Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
En primeiro lugar, esta materia proporciona unha especialización dos estudantes mediante a aplicación as ferramentas analíticas aprendidas nas materias previas de Microeconomía I, II e III (cursadas no primeiro, segundo e terceiro cursos do grao respectivamente) ao estudio da toma de decisións de aforro e selección de carteira a nivel individual, así como á análise do funcionamento dos mercados financeiros. O estudio da microeconomía permite entender de maneira xenérica conceptos como a determinación do prezo de un ben ou da cantidade dese ben vendida nun mercado, a eficiencia coa que funciona tal mercado ou as consecuencias da información asimétrica para o funcionamento dos mercados en xeral. Todos estes elementos, serán aplicados aquí ao estudio de: i) a determinación do prezo dos activos financeiros e a súa relación co risco que incorporan; ii) os diferentes modos de organizar as transaccións nos mercados financeiros; iii) o papel que xogan os intermediarios financeiros para canalizar os recursos dende os aforradores aos inversores.
En todos os casos haberá unha combinación de análise teórica con estudio de dados. Na parte teórica faremos un uso intensivo das ferramentas matemáticas adquiridas en Matemáticas para Economistas I e II así como en Modelos Matemáticos para a Economía, en particular optimización, ecuacións en diferenzas, así como teoría de xogos. Na parte empírica, co estudo de dados sobre activos e mercados financeiros buscaremos contrastar e analizar criticamente as análises teóricas, así como comprender noticias, diagnósticos e informes sobre mercados financeiros, utilizando a teoría como guía. En esta dimensión do traballo, será imprescindible o coñecemento e uso das ferramentas estatísticas e econométricas adquiridas nas materias Estatística Económica II, Econometría I e Econometría II, en particular teoría da probabilidade, estimación de dados de corte transversal e series temporais.
Tema 1: Valoración de títulos de renda fixa (10 horas)
1.1. A ausencia de arbitraxe como técnica de valoración.
1.2. Valoración de activos de renda fixa usando a ausencia de arbitraxe.
1.3. A estrutura temporal das taxas de xuro.
1.4. Teorías sobre a estrutura temporal das taxas de xuro.
Tema 2: Valoración de activos con risco (14 horas)
2.1 Valoración usando activos Arrow-Debreu (Arrow-Debreu pricing).
2.2 Valoración mediante probabilidades neutrais ao risco.
2.3 Valoración con carteira de mercado (CAPM: Capital Asset Pricing Model).
2.4 Valoración de activos mediante ausencia de arbitraxe (APT: Arbitrage Pricing Theory).
2.5 Valoración de activos en equilibrio. (CCAPM: Consumption based Capital Asset Pricing Model).
Tema 3: A microestructura dos mercados financeiros (12 horas)
3.1 Mecanismos de intercambio de activos: mercados dirixidos por ordenes e mercados dirixidos por prezos.
3.2 O impacto dos fluxos de ordes de compra e venda sobre o prezo dos activos.
3.3 O impacto do tamaño das ordes de compra e venda sobre o prezo dos activos.
3.4 Evidencia empírica sobre os efectos da liquidez nos prezos dos activos.
Tema 4: Información asimétrica, mercados incompletos e intermediación financeira (10 horas)
4.1 Financiación empresarial e mercados incompletos: O Teorema de Modigliani-Miller.
4.2 Intermediación bancaria.
4.3 Reserva fraccionaria e pánicos bancarios.
4.4 Intermediación financeira e fluctuacións económicas.
Bibliografía básica:
Greenbaum, S. I. and A. Thakor (2007), Contemporary Financial Intermediation. London: Elsevier.
Marín, J. M. y G. Rubio (2001), Economía Financiera. Barcelona: Antoni Bosch Editores.
Bibliografía complementaria:
Brooks, Ch. (2008), Introductory Econometrics for Finance. Princeton, N.J.: Princeton University Press.
Cao, J. (2021), The Economics of Banking. Routledge, Taylor & Francis.
Focault, T., M. Pagano e A. Röell (2013), Market Liquidity: Theory, evidence and Policy. New York: Oxford University Press.
Danthine, J. P. e J. Donaldson (2005), Intermediate Finacial Theory. N.J.: Academic Press.
Luenberger, D. (2014), Investment Science, New York: Oxord University Press.
Sundaram, R. K. and S. R. Das (2014), Derivatives: Principles and practice. New York: McGraw-Hill.
Competencias xenéricas do grao ás que contribúe a materia:
• Posuír e comprender os coñecementos que definen á economía como disciplina científica, a un nivel que se apoia nos libros de texto avanzados e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento en economía.
• Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
• Posuír os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
• Capacidade de análise e síntese.
• Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
• Capacidade de resolución de problemas.
• Autonomía na aprendizaxe.
• Traballo en equipo.
• Estimulación intelectual.
Competencias específicas da materia:
• Coñecemento dos fundamentos teóricos da toma de decisións.
• Coñecemento dos modelos microeconómicos empregados en economía financeira.
• Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
• Achegar racionalidade á análise e á descrición da actividade financeira.
• Avaliar consecuencias de distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores dados os obxectivos.
• Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía.
• Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos propios da economía.
O traballo na aula combina as exposicións teóricas con clases interactivas para a resolución de
exercicios, a análise de casos e a análise crítica de lecturas e problemas.
O traballo individual do alumno oriéntase a preparar o traballo na aula e a afirmar e aplicar os seus
coñecementos. A través da resolución de exercicios, a elaboración, a discusión de casos e a análise
crítica de lecturas, o alumno reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de
análises, razoamento crítico e expresión oral. Ao longo do curso os alumnos realizan un traballo en
equipo que é presentado e defendido en público, a través da cal os alumnos non só pon en práctica os
seus coñecementos senón que desenvolven as súas habilidades para traballar en equipo e para
expresarse oralmente e por escrito.
Os alumnos disporán de guías didácticas específicas sobre os contidos dos temas que servirán de
apoio e orientación para o seu traballo individual e en grupo.
Algunhas das lecturas da bibliografía recomendada serán en Inglés.
Usaremos a USC Virtual como unha ferramenta de apoio para a docencia. A través da USC Virtual, os estudantes terán acceso a material de traballo e todo tipo de anuncios relevantes para a marcha do curso. Os estudantes tamén poderán usar esta ferramenta como forma de intearctuar ente eles e co profesor.
A cualificación final está baseada na avaliación continua que ponderará un 30% e nun exame final escrito que ponderará un 70%. A avaliación continua consistirá na realización de listas de exercicios, análise de datos e comentarios de casos, que deberán ser entregados por escrito ou defendidos oralmente. A cualificación da avaliación continua será unha nota entre 0 e 10 que resultará de calcular a media de todas as probas realizadas. Tendo isto en conta, a relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación detallada, e como se vai facer o seu seguimento, publicarase na aula virtual ao longo do curso.
A nota da avaliación continua será ponderada tanto coa cualificación do exame da primeira oportunidade como do exame da segunda oportunidade.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Aulas expositivas e interactivas 48 Horas
Avaliación final 3 Horas
Total 51 Horas
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Estudio autónomo, individual ou en grupo 20 Horas
Escritura de exercicios ou outros traballos 30 Horas
Programación/experimentación ou outros traballos en computador/laboratorio 10 Horas
Total 60 Horas
Para unha comprensión adecuada da materia, débese asistir regularmente á aula. Unha vez escoitada a presentación de un tema na aula expositiva, o estudante debe realizar os exercicios e tarefas encomendadas polo profesor, de xeito sistemático, sen permitir a acumulación de traballo. Isto é así porque é preciso manexar as teorías para poder entender os exercicios e contribuír á súa resolución e discusión nas aulas interactivas.
No estudio individual ou en grupo, así como na resolución dos exercicios, é importante o manexo dos textos recomendados para ir ás fontes das distintas teorías, e para non basear o estudio na simple memorización dos apuntamentos das clases.
A elaboración dos exercicios e tarefas asignadas será de grande axuda para asimilar de forma clara os conceptos teóricos e ser capaz de aplicalos a problemas empíricos concretos.
Antonio Rodriguez Sampayo
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811554
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 1 |
Mércores | |||
12:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 1 |
06.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
06.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula 07 |
02.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula 11 |
02.07.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |