Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
É moi importante que o alumnado adquira a través da lectura capacidades de comprensión temática e metodológica, así como de asimilación das conclusións. Por iso, nesta materia valóranse as actividades de lectura. Tamén é importante que alcancen un certo grao de autonomía no manexo das técnicas para a presentación dun estudo econométrico. Adquirir un coñecemento amplo das principais liñas de investigación econométrica europea e internacional.
Clasificación das relacións causales en Econometría. Contrastes de causalidad. Contrastes de cointegración. Modelos de consumo, produción, emprego e salarios. Modelos rexionais. Modelos internacionais.
BASICA
Guisán, M.Carmen (coord.) (2022). “Temas de Econometria Aplicada: Modelos multiecuacionales, causalidad, datos de panel y desarrollo internacional". Serie Economía y Desarrollo. Asociación Hispalink-Galicia
COMPLEMENTARIA:
Angrist, Joshua (2009). Mostly harmless econometrics: an empiricist's companion. Princeton University Press
Cabrer, Bernardí (2001). Microeconometría y decisión. Editorial Pirámide.
Guisán, M. Carmen (1997): Econometría. Madrid: McGraw-Hill
Guisán, M. Carmen ; Cancelo, M. Teresa; Aguayo, Eva; Díaz, Rosario (2001): Modelos econométricos interregionales de crecimiento de la industria y de los servicios en las Regiones Europeas, 1985-1995. AHG.
Guisán, M. Carmen ; Cancelo, M. Teresa; Neira, Isabel; Aguayo, Eva; Expósito, Pilar (2001): Crecimiento económico en los países de la OCDE 1. AHG.
Guisán, M. Carmen ; Cancelo, M. Teresa; Neira, Isabel; Aguayo, Eva; Expósito, Pilar (2001): Crecimiento económico en los países de la OCDE 2. AHG.
Verbeek, Marno (2017). A guide to modern econometrics. Hoboken, NJ : Wiley Custom
Artículos y documentos, de lectura recomendada en la clase ou en las páginas de intermet http://www.usc.es/economet/econ4grado.htm
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como público.
Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos xerais, tanto no ámbito privado como público.
Achegar racionalidade á análise e á descrición de calquera aspecto da realidade económica.
Avaliar consecuencias das distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores dados os obxectivos.
Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional.
Contribuír ao coñecemento da realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público institucións económicas e a súa evolución.
Competencias específicas da materia:
Avance nos conceptos de nivel medio indispensables para a análise cuantitativa e empírico da Economía desde a perspectiva econométrica.
Ampliación das técnicas econométricas de nivel medio que lle permitan ao alumnado iniciarse na Econometría Avanzada.
Ampliación dos coñecementos en paquetes informáticos específicos para a Econometría que posibilite a súa aplicación no ámbito da análise da realidade económica.
Fomentar a iniciativa do alumnado e a súa capacidade de formulación e solución de problemas sinxelos de investigación económica cuantitativa enfocado, no seu caso, ao traballo de fin de grao.
Competencias transversais da titulación ás que contribúe a materia:
Autonomía na aprendizaxe
Traballo en equipo
Sensibilidade cara a problemas sociais. Perspectiva de xénero.
Ao ser unha materia de carácter eminentemente aplicado, préstase especial atención ao traballo continuado do alumnado. Esta materia conta con guía docente a disposición do alumnado na aula virtual.
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa proporcionándolle ao alumnado a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
As clases prácticas en grupos reducidos están encamiñadas a que o alumnado consiga unha mellor comprensión dos contidos básicos, se familiarice co novo instrumental informático e coa resolución de problemas concretos en economía.
Poderase programar titorías por vía telemática.
Seguimento e participación nas clases teóricas e prácticas. Exposición das lecturas recomendadas e exercicios. Haberá un exame para os alumnos e alumnas que non alcancen a cualificación suficiente na avaliación continúa e, en casos xustificados, para subir nota.
A puntuación máxima no exame será de 7 puntos, agás para o alumnado con concesión de dispensa de asistencia a clase que terá un exame sobre 10 puntos.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso e a súa ponderación, indicaranse na guía docente dispoñible na aula virtual da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Como a carga total de cada crédito se estima en 25 horas totais para o/a estudante, o tempo de estudo e traballo persoal que se estima para superar esta materia é de 150 horas, as cales se distribúen entre traballo presencial e non presencial.
Recomendacións previas: Ter superada a materia Econometría II desta titulación.
- Uso do Campus Virtual.
- Emprego de paquetes informáticos específicos de econometría: Econometric-views.
- Lingua de impartición: Castelán.
Maria Isabel Neira Gomez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811547
- Correo electrónico
- isabel.neira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Eva Maria Aguayo Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811518
- Correo electrónico
- eva.aguayo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
11:30-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 26 |
Xoves | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 26 |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula C |
13.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula C |
30.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
30.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula 07 |
30.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula 07 |