Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Con esta asignatura preténdese que os estudantes podan coñecer e valorar desde distintos enfoques e/ou temáticas os dereitos humanos e as políticas socioeducativas que deben incentivalos na súa práctica profesional, poñendo énfase no dereito á educación con dúas liñas de actuación formativa fundamentais: dun lado, o completo desenvolvemento da personalidade das persoas e da súa vida en sociedade e, doutro, a promoción daqueles valores que lles permitan exercitarse como cidadáns libres e democráticos.
Neste sentido, os obxectivos principais da asignatura son:
- Coñecer e facer uso dos referentes teóricos, históricos, culturais, políticos, ambientais e legais que, fundamentan os dereitos humanos de relevancia para a educación social.
- Analizar criticamente as actuacións sociopolíticas que promoven a educación como un dereito humano fundamental nos seus aspectos normativos e nas súas concrecións prácticas, dentro e fóra do sistema escolar na formación da cidadanía.
- Valorar nos seus múltiples significados (pedagóxicos, éticos, políticos, sociais, etc.) o dereito á educación como un factor chave para o desenvolvemento integral das persoas e dos pobos, imprescindible para a consolidación doutros dereitos humanos.
- Coñecer o significado e incidencia práctica das políticas sociais e educativas en diferentes contextos xeográficos e sociais, de ámbito internacional e nacional, con especial incidencia na Educación Social.
- Incrementar a identificación e o desenvolvemento das competencias socio-profesionales do estudantado coa Educación Social e a súa condición de educadores/as sociais, en distintas realidades e contextos institucionais (Administracións Públicas, Organizacións Cívicas, etc.) nos que os Dereitos Humanos son un soporte principal do seu código ético e deontolóxico.
- Políticas Sociais, Educativas e Culturais: concepto, modelos e orientacións básicas.
- Dereito internacional e Dereitos Humanos: marco normativo e organismos internacionais. Os Dereitos Humanos como noción histórica e construción social.
- Educación, cultura e cidadanía nos Dereitos Humanos: perspectiva internacional e española.
- Da natureza política dos Dereitos Humanos á Educación en Dereitos Humanos como opción política e pedagóxica.
- A Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos como soporte curricular, formativo e profesional na Educación Social.
- Políticas públicas, iniciativa cidadá e dereitos humanos. Políticas socioeducativas de igualdade (xénero, minorías, discapacidades…) e inclusión social
- Os dereitos humanos nas prácticas socioeducativas e culturais: iniciativas e experiencias.
Básica:
CARBONELL, J. (2019). La educación es política. Octaedro.
CARIDE, J. A. (coord., 2009). Los derechos humanos en la educación y la cultura: del discurso político a las prácticas educativas. Homo Sapiens.
CARIDE, J. A., VILA, E. S., e MARTÍN, V.M. (coords.)(2017). Del derecho a la educación a la educación como derecho: reflexiones y propuestas. Grupo Editorial Universitario-GEU.
FAZAL R. e LINGARD, B. (2013): Políticas educativas en un mundo globalizado. Morata
Complementaria:
ACNUDH-UNESCO (2006). Programa Mundial para la educación en derechos humanos: plan de acción. UNESCO.
CARIDE, J. A. (2007). “Derechos Humanos y Políticas Educativas”. Bordón. Revista de Pedagogía, vol. 59, nº 2-3, pp. 313-334. CORTINA, A. (2007). Ética de la razón cordial. Educar en la ciudadanía del siglo XXI. Nobel.
DELORS, J. (1996). La educación encierra un tesoro: Informe a la UNESCO de la Comisión Internacional sobre la educación para el siglo XXI. Santillana-UNESCO.
DIOS, M. (2011). La paz como cultura: fuentes y recursos para una pedagogía para la paz. A Milenio.
ENRIQUEZ, J. M., e outros (2015). Teoría y práctica educativa de los derechos humanos. Tirant Humanidades.
IGNATIEFF, M. (2003). Los derechos humanos como política e idolatría. Paidós.
LÓPEZ-BARAJAS, E. e RUIZ, M. (coords., 2005). Derechos Humanos y educación. UNED.
MARINA, J. A. (2006). Aprender a convivir. Ariel.
MARTÍN, V. M., e CASTILLO, M. T. (coords.) (2018). Educación, derechos humanos y responsabilidad social. Octaedro.
NAYA, L. M. (coord., 2005). La educación y los derechos humanos. Erein.
Arbor. Ciencia, Pensamiento, Cultura (2010): Monográfico "Actualidad de los derechos humanos", vol. 186, nº 745.
RODRÍGUEZ, X. (2002). Educación y Derechos Humanos: estrategias didácticas y organizativas. Popular (2ª edición).
TUVILLA, J. (1998). Educación en Derechos Humanos: hacia una perspectiva global. Desclée de Brouwer.
UGARTE, C. (2004). Las Naciones Unidas y la educación en derechos humanos. EUNSA.
VALLE, J. (2016). La capital del mundo es nosotros: un viaje multidisciplinar al lugar más poblado del Planeta. Editorial CulBuks.
UNESCO (2015). Repensar la educación. ¿Hacia un bien común universal?. UNESCO. Recuperado de: https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000232697
Páginas Web de interés:
http://www.es.amnesty.org
http://www.fund-culturadepaz.org
http://www.eduso.net
https://recyt.fecyt.es/index.php/PSRI/index
https://www.raco.cat/index.php/EducacioSocial
https://sips-es.blogspot.com/
Dacordo coa memoria de verificación do Título, esta materia pretende a adquisición das seguintes competencias:
Competencias básicas e xerais:
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, y acostuma encontrarse a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguarda do seu campo de estudo.
CG1 - Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Educación Social.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
Competencias transversais:
CT3 - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
Competencias específicas:
CE1.2 - Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores/as sociales desenvolven o seu labor profesional
CE2.2 - Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e a sostenibilidade.
Tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, dentro e fóra da aula, nos planos individual e colectivo, valorizando os principios de: contextualización, flexibilidade, participación, actividade e aprendizaxe baseado na propia experiencia do alumno/a. A tal fin, propóñense múltiples iniciativas e procesos metodolóxico-didácticos que, no fundamental, se concretan en:
- Sesións expositivas por parte do profesorado e/ou do alumnado, relativas a contidos de natureza teórica-conceptual, previamente determinados no Programa e que serán incorporadas ó campus virtual da materia.
- Dinámicas de traballo grupal, dentro e fóra da aula, a partir da presentación anticipada de textos para a súa lectura, de documentos audiovisuais (video-conferencias, vídeos didácticos, experiencias...), de casos prácticos, etc. poñendo especial énfase no papel dos/as educadores/as sociais na súa abordaxe teórica e/ou aplicada.
- Realización dun traballo monográfico grupal, relativo áos Dereitos Humanos.
- Realización de (1-3) actividades de carácter individual, vinculadas aos diferentes temas.
- Na materia poderá preverse o desenvolvemento dalgunha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dun traballo interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
- Realización de titorías individuais e grupais que posibiliten o desenvolvemento teórico-práctico da materia, así como a orientación dos traballos que leven a cabo ó longo do Curso.
As clases expositivas permitirán a presentación docente das chaves informativas e dos contidos básicos en relación cos descritores sinalados, así como a dotar dunha primeira orientación sobre as posibles liñas de indagación e de profundización a desenvolver polo alumnado. Os tempos formativos de seminario y de titoría individual permitirán sintetizar e clarificar a información básica, seleccionar conceptos e/ou tópicos relevantes, responder a inquietudes de formación e contribuír á “construción” dun coñecemento crítico e comprensivo da acción socioeducativa e dos dereitos humanos.
A materia contará con lecturas bibliográfico-documentales que servirán de apoio e reforzo aos contidos traballados nas clases, tanto de carácter expositivo como interactivo. Así mesmo, os textos estarán dispoñibles na aula virtual; que servirá como espazo de traballo para a difusión de información e materiais, envío de avisos, etc.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
Todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas serán avaliadas, de forma que o sistema de avaliación da aprendizaxe poda ser definido en función das seguintes características: formativo, continuo, cooperativo e/ou integral. Como tal, afectará ós obxectivos formulados, ós contidos tratados, á metodoloxía e actividades desenvolvidas polo profesorado e o alumnado, ós recursos didácticos, ás competencias e destrezas procuradas, etc. Nesta perspectiva prevese:
- Elaboración e entrega de traballos escritos individuais e grupais que representarán o 40% da nota final da asignatura. Un deles será un traballo monográfico a desenvolver en grupos, así como dúas prácticas individuais.
- Realización dun exercicio escrito final, coincidindo coas datas que se establezan no calendario oficial de exames da Facultade. Terá unha formulación diversificada no tipo de preguntas e posibles respostas, sen que a súa realización comporte o uso de material de consulta. O seu peso específico equivale a un máximo do 60% da nota final da asignatura.
- A asistencia e participación nas sesións de clase poderá supoñer ata 1 punto na nota final.
O alumnado con exención de docencia, dispensa e/ou que non cumpra os requisitos de asistencia, deberá realizar as seguintes actividades:
- Un traballo monográfico seguindo as pautas do profesorado; e terá un peso final na materia do 30%.
- Realización dun exame final (60% da nota final), que terá unha formulación diversificada no tipo de preguntas e posibles respostas, sen que a súa realización comporte o uso de material de consulta. O alumnado que non cumpra cos requisitos de asistencia, exención de docencia e/ou dispensa deberá, ademáis, de responder a unha -ou varias- cuestións a maiores.
- A maiores, valorarase a realización de actividades (lectura e presentación de ensaios, comentarios críticos, recensión de libros, etc., de carácter optativo e atendendo ás indicacións proporcionadas polo profesorado) que poderá supoñer ata un máximo de 1 punto.
Para obter unha valoración positiva na asignatura (desde aprobado hasta matrícula de honra), deberán estar realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como superar cada una delas. Estes criterios manteranse en todas as convocatorias do curso académico.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria; segundo se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias, excepto naquelas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Clases expositivas Aula 20
- Estudo 60
- Prácticas de seminario Seminario-Lab. 9
- Estudo 25
- Prácticas de seminario Seminario-Lab. 9
- elaboración de informes 15
- Titorías de traballo de curso
- Titorías 9
- Avaliación Aula 3
- Total de horas presenciais 50
- Total horas de traballo persoal 100
A complexidade terminolóxica, conceptual, teórica e aplicada que caracteriza a asignatura, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma, procurando desde o inicio unha implicación-participación activa nas distintas actividades que se desenvolven, moitas delas orientadas á avaliación. En particular, recoméndase:
- Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da asignatura nos seus diversos apartados, xa que deberá elaborarse e entregarse unha avaliación do mesmo.
- Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e grupal, reflectida nos traballos escritos que se indiquen. Trátase, en síntese, de manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensino-aprendizaxe promovidos na asignatura e nas sesións de aula, especialmente as que reciben a denominación de "seminarios".
- Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed.
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais; por exemplo: nas lecturas a realizar para a elaboración dos traballos que deban ou podan ser presentados (preceptiva ou optativamente), na composición e desenvolvemento dos grupos de traballo, na lectura anticipada de textos a comentar en determinadas sesións de clase, na elaboración "continuada" de anotacións conducentes á redacción da memoria auto-avaliativa a presentar ó finalizar a materia, na consulta e valoración de materiais ou recursos (páxinas Web, revistas, informes…), etc.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións (entre as que cabe destacar as Revistas especializadas) que sexan recomendadas polo profesorado, que a modo de Léxicos, manuais, etc., posibilitan unha comprensión globalizada dos contidos da asignatura e dos seus significados para a formación académica e profesional na Educación Social.
- Facer uso das titorías -xa sexa a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- como un dereito dos estudantes asociado a unha mellora significativa das súas posibilidades de aprendizaxe, personalizando as súas opcións metodolóxicas e pedagóxicas con una perspectiva diferencial e diferenciadora segundo os intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
- Os traballos realizados polo alumnado deberán entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso de linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá da aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da cuenta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non
adecuado do mesmo.
- Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Rita Gradaille Pernas
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813817
- Correo electrónico
- rita.gradaille [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
19.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
30.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |