Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 14 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 24 Total: 42
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta materia é proporcionar ao alumnado os coñecementos necesarios para comprender como se xestiona unha empresa ou organización, @teniendo en cuenta os distintos limitantes do administrador con especial énfase nas características da contorna actual.
Tema 1. Concepto de empresa
Tema 2. O enfoque de sistemas: os subsistemas empresariais
Tema 3. Limitantes da actividade empresarial: A contorna da empresa
Tema 4. Limitantes da actividade empresarial: Ética e responsabilidade social
Tema 5. Funcións directivas: planificación, organización, xestión e control
BÁSICA
-Castillo Claver, Ana Mª (2018). “Dirección de empresas”. Ed Pirámide. 1ªedic.
- Gareth R.J.; George, J. (2019). “Administración contemporánea”.Ed. McGrawHill. 10ªedic
-González Domínguez, F.J.; Ganaza Vargas, J.D. (2017). “Fundamentos de economía de la empresa”. 2ªedic.
-Iborra, M; Dasí, A.; Dolz, C.; Ferrer, C. (2014) 2ª edic. Fundamentos de Dirección de Empresas. Conceptos y habilidades directivas. Ed. Paraninfo
- Robbins, S.; Coulter, M.; DeCenzo, D. (2017). "Fundamentos de Administración". Ed. Pearson
- Robbins, S.; Coulter, M. (2018). “Administración”. Ed. Pearson educación.
COMPLEMENTARIA
-Ávila Cano, A.; Mochón Morcillo,, F. (2015). “Economía digital. El nuevo entorno de la empresa”. Ed. García Maroto
editores.
-Koontz, H.; Weihrich, H.; Cannice, M. (2016). “Administración una perspectiva global”. Ed. McGrawHill. 15ªedic
-Olcese, A.; Alfaro, J. (2014). “La responsabilidad social, motor del cambio empresarial”. Ed. McGrawHill1ªedic..
C1. Aplicar habilidades de comunicación efectiva na contorna empresarial e tecnolóxica, tanto en linguas propias como en inglés
C2. Identificar conceptos fundamentais de economía dixital e o seu impacto na organización de empresas.
C5. Identificar as áreas funcionais da empresa e o seu funcionamento
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD3. Planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
HD4. Traballar en equipo, compartindo e poñendo en común os coñecementos, integrando distintas formulacións, mostrando habilidades de negociación, resolución de conflitos e intelixencia emocional.
CP10. Actuar con responsabilidade ética e con respecto polos dereitos e deberes fundamentais, a diversidade e os valores democráticos.
CP9. Abordar os problemas e retos desde diferentes perspectivas con capacidade para adaptarse a situacións e realidades novas
Estudo de materiais didácticos e resolución autónoma de problemas e casos por parte do alumnado correspondentes a cada unidade temática que o profesorado poñerá ao dispor dos estudantes no Campus Virtual.
O traballo autónomo do alumnado será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías. Fixarase unha hora de titoría semanal cuxo horario será informado a través do Campus Virtual ao comezo de curso. Estas titorías desenvolveranse preferentemente a través da plataforma MSTeams.
Exame final de contidos: proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe. Incluirá preguntas obxectivas (test) e preguntas de desenvolvemento.
Peso na cualificación final: 100%.
Nesta parte avaliaranse todos os resultados de aprendizaxe.
A proba final terá carácter presencial.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación conseguida fose superior.
De acordo con a Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/o participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito no Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
A materia é de 6 créditos.
Docencia virtual asíncrona 48 horas
Titorías virtuais síncronas 14 horas
Exame 4 horas
As titorías son un recurso útil que o alumnado debería utilizar as veces que fose necesario. O acceso ao campus virtual e ao correo institucional para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e poder dispoñer e revisar o material complementario, facilita a participación do alumnado e a súa capacidade de adquirir coñecementos.
Begoña Barreiro Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824421
- Correo electrónico
- begona.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
23.05.2025 16:00-19:00 | CLE_01 | Seminario 2 |
03.07.2025 16:00-19:00 | CLE_01 | Seminario 2 |