Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O programa desta materia organízase coa intención de que o alumnado dipoña duns coñecemento que lles permita comprender os aspectos fundamentais da análise estrutural en economía e algunhas pautas de formación do sistema económico mundial. Aspírase a que aprendan a analizar a economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica, que saiban interpretar as súas características actuais a través de referentes históricas, a súa evolución e movementos cíclicos e coñecer elementos relacionais que hai detrás dos modelos de acumulación.
Abordarase un tratamento concreto e detallado de certos temas chave da realidade económica mundial. Esta abordaxe tenta detectar e comprender as características estruturais do sistema económico, as relacións económicas mundiais, as desigualdades existentes e os problemas sociais. Daranse a coñecer as características das estruturas económicas dos países centrais e dos periféricos, a división internacional do traballo na que se insiren e o ámbito institucional no que se desenvolven estas relacións.
O programa desta materia ten continuidade coa materia Estrutura Económica Mundial II, onde se afonda en cuestións relacionadas co desenvolvemento.
A Economía como Ciencia Social. A análise estrutural da economía: conceptos básicos
Os sistemas económicos. Análise económica do capitalismo. Etapas e modalidades na expansión do capitalismo
Crecemento económico e cambio estrutural
A poboación mundial: trazos e tendencias
Os recursos naturais e a base enerxética do sistema económico mundial
O comercio internacional
A internacionalización de capital: investimento estranxeiro directo e empresas multinacionais
O sistema monetario e os organismos financeiros internacionais
Os procesos de integración económica. A integración europea
Bibliografía básica:
Alonso, J. A. (dir.) (2023): Lecciones sobre economía mundial: introducción al desarrollo y a las relaciones económicas internacionales, 10ª edición, Cizur Menor (Navarra): Civitas Thomson Reuters.
Martínez, J.; Vidal, J.M. (2003): Economía mundial, 2ª edición, Madrid: McGraw-Hill.
Palazuelos, E. (dir.) (2015): Economía Política Mundial, Madrid: Ediciones Akal.
Muñoz, C.; Iráizoz, B.; Rapún, M. (2016): Introducción a la economía aplicada: magnitudes y cuentas económicas, 5ª edición, Cizur Menor (Navarra): Civitas Thomson Reuters.
Bibliografía complementaria:
Amin, S. et al. (2010): Crisis: financiera, económica, sistémica. Maia Ediciones, Madrid.
Beiras, X.M. (2003): “Permanencia y cambio estructural en la mundialización”, en Rallo, A. (ed.): Un mundo para todos. Otra globalización es posible, Icaria Más Madera, 43-70.
Gandoy, R.; Díaz-Mora, C. (2017): "Cadenas globales de valor: en el punto de mira de la política comercial proteccionista", Información Comercial Española 896, 43-58.
García, J.M.; Durán, G.; Sánchez, A. (Coord.) (2013): Estructura económica y relaciones internacionales, Madrid: Garceta.
García, J.M.; Durán, G.; Sánchez, A. (dir.) (2011): La economía mundial en transformación, Madrid: Paraninfo.
Gómez, P.J. (coord.) (2017): La economía mundial. Enfoques críticos, Madrid: Catarata.
Guerrero, D. (2007): “Competencia y monopolio en el capitalismo”, en Martínez, J. y Sánchez, R. (eds.): El futuro imposible del capitalismo, Icaria y Antrazyt, 115-148.
Guzmán, J. (2005): “El rol de la ética en la ciencia económica”, Información Comercial Española 823, 11-27.
Hernández, R. (2018): "La encrucijada de la integración regional y el nuevo regionalismo", Revista Estudios de Políticas Públicas 7, 149-159.
Krugman, P.R. (2017): “Crises: The price of globalisation?” en Gangopadhyay, P. (ed.): Economics of Globalisation, London: Routledge, 31-50.
Martínez, A.; Orlandini, A.; Herrero, S. (2011): “Crisis, cambio global y energía”, Revista de Economía Mundial 29, 263-284.
Medialdea, B.; Sanabria, A. (2013): “La financiarización de la economía mundial: hacia una caracterización”, Revista de Economía Mundial 32, 195-227.
Millet, D.; Toussaint, E. (2009): 60 preguntas 60 respuestas sobre la deuda, el FMI y el Banco Mundial, Barcelona: Icaria Editorial.
Piketty, T. (2014): El Capital en el siglo XXI, Madrid : Fondo de Cultura Económica.
Recio, A.; Banyuls, J.; Cano, E.; Miguélez, F. (2006): “Migraciones y mercado laboral”, Revista de Economía Mundial 14, 171-193.
Requeijo, J. (2017): Economía Mundial, 4ª edición, Madrid: McGraw-Hill.
Sampedro, J.L. (2002): El mercado y la globalización, Barcelona: Ediciones Destino
Stiglitz, J. (2016): El euro: cómo la moneda común amenaza el futuro de Europa, Madrid: Taurus.
