Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta materia é obter os coñecementos básicos sobre o significado e o contido da Xeografía Humana. Isto é, entender as relacións e as implicacións mútuas na interactuación entre o ser humano e o territorio. Proponse unha materia que sente as bases da Xeografía Humana para o posterior desenvolvemento noutras materias de cursos superiores. Pártese tamén do obxectivo de fixar conceptos chave, así como tamén se abordarán cuestións importantes para esta disciplina como as relacionadas coas problemáticas demográficas no mundo actual ou coas fondas transformacións dos ámbitos urbanos e rurais, entre outros temas.
Os obxectivos específicos son os seguintes:
- Coñecer o significado da Xeografía Humana
- Comprender de xeito integral as interaccións entre o ser humano e o medio
- Caracterizar o territorio a partir dos diferentes temas da Xeografía Humana
- Practicar técnicas básicas en análise territorial
- Activar métodos de traballo para abordar unha problemática real
Concepto e contido da Xeografía humana. Tensións na globalización, Antropoceno e respostas ao proceso de globalización. A poboación mundial. Os movementos migratorios. O espazo rural. O espazo urbano. O comercio internacional. Sistemas de transporte e mobilidade. As actividades turísticas.
A materia desenvólvese seguindo o seguinte temario:
1. Concepto e contido da Xeografía Humana
- O espazo xeográfico
- O percorrido da Xeografía Humana
- Principais autores/as e teorías en Xeografía Humana
2. O tempo do Antropoceno
- A Terra na era do Antropoceno
- Percorrido e características da globalización
- As tensións da globalización e as perspectivas de futuro
3. Poboación e territorio
- Estado e características da poboación mundial
- Problemas e tendencias demográficas
- Fenómeno das migracións
4. Cidade e cidadanía nun mundo urbano
- Achegamento á forma e imaxe da cidade
- Conceptos básicos en xeografía urbana
- A cidadanía ante os novos desafíos urbanos
5. Espazo rural e ruralidade ante o cambio global
- A crise do mundo rural tradicional
- Transformacións recentes do espazo rural
- Formas, significados e posibles valores dunha nova ruralidade
6. Natureza, ética e sociedade
- A idea de Natureza na Xeografía
- Da produción á protección de Natureza: vencellos entre o ser humano e o medio
- Tensións e desafíos a futuro da conservación da Natureza
DANIELS, P. et al. (eds.) (2016). An Introduction to Human Geography. Harlow: London Prentice Hall.
GÓMEZ MENDOZA, J. (2017): La geografía humana como ciencia social. En Romero, J. (coord.) Geografía Humana de España.
HIERNAUX, D.; LINDÓN, A. (Dir.), (2006): Tratado de Geografía Humana. México, Anthropos
JOHNSTON, R., et alt., (2000): The Dictionary of Human Geography. Oxford, Blackwell, 8ª ed.
KNOX, P.L. y MARSTON, S.A. (2004): Human geography. Places and regions in Global Context. Pearson
LEE, R. et al. (eds.) (2014). The SAGE Handbook of Human Geography. Los Angeles: SAGE.
NOGUÉ, J.; ROMERO, J. (eds.), (2006): Las otras geografías. Valencia, Tirant Lo Blanch
ROMERO, J. (coord.), (2007): Geografía Humana. Barcelona, Ariel, 2ª ed.
Coñecementos
Con1: Historia e pensamento da disciplina xeográfica
Con3. Xeografía humana
Con7: Tecnoloxías e sistemas de información xeográfica
Habilitades ou destrezas
H/D1: Xestionar a complexidade
H/D2: Entender os problemas xeográficos de forma multidimensional, interrelacionando o medio físico-natural e ambiental coa esfera humana e social
H/D3: Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
H/D4: Buscar, xerar, ordenar e sintetizar información xeográfica
H/D5. Expoñer e transmitir coñecementos, métodos e resultados xeográficos de forma autónoma
Competencias
Comp1: Coñecer, comprender, analizar e interpretar o territorio, o medio físico-natural, o medio ambiente e a paisaxe.
