Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia Acción Socioeducativa con Minorías e Colectivos Vulnerables, céntranse nos seguintes aspectos:
- Construír e relacionar criticamente os conceptos de “marxinación, exclusión social”, “minorías”, “colectivos vulnerables ” e “orientación ocupacional”.
- Coñecer o marco contextual da marxinación e a exclusión e as súas implicacións sociais e individuais .
- Coñecer e saber valorar criticamente diferentes modelos de diagnóstico e intervención nestas áreas.
- Valorar o importante papel do educador social na atención a grupos minoritarios e colectivos vulnerables .
- Desenvolver unha toma de conciencia e sensibilización c ara a problemática destes sectores.
- Adquirir actitudes, destrezas e habilidades para a intervención socioeducativa nestes ámbitos.
- Identificar os fundamentos e implicacións da Orientación para o des envolvemento persoal e profesional de minorías e colectivos vulnerables.
- Entender a intervención psicopedagóxica do/a orientador/a como resposta á diversidade e á des vantaxe.
- Aprender os aspectos básicos do deseño e des envolvemento de programas de Orientación para o desenrolo de capacidades de inserción social e laboral.
Os contidos a abordar en dita materia xiran arredor das seguintes temáticas:
1. Contextualización sociopolítica dos procesos de marxinación e exclusión.
2. Aproximación teórico- conceptual e normativa aos procesos de exclusión social, promoción e protección das minorías e colectivos vulnerables.
3. Perfil, características e recoñecemento das minorías e colectivos vulnerables, ou en situación de risc o.
4. Os principios da acción-intervención socioeducativa: prevención, normalización, participación, autonomía, desenvolvemento persoal, desenvolvemento comunitario, sectorización.
5. Programas, proxectos e recursos socioeducativos para o traballo con minorías e colectivos vulnerables
6. Formación e orientación para a prevención da exclusión social.
7. Formación e orientación ocupacional.
8. Proxectos e itinerarios de inserción sociolaboral.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Quintal Díaz, J, M. e Melendro, E. (Coords)(2016). Acción Socioeducativa con colectivos vulnerables . UNED
Sanz Caballero, S. (Ed)(2010). Colectivos Vulnerables y derechos humanos: perspectiva internacional. Tirant lo Blanch
Valverde, J. (2014). Exclusión Social. Bases teóricas para la intervención. Editorial Popular
BIBLIOGRAFÍA C OMPLEMENTARIA
A ) Sobre atención a minorías e colectivos vulnerables:
Ayala, L. (2014 ). Distribución de la renta, condiciones de vida y políticas redistributivas . E n Fundación Foess a, VII Informe sobre exclusión y des arrollo social en España 2014 (pp. 65-149 ). Cáritas-Fundación FOESSA .
Consejo Económico y Social de España (2017). Informe sobre políticas públicas para combatir la pobreza en España. Consejo Económico y Social de España.
Damonti, P . (2014): Una mirada de género a la exclusión social, serie Documentos de Trabajo del VII Informe sobre Exclusión y Desarrollo Social en España, nº 3.1, Fundación Foessa; Cáritas Española Editores, http://www.foessa2014.es /informe/uploaded/documentos_trabajo/15020141 51359 _2 6 8 7.pdf
García Molina, J. e Sáez Carreras, J. (2017). Investigadores, docentes y educadores frente a la exclusión social: Paradojas y apuestas. Educación XX1, 20(2), 95-112, doi:10.5944/educXX1.12710
Laparra, M . (c oord.) (2014 ): “La fractura social se ensancha: intensificación de los procesos de exclusión en España durante 7 años ”, en Fundación Foess a, VII Informe sobre exclusión y desarrollo social en España 2014 (pp. 151 - 255 ). Cáritas Española Editores
http://www.foessa2014.es/informe/uploaded/descargas/VII_INFORME.pdf
Laparra, M . (2010): El impacto de la crisis en la cohesión social o el surf de los hogares españoles en el modelo de integración de la ‘s ociedad líquida’, Documentación Social, 158 , pp . 97-130
Subirats , J. (dir.) (2004): Pobreza y exclusión social. Un análisis de la realidad española y europea, Fundación La Caixa.
Tezanos , J.F. e Días , V . (2017). La cuestión juvenil. ¿ Una generación sin futuro?. Biblioteca Nueva.
B) Sobre orientación laboral y profesional:
Diz, M .J.; Valcarce, M. e Castro, M . R. (2016). La formación para el empleo: evolución y desarrollo formal. E n M. Valcarce; L. Rego e A. F. Rial (2016). A formación, a orientación e o emprego no recoñecemento, avaliación e certificación de competencias profesionais adquiridas en contextos formais, non formais e informais (687-703 ). Campus na Nube
Sobrado, L. e Cortés, A . (Coord) (2009 ). Orientación Profesional. Biblioteca Nueva.
Valcarce, M. e Rial A. F. (Edits) (2016 ). Vulnerabilidade, formación para o traballo, orientación e comunidade na eurorrexión Galicia-norte de Portugal. SPIC Universidade de Santiago de Compostela
Valcarce, M. e Diz, M . J. (2016) Los programas integrados para el empleo (PIE) desde el enfoque de la orientación. En M. Valcarce; L. Rego e A. F. Rial (2016). A formación, a orientación e o emprego no recoñecemento, avaliación e certificación de competencias profesionais adquiridas en contextos formais, non formais e informais (673- 6 87). Campus na Nube
Valcarce, M. e Fernández, Y . (2016). Impacto de los Programas Integrados para el Empleo en los /las participantes . En S. Vieira e J. M. Castro (2017). Ser Jovem, Ser Trabalhador: Incertezas, Desafios, Respostas. (323-333)
Valcarce, M. e Rial, A. F. (Edits)(2017). Vulnerabilidade, formación para o Traballo, orientación e comunidade
No desenvolvemento desta materia, fomentaranse as seguintes competencias xerais, transversais e específicas:
1 . BÁSICAS E XERAIS
CB1- Que os/as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG 4- Promover e des envolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
2 . TRANSVERSAIS
CT4- Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
3 . ESPECÍFICAS
CE1.1- Comprender os referentes teórico-conceptuais, históricos, comparados, metodolóxicos e pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela se promoven.
CE1.2- Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores e as educadoras sociais desenvolven o seu labor profesional.
CE1.5- Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta a necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, en por si e/ou en colaboración c on outros axentes da sociedade.
CE2.2- Promover e des envolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á s ustentabilidade.
CE2.3- Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
A metodoloxía de ensinanza céntrase fundamentalmente en estimular a participación activa do alumnado por medio de actividades que posibiliten a reflexión (individual ou colectiva) e o traballo en equipo, así como a análise e aplicación dos temas tratados a través da realización de actividades e supostos prácticos vinculados cos contidos da materia.
Para o desenvolvemento da materia farase tamén uso da aula virtual da USC no que o alumnado terá a súa disposición toda a documentación necesaria (guía docente, materiais, espazos de debate, espazos de colaboración, etc.).
Combinaranse diversas modalidades de traballo docente-discente:
- Exposición de algúns temas do programa ou parte destes polo profesorado.
- Presentación de documentos para realizar unha análise-valoración en pequenos grupos, finalizando cun debate de todo o grupo-clase.
- Fomentarase a realización de coloquios e debates en todas as actividades que o permitan.
- O/A profesor/a formulará preguntas, problemas ou dilemas relacionados con determinadas cuestións do programa a responder por parte dos grupos de traballo.
- Realización de movementos sistémicos, exercicios e actividades prácticas grupais.
- Presentación e/ou ilustración dalgúns temas a través de material audiovisual.
A intención de facer a clase máis dinámica, amena e interesante e de promover o desenrolo dun aprendizaxe máis significativo nos /as alumnos/as nos leva a propoñer actividades variadas que permitan atender á diversidade de intereses e motivación existentes:
- Organización, dirección e comentario dunha técnica en pequenos grupos, aplicándoa para toda a clase.
- Elaboración de traballos en grupo sobre diferentes contidos do temario.
- Lectura e recensión crítica dalgúns libros vinculados coa temática da materia.
Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións …) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A cualificación final será o resultado de diferentes tipos de actividades:
1) Realización dun exame sobre o temario da materia. (40% )
2) Participación e aportacións nas clases, prácticas, debates etc. ( 10%)
3) Realización das diversas actividades propostas no programa. (50% )
O alumnado para aprobar a materia terá que ter superada cada unha das dimensións/partes das que conste a avaliación.
O alumnado repetidor ou non presentado avaliarase seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico. Os/as alumnos/as repetidores, con exención de docencia ás clases expositivas, exención de docencia a todas as sesións, ou dispensa de asistencia, seguirán os mes mos criterios de avaliación que o resto do alumnado. Podendo facer uso da aula virtual e dos diferentes recursos nela dispoñibles para comunicarse co profesorado da materia, e para consultar ou descargar os diferentes documentos necesarios para preparala. Nestes casos será obrigatorio solicitar unha titoría no inicio da materia, nos primeiros quince días do cuadrimestre.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais . Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mes mo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada.
TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL:
Actividades docentes presenciais:
Clases expositivas: presentación e explicación de contidos: 22.30 horas.
- Clases interactivas: 21 horas.
- Titorías: 4.30 horas.
- Avaliación: 2 horas
Traballo persoal do alumno/a:
- Estudo: 60 horas.
- Elaboración de informes de prácticas: 25 horas.
- Lecturas: 15 horas.
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 50
TOTAL HORAS DE TRABALLO PERSOAL: 150
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80 % das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial de docencia.
A asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, a consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia, a participación activa no desenrolo das sesións de clase, así como a entrega das diferentes tarefas encomendadas son fundamentais para o bo aproveitamento da materia.
En definitiva, recoméndase:
- Asistencia regular ás sesións de clase.
- Seguimento e dedicación en todas as prácticas xa sexan individuais e/ou de grupo.
- Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/13189/XA0830.PDF?se….
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80 % das sesións de clase é obrigatoria.
Asemade, seguirase as indicacións, cando proceda, da INSTRUCCIÓN NO 1/2017, DA SECRETARÍA XERAL, SOBRE A DISPENSA DA ASISTENCIA A CLASE EN DETERMINADAS CIRCUNSTANCIAS en tanto non se modifique ou elabore unha nova normativa de asistencia a clase.
https://usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/secxeral/Instr….
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os /as alumnos /as poderán solicitar:
EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA.
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/cc_educacio…
EXENCIÓN DE DOCENCIA A TODAS AS SESIÓNS SI ASÍ SE DETERMINA.
http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/dispensa_asistencia_clase.html
Recoméndase consultar a Guía Práctica do Estudantado, que contén referencias ás programacións, avaliacións etc. accesible na páxina:
Microsoft Word - Guia práctica do estudantado.doc (usc.gal)
DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
Dispensa de asistencia a clase (sharepoint.com)
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association, 7th edition (2020) que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección:
https://universoabierto.org/2020/03/12/normas-apa-7-a-edicion-guia-de-c…;
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
Microsoft Word - linguaxe_non_sexista_USC _26-maio_-1.doc (pro-assets-usc.azureedge.net)
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como:
- a promoción dun clima de interaccións igualitario,
- a mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres, en xeral, e das propias alumnas, na materia e,
- a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI.
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
OBRIGATORIEDADE DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS
Protección de datos de carácter personal | Universidade de Santiago de Compostela (usc.gal)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
CONTACTO PROFESORAS:
Profesora: Cristina Abeal Pereira (Coord.)
Despacho: Nº 72 (Módulo A)
Correo electrónico: cristina.abeal [at] usc.es (cristina[dot]abeal[at]usc[dot]es)
Tl: 881 813 830
Profesora: Margarita Valcarce Fernández
Despacho: Nº 19 (Módulo A)
Correo electrónico: margot.valcarce [at] usc.es (margot[dot]valcarce[at]usc[dot]es)
Tl: 881 813 828
Cristina Abeal Pereira
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813830
- Correo electrónico
- cristina.abeal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Margarita Valcarce Fernandez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813828
- Correo electrónico
- margot.valcarce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (A - L) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (M - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |