Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer o marco conceptual da avaliación en educación social.
2. Coñecer os diferentes enfoques avaliativos, fundamentalmente no relativo a programas socioeducativos, así como os deseños avaliativos básicos a empregar en cada caso.
3. Saber deseñar avaliacións sobre aspectos socioeducativos básicos así como axuizar metodoloxicamente as avaliacións proxectadas ou realizadas.
4. Coñecer as características que deben posuír os informes avaliativos e saber axuizar a súa calidade técnica.
5. Desenvolver un pensamento reflexivo sobre as cuestións e propostas técnicas estudadas na materia.
1. Marco conceptual da avaliación de programas socioeducativos.
2. Avaliación de programas: deseño, fases, dimensións e instrumentos.
2.1. A avaliación de necesidades.
2.2. A avaliación do deseño.
2.3. A avaliación da implementación.
2.4. A avaliación de resultados.
3. Avaliación de servizos e institucións socioeducativas.
4. Elaboración de informes de avaliación e difusión de resultados.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Castillo, S., e Cabrerizo, J. (2003). Evaluación de programas de intervención socioeducativa: Agentes y ámbitos. Prentice-Hall.
Matas Terrón, A. (2020). Evaluación de programas socioeducativos. Comares.
Martínez Mediano, C. (2017). Evaluación de programas: modelos y procedimientos. [Recurso electrónico]. Universidad Nacional de Educación a Distancia.
Pérez Juste, R. (2014). Evaluación de programas educativos. (3ª edic.). La Muralla.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Castillo,S. e Cabrerizo, J. (2011)Evaluación de la intervención socioeducativa. Agentes, ámbitos y proyectos. UNED-Pearson
Castillo, S., Cabrerizo,J. y Rubio, Mª J.(2011).La práctica de la evaluación en la intervención socioeducativa. Materiales e instrumentos. Vademécum del educador social. Person Education
Colás, M. P., e Rebollo, M.A. (1993). Evaluación de programas: Una guía práctica. Kronos.
Fernández-Ballesteros, R. (Ed.). (1995). Evaluación de programas. Una guía práctica en ámbitos sociales, educativos y de salud. Síntesis.
Gairín, J. (2010). La evaluación del impacto en programas de formación. Revista Iberoamericana sobre Calidad, Eficacia y Cambio en Educación, 8(5), 20-43.
Lukas, J.F. e Santiago,k. (2009).Evaluación educativa.Alianza Editorial
Martínez, C. (2007). Evaluación de programas. Modelos y procedimientos. UNED.
Mateo, J. (2000). La evaluación educativa, su práctica y otras metáforas. E-HORSORI.
Niremberg, O., Brawerman, J. e Ruíz, V. (2000). Evaluar para la transformación. Innovaciones en la evaluación de programas y proyectos sociales. Paidós.
Pérez Juste, R. (2000). La evaluación de programas educativos: Conceptos básicos, planteamientos generales y problemática. Revista de Investigación Educativa, 18(2),261-287. https://revistas.um.es/rie/article/view/121001
Pino Juste, M. (2017). Diseño y evaluación de programas educativos en el ámbito social: Actividad física y dramaterapia. Alianza Editorial.
Rebolloso, Fernández-Ramírez, B. e Cantón, P. (2008). Evaluación de programas de intervención social. Síntesis.
Sanders, J. R. (Ed.). (1998). Estándares para la evaluación de programas. ICE.
Stake, Robert E. (2006). Evaluación comprensiva y evaluación basada en estándares. Ed.Grao
Stake, Robert E. (2010). Investigación Cualitativa: el estudio de cómo funcionan las cosas. The Guilford Press
REVISTAS:
Revista Electrónica de Investigación y Evaluación Educativa (RELIEVE): https://revistaseug.ugr.es/index.php/RELIEVE/index
Revista Iberoamericana de Evaluación Educativa: https://revistas.uam.es/riee
DIRECCIÓNS DE INTERNET
http:/www.europeanevaluation.org
http:/www.mdsocialesa2030.gob.es/
COMPETENCIAS BÁSICAS:
(CB1). Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
COMPETENCIAS XERAIS:
(CX3). Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das intervencións educativas, atendendo ás circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se inxire, en relación aos suxeitos cos que traballa e as dinámicas sociais das que participan.
(CX4). Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamentos e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
(CE1.4). Seleccionar e empregar métodos e medios orientados ao coñecemento das relacións educativas e sociais, emitindo xuízos razoados sobre as informacións obtidas e a súa utilidade para o desenvolvemento da súa práctica profesional.
(CE2.1). Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
(CE2.5). Realizar e empregar informes técnicos de investigación e avaliación sobre accións, procesos e resultados socioeducativos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
(CT3). Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
1. Coñecer o marco conceptual da investigación avaliativa.
2. Analizar e valorar estudios avaliativos, identificando as súas limitacións e puntos fortes.
3. Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
4. Deseñar de forma básica a avaliación dun servizo ou institución socioeducativa, atendendo aos obxectivos previstos, ás audiencias implicadas e ao contexto de estudo.
5. Elaborar informes de avaliación.
A metodoloxía combinará:
- Sesións expositivas por parte das docentes sobre os contidos fundamentais de cada unidade temática nas que se procurará a participación activa do alumnado a través da reflexión e o debate.
- Sesións interactivas, nas que o alumnado, a través do traballo en equipo, se implicará na resolución de diferentes actividades e supostos prácticos coa supervisión e apoio das docentes.
O traballo nas sesións presenciais debe complementarse, necesariamente, co traballo autónomo por parte do alumnado fóra da aula.
Para o desenvolvemento da materia contémplase o uso do campus virtual da USC para o acceso a documentación e información de interese, para a entrega de tarefas e como espazo de comunicación.
A USC é unha Universidade presencial, así que a asistencia ás sesións de aula é obrigatoria. Porén, nos casos contemplados na normativa da Facultade, poderase solicitar exención oficial ou dispensa de docencia. O alumnado con exención de docencia debe presentarse ao profesorado ao inicio da materia para coordinar co mesmo o plan de traballo e seguimento.
De ser o caso, na materia poderase contemplar a posibilidade de desenvolver, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras materias do curso (visitas, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dunha práctica interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A modalidade de avaliación da materia é a avaliación continua formativa, que será de aplicación para todo o alumnado, incluído o alumnado con exención ou dispensa de asistencia á clase. Dita modalidade avaliativa terá en conta os seguintes aspectos:
- Actividades e traballos realizados, -individualmente ou en grupo, segundo o caso-, no marco das sesións interactivas (50%), que terán unha formulación diversa (análise de programas, deseño e análise de instrumentos de avaliación, etc.). Para superar a materia será preciso ter entregadas, en prazo, un mínimo do 80% das tarefas solicitadas.
- Realización dunha proba individual sobre o contido da materia (50%) na data establecida no calendario oficial.
Para obter unha valoración positiva no conxunto da materia será preciso superar cada unha das partes (prácticas e proba individual), acadando un mínimo en cada unha.
A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é un requisito imprescindible para proceder á avaliación.
O alumnado que teña concedida exención de docencia ou a dispensa de asistencia a clase deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos primeiros 15 días posteriores á comunicación de dita concesión para presentar a documentación pertinente e acordar o plan de traballo a desenvolver para a superación da mesma, así como o seguimento que se realizará. A súa avaliación atenderá aos mesmos criterios que o resto de alumnado: (1) o cartafol de actividades prácticas (50%), similar ás que realizarán o resto de alumnado, e (2) a proba individual sobre o contido da materia (50%). Igual que o resto de alumnado, para obter unha valoración positiva da materia será preciso superar ambas partes, acadando un mínimo en cada unha.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación da segunda oportunidade gardará aquelas partes superadas na primeira, tendo unicamente que presentarse ás non superadas.
O alumnado que non superara a materia en convocatorias anteriores será avaliado atendendo aos criterios que se establezan no actual curso académico.
Horas presenciais: 50 h. (23 de teoría, 23 de prácticas e 4 de titoría).
Horas non presenciais: 100 h.
Total volume de traballo: 150 h.
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso, desde o inicio, un traballo diario e constante para acadar progresivamente o seu dominio. Isto permitirá resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo os obxectivos propostos e as competencias da materia.
1. Observacións xerais:
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo USC, - [at] rai.usc.es (-[at]rai[dot]usc[dot]es)-.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: campus virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
- O ensino-aprendizaxe, -aulas e titorías-, é un proceso privado; enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o profesorado e o alumando matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos, -https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos-.
2. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual.
Responsabilidade medioambiental. Se a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
3. Perspectiva de xénero:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso de linguaxe inclusiva e non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nas actividades académicas propostas. Pódese obter información ao respecto no enlace:
https://pro-assets-usc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
4. Utilización do teléfono móbil na aula
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Beatriz Garcia Antelo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813832
- Correo electrónico
- beatriz.garcia.antelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Francisco Mareque Leon
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- francisco.mareque.leon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Aixa Permuy Martinez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Correo electrónico
- aixa.permuy.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Isabel Novoa Perez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- mariaisabel.novoa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
16:30-18:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
28.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
08.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |