Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral da materia é chegar a comprender as ideas centrais da macroeconomía como rama que estuda os fenómenos económicos agregados, e a coñecer as teorías da determinación da renda nacional o emprego e o nivel de prezos, así como as súas implicacións para a política macroeconómica.
Os obxectivos máis específicos inclúen comprender:
- A importancia da microeconomía como base da macroeconomía.
- Como medir a actividade económica agregada a nivel nacional.
- Como construír modelos que estudan as relacións entre diferentes variables macroeconómicas.
- As causas das fluctuacións económicas.
- O papel do goberno na estabilización destas fluctuacións.
- As relacións entre a economía interior e o resto do mundo.
- As diferencias entre o axuste da economía no curto e no longo prazo.
Competencias básicas:
- Ler críticamente artigos sobre cuestións económicas de actualidade.
- Comprender as relacións gráficas, lóxicas e numéricas entre variabls macroeconómicas.
- Formar xuízos razoados sobre propostas de política económica a partir de modelos macroeconómicos.
- Proporcionar respostas ben fundadas a cuestións sobre problemas macroeconómicos a partir de modelos teóricos.
- Investigar as implicacións de cadeas causais teóricas alternativas para os resultados das diferentes políticas económicas.
- Examinar a evidencia empírica existente para discernir entre hipóteses alternativas.
1. A MEDICIÓN DOS AGREGADOS MACROECONÓMICOS
- O PIB: nominal e real.
- As compoñentes da demanda agregada.
- A balanza de pagamentos.
- A medición do emprego.
- A taxa de inflación.
- Aforro, riqueza e capital.
- Expansións e recesións.
2. O MULTIPLICADOR
- Un modelo sinxelo de determinación da renda e o produto.
- O multiplicador.
- A restrición da balanza de pagamentos.
- Os tipos de cambio.
- A política fiscal.
3. CONSUMO E AFORRO
- A elección de consumo intertemporal.
- Hipótese do ciclo vital.
- Hipótese da renda permanente.
- Hipótese do paseo aleatorio.
4. INVESTIMENTO
- O modelo neoclásico do investimento.
- A q de Tobin.
5. TIPOS DE XURO
- O mercado de diñeiro e o tipo de xuro de equilibirio.
- A trampa da liquidez.
- A política monetaria.
6. O MODELO IS-LM
- A curva IS e a curva LM.
- Política fiscal e política monetaria.
- Relacións de paridade de tipos de xuro.
- Réximes monetarios.
7. O MERCADO DE TRABALLO
- Modelos de busca.
- Paro friccional, paro cíclico e paro estrutural.
8. SALARIOS E INFLACIÓN
- A curva de Phillips e a taxa natural de paro.
- O modelo IS-LM con curva de Phillips.
- Políticas de demanda e inflación.
- Os impactos dos shocks de oferta.
Texto principal:
O. Blanchard: Macroeconomía (7ª ed.) Pearson Educación. 2015
Textos complementarios:
- O. Bajo Rubio e C. Díaz Roldán: Teoría y Política Macroeconómica. Antoni Bosch. 2011.
- R. Dornbusch, S. Fischer e R. Startz: Macroeconomía (12ª ed.) McGraw-Hill. 2015.
- C.I. Jones: Macroeconomía. Antoni Bosch. 2009.
- N.G. Mankiw: Macroeconomía (8ª ed.) Antoni Bosch. 2014
- S.D. Williamson: Macroeconomía (4ª ed.) Pearson Educación. 2012
Competencias do grao ás que contribúe a materia:
- Posuír os coñecementos analíticos básicos para estudar economía e adquirir as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando.
- Coñecer os modelos macroeconómicos de determinación da renda en economías pechadas e abertas, así como as características das fluctuacións económicas.
- Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións económicas tanto para un público especializado como para o non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita coma dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos empregados en economía.
- Aportar racionalidade á análise e a a descripción de calquera aspecto da realidade económica.
- Capacide de análise e síntese.
- Estimulación intelectual.
Competencias específicas da materia:
- Coñecemento dos conceptos e indicadores básicos utilizados na análise macroeconómica de curto prazo.
- Coñecemento dos elementos principais que conforman a determinación da renda a curto e medio plazo, e as súas compoñentes, nunha economía nacional.
- Dominio dos modelos básicos utilizados para a comprensión dos ciclos económicos.
- Estudo dos elementos fundamentais de determinación da renda no curto prazo nunha economía aberta.
- Coñecemento dos conceptos básicos da política macroeconómica e a súa repercusión sobre o emprego e a inflación.
- Capacidade de aplicación de modelos teóricos á interpretación dos datos macroeconómicos.
O traballo na aula combina as exposicións teóricas con clases interactivas para a resolución de exercicios, a análise de casos e a análise e discusión de problemas.
O traballo individual do alumno oriéntase a preparar o traballo na aula e a consolidar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, a elaboración e a discusión de casos e a discusión e análise de problemas, o alumno reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análise e expresión oral.
A guía docente detallada do curso (na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación, as guías docentes para cada tema, os boletíns de exercicios, material de apoio, actividades complementarias...) proporcionarase a través da aula virtual do curso.
A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se deben levar a cabo ao longo do semestre, tendo en conta os diferentes aspectos da adquisición de habilidades ás que contribúe, así como outros aspectos como a claridade e a capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía da materia ou a participación activa.
A cualificación final componse dun 30% correspondente á avaliación continua e un 70% a un exame final.
As probas de avaliación continua non serán recuperables, xa que o obxectivo da súa realización é coñecer a evolución da aprendizaxe do alumno durante o curso.
En canto á cualificación da avaliación continua, terase en conta só para o ano académico correspondente e non se manterá para os cursos posteriores.
Cando o estudante non realice ningunha actividade académica que poida avaliarse indicarase como "non presentado".
Os estudantes que reciben unha exención de asistencia, seguindo a Instrución Non. 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a exención de asistencia a clase en certas circunstancias, serán avaliados cun exame final específico que representará o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito no "Regulamento de avaliación do rendemento académico dos alumnos e de revisión de cualificacións".
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
Docencia expositiva: 31 horas
Docencia interactiva: 17 horas
Titorías en grupos reducidos: 3 horas
Proba final: 2 horas
Total horas de traballo presencial na aula: 53 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo: 20 horas
Redacción de exercicios, conclusións ou outros traballos: 30 horas
Preparación de exames: 35 horas
Lecturas recomendadas e actividades en biblioteca: 10 horas
Total horas de traballo persoal do alumno: 95 horas
A asistencia regular ás sesións, a participación activa e a revisión extensa da bibliografía son os elementos fundamentais para o aproveitamento desta materia.
Manuel Fernandez Grela
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811534
- Correo electrónico
- mf.grela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Yolanda Pena Boquete
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- yolanda.pena.boquete [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 20 |
Mércores | |||
11:30-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
Xoves | |||
15:00-16:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 20 |
18.12.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08 |
18.12.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
18.12.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 08 |
18.12.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 08 |
18.12.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
18.12.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 08 |
18.12.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
18.12.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
18.12.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
18.12.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
18.12.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
18.12.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
20.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
20.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
20.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
20.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
20.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
20.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
20.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
20.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
20.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
20.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
20.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
20.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |