Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Desenvolverse nas diversas fases do proceso de elaboración e comunicación da información contable aos usuarios internos para apoiar a súa toma de deicisións como parte da súa xestión empresarial.
Empregar o sistema de información contable como mecanismo formalizado de control nas distintas áreas da empresa.
Introdución á contabilidade de xestión
Información para a toma de decisións.
Información para a planificación e o control.
Novas aplicacións en contabilidade de xestion
AIBAR GUZMÁN, B. y AIBAR GUZMÁN, C. (2022) Contabilidad de Costes y Gestión: Teoría y práctica. Editorial Garceta
BUENDÍA CARRILLO, D Y GARCÍA MECA, E. (coordinadores) (2016): Casos prácticos de contabilidad de gestión. Pirámide, Madrid.
ÁLVAREZ-DARDET, M.C. y GUTIÉRREZ, F. (coord.) (2009): Contabilidad de gestión. Cálculo de costes. Pirámide, Madrid.
REQUENA RODRÍGUEZ, J. Mª. y VERA RÍOS, S. (2008): Contabilidad interna (Contabilidad de costes y de gestión). Cálculo, análisis y control de costes y resultados para la toma de decisiones (3ª edición). Ariel Economía, Barcelona.
HORNGREN, Ch.T.; DATAR, S.M. y RAJAN, M.V. (2012): Contabilidad de costos. Un enfoque gerencial (14ª edición). Pearson.
CX1-Adquirir un conxunto de coñecementos teóricos e prácticos en relación co proceso de creación e administración de empresas na era dixital.
CX2-Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico.
CB1-Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3-Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5-Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CT2-Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes.
CT5-Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica.
CT7-Comunicación oral e escrita adaptada ás necesidades dos destinatarios.
CE2-Coñecer e comprender os elementos básicos da dirección de empresas e das súas principais áreas funcionais baixo o marco da ética e a responsabilidade social.
CE3-Analizar, diagnosticar e tomar decisións nas distintas áreas funcionais da xestión de empresas seleccionando e aplicando as ferramentas tecnolóxicas máis apropiadas.
CE13-Identificar fontes de información fiable, elaborar e interpretar a dita información utilizando as técnicas de análise e as ferramentas matemáticas, estatísticas e tecnolóxicas apropiadas para dar apoio á toma de decisións.
A docencia impartirase de forma semipresencial utilizando como apoio as plataformas corporativas da USC: Moodle (Campus Virtual) e MS Teams. O estudo e aprendizaxe desta materia apoiarase nas seguintes actividades:
(a) Estudo autónomo por parte do alumnado dos materiais didácticos correspondentes a cada unidade temática, que o profesorado poñerá ao dispor dos estudantes no Campus Virtual.
(b) Realización por parte do alumnado de actividades prácticas preferentemente de carácter individual. Neste sentido, propoñeranse varios casos prácticos a desenvolver ao longo da materia e que deberán ser entregados nas datas correspondentes de acordo co cronograma establecido. A información e entrega destas actividades articularase a través do Campus Virtual.
(c) Participación activa dos estudantes en actividades colaborativas (por exemplo, foros de debate). Eses foros de debate permitirán aos estudantes manifestar os seus puntos de vista e opinións, buscando a interacción e o debate compartido.
(d) Sesións presenciais: Estas sesións, que se desenvolverán de acordo cos horarios establecidos pola Facultade, impartiranse na aula correspondente. Nestas sesións levará a cabo unha revisión breve dos contidos xerais de cada unidade temática e desenvolveranse outras actividades complementarias ás realizadas de forma individual polos alumnos e orientadas a fomentar a participación e posta en común de todo o grupo.
O traballo autónomo do alumnado será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías. Estas titorías poderán desenvolverse presencialmente ou a través da plataforma MSTeams.
INSTRUMENTO: Exame Teórico-práctico. PESO: 60%. Por medio deste instrumento avalíanse as seguintes competencias: CG1, CG2, CB1, CB2, CB5, CT5, CT7, CE13,
INSTRUMENTO: Avaliación continua. Participación en clase. Resolución de exercicios e realización de traballos e probas de carácter presencial . PESO: 40%. Por medio deste instrumento avalíanse as seguintes competencias: CG1, CG2, CB1, CB2, CB3, CB4, CT2, CT5, CT7, CE2, CE3, CE13
NOTAS XERAIS:
O sistema de avaliación é o mesmo en ambas oportunidades de exame (decembro/xaneiro e xuño/xullo) e para todos os alumnos.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Traballo presencial na aula:
sesións expositivas: 14 horas
sesións interactivas: 22 horas
Titorías (grupos reducidos): 2 horas
Exame e revisión: 3 horas
Horas non presenciais
Estudo en grupo ou individual: 18 horas
Resolución de casos prácticos / exercicios, lecturas ou outros traballos: 38 horas
Preparación de traballos: 2 horas
Preparación de exames: 13,5 horas
TOTAL HORAS: 112,5
Considérase necesario
A revisión dos coñecementos adquiridos nas materias contables previas.
A preparación das sesións na aula, a través da lectura do material teórico e a resolución previa dos exercicios propostos.
A participación en clase e a discusión de dúbidas na aula e horas de titoría.
O idioma no que se imparte a materia é o español.
Marta Portela Maseda
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario 1 |
26.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula Informática 5 |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula Informática 5 |