Comp5: Aprender a coñecer e interpretar directamente o territorio, o medio e a paisaxe a través do traballo de campo.
Comp6: Elaborar e interpretar información cuantitativa e cualitativa en Xeografía
Comp7: Explicar a diversidade de lugares, ambientes, cidades e rexións.
As aulas expositivas concentrarán o desenvolvemento dos contidos teóricos, a través de diferentes recursos didácticos que procurarán unha participación activa do alumnado. Entre as metodoloxías docentes empregadas encóntranse: as aulas maxistrais, as aulas invertidas, o debate, a aprendizaxe colaborativa, a gamificación e os estudos de caso, entre outras.
As aulas interactivas consistirán en traballos individuais ou en grupo a desenvolver en seminario e laboratorio. As sesións empregaranse para activar os diferentes coñecementos teóricos de cada tema. Entre as metodoloxías docentes empregadas encóntrnase: a resolución de problemas, os talleres, as presentacións orais e a aprendizaxe baseada en proxectos. Sobre esta última metodoloxía, unha das actividades interactivas adquirirá a condición de "proxecto" e prolongarase durante varias sesións.
Se se dan as condicións, realizarase unha saída de campo onde se poñan en práctica contidos abordados na aula. A saída de campo tería asociada unha actividade que se englobará no plano do traballo interactivo. Se algún alumno ou alumna non pode asistir, asignarase un entregable alternativo.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación desagrégase en dúas compoñentes, cos pesos seguintes: entregas de avaliación continua, 50%; e unha proba final, 50%. Seguiranse os seguintes criterios:
- O 50% das entregas de avaliación continua resultará das actividades interactivas e da participación activa na aula, así como a memoria da saída de campo. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender. As entregas referidas ás aulas interactivas terán que realizarse nas datas que indique o profesor, polo xeral, no prazo dunha semana desde a finalización da actividade.
- O 50% da proba final ou exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia. O exame poderá combinar preguntas obxectivas (test) con cuestións de desenvolvemento. No caso de preguntas de tipo test, as respostas equivocadas restarán.
- Para superar a materia é preciso ter como mínimo un 4 no exame e un 5 nas entregas. Os criterios de avaliación serán os mesmos tanto na proba ordinaria como na extraordinaria. O alumnado que non aprobe a materia na primeira convocatoria deberá repetir a/s parte/s pendente/s na segunda.
- Aos/ás alumnos/as coa dispensa concedida polo Centro, seguindo o recollido na Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, requiriranse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa e o exame será obrigatorio.
- Dentro da primeira compoñente, prevese unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
A materia ten unha carga total de traballo persoal de 150 horas (6 ECTS). Alén do traballo presencial anteriormente descrito, contémplanse 99 horas de traballo persoal do/da alumno/a, consistentes en estudo e a elaboración das actividades de avaliación programadas, desenvolvendo a capacidade para planificar o seu tempo e para organizar os seus esforzos de modo que poida progresar na monitorización da súa aprendizaxe autónoma: preparación de clases e entregas, resolución de exercicios, escritura, ampliación e síntese de información recibida, etc. O/A alumno/a comprométese a realizar estas 99 horas por materia sen a presenza do/do profesor/a. O/A docente proporcionará ao alumnado todos os recursos e indicacións necesarias para guialo nese proceso.
Realizar unha lectura e seguimento da bibliografía e materiais de traballo.
Manter unha posición crítica e activa durante o desenvolvemento das aulas.
Entregar os traballos en tempo e forma.
Realizar as presentación orais cando se indiquen.
Empregar as titorías para o seguimento da materia.
Recoméndanse como actividade formativa os cursos de Competencias da Información que oferta a Biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html
Aviso sobre plaxio: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Diego Cidras Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- diego.cidras.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Juan Manuel Trillo Santamaria
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- juanmanuel.trillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roberto Vila Lage
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- roberto.vila.lage [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Ruben Boga Gonzalez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ruben.boga.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Alexander Amado Acedo
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- alexander.amado.acedo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Viviana Marcela Buitron Cañadas
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- vivianamarcela.buitron [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
Martes | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
09.01.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
18.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |