Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A rexión constitúe un concepto central da Xeografía. Falamos de rexións en cada abordaxe e/ou mediante cada escala pola que optemos, denomínense estas barrios, biomas, comarcas, concellos, continentes, países, rexións consideradas como tales dentro do sistema político-administrativo dun país dado ou unidades ambientais e paisaxísticas, por mencionar só unha escolma. En efecto, Haggett (1990) escribiu que «pedirlle a un xeógrafo por que estuda a rexión é como preguntarlle a un cristián o motivo polo que le o Evanxeo». Velaquí o primeiro obxectivo da materia: comprender o(s) significado(s) de rexión desde múltiples perspectivas xeográficas.
En liña co anterior, a materia proponse achegar as chaves de historia do pensamento xeográfico para dar correlacionada a evolución da disciplina coa do concepto que nos ocupa. Resulta imposíbel desligar a rexión en Xeografía da súa traxectoria de tres milenios de pasado -nos primeiros momentos dese longo lapso nace, de feito, o propio vocábulo-, aínda que interese máis fixar a atención na historia dos últimos dous séculos e medio, cando se conforma a disciplina como tal. Neste segundo obxectivo cobra especial relevancia a reformulación conceptual acontecida desde a década de 1970. Tamén se porá o fincapé na liña de reflexión que defende sostidamente que a aproximación rexional permite axuntar as abordaxes xeográficas centradas na perspectiva físico-ambiental-natural, dunha banda, e as que o fan na humano-socio-cultural, da outra.
Finalmente, un terceiro obxectivo persegue determinar algunhas das dimensións aplicadas da rexión, das que escollemos dúas. A primeira ten que ver coas políticas territoriais (integradas e/ou sectoriais), que requiren de rexións -ás veces denominadas zonas, sectores, ámbitos ou outras expresións concomitantes- para a súa implantación; a segunda, co campo das divisións territoriais político-administrativas mediante as que se estruturan os Estados.
1. A Xeografía como coñecemento integrado. Os conceptos chave da Xeografía
2. As distintas tradicións xeográficas. O concepto de rexión e a súa evolución en Xeografía
3. Xeografía aplicada: a Ordenación do Territorio
4. As rexións político-administrativas: a organización do territorio
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- García Álvarez, J. (2006): «Geografía regional», en Hiernaux, D. & Lindón, A. (dirs.): Tratado de Geografía Humana. Iztapalapa/Rubí: Universidad Autónoma Metropolitana/Anthropos, pp. 25-70.
- Holt-Jensen, A. (1988): Geography: History and Concepts. A Student’s Guide. London: Paul Chapman. [Trad. esp.: Holt-Jensen, A. (1992): Geografía. Historia y conceptos. Barcelona: Vicens Vives.]
- Lewis, M. W. & Wigen, K. E. (1997): The Myth of Continents. A Critique of Metageography. Berkeley: University of California Press.
- Murphy, A. B. (2018): Geography. Why It Matters. Cambridge: Polity Press. [Trad. esp.: Geografía. Por qué importa. Madrid: Alianza.]
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Claval, P. (2006): Géographie régionale. De la région au territoire. Paris: Armand Colin.
- Farinós, J. & Olcina, J. (eds./coords.) (2017): Geografía regional de España. Espacio y comunidades. Bases para una regionalización renovada del territorio español. València: Tirant Humanidades.
- Lacoste, Y. (1985 [1ª ed., 1976]): La géographie, ça sert, d’abord, à faire la guerre. Paris: La Découverte.
- Lencioni, S. (2009): Região e Geografia. São Paulo: Universidade de São Paulo.
- Paasi, A.; Harrison, J. & Jones, M. (eds.) (2018): Handbook on the Geographies of Regions and Territories. Cheltenham/Northampton: Edward Elgar.
- Unwin, T. (1992): The Place of Geography. Harlow: Longman. [Trad. esp.: Unwin, T. (1995): El lugar de la geografía. Madrid: Cátedra.]