O profesorado poderá facilitar o acceso a algunhas publicacións que integran a bibliografía, cando sexa posible en formato electrónico. Esta bibliografía complementa os documentos e materiais de apoio dispoñibles na Aula Virtual: presentacións para cada clase expositiva, textos e datos estatísticos para as clases interactivas.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Comprender os coñecementos que definen á economía como disciplina científica.
- Elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas facendo uso de coñecementos sobre a realidade económica, identificando problemas económicos relevantes e avaliando as consecuencias das distintas alternativas de acción.
- Identificar, buscar, recoller, analizar e manexar información relevante de libros de texto de nivel avanzado e de fontes estatísticas.
- Elaborar e presentar traballos e comunicar información e ideas de maneira oral e escrita, tanto individual como colectivamente.
Competencias específicas da materia:
- Identificar os problemas fundamentais da economía mundial, comprender os aspectos fundamentais da análise estrutural en economía e algunhas pautas da formación do sistema económico mundial.
- Aprender a analizar a economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica. Interpretar as súas características actuais, a súa evolución e movementos cíclicos, e coñecer os elementos relacionais que hai detrás dos modelos de acumulación.
- Abordar un tratamento concreto e detallado de certos temas claves da realidade económica mundial.
A ensinanza da materia desenvolverase a través de actividades de docencia expositiva e de docencia interactiva en grupos reducidos, todas elas de carácter presencial.
Para isto un soporte esencial está constituído pola Aula Virtual da materia, na que o alumnado pode encontrar: i) a programación cronolóxica detallada das actividades, co contido previsto para cada unha das sesións de docencia expositiva e interactiva; ii) as presentacións para cada clase de docencia expositiva; iii) as instrucións das actividades a realizar e os materiais para traballar en cada unha das sesións de docencia interactiva (publicacións, datos estatísticos, vídeos,...); iv) as publicacións, tanto da bibliografía básica como da específica para cada tema, que están dispoñibles en formato electrónico.
As titorías terán lugar esencialmente de modo presencial, complementadas coa resolución de dúbidas a través do foro da Aula Virtual e o correo electrónico institucional.
I. Sistema xeral de avaliación:
Basearase na combinación de dúas modalidades de avaliación: avaliación continua e avaliación final (exame)
a) Avaliación continua: entrega de tarefas, participación en aulas interactivas e, no seu caso, probas de curta duración sobre materiais (lecturas, vídeos…).
b) Avaliación final: exame sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. O exame final consistirá nunha proba de coñecementos, que terá lugar na data oficial de exames.
O peso relativo de cada parte na cualificación final da materia será o seguinte:
Avaliación continua: 30%
Avaliación final (exame): 70%, sendo preciso obter como mínimo unha nota de 4 puntos sobre 10 para que faga media (ponderada) coa avaliación continua.
II. Sistema opcional para alumnado repetidor que o solicite e alumnado con dispensa de asistencia:
Para o alumnado repetidor que o solicite, así como para o alumnado con dispensa de asistencia, a avaliación realizarase exclusivamente a través dunha proba final escrita presencial sobre os contidos da materia, que terá un peso do 100% na cualificación final.
Para estes efectos, antes da terceira semana de clase, o alumnado repetidor que estea interesado neste sistema opcional deberao comunicar a través do correo electrónico institucional ao profesor do seu grupo expositivo. No caso de non comunicalo no prazo establecido, entenderase por defecto que opta polo sistema xeral de avaliación.
O alumnado que teña superado a materia e tamén o curso de Competencias en Información (CI) que se imparte dende a Biblioteca, verá incrementada a nota final entre 0,25 e 0,5 puntos en función da puntuación obtida en dito curso.
Información importante: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estimase que o alumnado debe dedicar unhas 2,5 horas semanais de traballo persoal autónomo. A estimación deste tempo medio é orientativa e virá modificada fundamentalmente pola atención e participación nas actividades da aula e as complementarias, a base de coñecementos e a actitude e aptitude de cada quen.
Ademais da asistencia a clase e utilización do material, lecturas e recomendación que se fagan ao longo do curso, o alumnado deberá adicar un tempo adecuado ás súas capacidades e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden
Gonzalo Rodriguez Rodriguez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811559
- Correo electrónico
- gonzalo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Oscar Rodil Marzabal
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811657
- Correo electrónico
- oscar.rodil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Gonzalez Lopez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811591
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Emilio Nogueira Moure
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811581
- Correo electrónico
- e.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Hugo Campos Romero
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- hugo.campos.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 22 |
15:00-17:00 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula 20 |
Xoves | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 22 |
11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
15:00-16:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula 20 |
Venres | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
02.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
02.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
02.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
02.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula A |
02.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
02.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
02.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
02.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
02.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 07 |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula 07 |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula 07 |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula 07 |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula 07 |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula 07 |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula 07 |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula 07 |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula B |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula B |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
11.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula B |