Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 30 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O programa da materia pretende ofrecerlle ao alumno unha visión xeral da xestión comercial no ámbito físico e dixital de forma que adquira un conxunto de nocións introdutorias básicas. En concreto, preténdese que os alumnos que cursen esta materia cheguen a coñecer e a comprender os seguintes aspectos:
- Conceptos básicos do márketing e do márketing dixital.
- Comprender o consumidor.
- Coñecemento do mercado, identificación e avaliación dos segmentos elección dun posicionamento adecuado.
A dirección de márketing
Comportamento de consumidor
Estratexias de segmentación e posicionamento
A xeración de valor na internet
Básica:
- De Juan Vigaray, M. D. (2017). Fundamentos de marketing. Universidad de Alicante Servicio de Publicaciones.
- Rodríguez-Ardura, I. (2020). Marketing digital y comercio electrónico, 2ª ed. Pirámide
- Santesmases Mestre, M. (2018): Fundamentos de marketing, 1ª ed. Pirámide
Complementaria:
- Alvarez, M. (2016). Customer experience: la fórmula del éxito para enamorar a los clientes. Profit.
- Florido, M.A. (2020): Curso de Marketing Digital. Ed. Anaya Multimedia
- Gil, I. P., González, A. B., Miotto, G., & Alemany, R. D. (2022). Marketing estratégico o estrategias de marketing. Delta Publicaciones Universitarias.
- Hernández, L. H. (2021). Customer Experience. Guía práctica: Todo lo que necesitas saber para diseñar y medir tus Experiencias Cliente. Kolima Books.
- Kerin R.A. (2018): Marketing. 13ª ed. Mc Graw Hill
- Kotler, P.; Armstrong, G. (2017): Fundamentos de marketing, 13e, Pearson
- Kotler, P., Kartajaya, H., Setiawan, I.: (2019). Marketing 4.0. Ed. LID
- Macía Domene, F. (2013): Marketing online 2.0, Ed. Anaya Multimeedia
- Martín Jiménez, M. (2019): Marketing digital. Ed. S.A. Marcombo
- Martrat, F.; Martrat, J. (2018): Menos Likes, más leads. Ed. Pearson
- Rubalcaba, L., & Larriba, L. C. (2020). Economía y gestión de la experiencia de cliente: El nuevo desafío para la innovación empresarial. Ediciones Pirámide.
- Santesmases, M. (2012): “Marketing. Conceptos y estrategias”. 4ª ed. Ed. Pirámide.
- Shahafraquel Oberlander, R. (2020): El AVC del marketing digital. Planeta
- Somalo, N. (2017): Marketing digital que funciona. Ed. LID
C4. Definir a estratexia comercial da empresa
C9. Analizar información relevante para a toma de decisións empresariais
HD4. Traballar en equipo, compartindo e poñendo en común os coñecementos, integrando distintas formulacións, mostrando habilidades de negociación, resolución de conflitos e intelixencia emocional.
CP9. Abordar os problemas e retos desde diferentes perspectivas con capacidade para adaptarse a situacións e realidades novas.
As sesións dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao alumnado nos contidos dos temas que conforman o programa, destacando os aspectos máis relevantes e as relacións entre estes e a contorna actual.
As sesións interactivas basearanse na aplicación práctica dos contidos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas sesións estarán encamiñadas á participación activa do alumnado mediante a análise e debate de casos. Así mesmo, tamén se farán presentacións na aula (proxectos, exercicios, etc). Algunhas das sesións poderán abordarse mediante prácticas de campo en formato visita a empresas.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse no horario oficial publicado polo centro.
O profesorado fará un seguimento da asistencia do alumnado e a súa participación nas sesións.
As titorías desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado atendendo á demanda do alumnado.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual docente creada para ese efecto na plataforma Moodle.
A avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (realización e participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas artigos ou noticias de prensa, visualización e comentario de vídeos, realización e exposición de traballos, realización de cuestionarios sobre contidos teóricos ou prácticos etc).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación conseguida fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades será o seguinte:
Primeira oportunidade ordinaria.
Contémplase a avaliación continua, combinada cunha proba final.
1. Avaliación continua:
- Estudo de casos (seguimento na aula, entregas etc.): 10%
- Presentación oral (casos, traballos etc.): 25%
- Outros traballos (visitas a empresas, outros): 5%
Peso total na cualificación final: 40%.
As actividades avaliables estarán recollidas na aula virtual así como a súa ponderación
Nesta parte avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: C4, C9, HD4, CP9
2. Exame final de contidos: proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe. Incluirá preguntas obxectivas (test) e preguntas de desenvolvemento. Peso na cualificación final: 60%. Nesta parte avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: C4, C9.
A proba final terá carácter presencial.
Para poder engadir á nota do exame/proba de contenidos a puntuación acadada na avaliación continua, o alumnado deberá acadar unha nota mínima de 3 puntos sobre 6 no exame final de contenidos e ter participado como mínimo na elaboración do 75% das actividades (casos, exercicios, debates, etc) propostos. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Segunda oportunidade
Na segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. É dicir, farase un novo exame final de contidos coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en cualquiera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudiante sexa distinta do NON PRESENTADO.
En actas constará a nota agregada da avaliación continua e o exame final, coas seguintes excepcións. Se o alumno/a non alcanza a porcentaxe mínima de actividades a entregar (75% das expostas), a nota que figurará en actas será a alcanzada nas actividades, non se agregará a nota do exame. Se o alumno/a non alcanza a nota mínima no exame (3 sobre 6), a nota que figurará en actas será a alcanzada nesta proba, non se agregará a avaliación continua. Se o alumno non se presenta ao exame final a nota en actas será igual a cero, non se agregará a avaliación continua.
O alumnado ao que se lle teña concedida a dispensa de asistencia a clase seguindo a Instrucción nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cun exame final específico que suporá o 100% da nota.
A materia é de 6 créditos.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte xeito: Horas de clase expositiva e interactiva, tutorías e avaliación na modalidade que se determine: 54.
Traballo persoal do alumnado: 96.
Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumnado asista regularmente ás sesións expositivas e interactivas (presencial ou en remoto segundo o escenario determinado pola evolución das condicións sanitarias), participe activamente en todas as actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía e outro material recomendado.
As tutorías son un recurso útil que o alumnado debería empregar as veces que fose necesario. O acceso ao Campus Virtual e ao correo institucional para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e poder dispoñer e revisar antes das clases o material complementario, facilita a participación do alumnado e a súa capacidade de adquirir coñecementos.
Sandra Castro Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 982824481
- Correo electrónico
- sandra.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:30-12:50 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 |
Martes | |||
09:00-11:10 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario 3 |
12:50-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Seminario 3 |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
07.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |