Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Analizar a importancia do contexto (tempo, espazo e circunstancias sociais) e as súas implicacións para o proceso educativo.
2) Establecer principios que fundamentan a singularidade educativa dos contextos e a súa relevancia para a acción educativa e social.
3) Identificar e caracterizar os contextos educativos institucionais e non institucionais considerando os seus trazos particulares e a súa función educativa.
4) Coñecer e sistematizar os diversos ámbitos de acción socioeducativa, tradicionais e emerxentes, da Educación Social.
5) Explorar o contexto presente e as dinámicas sociais que facilitan a identificación de novos ámbitos de acción socioeducativa.
6) Formar para o manexo axeitado da información e a comprensión dos múltiples contextos e ámbitos nos cales se desenvolve a acción socioeducativa do Educador Social.
1. Fundamentos conceptuais para a construción dos ámbitos de intervención socioeducativa
1.1. Especificidades do concepto de "educación" en Educación Social
1.2. Aproximación aos contextos e ámbitos de intervención socioeducativa dende a Educación Social
2. Os contextos da acción educativa e social
2.1. O contexto educativo como espazo, tempo e circunstancias
2.2. Principios e criterios para a configuración e definición dos contextos educativos
2.3. Os contextos educativos institucionais e non institucionais: elementos, características e tipoloxías
3. Ámbitos da acción socioeducativa en Educación Social
3.1. Comprensión do concepto de "ámbito" no marco da Educación Social
3.2. Factores que propician o desenvolvemento da Educación Social e os seus ámbitos en España
3.3. Características transversais dos ámbitos da Educación Social
3.4. Estratexias para estruturar os múltiples ámbitos de intervención da Educación Social
3.5. Variables que determinan os ámbitos de intervención socioeducativa
3.6. Fundamentos lexislativos para a configuración dos ámbitos da Educación Social
4. Clasificación dos ámbitos da Educación Social
4.1. Perspectiva histórica da clasificación dos ámbitos da Educación Social
4.2. Clasificación operativa dos ámbitos da Educación Social
- Animación Sociocultural e Desenvolvemento Comunitario
- Educación para o lecer e o tempo libre
- Educación Permanente e Formación de Adultos
- Formación Laboral e Ocupacional
- Servizos Sociais (Educación para o benestar e a inclusión social)
- Educación nas drogodependencias e outras adicións
- Intervención socioeducativa con menores
- Educación familiar
- Diversidade funcional
- Intervención educativa na terceira idade
- Intervención educativa no contexto escolar
- Educación Ambiental
4.3. Ámbitos emerxentes da Educación Social
a) BÁSICA
1) ANECA (2004). Libro Blanco. Título de grado en Pedagogía y educación social. Vol. 1 (Los perfiles formativos y ámbitos profesionales del educador social, pp. 127-138) y Vol. 2 (Ámbitos y perfiles profesionales en el campo de la educación social (pp.262-280). https://cutt.ly/yJoFVzg
2) Amador, L. et al. (2014). Ámbitos de profesionalización del educador/a social: perspectivas y complejidad. Revista de Humanidades, 21 (2014), 51-70.
https://revistas.uned.es/index.php/rdh/article/view/13928/12538
3) Froufe Quintas, S. (1997. Los ámbitos de intervención en la educación social. Aula, nº9, 179-200.
https://cutt.ly/GJoFW0T
4) Vázquez, E.; Fernández, E. y López, E. (2017). Los ámbitos de intervención de los profesionales de la Educación Social. Un estudio con mapas conceptuales multimedia. Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 16(2). https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/6244797.pdf
b) COMPLEMENTARIA
1) ASEDES (2007): Documentos profesionalizadores. Definición de educación social; Código deontológico del educador y la educadora social; catálogo de funciones y competencias. Asociación Estatal de Educadores Sociales.
2) Caride, J.A., y Trillo, F. (coords.) (2010). Dicionario Galego de Pedagoxía. Xunta de Galicia.
3) Castillo, S., y Cabrerizo, J. (2004). Evaluación de programas de intervención socioeducativa : agentes y ámbitos. Pearson.
4) Cuadernos de Pedagogía (2003) Otros ámbitos educativos: la Educación Social, (temas del mes) nº 321.
5) Gómez Serra, M. (2003). “Aproximación conceptual a los sectores y ámbitos de intervención de la Educación Social”. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria. Nº 10 segunda época, diciembre, 233-251.
https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/1078664.pdf
6) Llena, A., y Parcerisa, A. (Dirs.)(2008). La acción socioeducativa en medio abierto. GRAÓ.
7) Pérez Serrano, G.; García, J. L.; Fernández.García, A. (2015). La cuestión social como objeto de estudio. Concepto y fundamento. Journal of Latinos and education, nº 14.
8) Petrus, A. (2000). “Nuevos ámbitos en la Educación Social”. En Romans, M.; Petrus, A., y Trilla, J. (Eds). De profesión educador (a) social (pp. 61-147), Paidós.
9) Petrus, A. (s.f.) La Educación Social como marco conceptual del educador social. Ponencia. www.eduso.net/wp-content/uploads/2021/09/069-087-pon-2.pdf
10) Revista de Educación (2005). Monográfico "Educación Social", nº 336.
11) Úcar, X., y Llena, A. (Coords.) (2006). Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria. Editorial Graò.
12) Ventosa, V. (2011). Ámbitos, equipamientos y recursos de la intervención socioeducativa. CCS.
13) Vargas, G., Varela, L. y Aparicio, P. C. (2014). Aproximación educativa y social a la acción comunitaria en España y Alemania. Revista de Educación Social, nº 19. https://cutt.ly/TJoHy9Q
REVISTAS CIENTÍFICAS DE REFERENCIA
-RES Revista de Educación Social http://www.eduso.net/res/
-Pedagogía Social. Revista Interunivesitaria. https://www.pedagogiasocialrevista.es/
-Educació social. Revista d'intervenció sòcioeducativa. https://raco.cat/index.php/EducacioSocial
Competencias básicas e xerais:
- (CB1) Que os e as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
- (CG1) Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Educación Social.
- (CG3) Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo ás circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se integra, en relación aos suxeitos cos que traballa e as dinámicas sociais das que participan.
- (CG4) Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios,
no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación,
acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
- (CG5) Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas.
Competencias transversais:
CT2 - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros
profesionais
Competencias específicas:
CE1.6 - Identificar académica e profesionalmente aos educadores sociais como profesionais da educación, con funcións e
tarefas diferenciadas respecto doutros profesionais da educación e da acción-intervención social
De forma máis específica preténdese que os alumnos e alumnas desenvolvan as seguintes competencias practicas e teóricas:
1) coñecemento teórico fundamentado dos diversos ámbitos e contextos educativos e sociais propios da Educación Social,
2) Descrición e análise crítica dos distintos contextos e ámbitos da acción socioeducativa en Educación Social,
3) destreza para a identificación e sistematización das singularidades dos contextos educativos para o exitoso desenvolvemento do proceso formativo,
4) Desenvolvemento de capacidades teóricas e prácticas para dinamizar procesos de intervención na cultura, a comunidade e a formación cívico social,
5) Habilidade para formar parte de equipos multiprofesionais e dinamizar intervencións educativas con distintos axentes, institucións, administracións públicas, asociacións e organizacións do terceiro sector e demais profesionais da acción social.
Atendendo aos obxectivos da materia, a acción docente rexerase polos principios da participación, a discusión e o desenvolvemento do pensamento crítico e práctico isto nas seguintes modalidades:
a) Aprendizaxe en grupo co profesor
No período dedicado a docencia expositiva, a acción formativa centrarase na explicación dos contidos fundamentais do programa, a partires dunha presentación teórica orientada ao coñecemento do campo da materia e ao desenvolvemento da capacidade crítica e reflexiva do alumnado. Unha tarefa que esixe conectar e integrar a materia e os seus contidos con múltiples realidades socias e distintas disciplinas e ciencias afines a materia.
Nas clases interactivas realizaranse as prácticas da materia, orientadas a profundar en aspectos relevantes da materia, desde una metodoloxía centrada na experimentación e posta en práctica dos coñecementos adquiridos, a través de dinámicas de ensinanza-aprendizaxe que conecten aos estudantes coa realidade social.
b) Investigación en grupo
As clases expositivas e interactivas serán complementadas coa investigación en grupo. Unha acción formativa que consistirá na sistematización de información a partir do coñecemento e análise dos ámbitos da Educación Social..
c) O estudo individual
A formación individual será presencial na clase e tamén autónoma. Para o cumprimento deste propósito esixirase aos estudantes a lectura de artigos de carácter científico, a súa análise e crítica. Un procedemento pedagóxico orientado á asimilación de información sobre as cuestións conceptuais e de fundamentación relacionados cos temas da materia.
d) Uso da aula virtual
Para o desenvolvemento óptimo da materia farase uso da aula virtual da USC, espazo onde o docente colocará os materiais (programa, informe de lectura, encargo de traballos, avisos...) relacionados coa materia.
e) Titorías
O alumnado ten dereito a sesións de titoría individualizada ou grupal, en horarios expresamente planificados para esta actividade. As titorías servirán para a aclaración de dúbidas en relación aos traballos encargados polo docente e, en xeral, para a mellor comprensión da materia.
Estratexias de traballo e recursos
As actividades encargadas polo docente serán de carácter individual e grupal. O traballo grupal consistirá na investigación e presentación dun dos ámbitos da Educación Social, para a cal se contará coa participación de profesionais de Educación Social.
As alumnas e alumnos contan cun dossier documental que integra textos de lectura obrigatoria para o desenvolvemento da materia. Documentos que forman parte da bibliografía básica e están dispoñibles, na súa totalidade, na internet e tamén na aula virtual da materia.
SAÍDA DE CAMPO:
Na materia prevese o desenvolvemento dunha práctica de campo (visita, encontro con profesionais, celebración de conmemoracións) compartida con algunha outra materia, para a promoción do traballo cooperativo e o aprendizaxe interdisciplinar ao redor dos ámbitos da Educación Social.
O proceso de avaliación será formativo, continuo e integral, individual e grupal. Os criterios globais de avaliación fundamentaranse no desenvolvemento das seguintes capacidades: razoamento teórico, pensamento crítico, habilidade investigadora; destrezas educativas prácticas, traballo en equipo, participación na dinámica de aula; creatividade, motivación e implicación nas diversas iniciativas e tarefas xeradas no contexto da materia. A acción avaliadora centrarase nas seguintes tarefas e a súa correspondente valoración cuantitativa:
1) Actividades e prácticas de aula (20 %)
- A asistencia a clase, por ser unha esixencia preceptiva da titulación non terá unha valoración específica.
- Estudo dos contextos educativos - técnica DAFO (Traballo grupal 5%)
- Control de lectura: "Os ámbitos de intervención na Educación Social" (Traballo individual 5%)
- Caderno de traballo: ámbitos da Educación Social (traballo grupal 10%)
2) Traballo en equipo (30%)
Esta acción formativa está orientada a desenvolver competencias cognitivas de sistematización de información, intervención educativa, traballo cooperativo e de organización entre os estudantes. Os obxectivos do traballo son: aproximar os estudantes aos ámbitos propios de intervención educativa en Educación Social; consolidar os coñecementos de orde teórica e desenvolver competencias de investigación.
A tarefa consiste na sistematización de información e o coñecemento dos elementos que configuran e caracterizan os ámbitos específicos da Educación Social; o seu desenvolvemento esixe a organización en grupos para recompilar e analizar datos (revisión documental, entrevistas, fotografías, filmacións, etc.) que permitan coñecer a fondo as particularidades dun ámbito da Educación Social. O traballo grupal concretarase en: 1) redacción dun informe; 2) elaboración dunha ficha do ámbito asignado e, 3) presentación do ámbito na clase que, en todos os casos, contará tamén coa participación presencial ou telemática dun educador/a social.
Todas as directrices para a realización dos traballo grupais e individuais estarán accesibles na aula virtual da materia.
3) Avaliación teórica (50%)
O obxectivo do exame é coñecer o nivel de aprendizaxe dos contidos fundamentais da materia. Neste exercicio valoraranse o coñecemento dos temas, a capacidade de argumentación e as habilidades de análise dos problemas educativos e sociais relacionados cos contextos e ámbitos da Educación Social.
O exame será de desenvolvemento, e pode integrar os seguintes elementos: un breve ensaio escrito, a elaboración de mapas conceptuais, preguntas específicas sobre o temario e a resolución de casos prácticos. Os materiais de estudo serán os apuntamentos, as lecturas encargadas e o informe e a ficha do traballo grupal.
AVISO
Para aprobar a materia os estudantes deben superar cunha nota superior ao 50% os dous apartados -práctico e teórico (examen)- da materia.
AVALIACIÓN DE ALUMNOS CON DISPENSA DE ASISTENCIA Á DOCENCIA PRESENCIAL
O alumnado con exención oficial de docencia deberá realizar as seguintes tarefas:
- Lectura e síntese crítica dos textos básicos do dossier (10%)
- Realización individual de todas as prácticas (20%)
- Traballo de investigación individual sobre un dos ámbitos da Educación Social (20%) - Exame final nas mesmas condicións sinaladas para os alumnos e alumnas asistentes (50%)
Todos os traballos serán presentados nun portafolios dixital e nos tempos sinalados polo docente.
Horas de formación presencial na aula (clases expositivas e interactivas): 50 h.
Traballo persoal dedicado á elaboración de tarefas, investigación, lecturas, estudo: 100 h.
Tempo total, necesario para a superación da materia: total 150 h.
A materia polas súas singularidades temáticas, ademais do a lectura e o estudo teórico, require dun coñecemento complexo e profundo da realidade circundante, que permita apreciar e valorar en contextos concretos as múltiples accións socioeducativas propias da Educación Social. Para lograr este propósito, aconséllase:
- O seguimento constante do desenvolvemento dos temas da materia a través da asistencia e participación activa na clase.
- A lectura profunda e razoada dos textos encargados na materia, que servirán como fundamento teórico para comprender as prácticas que teñen lugar na realidade.
- O interese polos ámbitos da intervención socioeducativa presentes no ámbito local; que require da recompilación de información e a aproximación física e cognitiva dos estudantes ás institucións, os suxeitos e os profesionais involucrados nas accións socioeducativas.
- Para ampliar información sobre as accións que se realizan nos diversos ámbitos da Educación Social aconséllase visitar os seguintes sitios web:
Portal da Educación Social
http://eduso.net/
Colexio de educadoras e educadores socias de Galicia
http://ceesg.org/
TAREFAS DA MATERIA:
Para obter unha valoración positiva na materia, os traballos deben de ser entregados de forma puntual, na data acordada co docente da materia. A entrega posterior á data prevista restará nota de forma gradual.
Os traballos elaborados polos estudantes deben de ser orixinais. A presentación de calquera documento realizado para outra materia, copiado - plaxiado de Internet ou de calquera outra fonte supoñerá a invalidación total do devandito traballo.
NORMAS PARA A REDACCIÓN DE TRABALLOS ACADÉMICOS:
Na materia aplicaranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA).7ª edición.
ASISTENCIA A CLASE:
O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas materias adaptadas ao EEES. Nesta exponse os beneficios da asistencia a clase, entre outros: que facilita unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupo e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas e a posibilidade dunha metodoloxía docente - discente máis participativa. A Universidade de Santiago de Compostela segue unha modalidade presencial, polo cal se esixe un mínimo dun 80% de asistencia obrigatoria ás sesións de clases. Máis información na seguinte dirección electrónica: www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclas….
EXENCIÓN DE ASISTENCIA Á DOCENCIA PRESENCIAL:
Os alumnos que teñan o permiso oficial para non asistir á docencia presencial deberán poñerse en contacto co profesor, nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre, para establecer as actividades que van realizar.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
Recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista nos labores e encargos académicos.Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
CONTA DE CORREO ELECTRÓNICO:
É obrigatorio o uso da conta institucional de correo electrónico rai.
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
USO DO TELÉFONO MÓBIL:
O telefono móbil só poderá ser utilizado na clase como instrumento de traballo seguindo as indicacións dos responsables da materia, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas derivadas do uso inadecuado deste aparello.
NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS:
É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
CARÁCTER PRIVADO DO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL:
Por sentido de coidado e de responsabilidade co ámbito natural e humano, nesta materia, de forma OBRIGATORIA, esíxese para a presentación de traballos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir polas dúas caras do folio.
- Non utilizar follas de papel en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
German Vargas Callejas
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813820
- Correo electrónico
- german.vargas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Anais Quiroga Carrillo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813890
- Correo electrónico
- anais.quiroga.carrillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 (Fernández Q - P) | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_03 (Q - Z) | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Fernández P) | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
09.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |