Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 30 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Ao completar a materia o/a alumno/a será capaz de:
- Coñecer e comprender a contabilidade como sistema de información.
- Coñecer e comprender os conceptos económicos básicos utilizados na xestión empresarial (patrimonio, resultado, ingresos, gastos, activo, pasivo, etc.).
- Identificar os feitos contables, así como aprender a rexistralos seguindo o método contable.
- Comprender o ciclo contable da empresa e as bases de presentación da información de síntese básica: balance e conta de perdas e ganancias.
- Fundamentar o uso das contas anuais como instrumentos dos que se serve a contabilidade para resumir e comunicar información ao conxunto de usuarios da información.
Introdución á contabilidade.
A estrutura patrimonial da empresa. ·
O método contable. O ciclo contable. Valoración e rexistro contable das transaccións. ·
A determinación do resultado e a elaboración dos estados financeiros.
ALCARRIA JAIME, J.J. (2012): "Introducción a la contabilidad". Publicaciones de la Universitat Jaume I. Disponible en http://dx.doi.org/10.6035/Sapientia66
ALCARRIA JAIME, J.J. (2008): "Contabilidad Financiera". Ed. Prentice Hall.
CAMACHO MIÑANO, M.ªM. & RIVERO MENÉNDEZ, M.ªJ. (2010): “Introducción a la Contabilidad Financiera”. Pearson. Educación. Madrid.
GARCÍA BENAU, M.A.; VICO MARTINEZ, A. (2011): "Introducción a la contabilidad financiera". Ed. UDIMA
LARRAN JORGE, M. (2009): "Fundamentos de contabilidad financiera. Teoría y práctica". Ediciones Pirámide.
MATA MELO, J. (2015): "Introducción a la contabilidad financiera de las PYMES". Ed. Paraninfo.
MONTESINOS JULVE, V. (COORD.)(2021): "Fundamentos de contabilidad financiera". Ed. Pirámide
MUÑOZ JIMÉNEZ, J. (Coord.) (2008): “Contabilidad Financiera”. Prentice Hall. Madrid.
MUÑOZ MERCHANTE, A. (2010): “Introducción a la contabilidad”. Ediciones académicas, S.A. Madrid.
MUÑOZ MERCHANTE, A. (2010): “Prácticas de introducción a la contabilidad”. Ediciones académicas, S.A. Madrid.
PLAN GENERAL DE CONTABILIDAD, R.D. 1514/2007 de 16 de noviembre, BOE 20-11-2007. Texto consolidado
SERRA SALVADOR, V.; GINER INCHAUSTI, B.; VILAR SANCHIS, E. (2010): "Sistemas contables de información financiera. Una introducción a la contabilidad". Tirant Lo Blanch.
BÁSICAS E XERAIS
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1. Adquirir un conxunto de coñecementos teóricos e prácticos en relación co proceso de creación e administración de empresas na era dixital.
CG2. Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico.
ESPECÍFICAS
CE2. Coñecer e comprender os elementos básicos da dirección de empresas e das súas principais áreas funcionais baixo o marco da ética e a responsabilidade social.
CE13. Identificar fontes de información fiable, elaborar e interpretar dita información utilizando as técnicas de análises e as ferramentas matemáticas, estatísticas e tecnolóxicas apropiadas para dar apoio á toma de decisións.
TRANSVERSAIS
CT2. Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes.
CT5. Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica.
CT6. Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo e a organización.
Esta materia non ten asignada docencia por tratarse dun plan de estudos a extinguir.
O alumnado deberá preparar a materia de forma autónoma, sendo guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe.
As titorías levaránse a cabo preferentemente de forma presencial, aínda que en determinados casos tamén se poderán realizar de forma virtual e síncrona (a través da plataforma institucional MS Teams). En calquera caso, desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior. Os contidos a avaliar correspóndense co último curso no que a materia se ofertou.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades consistirá nunha proba final de contidos na que se valorarán os resultados da aprendizaxe. Representará o 100% da nota. Esta proba poderá incluír preguntas de resposta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o alumnado debe dar unha solución, baseándose nos contidos teóricos da materia e/ou nas habilidades/competencias desenvolvidas ao longo do cuadrimestre. Esta proba será presencial e na data e hora que fixe oficialmente o centro. Será necesario alcanzar unha calificación igual ou superior a 5 (sobre 10) para superar a asignatura.
Para os casos de realización fraudulenta de probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia é de 6 créditos.
As horas de traballo total distribúense da seguinte maneira:
- Sesións presenciais: 12 horas
- Titorías en grupos reducidos: 6 horas
- Exame presencial: 3 horas
- Traballo autónomo do alumnado: 129 horas.
Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que os estudantes antes de cada sesión presencial, revisen os materiais didácticos do tema correspondente dacordo co cronograma da materia.
Por outra banda, é importante que participen activamente en todas as actividades propostas polo profesorado, consulten a bibliografía e outro material recomendado.
As titorías son un recurso moi útil que o alumnado debe utilizar as veces que sexan necesarias. Para facilitar a participación do alumnado e a súa capacidade de adquirir coñecementos, é necesario o acceso ao Campus Virtual e ao correo institucional de maneira que poida estar informado das distintas cuestións que xurdan ao longo do curso.
O idioma no que se imparte a materia é o español.
Manuel Veiga Carballido
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- mvcarb.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
23.05.2025 16:00-19:00 | Grupo de exame | Seminario 1 |
03.07.2025 16:00-19:00 | Grupo de exame | Seminario 1 |