Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os principais tipos de fontes, centros e medios de documentación socioeducativa.
- Identificar os principais recursos para a xestión de información.
- Familiarizarse c o manexo das principais bases de datos socioeducativas.
- Ter criterios para xulgar a información e os recursos e servizos de documentación dispoñibles .
- Coñecer e valorar distintos tipos de informes no ámbito social e educativo.
- Saber elaborar un informe e interpretar a información recollida no mesmo.
1. Información e Documentación no ámbito social e educativo
1.1 Información e Documentación no ámbito social e educativo
1.2. Fontes de Información Documentais: concepto e tipoloxía
1.3. Principais Fontes de Información Documentais no ámbito social e educativo
2. Normas e xestores de referencias bibliográficas
2.1. Normas de referencias bibliográficas
2.2. As citas e referencias bibliográficas APA
2.3. Xestores de referencias bibliográficas
3. A procura de información documental
3.1. O proceso documental e as técnicas documentais
3.2. Etapas no proceso de procura de información documental
3.3. A procura de información documental en internet
4. As Bases de datos socioeducativas
4.1. Bases de datos: concepto, estrutura e tipoloxía
4.2. Bases de datos documentais multidisciplinares e educativas
4.3. Recuperación de información nas bases de datos
5. Os Informes
5.1. Definición e características
5.2. O proceso de elaboración do informe
5.3. A estrutura do informe
5.4. A presentación dos datos no informe: táboas e gráficos
Bibliografía básica
Abadal E. e Codina, Ll. (2005). Bases de datos documentales: características, funciones y métodos. Síntesis.
Anchundia, F. (2019). La gestión de las competencias informacionales en la formación del conocimiento: Fundamentos para un proceso de aprendizaje competente. ReHuSo: Revista de Ciencias Humanísticas y Sociales, 4(2), 82-93. https://doi.org/10.33936/rehuso.v4i2.2298
Cordón García, J.A. et al. (2010). Las nuevas fuentes de información: información y búsqueda documental en el contexto de la web 2.0. Pirámide.
Bibliografía complementaria
Amat i Noguera, N. (1995). La documentación y sus tecnologías. Pirámide.
Codina, L. (2018a). Sistemas de búsqueda y obtención de información: componentes y evolución. Anuario ThinkEPI, 12, 77-82.
Codina, L. (2018b). Estructura y funciones de una base de datos académica. 1: Fundamentos generales. El registro. https://www.lluiscodina.com/bases-de-datos-academicas-registros/
Cordón García, J. A., López Lucas, J. e Vaquero Pulido, J. R. (1999). Manual de búsqueda documental y práctica bibliográfica. Pirámide.
De Pablos, J. (2019). Universidad y sociedad del conocimiento: Las competencias infor-macionales y digitales. Revista de Universidad y Sociedad del Conocimiento, 7(2), 6-16. http://dx.doi.org/10.7238/rusc.v7i2.977
Delgado Casado, J. (2005). Introducción a la bibliografía: los repertorios bibliográficos y su elaboración. Arco Libros.
Espinoza Freire, E. E. (2020). La búsqueda de información científica en las bases de datos académicas. Revista Metropolitana de Ciencias Aplicadas, 3(1), 31-35.
Jiménez, R. (2020). Investigación educativa: Introducción a las metodologías clásicas y emergentes. Comares.
López Carreño, R. et al. (2007). Documentación Educativa. Murcia: Consejería de Educación y Cultura.
López, J. e Osuna, M. R. (2011) (coords). Manual de Ciencias de la Información y Documentación. Pirámide.
Maldonado Martínez, A. e Rodríguez Yunta, L. (Coords.) (2006). La información especializada en Internet. Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
Martín Vega, A. (1995). Fuentes de información general. Trea.
Mochón, G. e Sorli, A. (2002). Tesauro de biblioteconomía y documentación. Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
Rodríguez-Aguilar, V., Canchola Magdaleno, S. L. & Muñoz Andrade, E. L. (2022). Revisión documental significativa: Propuesta de un método alternativo para la gestión de información. En A. Escudero-Nahón & R. Palacios-Díaz (Coords.), Métodos y proyectos transdigitales (pp. 56–68). Editorial Transdigital. https://doi.org/10.56162/transdigitalb7
Rodríguez Campos, I. (2006). Técnicas de investigación documental. MAD.
Romanos de Tiratel, S. (2000). Guía de fuentes de información especializadas: humanidades y ciencias sociales. Grebyd.
Torres Ramírez, Isabel de (Coord.) (1998). Las fuentes de información: estudios teórico-prácticos. Síntesis.
Torres Ramírez, Isabel de (2002). Las fuentes de Información. Metodología del repertorio bibliográfico. En J. López Yepes (Coord.), Manual de Ciencias de la Documentación (páxs. 317-336). Pirámide.
Páxinas web de interese:
Biblioteca Universitaria USC:
Biblioteca Universitaria | Universidade de Santiago de Compostela (usc.gal)
Catálogo colectivo de las bibliotecas universitarias españolas.
https://www.rebiun.org/grupos-trabajo/catalogo-colectivo
Rede de Bibliotecas REBIUN:
https://www.rebiun.org/
Dialnet:
https://dialnet.unirioja.es/
Rede de Información Educativa (REDINED):
http://redined.mecd.gob.es/xmlui/
Tesis doctorales (TESEO):
https://www.educacion.gob.es/teseo/irGestionarConsulta.do;jsessionid=51…
Minerva Repositorio Institucional de la USC:
Minerva (usc.es)
Catálogo Iacobus:
Iacobus (usc.gal)
Dispositivo digital de documentos de la Universidad Autónoma de Barcelona:
https://ddd.uab.cat/
Repositorio Abierto de la Universidad Aberta:
https://repositorioaberto.uab.pt/
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os/as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG5 - Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
TRANSVERSAIS
CT1 - Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos.
CT3 - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan.
CT5 - Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto do seu desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
ESPECÍFICAS
CE2.5 - Realizar e facer uso de informes técnicos, de investigación e avaliación sobre accións, procesos e resultados socioeducativos
CE2.4 - Elaborar, xestionar e/ou utilizar medios e recursos socioeducativos que posibiliten un adecuado desenvolvemento do seu labor profesional e das institucións ou entidades nas que o leve a cabo.
A metodoloxía utilizada irá dirixida á adquisición das competencias descritas, favorecendo que o/a estudante adopte unha actitude crítica ante as distintas fontes e documentos, e terá un carácter fundamentalmente práctico.
Nas clases expositivas, a metodoloxía a empregar basearase na exposición dos contidos básicos da materia co apoio de recursos audiovisuais que favorezan a adquisición dos coñecementos.
No desenvolvemento das clases interactivas empregaranse diferentes estratexias metodolóxicas que permitirán ao alumnado aplicar os coñecementos a situacións concretas e a adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia. Levaranse a cabo actividades, tanto individuais como grupais, que o posibiliten: procuras guiadas utilizando distintas bases de datos, análise de informes, interpretación de gráficas, elaboración de bibliografías, etc.
O estudante, pola súa banda, tutelado polo profesorado, poderá afondar en cuestións concretas que non fosen abordadas no marco da aula e que sexan susceptibles de tratamento e estudo recorrendo aos soportes documentais e bibliográficos de fácil acceso.
Durante o tempo reservado á titoría, o profesorado orientará aos estudantes, ben individualmente ou ben en pequenos grupos, para unha correcta execución dos traballos do curso, un eficaz aproveitamento das sesións presenciais e un reforzo xeral do proceso de ensino-aprendizaxe.
Para o desenvolvemento da materia farase uso da aula virtual da USC no que o alumnado terá a súa disposición toda a documentación necesaria (guía docente, materiais, espazos de debate, espazos de colaboración, etc.).
Tamén se propoñerán prácticas de campo consistentes en visitas institucionais de interese para o desenvolvemento da materia, coa finalidade de contribuír a unha formación integral que contemple outros aspectos de carácter cultural.
Entre outras, e a modo de exemplo: visita as dependencias da Biblioteca América e Sa de Investigadores/as da USC. Cando estas non foran posibles, substituiranse por outras que aborden os mesmos contidos.
A avaliación terá un dobre carácter, formativa-continua ao longo do semestre e sumativa e abranguerá os seguintes aspectos:
Actividades de aula a realizar nas sesións interactivas (50 % da cualificación global). Os prazos de entrega das actividades serán fixados previamente e inamovibles.
Proba de avaliación final de carácter teórico-práctico para avaliar o grao de adquisición das competencias da materia, que constará de preguntas de resposta aberta e tipo test (40 % da cualificación global).
Asistencia e participación nas actividades complementarias: visitas de campo, charlas de expertos, etc. (10 % )
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso obter unha puntuación mínima de 2 puntos na proba de avaliación final e ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de aula, así como as complementarias derivadas das prácticas de campo. A asistencia a clase é requisito para superar a materia. O alumnado repetidor e con exención de docencia seguirá os mesmos criterios de avaliación que o resto do alumnado.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada.
O alumnado repetidor ou non presentado avaliarase seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico. Os/as alumnos/as repetidores, con exención de docencia ás clases expositivas, exención de docencia a todas as sesións, ou dispensa de asistencia, seguirá os mesmos criterios de avaliación que o resto do alumnado. Podendo facer uso da aula virtual e dos diferentes recursos nela dispoñibles para comunicarse co profesorado da materia, e para consultar ou descargar os diferentes documentos necesarios para preparala. Nestes casos será obrigatorio solicitar unha titoría no inicio da materia, nos primeiros quince días do cuadrimestre.
A proporción de tempo de traballo persoal do/a estudante é a seguinte:
Estudo: 20h.
Elaboración de informes: 15 h.
Análise de informes: 20 h.
Elaboración de base de datos bibliográfica: 10 h.
Procuras de información, análises, etc.: 20 h.
Lecturas: 15 h.
Total de horas de traballo persoal: 100 horas.
- Asistencia regular ás sesións de clase.
- Seguimento e dedicación en todas as prácticas xa sexan individuais e/ou de grupo.
- Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo.
RECOMENDACIÓNS PREVIAS
Recomendase un certo dominio (a nivel de usuario/a) de coñecementos de informática, fundamentalmente orientados ao procesamento de textos, navegación por Internet, etc.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/13189/XA0830.PDF?se…
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Asemade, seguirase as indicacións vixentes, cando proceda, sobre a dispensa de asistencia e de exención de docencia en determinadas circunstancias.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar:
DISPENSA DE ASISTENCIA (TODAS AS SESIÓNS)
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
EXENCIÓN DE DOCENCIA.ÁS CLASES EXPOSITIVAS
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
EXENCIÓN DE DOCENCIA A TODAS AS SESIÓNS SI ASÍ SE DETERMINA
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
Recoméndase consultar a Guía Práctica do Estudantado, que contén referencias ás programacións, avaliacións etc. accesible na páxina:
https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/vrestudan…
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7 ª ed. Washington: APA, 2020, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección:
https://universoabierto.org/2020/03/12/normas-apa-7-a-edicion-guia-de-c…
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
Microsoft Word - linguaxe_non_sexista_USC _26-maio_-1.doc (pro-assets-usc.azureedge.net)
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como:
- A promoción dun clima de interaccións igualitario,
- A mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres, en xeral, e das propias alumnas, na materia e,
- A introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Cando se presenten en papel:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PROTECCIÓN DE DATOS
Aplicarase a normativa vixente na USC:
Protección de datos de carácter personal | Universidade de Santiago de Compostela (usc.gal)
USO DO TELÉFONO MÓBIL:
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI.
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
OBRIGATORIEDADE DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS
Política de privacidad y protección de datos | Universidade de Santiago de Compostela (usc.gal)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
CONTACTO COA PROFESORA:
Profesora: Cristina Abeal Pereira (Coord.)
Despacho: Nº 72 (Módulo A)
Correo electrónico: cristina.abeal [at] usc.es (cristina[dot]abeal[at]usc[dot]es)
Tl: 881 813 830
Cristina Abeal Pereira
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813830
- Correo electrónico
- cristina.abeal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_02 (F - Mal) | Galego | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESO DE DATOS |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A - E) | Galego | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESO DE DATOS |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 (Mam - Rivas A) | Galego | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESO DE DATOS |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_04 (Rivas B - Z) | Galego | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESO DE DATOS |
08.01.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
08.01.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |