Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias sociales, trabajo social, relaciones laborales y recursos humanos, sociología, ciencia polí
Centro(s)
Escola Universitaria de Relacións Laborais
Complexo docente do campus de Lugo, 27002
Lugo
982824800 (Conserxaría)
982824801 (Dirección)
hola@relacioneslaboraleslugo.com
Campus
Lugo

O Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos ten como obxectivo a formación de expertos no ámbito do traballo e das súas relacións que lles permita exercer a profesión de Graduado Social, intervir no deseño e posta en práctica de políticas de recursos humanos, así como prestar apoio no ámbito sociolaboral.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2500975
    Número prazas: 45

    Decano/a ou director/a do centro:
    Mercedes Montes Rodríguez

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)

    Data de publicación no BOE:
    05/03/2010 (correc. de erros 1: 6/07/2010. Correc. de erros 2: 29/09/2011)

    Data da última acreditación:
    30/11/2017

    Os obxectivos xerais do título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos pretenden que, tras a superación dun programa de formación multidisciplinar, o graduado, como experto que será no ámbito do traballo e das súas relacións, entendidas estas en sentido amplo (regulación legal das relacións traballador-empresario; organización do traballo; dirección e xestión de persoas e grupos nas organizacións…), adquira as competencias necesarias para exercer de xeito adecuado a profesión de Graduado Social, intervir no deseño e posta en práctica da estratexia e as políticas de recursos humanos, así como en materia de organización do traballo en todo tipo de organizacións, ademáis de asesorar, prestar apoio e emitir ditames no ámbito sociolaboral.

  • Non se contempla

  • Non se contemplan mencións.

  • O centro conta 5 aulas destinadas á docencia, con distintas capacidades, e unha aula de informática destinada á docencia.

    Disponse dunha Sala de Lectura ubicada na propia Escola. Ademáis existe unha Biblioteca Intercentros cunha capacidade de 1615 postos repartidos en 9 salas, incluíndo unha sala de traballo en grupo. A súa ubicación é no Campus de Lugo e presta servizo a todos os alumnos da Universidade de Santiago de Compostela independentemente do Centro ao que pertenzan.

    O centro dispón de rede WIFI.

  • Os obxectivos xerais do título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos pretenden que, tras a superación dun programa de formación multidisciplinar, o graduado, como experto que será no ámbito do traballo e das súas relacións, entendidas estas en sentido amplo (regulación legal das relacións traballador-empresario; organización do traballo; dirección e xestión de persoas e grupos nas organizacións), adquira as competencias necesarias para:
    Exercer de xeito axeitado a profesión de Graduado Social.
    Intervir no deseño e posta en práctica da estratexia e as políticas de recursos humanos, así como en materia de organización do traballo en todo tipo de organizacións.
    Asesorar, prestar apoio e emitir dictames no ámbito sociolaboral.

  • Mobilidade

    O Centro conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é autorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida. Nestes profesores recaen a responsabilidade de localizar e analizar titulaciones e plans de estudo doutras Universidades, co obxecto de descubrir similitudes que permitan realizar os intercambios só con aquelas titulacións cuxos contidos se axustan a esta.

    A mobilidade dos estudantes realízase a partir do segundo ano de estudos na titulación, en períodos cuadrimestrais ou anuais. A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección, composta polo director, a responsable da UAGCD (Unidade de apoio á xestión de centros e departamentos) e os/as coordinadores académicos, de acordo cos criterios de baremación, previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, no seu caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino.

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Consonte o art. 12.8 do RD 1393/2007 poderán ser recoñecidos até un máximo de 6 ECTS.

  • Para poder inscribirse no Traballo de Fin de Grao o estudante deberá de superar 150 créditos de carácter obrigatorios. De acordo cos obxectivos establecidos nesta materia, de carácter obrigatoria, os estudantes deberán realizar e presentar un traballo no que demostren as competencias adquiridas ao longo dos catro anos de estudos. O Centro fará cada curso unha oferta de traballos/titores.

  • O curso ponte do Grao en Relacións Laborais e Recurso Humanos terá unha duración dun curso académico e ofertarase de modo presencial, coa posibilidade de cursalo completo ou deixar o TFG para o seguinte curso. 

    Poderán acceder os diplomados en Relacións Laborais, en Graduado Social ou os graduados sociais diplomados. Os titulados estranxeiros deberán ter o seu título convalidado en España.

    Na modalidade para diplomados en Relacións Laborais haberá que cursar as seguintes materias:

    • Dereito Administrativo II: procedemento e recursos administrativos. OB (6 créd.)
    • Comportamento organizacional. OB (6 créd.)
    • Dereito da Seguridade Social II. OB (6 créd.)
    • Selección, avaliación e desenvolvemento de persoal. OB (6 créd.)
    • Planificación e valoración de cadros de persoal. OB (6 créd.)
    • Traballo fin de grao. OB (10 créd.)

    Na modalidade para diplomados en Graduado Social e graduados sociais diplomados haberá que cursar as seguintes materias:

    • Dereito Administrativo II: procedemento e recursos administrativos. OB (6 créd.)
    • Comportamento organizacional. OB (6 créd.)
    • Selección, avaliación e desenvolvemento de persoal. OB (6 créd.)
    • Planificación e valoración de cadros de persoal. OB (6 créd.)
    • Dereito Societario. OB (6 créd.)
    • Dereito Tributario. OB (6 créd.)
    • Facenda pública: réxime fiscal da empresa. OB (6 créd.)
    • Dirección e xestión de recursos humanos. OB (6 créd.)
    • Prácticas de Dereito do Traballo. OB (9 créd.)
    • Traballo fin de grao. OB (6 créd.)
  • Profesorado
    Josefina María Baamonde Méndez
    María Mercedes Cobo Carrasco
    Maria Devesa Maciñeiras
    Rosa Díaz Alonso
    Antonio Garcia Rojo
    Maria Gomez Barreiro
    María Teresa Hermo López
    Luis Lamas Novo
    Mercedes Montes Rodríguez
    Gonzalo Nuñez Corredoira
    Carmen Redondo López
    Javier Rivas Costa
    Jackiline Brígida Salazar Torres
    Ana Victoria Santín Sánchez
    Santiago Zoilo Silva Lopez
    Diego Vilanova Da Costa
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.