Coñecementos
Coñ1: Historia e pensamento da disciplina xeográfica
Coñ2: Grandes rexións e xeopolítica do mundo
Coñ3: Xeografía humana
Coñ4: Xeografía física e medio ambiente
Coñ5: Ordenación do territorio e urbanismo
Coñ7: Métodos e traballo de campo da disciplina xeográfica
Habilidades ou destrezas
H/D1: Xestionar a complexidade xeográfica
H/D2: Entender os problemas xeográficos de forma multidimensional, interrelacionando o medio físico-natural e ambiental coa esfera humana e social
H/D3: Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
H/D4: Buscar, xerar, ordenar e sintetizar información xeográfica
H/D5: Expor e transmitir coñecementos, métodos e resultados xeográficos de forma autónoma
H/D7: Xerar acordos en equipos interdisciplinares en ordenación do territorio, entendendo a linguaxe e as propostas doutros especialistas
Competencias
Comp1: Coñecer, comprender, analizar e interpretar o territorio, o medio físico-natural, o medio ambiente e a paisaxe
Comp5: Aprender a coñecer e interpretar directamente o territorio, o medio e a paisaxe a través do traballo de campo
Comp6: Elaborar e interpretar información cuantitativa e cualitativa en Xeografía
Comp7: Explicar a diversidade de lugares, ambientes, cidades e rexións
A materia manterá un equilibrio entre dúas abordaxes docentes. Por unha banda, nas aulas de tipo expositivo consideraremos os coñecementos asociados aos catro grandes bloques previstos, con recurso a actividades tales como aulas invertidas. Por outra banda, nas aulas interactivas de laboratorio e seminario desenvolveremos tarefas específicas que permitan traballar as competencias e as habilidades/destrezas mediante o fío condutor dunha rexión (a calquera escala) que escollerá cada alumno/a: no laboratorio mediante tecnoloxías da información xeográfica nun nivel moi básico e no seminario mediante a análise de textos e cartografías xa producidas (e a través de IA). Unha e outra abordaxes non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
Contémplase a realización dunha saída de campo obrigatoria destinada a practicarmos a análise xeográfica rexional sobre o terreo. De levarse a cabo, o alumnado deberá realizar unha actividade posterior derivada que será cualificada.
A avaliación por competencias desagrégase en dúas dimensións formativas, cos pesos seguintes: aproveitamento das aulas de laboratorio e seminario, 40%; e exame, 60%.
O 40% do aproveitamento das aulas de laboratorio e seminario resultará da participación activa e sostida do alumnado nesas aulas, da realización das actividades que se propoñan (entregas de textos, proxecto cartográfico e presentación oral) e mais da actividade posterior derivada da saída de campo, de se producir. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet (IA incluída) coma entre alumnos/as, comportarán suspender; na realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O 60% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, con preguntas tipo test e/ou con preguntas curtas relativas ao desenvolvemento dos coñecementos da materia, lectura de Murphy (2018) incluída. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que toda a cualificación resultará do exame.
Para o alumnado coa dispensa concedida, as habilidades/destrezas e as competencias das aulas de laboratorio e seminario serán avaliadas mediante un exame presencial equivalente consistente en preguntas na primeira oportunidade.
Prevese unha saída de campo que, para aquel alumnado sen a dispensa concedida, constitúe unha actividade de ensino-aprendizaxe curricular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
O estabelecido de acordo coa memoria do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio da USC, isto é, 6 ECTS correspondentes a 150 h de traballo global: 99 h de traballo persoal do alumnado, 24 h de docencia teórica, 12 h de docencia de seminario, 12 h de docencia de laboratorio e 3 h de titorías en grupo reducido.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Jose Ignacio Vila Vazquez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- jose.vila.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Valerià Paül Carril
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812705
- Correo electrónico
- v.paul.carril [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roberto Vila Lage
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- roberto.vila.lage [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Ruben Boga Gonzalez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ruben.boga.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Alexander Amado Acedo
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- alexander.amado.acedo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
20.01.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
26.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |