Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O curso ten como propósito introducir o alumno aos conceptos e ao método de análise da economía e capacitalo para aplicar o razoamento económico no estudo de problemas de asignación de recursos ao nivel dos axentes económicos individuais, dos mercados e da economía no seu conxunto. En liña con este propósito xeral, o curso persegue os seguintes obxectivos específicos. Primeiro, que o alumno adquira unha perspectiva ampla das cuestións que aborda a economía. Segundo, que coñeza os conceptos, modelos e resultados básicos que se empregan en cada unha das distintas áreas da economía. Finalmente que, mediante o emprego de modelos sinxelos, o alumno se familiarice coas ferramentas e o método de análise da economía así como coa súa aplicación á análise do comportamento do consumidor e da empresa e ao estudo do funcionamento das economías de mercado.
Pensar e traballar como un economista.
Como funciona o mercado: a oferta e a procura.
O resultado do mercado: a eficiencia.
Variábeis económicas e a súa medida.
Produción e alocación de recursos
O diñeiro e os prezos.
Bibiografía básica:
Mankiw, N. G. (2015), Principios de Economía. 7a. edición, Cengage Learning
Bibliografía complementaria:
Fernández Díaz A., D., Fischer, S. y Dornbusch, R. (2006), Economía, 8a. edición, McGraw-Hill.
Graue, Ana. (2009). Fundamentos de Economía. Pearson.
Krugman, P., Wells, R. y Olney, M. (2015), Fundamentos de Economía. 3ª edición, Ed. Reverté.
Lipsey, Richard y Chrystal, Alec. (1999), Introducción a la Economía Positiva. 13a. edición, McGraw-Hill.
Mochón, Francisco y Castejón Rafael. (2005), Economía, Teoría y Política. 5a. edición, McGraw-Hill
Phelps, Edmund S. (1993). Economía política : un texto introductorio, Antoni Bosch, Barcelona
Samuelson, Paul y Nordhaus, William. (2010), Economía. 19a. edición, McGraw-Hill
Stiglitz, Joseph. y Walsh, Carl. (2009), Microeconomía. Barcelona, 4ª edición. Editorial. Ariel
Stiglitz, Joseph y Walsh, Carl. (2004), Macroeconomía. Barcelona, 3ª edición. Editorial. Ariel
Tugores J. y otros (1993) Introducción a la Economía. Problemas y Cuestiones. 2ª edición. Vincens Vives.
Zabaleta,A. y Castejón, R. (2009). Introducción a la Economía. 2ª edición. Prentice-Hall.
Competencias da titulación ás que contribue a materia:
. Posuir os coñecimentos analíticos básicos para estudar economía e adquirir as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando.
. Coñecer e comprender analiticamente a nivel básico o concepto de escaseza e a asignación de recursos, o sistema de prezos, así como o papel que xogan na economía tanto os mercados e dos gobernos en economía.
. Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado coma no público.
. Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole económica tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita coma dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan en economía.
. Achegar racionalidade á análise e á descrición de calquera aspecto da realidade económica.
. Capacidade de análise e síntese.
. Estimulación intelectual.
Competencias específicas da materia:
. Familiaridade co método económico.
. Coñecimento dos conceptos básicos da análise económica: racionalidade, mercados e governo.
. Aplicación da análise económica a problemas actuais.
. Capacidade de identificación dos principios fundamentais da análise económica que caracterizan aos problemas económicos reais.
. Capacidade de redución dos problemas económicos reais a representacións simplificadas (modelos) sobre a base dos conceptos básicos da análise económica.
. Manexo das ferramentas básicas para a análise de modelos formais: Uso tanto da matemática elemental coma do razoamento lóxico e a representación gráfica, na análise de problemas económicos.
. Comprender analiticamente as teorías do consumo e da produción, equilibrio competitivo, mercados non competitivos, eficiencia económica e teoría do benestar.
. Definición e medición de variables económicas como produción, emprego e inflación.
O traballo na aula combina as exposicións teóricas con clases interactivas para a resolución de exercicios, a análise de casos e a análise e discusión de problemas.
O traballo individual do alumno oriéntase a preparar o traballo na aula e a consolidar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, a elaboración e a discusión de casos e a discusión e análise de problemas, o alumno reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análise e expresión oral.
A guía docente detallada do curso (na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación, as guías docentes para cada tema, os boletíns de exercicios, material de apoio, actividades complementarias...) proporcionarase a través da aula virtual do curso.
A avaliación da materia terá en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre considerando distintos aspectos da adquisición das competencias ás que contribúe a materia así como a claridade e capacidade expositiva, a creatividade e a iniciativa para a participación activa. O alumno será avaliado ao longo de todo o curso e ao termino de mesmo aplicarase un exame final.
A avaliación continua ao longo do curso levará a cabo fundamentalmente durante as clases interactivas e contemplará distintos medios e modalidades de avaliación: preguntas e exercicios, resolución de cuestionarios tipos test e de resposta curta. As probas serán tanto parciais como acumulativas podéndose contemplar probas que deberán facerse sen ningún tipo de auxilio externo e probas que se poderán facer a libro aberto.
A nota da avaliación continua representará como mínimo o 30% e será factible, se o profesor o considera axeitado, superar a materia coas notas da avaliación continua.
O exame final pola súa banda representará como máximo o 70% da nota do curso tanto no caso dos alumnos que suspendan a avaliación continua como no caso de alumnos que non se presenten a avaliación continua (neste último caso a avaliación computará como cero para a ponderación da nota final do curso).
Ao alumnado ao que lle sexa concedida dispénsa de asistencia a clase, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispénsaa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliaráselle cun exame final específico que supoñerá o 100% da nota do curso. Os alumnos repetidores estarán suxeitos ás mesmas condicións de avaliación que o resto agás se teñen concedida a dispensa de asistencia a clase.
Este sistema de avaliación aplica tanto á oportunidade ordinaria como á extraordinaria de recuperación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Ademais das 50 horas de traballo presencial, o alumno deberá dedicar 100 horas de traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo), lecturas, realización de exercicios e traballos, a análise de casos, e a preparación de presentacións orais.
Recomendacións previas: álxebra e cálculo a nivel de Bacharelato. Destreza no razoamento dedutivo e indutivo.
A guía docente detallada do curso (na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación), as guías docentes para cada tema, os boletíns de exercicios e o resto do material de apoio proporcionaranse a través da aula virtual do curso.
Na nota final do curso só consideraranse como "non presentados" aqueles alumnos que non se presenten a ningunha das actividades académicas avaliables conforme ao establecido na guía docente. O "non presentado" e todo o relativo ao esgotamento de convocatorias se rexe polo establecido no DOG Número 136 do 17 de xullo de 2012.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Fernando Del Rio Iglesias
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- fernando.delrio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
Martes | |||
11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
17:00-19:00 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula 29 |
Mércores | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 30 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 30 |
17:00-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula 29 |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula A |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula B |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula B |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula B |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
10.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula A |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula B |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula B |
23.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula B |