Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 14 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 24 Total: 42
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
No curso de Ferramentas de análise económica preténdese ofrecer unha visión completa, pero accesible, da economía de mercado como mecanismo de asignación de recursos. Iso supón analizar a conduta das unidades económicas individuais e a solución do problema asignativo mediante a interacción no mercado de axentes económicos individuais. As nocións de racionalidade e equilibrio constitúen os principios organizadores do estudo. A partir da comprensión básica destes principios úsase a análise microeconómica como un instrumento para abordar de forma rigorosa diferentes problemas; entre outros, a toma de decisións empresariais, métodos da política microeconómica e da intervención pública, e, máis en xeral, os distintos elementos e institucións que conforman o funcionamento dunha economía moderna. Na última parte da materia introdúcese a análise de fallos de mercado debido á información asimétrica e mercados non competitivos con estudo de comportamentos estratéxicos por parte das empresas.
Teoría elemental da oferta e a demanda
A conduta dos consumidores.
Demanda individual e de mercado.
Produción e custos de produción.
Maximización de beneficios.
Mercados competitivos.
Competencia imperfecta. Monopolio e oligopolio
Informacion asimétrica: fallos de mercado e economía do comportamento
Bibliografía básica:
Pindyck, R, y Rubinfeld, D. (2018), Microeconomía, 9ª edición, Editorial Pearson, Madrid
Bibliografía complementaria:
Perloff, J.M. (2018): 8ª edición, Microeconomía. Ed. Pearson.
Varian, H. R. (2015), Microeconomía Intermedia. Un Enfoque Actual, 9ª edición, Editorial Antoni Bosch, Barcelona.
Core Team (2020): La Economía, https://www.core-econ.org/the-economy/book/es/text/0-3-contents.html
Libros de exercicios:
Congregado, E., Golpe, A. y Leal, Mª T. (2002), Microeconomía. Cuestiones y Problemas Resueltos, Editorial Prentice Hall, Madrid
Reboredo, J.C. (2017): Microeconomía. Teoría y cuestiones tipo test. Editorial Pirámide.
Ao completar a materia o alumno será capaz de:
Coñecer os conceptos económicos básicos: custo de oportunidade, vantaxe comparativa, utilidade, beneficio.
Entender o funcionamento do mercado e o papel dos prezos como portadores da información. relevante para a toma de decisións económicas, especialmente en mercados dixitais.
Coñecer as diferentes tipoloxías de mercado e as súas características básicas de funcionamento.
COMPETENCIAS:
C8 - Identificar problemas e desarrollar solucións efectivas na xestión empresarial
C9 - Reconocer e explicar a información relevante para a toma de decisións empresariais
CP2 - Interpretar a información relevante utilizando as técnicas de análise e ferramentas dispoñibles para dar apoio á toma de decisións empresariais
HD2 - Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións
HD5 - Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, metodoloxías, información, resultados, problemas e solucións
HD6 - Capacidade para o aprendizaxe autónomo e autoavaliación
O profesor proporcionará ó alumnado o acceso ós materiais necesarios para o proceso de ensinanza-aprendizaxe, facendo un uso intensivo das TIC, especialmente do Campus Virtual (videos didácticos, tutoriais interactivos, etc.).
Para adquirir os resultados necesarios da asignatura dentro da avaliación continua realizaranse cuestionarios ós alumnos, que axudarán a comprobar se o alumno comprendeu a materia, o que se añadirá actividades e traballos dos distintos temas relacionados coa asignatura.
O profesor mantendrá un contacto directo co alumnado a través de titorías (neste caso a través de MS Teams), fixando como mínimo unha sesión de titoría no presencial síncrona semanal (para atender consultas e dúbidas). Atenderanse adecuadamente todas as consultas que o alumnado realice a través do correo electrónico nun plazo máximo de 48 horas hábiles. Todo isto implicará un seguemento directo dos coñecementos que vai obtendo o alumno da materia.
Realizaráse un seguemento directo do alumnado que non cumpre os plazos de entrega das actividades.
A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se realizarán durante o semestre considerando diversos aspectos da adquisición de competencias ás que contribue.
Evalúanse todas as competencias sinaladas no apartado correspondente.
O sistema de avaliación da materia basase en dúas componentes:
a) A proba final, que consiste nun examen escrito que se celebrará na data e hora que determine o calendario oficial do centro y que terá unha cualificación do 60% da puntuación total.
b) A avaliación continua, na que se incluie todas as actividades realizadas durante o semestre e que terá una cualificación do 40% da puntuación total.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a sua ponderación, e como se vai facer o seu seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
A avaliación das actividades contidas no apartado b) terase en conta unicamente para o curso académico correspondente (é dicir, para a convocatoria de maio e a convocatoria de xullo) e non se manterá para cursos posteriores.
Seguindo a normativa oficial (DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012), a cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Docencia virtual asíncrona: 48 H
TItorías virtuais síncronas: 14 H
Exame: 4 H
Traballo persoal do alumnado: 84 H
A materia de Ferramentas dá análise económica caracterízase polo seu contido analítico e conceptual, polo que, para o seu dominio, é necesario o manexo de conceptos precisos dentro dun modelo lóxico-matemático de interrelacións. Non é preciso o dominio de técnicas matemáticas avanzadas, pero si a súa plena comprensión. É frecuente que algúns alumnos atópense con dificultades na comprensión da materia polo grao de abstracción e razoamento lóxico que require. Para solucionar estas dificultades, recoméndase un estudo ordenado e sistemático, que leva unha absorción progresiva dos conceptos e técnicas. Deste xeito, é conveniente realizar os maiores esforzos de estudo ao comezo do curso, xa que, desta forma, os problemas poden ser resoltos nunha fase temperá, posibilitando o avance no coñecemento económico, que se facilita progresivamente unha vez entendidos os esquemas conceptuais básicos.
E necesario ter coñecementos a un nivel básico de matemáticas e estatística.
Mercedes Bouzas Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- mercedes.bouzas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
23.05.2025 19:00-22:00 | CLE_01 | Seminario 1 |
03.07.2025 19:00-22:00 | CLE_01 | Seminario 1 |