Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao completar a materia o alumnado será capaz de planificar, implementar e avaliar a comunicación dixital en diversos proxectos.
- Planificación, aplicaciòn e avaliación da comunicación dixital. Ferramentas.
- Oratoria en entornos dixitais.
- Marketing de contidos.
- Storytelling
- Inbound Marketing
- Reputación online e Xestión de crise
Bibliografía básica:
- Nussbaumer, C. (2020): Storytelling con datos. Ejemplos prácticos. Ed. Anaya Multimedia.
- Labarta, F. (2014): Guía para crear mensajes y contenidos publicitarios. El briefing creativo. Ed. Economía y Empresa.
- Kerpen, D. (2021): Me gusta. Redes Sociales. Ed McGraw Hill
- Torreblanca, F., Lorente, P. (2021): Los 7 pecados laterales: 42 técnicas creativas generadoras de innovación. ESIC
Bibliografía complementaria:
- Rodríguez-Ardura, I. (2020): Marketing digital y comercio electrónico, 2ª ed. Pirámide
- Almeida R. (2017): Influencers. La nueva tendencia del marketing online. Ed. Base.
- Chance, Z. (2022): La influencia es tu superpoder. Ed Conecta.
- Martín-Santana, J., Olarte, P., Reinares-Lara E., Reinares-Lara, P., Samino-García, R. (2019): Gestión de la Comunicación. Un enfoque integral. ESIC Business Marketing School
- Maciá, F (2013): Marketing Online 2.0: Como atraer y fidelizar clientes en Internet. Anaya Multimedia.
BÁSICAS E XERAIS
CG3 - Aprender a planificar e implantar as novas tecnoloxías para contribuir á mellora da competitividade das empresas
CG4 - Desenvolver un pensamento e razoamento crítico, incluíndo reflexións éticas sobre temas fundamentais de carácter
empresarial e económico na era dixital e comunicarlos de xeito efectivo, tanto nas linguas propias como en inglés
CG7 - Coñecer e empregar correctamente as ferramentas informáticas e as novas tecnoloxías relacionadas coa xestión empresarial
CB1 - Que os estudantes amosen que posúen e comprenden coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoitase atopar nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes
CT4 - Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos disponibles
CT6 - Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabendo comunicalos ao resto do equipo e da organización
CT7 - Comunicación oral e escrita adaptada ás necesidades dos destinatarios
ESPECÍFICAS
CE16 - Entender os sistemas de información empresarial, tendo en conta as súas tres dimensións específicas
(informacional, tecnolóxica e organizativa) e tomar decisións relacionadas coa súa especificación, deseño e implantación
CE17 - Propoñer e codirixir a integración dos sistemas de información avanzados e coñecer as súas aplicacióms nos distintos
ámbitos da xestión da empresa, atendendo a requisitos de calidade, seguridade e protección da información, facendo uso da criptografía, intelixencia artificial e big data
CE19 - Coñecer as tecnoloxías e servicios Web, móviles, distribuidos e na nube, e poder evaluar as súas capacidades e adecuación para crear novos servizos ou modelos de negocio empresarial ou industrial
CE9 - Deseñar e xestionar a estratexia de comunicación nun entorno dixital e globalizado e ser quen de empregar o idioma inglés con solvencia no ámbito da empresa e a tecnoloxía.
A docencia se impartirá de xeito semipresencial utilizando como apoio as plataformas corporativas da USC: Moodle (Campus Virtual) e MS Teams. O estudo e aprendizaxe da asignatura se apoiará nas seguintes actividades:
(a) Estudo autónomo por parte do alumnado dos materiais didácticos de cada unidade temática, que o profesorado porá a disposición dos estudantes no Campus Virtual.
(b) Realización por parte do alumnado de actividades prácticas preferentemente de carácter individual. Neste sentido, se propoñerán varios casos prácticos a desenvolver ó longo da asignatura que deberán entregarse nas datas correspondentes de acordo con cronograma establecido. A información e entrega destas actividades se articulará a través do Campus Virtual.
(c) Participación activa dos estudantes en actividades colaborativas na aula virtual (por exemplo, foros de debate).
(d) Sesiones presenciales: Estas sesiones, que se desenvolverán de acordo cos horarios establecidos pola Facultade, se impartirán na aula correspondente e se retransmitirán de forma síncrona en streaming. En consecuencia, o alumnado poderá asistir ben de forma física ou conectándose a través de MS Teams. Nestas sesións se fará unha revisión breve dos contidos xeráis de cada unidade temática e se desenvolverán outras actividades complementarias ás realizadas de forma individual polos/as alumnos/as e orientadas a fomentar a participación e posta en común de todo o grupo.
O traballo autónomo do alumnado será guiado polo profesorado nas horas adicadas a titorías. Estas titorías se desenvolverán preferentemente a través da plataforma MSTeams.
A avaliación terá en conta todas as actividades prácticas desenvolvidas polo alumnado. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na normativa de avaliación do rendemento académico do estudiantado e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación conseguida fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades será o seguinte:
PRIMEIRA OPORTUNIDADE ORDINARIA
Contémplase a avaliación continua, combinada cunha proba final.
1. Avaliación continua:
Participación activa na aula virtual, realización de exercicios, actividades prácticas e exposiciones orais individuáis ou en grupo: 40%
Nesta parte se avaliarán as seguintes competencias: CB1, CB5, CT2, CT4, CT6, CT7, CE9, CG3, CG7
2. Examen final de contidos: proba de carácter obrigatorio e presencial na que se valorarán os resultados do aprendizaxe do alumnado.
Peso na calificación final: 60%.
Nesta parte se avaliarán as seguintes competencias: CB2, CB3, CB4, CG1, CT2, CE16
Para superar a materia o alumnado terá que obter unha cualificación superior a 4 sobre 10 (2 sobre 5) tanto no exame como na avaliación continua. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. É dicir, farase un novo exame final de contidos coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua durante o curso.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de "non presentado".
En actas constará a nota agregada da avaliación continua e o exame final, coas seguintes excepcións:
- Se o alumno/a non alcanza un 4 sobre 10 nas actividades prácticas, a nota que figurará en actas será a alcanzada nas actividades e non se agregará a nota do exame.
- Se o alumno/a non alcanza un 4 sobre 10 no exame, a nota que figurará en actas será a alcanzada nesta proba e non se agregará a avaliación continua.
- Se o alumno/a non se presenta ao exame final a nota en actas será igual a cero, non se agregará a avaliación continua.
O alumnado ao que se lle concedeu dispensa de asistencia seguindo a Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cun exame final específico que suporá o 100% da nota.
A materia ten fixada unha carga de traballo de 4,5 ECTS. Este dato conduce a unha carga de traballo para a materia situada ao redor das 112,5 horas.
É recomendable que o alumnado asista regularmente ás sesións expositivas e interactivas, participe activamente en todas as actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía e o material recomendado.
Aconséllase a asistencia a titorías.
O campus virtual e o correo institucional son os medios de información e comunicación principais. Utilízanse para pór a disposición do alumnado o material teórico e práctico da materia e para facilitar a participación e a entrega de actividades e traballos.
María Gómez Barreiro
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- maria.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Venres | |||
---|---|---|---|
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario 1 |
02.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |
30.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |