Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia G3061423 Sistema Fiscal Español, ordinaria do Grao RD 1393/2007, impártese no primeiro semestre da titulación do Grao en Economía, con 4,5 créditos ECTS. O obxectivo da materia é proporcionarlle ao alumno coñecementos sobre a Lei Xeral Triburaria, a evolución do Sistema fiscal español e a imposición personal.
1.- Introdución ao sistema tributario español
2.- Principais conceptos impositivos
3.- Imposto sobre o patrimonio
4.- Imposto sobre a renda das persoas físicas
5.- Imposto de sucesións e doacións
6.- Imposto sobre a renda de non residentes
7.- Análise e valoración dos custos fiscais das decisións económicas no ámbito dos impostos persoais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
O Código Tributario, que recolle a lexislación tributaria española, instrumento básico de uso para o alumno, de imprescindible manexo, interpretación e comprensión para a superación da materia.
Ademáis, o alumno ten a posibilidade de obter os textos íntegros das diferentes leis tributarias a través da web da Axencia Estatal Administración Tributaria: www.aeat.es ou do BOE: www.boe.es
ALBI, E., PAREDES, R. y RODRÍGUEZ, J. (última edición) (2017): Sistema Fiscal Español, I, Ed. Ariel. Barcelona.
ALBI, E., PAREDES, R. y RODRÍGUEZ, J. (última edición)(2017): Sistema Fiscal Español, II, Ed. Ariel, Barcelona.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
CUADRADO, J. y OTROS (2010): Política económica: elaboración, objetivos e instrumentos. última edición. McGraw- Hill. Madrid.
MANKIW, G. (2016): Principios de Economía.Ed. McGraw-Hill, NY.
Durante o curso facilitarase bibliografía complementaria.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
• Saber identificar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole económica, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan en economía..
• Posuír os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
• Coñecemento da realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución.
• Economía pública: natureza, xustificación e obxectivos da intervención do sector público na economía: facenda pública, fiscalidade, servizos sociais, saúde, educación, etc. A elaboración das políticas económicas.
• Contribuír á boa xestión da asignación de recursos, tanto no ámbito privado como no público.
• Adquisición de competencias relativas á xestión por obxectivos e xestión de proxectos.
Competencias específicas da materia:
• Coñecer os contidos esenciais da tributación persoal tanto de residentes como non residentes. A fiscalidade empresarial estudarase na materia Sistema Fiscal Español: Fiscalidade Empresarial
• Analizar e comprender cun enfoque práctico a tributación persoal, integrando lexislación e xurisprudencia, alternativa para unha planificación fiscal e valorando a incidencia dos impostos persoais na eficiencia e na equidad dos contribuíntes.
• Predicir os efectos das reformas fiscais para poder valorar as súas consecuencias e minimizar o custo fiscal.
• Valorar o custo fiscal das distintas alternativas á hora de tomar decisións, para optimiza a tributación.
• Realizar onda liquidacións dos impostos persoais.
Para o desenvolvemento do programa da materia combinaremos as clases expositivas, nas que se explican de xeito sistemático e ordenado os distintos temas; coas clases interactivas, nas que se esixe a participación dos alumnos e a realización de traballos e supostos prácticos .
Para adquirir capacidade no manexo da lexislación e das distintas fontes informativas, o alumno disporá na aula virtual de enlaces a páxinas de normativa básica que facilite o seu estudo e outras fontes informativas como consultas e xurispruedencia a través das bases de datos da biblioteca da USC.
- Sistema de avaliación
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicarase na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comenzo deste curso.
A avaliación dos alumnos realizarase a través dun proceso continuo no que se levarán a cabo varias probas parciais durante o cuadrimestre, de tal xeito que os alumnos poidan mostrar además dos coñecementos adquiridos, aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa. Estas probas serán compensatorias da materia obxeto da mesma, sempre e cando o alumno supere o 40% de cada una delas e a media sexa igual ou superior a 5. De non realizar ningunha das probas anteriores, ou non tendo superado algunha, o alumno deber facer un exame final, coas partes pendentes ou non examinadas. Neste exame deberá de superarse, polo menos, o 40 % da cada unha das partes, se a media é igual ou superior a 5.
Os alumnos que xa se examinaron en cursos anteriores da materia, poderán manifesta-la súa opción de ir só ao exame final, ao igual que os alumnos de intercambio ou con dispensa de asistancia a clase, nas condicións establecidas no apartado anterior. Neste caso, a nota do exame representará o 100 % da cualificación final.
O alumno ten que dedicar o tempo necesario de traballo persoal no estudo da materia, uniformemente repartido ao longo do curso e non concentrado nos días previos ao exame.
Traballo presencial na aula, repartido entre grupos expositivos, interactivos, clases con computador, titorías, etc., un total de 45, que requerirá traballo persoal e autonómo do alumno, escritura de exercicios, resolución de supostos fiscais, lecturas, etc. un total de 67,5 horas de traballo individual e/ou en grupo.
Recoméndase a asistencia a clase, o manexo da bibliografía básica e a consulta da bibliografía complementaria que se indicará para cada tema, a participación activa e a realización das actividades propostas.
Atendendo a este programa o alumno debe coñecer e comprender a realidade económica nacional e internacional, o sector público, as institucións económicas e a súa evolución, sendo precisos elementos básicos de contabilidade, modelos e técnicas de representación da realidade económica, para poder avanzar no ámbito da economía pública e na elaboración das políticas económicas.
Deste xeito, superadas as materias anteriores do grado e esta mesma, o graduado debe ser capaz de contribuir á boa xestión da asignación de recursos público e privados, avaliar as consecuencias das distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, para a consecución dun obxectivo. Elaborar ou emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía internacional, nacional ou rexional. Derivar dos datos información relevante non doada de recoñecer por non profesionais e aplicar á análise dos problemas, criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos propios da economía.
Santiago Lago Peñas
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- santiago.lago.penas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Negreira Del Río
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- francisco.negreira.rio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
20.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
20.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
20.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
20.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
20.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
20.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
20.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
20.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
17.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |