e dominar o uso dos métodos matemáticos e numéricos máis utilizandos na física.
- Ser quen de manexar, buscar e utilizar bibliografía, así como calquera fonte de información relevante para aplicala en traballos de investigación e desenvolvemento de proxectos.
A asignatura se desenvolve ó longo do primeiro cuatrimestre con catro horas presenciais de docencia semanal repartidas en dúas clases expositivas e dúas interactivas de seminario.
A clases expositivas serán clases presenciais de tipo teórico. Procurarase que o alumno coñeza de antemá o contido da lección e a bibliografía correspondente. A clases interactivas de seminario serán en grupos reducidos e en elas buscarase unha maior participación do alumno. Poderán consistir tanto en clases de pizarra con cuestións teóricas, exemplos ou problemas como en tutorías onde os alumnos resolvan problemas o expoñan traballos.
As tutorías poderán ser presenciais ou telemáticas. En cualquera dos dous casos requerirán de cita previa co profesor.
Activarase un curso na plataforma Moodle do Campus Virtual, no que se subirá información de interese para o alumnado así como material docente diverso: apuntes, boletíns de problemas, enlaces a páxinas web de interese, etc…
Aplicaranse os criterios xerais de evaluación especificados na memoria do Grao.
Realizaranse controis presenciais durante as horas de clases interactivas de seminario, consistentes na resolución dun problema ao final de cada tema. A avaliación continua terá en conta o resultado destes controis, xunto coa asistencia e participación activa do alumnado nas clases, e a realización das tarefas que se propoñan. Esta parte da nota terá un peso do 40% da nota final.
Realizaráse un exame final escrito que pesará un 60 % na nota final. En calquera caso, para superar a materia será condición necesaria que a nota do exame final non sexa inferior a 3.5.
A nota final obtida polo alumno non poderá ser inferior á do exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Clases Expositivas en Grupo Grande: 32 horas
Clases Interactivas en Grupo Reducido: 24 horas
Titorías: 4 horas
Estudio autónomo individual: 75 horas
Escritura de exercicios e outros traballos: 15 horas
Recomendase ter cursado Física Xeral I e II e Métodos Matemáticos I, II, III, e IV. A materia compleméntase coa parte correspondente ao laboratorio de Mecánica da materia Técnicas Experimentais II.
No relativo ao estudo da materia recoméndase asistir e participar activamente nas clases, manter ao día o estudo dos contidos impartidos utilizando a bibliografía, resolver os problemas propostos individualmente ou en grupo e aproveitar as titorías para resolver dúbidas.
Gonzalo Parente Bermudez
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Teléfono
- 881813991
- Correo electrónico
- gonzalo.parente [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Lorenzo Cazon Boado
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Correo electrónico
- lorenzo.cazon [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Jaime Alvarez Muñiz
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Teléfono
- 881813968
- Correo electrónico
- jaime.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Sergio Cabana Freire
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Correo electrónico
- sergio.cabana.freire [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Ana Lorenzo Medina
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Correo electrónico
- analorenzo.medina [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Carlos Lamas Rodríguez
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Correo electrónico
- carloslamas.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 0 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 830 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 0 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 830 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 0 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 830 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 0 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 830 |
19.12.2024 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
19.12.2024 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
19.12.2024 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
19.12.2024 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |
11.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
11.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
11.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |