Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1, Coñecer o papel da Educación Social na definición e desenvolvemento das políticas culturais promovidas dende os diferentes niveis da administración pública, con especial énfase nas administracións locais.
2. Dominar os diferentes modelos de políticas culturais e as súas implicacións no desenvolvemento das comunidades, así como as súas repercusións no desempeño profesional das educadoras e educadores sociais.
3. Adquirir os coñecementos necesarios para valorar e promover o papel da iniciativa social e dos movementos culturais nas propostas culturais dos territorios.
4. Adquirir a competencia básica para desenvolver a súa función profesional en servizos e/ou equipamentos culturais, dominando as destrezas que permitan deseñar plans, programas e/ou iniciativas de carácter cultural.
1. Educación Social, políticas culturais e administracións públicas.
2. Educación Social e desenvolvemento cultural: modelos de políticas culturais.
3. Declaracións, principios e estratexias de acción social en cultura.
4. Deseño e avaliación de políticas culturais.
5. Investigación, formación e profesionalización pedagóxico-social nos espazos e tempos culturais.
Especificarase máis detalladamente no desenvolvemento da materia.
Bibliografía básica:
Monclús, C. (2020). Cultura, animación y gestión cultural. Animacionet.
Roselló i Cerezuela, D. (2006). Diseño y evaluación de proyectos culturales. Ariel.
Beirak, J. (2022). Cultura ingobernable: de la cultura como escenario de radicalización democrática y de las políticas que lo fomentan. Ariel.
Bibliografía complementaria:
Aldanondo, P. e Escudero, J. (coord.) (2002). La política cultural en el municipio. Fundación Autor.
Bouzada X. (2004). Da relación entre participación e cultura á cultura da participación. En X. Bouzada (coord.), Cultura e participación. Actas dos III Encontros “Cultura e Concellos”. Consello da Cultura Galega.
Calvo, A. (2002). La animación sociocultural, una estrategia educativa para la participación. Alianza Editorial.
Carnacea Cruz, A. e Lozano, A. (2011). Arte, intervención y acción social. La creatividad transformadora. Grupo 5.
Casacuberta, D., Rubio, N. e Serra, L. (coords.) (2011). Acción cultural y desarrollo comunitario. Graó.
Coelho, T. (2009). Diccionario crítico de política cultural: cultura e imaginario. Gedisa.
Escudero, J. (coord.) (2009). Guía para la evaluación de políticas culturales locales. Federación Española de Municipios y Provincias.
Fernández, E (1991). La Política cultural: qué es y para qué sirve. Trea.
García, I. (2020). La cultura, su acción y su gestión, desde la educación social. Revista de Educación Social, 31, 11-27. https://eduso.net/res/revista/31/el-tema-revisiones/la-cultura-su-accio…
García Quiroga, F. (coord.) (2020). Pensar y hacer en el medio rural. Prácticas culturales en contexto. Ministerio de Cultura.
Heras i Trias, P. (cord.) (2008). La acción política desde la comunidad. Graó.
Pose, H. (2006). La Cultura en las ciudades: un quehacer cívico-social. Graó.
Pose, H. e Pérez Rúa, M. (coords.) (2007). Caderno Temático 4: Políticas Culturais e creación artística a nivel local. Deputación da Coruña.
Pose, H. e Pérez Rúa, M. (2008). La acción cultural pública en Galicia: entre la definición y la precariedad. En Planificación estratégica de la cultura en España (pp. 205-226). Fundación Autor.
Reygadas, L. (2018). Ensamblando culturas: diversidad y conflicto en la globalización de la industria. Gedisa.
Sánchez-Valverde, C. e Franch, X. (2016). La gestión cultural, clave en el desarrollo de la educación social. En G. Domínguez (ed.) e V.M. Martín (coord.), La educación social: una profesión de compromiso en continua reflexión y construcción (pp. 77-105). Exlibric.
Yúdice, G. (2006). El recurso de la cultura. Usos de la cultura en la era global. Gedisa.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS:
CB1- Que os e as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2- Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o traballo profesional das educadoras e educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3- Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo ás circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, en relación aos suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participan.
CG5- Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT3- Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
CT4- Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
CE1.2- Analizar críticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
CE1.5- Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta a necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, en por si e/o en colaboración con outros axentes da sociedade.
CE2.2- Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial
significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e a sostenibilidade
CE2.4- Elaborar, xestionar e/ou utilizar medios e recursos socioeducativos que posibiliten un axeitado desenvolvemento do seu labor profesional e das institucións ou entidades nas que se leve a cabo.
O desenvolvemento teórico e práctico da materia fundamentarase nas seguintes dinámicas formativas:
- Sesións expositivas.
- Actividades tipo ‘forum’ (vídeo, libro, cine...)
- Prácticas de campo cando os medios económicos así o permitan (visitas a institucións e encontros con profesionais), que serán programadas no marco da materia, de ser posible en coordinación con outras materias da Titulación e do cuadrimestre.
- Participación en propostas formativas fóra das aulas que sirvan para ampliar e consolidar os coñecementos acadados na materia.
- Dinámicas de formación grupal que posibiliten a implicación individual e colectiva do estudantado.
- Titorías individuais e grupais.
Farase un uso activo do campus virtual para informar, documentar e solicitar tarefas a realizar polo alumnado.
Todas as actividades e propostas formativas teñen o obxectivo de favorecer a adquisición de competencias profesionais e o compromiso de actuación acorde cos principios deontolóxicos da Educación Social.
A avaliación será continua ao longo do curso. Na avaliación final teranse en consideración os seguintes elementos:
1) Prácticas de aula (30%)
2) Traballo final: Proxecto cultural (20%)
4) Examen de contidos (50%)
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.
Os traballos individuais ou grupais do estudantado deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ALUMNOS/AS CON EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA E DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/secxeral/In…), ou con exención de docencia (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/cc_educacio…) deberá realizar as seguintes tarefas:
- Desenvolver e presentar o cartafol da materia, que deberá integrar as tarefas encargadas expresamente polo profesorado.
- Traballo final: Proxecto cultural.
- Elaborar un dossier de lectura que integre documentos científicos relevantes sobre políticas culturais. Deberá realizarse unha síntese crítica de cada un dos documentos integrados no dossier.
O alumnado nesta situación deberá asistir –obrigatoriamente– a unha titoría co profesorado ao inicio do cuadrimestre.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (50 horas)
- Clases expositivas (24 horas)
- Clases interactivas (24 horas)
- Titorías obrigatorias (2 horas)
TRABALLO PERSOAL DA/DO ESTUDANTE (100 horas)
- Estudo e elaboración de Informes (70 horas)
- Análise, documentación e investigación (30 horas)
Para lograr unha axeitada adquisición das competencias desta materia, fanse as seguintes recomendacións:
- Participación activa e continuada nas sesións de clase desde o inicio da materia.
- Implicación no desenvolvemento das diferentes dinámicas que se promovan.
- Realizar lecturas complementarias de artigos, libros, etc. sobre a temática da materia.
- Acometer a realización de traballos obrigatorios –individuais e grupais–, axustándose aos prazos que se establezan.
- Facer uso das titorías para favorecer o proceso de aprendizaxe dos contidos da materia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES. Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/13189/XA0830.PDF?se…
CORREOS ELECTRÓNICOS
En todo o proceso de comunicación mediante correo electrónico profesoras-alumnado, empregarase exclusivamente o enderezo da USC (@rai.usc.es). O alumnado debe establecer as medidas que lle permitan ter un seguimento actualizado deste medio de comunicación.
EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
O ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
USO DO MÓBIL
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula (presencial ou telemática) ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo, en cumprimento da normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos).
NORMATIVA APA
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: https://cutt.ly/Vb9BN8E
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://bit.ly/4b9JJRB
PROTECCIÓN DE DATOS
Lémbrase a obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Gabriela Dolores Miguez Salina
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- gabriela.miguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Tania Ramos Garcia
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- taniaramos.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:00-19:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
16.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |