Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Profundar no estudo do método contable.
Coñecer e comprender a lexislación mercantil e contable.
Fundamentar o uso das contas anuais como instrumentos de información sobre a situación económico–financeira e os resultados da empresa.
Elaborar e interpretar os principais estados contables e as características básicas destes.
Confeccionar un informe sobre a situación da empresa.
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais básicos vinculados á contabilidade de custos.
Coñecer os principais sistemas de custos e as condicións nas que resulta máis apropiada a utilización de cada un deles.
Distinguir os distintos tipos de custos en función da súa relación coa actividade e co produto/servizo/proceso
1. Contabilidade de impostos: IVE e sociedades.
2. Contas anuais: balance e resultados.
3. Análise de estados financeiros.
4. Fundamentos da contabilidade de custos.
5. Clasificación, localización e asignación de custos.
6. Métodos para calcular e controlar os custos indirectos
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Texto consolidado do PLAN XERAL DE CONTABILIDADE
AIBAR, B. y AIBAR, C. (2022). Contabilidad de Costes y de Gestión. Teoría y Práctica. Ibergaceta Publicaciones.
AMAT SALAS, O. (2008): Análisis de estados financieros: fundamentos y aplicaciones (8.ª edición). Barcelona: Gestión 2000.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
ALSINA, R. (2010): Aplicación en Excel para el análisis de balances. Barcelona: Profit.
AMAT SALAS, O. (2010): Contabilidad y gestión de costes, Bresca (Profit Editorial). España.
AMAT SALAS, O. (2008) Comprender la contabilidad y las finanzas Ediciones Gestión 2000, Barcelona, España.
AMAT SALAS, O (2006) Curso multimedia para comprender la contabilidad y las finanzas: con ejercicios resueltos, cuestionarios tipo test y vídeos [Recurso electrónico] Ediciones Gestión 2000, Barcelona, España.
AMAT, O.; SOLDEVILLA, P. y AGUILÁ, S. (2003): Ejercicios Resueltos de Contabilidad de Costes. Gestión 2000, Barcelona.
ARCHEL DOMENCH, P., LIZARRAGA DALLO, F., SÁNCHEZ ALEGRÍA, S; CANO RODRIGUEZ, M.. (2015): Estados Contables. Elaboración, análisis e interpretación. Pirámide. Madrid.
BLANCO DOPICO, I. (1994): Contabilidad de Costes. Análisis y control, Pirámide, Madrid.
BLANCO, I.; AIBAR, B. y RÍOS, S. L. (2001): Contabilidad de Costes. Cuestiones, supuestos prácticos resueltos y propuestos. Prentice Hall.
CANTORNA AGRA, S.; MASIDE SANFIZ, J.M. E ALVAREZ DOMINGUEZ, Mª A. (2021): Contabilidad financiera. Fundamentos teóricos y casos prácticos. Garceta, grupo editorial.
CARRASCO, A; DONOSO, S.A.; FRESNEDA, S.; LARRINAGA,C; HERNÁNDEZ. J.J.; LÓPEZ, M.A. (2009) Estados financieros : teoría y casos prácticos.Madrid : Pirámide.
HORNGREN, CH. T.; DATAR, S. M. y FOSTER, G. (2007) (Duodécima edición): Contabilidad de Costos: un enfoque gerencial, Prentice-Hall Hispanoamericana, México.
GALLEGO DÍEZ, E. y VARA VARA, M. (2008): Manual práctico de Contabilidad Financiera, Pirámide, Madrid.
GONZÁLEZ PASCUAL, J. (2008): Análisis de la Empresa a Través de su Información Económico-Financiera. Fundamentos Teóricos y Aplicaciones, Pirámide, Madrid.
GONZÁLEZ PASCUAL, J. (2008): Análisis de la Empresa a Través de su Información Económico-Financiera. Aplicaciones Prácticas, Pirámide, Madrid.
LÓPEZ DÍAZ, A. y MENÉNDEZ MENÉNDEZ, M. (1990): Curso de Contabilidad Interna, AC, Madrid.
MALLO C. Y PULIDO, A. (2008): Contabilidad Financiera. Un enfoque actual, Paraninfo, Madrid.
MUÑOZ MERCHANTE, A. (2009). Análisis de estados financieros: teoría y práctica. Madrid: Ediciones Académicas.
MUÑOZ MERCHANTE, A. (2009). Análisis de estados financieros: ejercicios y test. Madrid : Ediciones Académicas.
OMEÑACA GARCÍA, J. (2008): Contabilidad General, Deusto, Barcelona.
ROJO RAMÍREZ, A. (2012): Las cuentas anuales en la empresa Madrid : Garceta.
SOCIAS SALVA, A. y OTROS (2008): Contabilidad Financiera. El Plan General de Contabilidad 2007, Pirámide, Madrid.
WANDER-BERGHE, J.L. (2008): Contabilidad Financiera. Nuevo Plan General de Contabilidad y de PYMES, Pirámide, Madrid.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
• Elementos básicos de Contabilidade.
• Modelos e técnicas de representación da realidade económica
• Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
• Integrarse na xestión empresarial.
Competencias específicas da materia:
• Profundar no estudo do método contable.
• Elaborar e interpretar os principais estados contables e as características básicas dos mesmos
• Coñecer e comprender a lexislación mercantil e fiscal.
• Coñecer e comprender os conceptos fundamentais básicos vinculados ao ciclo contable da contabilidade de custos:
- Coñecer os principais sistemas de custos e as condicións en que resulta máis apropiada a utilización de cada un deles.
- Distinguir os distintos tipos de custos en función da súa relación coa actividade e co produto/servizo/proceso.
• Manexar na aula de informática programas informáticos contables.
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de forma virtual. As sesións na aula teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa, proporcionando ao alumno a información básica necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
Tras as exposicións de cada un dos temas, expomos diferentes actividades e exercicios prácticos, que haberán de resolverse de forma individual e/ou en grupos reducidos.
Os materiais didácticos básicos utilizados no desenvolvemento da materia son o Plan Xeral de Contabilidade xunto cos supostos prácticos elaborados polos profesores. Todo o material de apoio á docencia se atopa na aula virtual da materia:
- diapositivas da parte expositiva e interactiva,
- exercicios de autoavaliación,
- foros de dúbidas, etc.
Esta materia conta cunha guía docente na aula virtual na que se inclúe información detallada sobre: profesorado, calendario con datas crave, tipos de probas a realizar e criterios de avaliación.
A continuación, sinálanse os aspectos que se terán en consideración para a avaliación da materia, diferenciando os criterios e os instrumentos para a súa determinación, así como o peso que terán na cualificación final. A avaliación estará composta de:
1. Avaliación continua; e
2. Exame final, segundo convocatoria oficial.
Proba final: exame final.
PESO: Valor 70%. O exame final terá carácter presencial e será obrigatorio para superar a materia
Avaliación continua. PESO: 30%
Aspectos a avaliar:
-Exercicios prácticos e/ou teóricos a resolver e entregar polos estudantes ao longo do cuadrimestre.
-Cualificación das probas realizadas ao longo do curso, a condición de que alcancen unha puntuación mínima.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
Nota final: Sumando ambos os conceptos, o alumno deberá obter para superar a materia un mínimo dun 5 sobre 10. Se unicamente ten a cualificación correspondente ao exame final, para superar a materia deberá obter 5 sobre 7. En calquera caso, a nota mínima para poder superar o exame final será de 4 sobre 10.
Só se engadirá a nota do exame final á nota de avaliación continua cando se alcance o mínimo requirido nel.
Este criterio de valoración é o mesmo en cada unha das oportunidades de exame e para todos os alumnos.
Sistemas de avaliación para casos de dispensa: de acordo coa normativa de dispensa da USC, e segundo acordo da Xunta de Facultade do 7 de xuño de 2017, aqueles alumnos dispensados de clase avaliaranse en exame final, podendo acadar de 0 a 10 puntos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten 6 ECTS e cada crédito equivale a 25 horas.
Distribución das horas de traballo persoal do alumno:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 30 horas.
Escritura de exercicios, conclusións ou outras tarefas: 55 horas.
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou semellantes: 5 horas.
Total de traballo persoal do alumno: 90 horas.
As horas presenciais, que inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación, representan 60 horas.
Para lograr o máximo aproveitamento e rendemento desta materia o alumno debería ter adquirido as nocións e os coñecementos impartidos na materia Contabilidade Xeral I.
Esta materia conta con Aula Virtual que se utilizará como apoio á parte teórica e práctica da materia, onde os estudantes terán dispoñibles tanto esquemas que lles poden axudar no estudo da mesma como os boletíns de exercicios de auto avaliación. Tamén se empregarán as ferramentas de comunicación (e-mail, foro, Chat…) entre os estudantes e o profesorado para plantexar debates e outras cuestión e dúbidas da materia.
Jose Fernando Barros Fornos
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811630
- Correo electrónico
- fernando.barros [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Pablo Duran Santomil
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811596
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 20 |
Mércores | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 20 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 20 |
Venres | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 20 |
22.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
22.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
22.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
22.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
22.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
22.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08 |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 08 |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 08 |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 08 |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |