Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Capacitar aos alumnos para aplicar os coñecementos sobre os procesos de comunicación publicitaria desde unha óptica global. Coñecer a dinámica das organizacións como emisoras do discurso publicitario. Coñecer e por en valor todas as ferramentas complementarias á comunicación publicitaria e a adecuación das mesmas nos distintos escenarios. Determinación dos aspectos de valor no deseño estratéxico nos procesos de comunicación de mensaxes publicitarios.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023
2.1 Contidos teóricos:
2.1.1. ASPECTOS BÁSICOS DA COMUNICACIÓN
Fundamentos epistemolóxicos: conceptos básicos de emisor, canle e receptor do proceso, achegamento aos modelos clásicos e comprensión destes, estruturas básicas de todos os participantes no proceso de comunicación publicitaria, organizacións, medios de comunicación e outras canles e, finalmente, o receptor.
2.1.2 A ESPECIFICIDADE DA COMUNICACIÓN PUBLICITARIA
A especificidade da comunicación na publicidade e nas relacións públicas. Os obxectivos, a súa fixación e a tutela do seu cumprimento. A publicidade no contexto do márketing empresarial e institucional.
2.1.3.CANLES DE COMUNICACIÓN
A necesidade de comunicar e as ferramentas axeitadas para cada conxuntura: os seus códigos, repertorio formal e procesos de produción. As canles da comunicación publicitaria: medios e soportes convencionais (prensa, radio, televisión, publicidade exterior...) non convencionais (below, web e interactivos) e novas morfoloxías publicitarias axeitadas aos novos escenarios de emisión e recepción.
2.1.4. A ESTRATEXIA NA COMUNICACIÓN PUBLICITARIA
A formulación estratéxica en publicidade: estratexia publicitaria (posicionamento, eixes de comunicación e valores de comunicación), Narrativas e marcos comunicativos, o ecosistema da marca, estratexia creativa e planificación de medios. Análise e elaboración da mensaxe publicitaria en función dos diversos medios e soportes. A
investigación na publicidade e nas relacións públicas: conceptos básicos e técnicas específicas.
2.1.5 PRODUCIÓN AUDIOVISUAL EN PUBLICIDADE
A imaxe no mensaxe publicitario. O relato visual. Imaxe en movemento: edición e postprodución. Produción sonora: edición e postprodución. Produción multimedia: recursos e linguaxe. A construción da mensaxe: procesos e metodoloxía.
2.2 Contidos prácticos:
2.2.1.O EMISOR: aplicación de modelos prácticos no mundo da empresa e das organizacións.
2.2.2.- AS CANLES. Determinación, selección e planificación dos mesmos.
2.2.3.- OS CONTIDOS: Estratexía e Creatividade, desenvolvemento de eixe aos distintos medios e canles.
3.1. Bibliografía básica:
Manual:
LOBO, Mª Ángeles (1994): Curso de publicidad, Madrid, Eresma & Celeste.
LINDSTROM, Martín (2010). Buyology. Barcelona. Gestión 2000
HERNÁNDEZ MARTINEZ, Caridad (2004). Manual de creatividad publicitaria. Madrid. Síntesis.
SANAGUSTIN, Eva (2013). Marketing de contenidos. Madrid. Anaya
SOLANA, Daniel (2012). Postpublicidad. Barcelona. Editorial Postpublicidad.
LOBO, Mª Ángeles (1994): Curso de publicidad, Madrid, Eresma & Celeste.
MOLINÉ, Marcal (1988): La comunicación activa, Bilbao, Deusto.
GURREA, Álvaro (1999): Los anuncios por dentro, Bilbao, SPIC Universidad del País Vasco.
CUESTA CAMBRA, U. (editor, 2012): "Planificación estratégica y creatividad". ESIC Editorial. Madrid, España.
VARIOS AUTORES (2011). " El negocio publicitario en el contexto digital". Departament de Ciències de la Comunicació, Universitat Jaume I.
GUILERA, LLORENÇ (2011) " Anatomia de la Creatividad". FUNDIT - Escola Superior de Disseny ESDi
URLS
http://www.kantarmedia.es
http://www.adforum.es
http://www.portalcomunicacion.com/index.asp?lng=esp
http://adsoftheworld.com/
http://www.neuronilla.com/desarrolla-tu-creatividad/tecnicas-de-creativ…
http://www.canneslions.com/
http://www.postpublicidad.es
3.2. Bibliografía complementaria:
SALMON, Christian (2008) Storytelling. Barcelona. Ediciones Península.
COSTA, Joan (1995): Comunicación Corporativa, Ediciones Ciencias Sociales, Madrid.
RICARTE, José M.(1998): Creatividad y comunicación persuasiva, Servei de Publicacións Universitat Autónoma de Barcelona, Barcelona.
MOLINÉ, Marçal (2000): La fuerza de la publicidad. Saber hacer buena publicidad, saber administrar su fuerza, Madrid.
SURMANEK, Jim (1982): Planificación de medios, Editorial Eresma, Madrid.
GONZÁLEZ MARTÍN, Juan Antonio (1996): Teoría general de la publicidad, Madrid, FCE.
SOLANA, D.(2012). Postpublicidad. Barcelona. Editorial Postpublicidad.
PEREZ LATRE, F.J.. (2011). La publicidad y los medios.. Ediciones Universidad de Navarra. Navarra
Analizar os recursos que fan da comunicación publicitaria un proceso eficaz e preciso. Coñecemento das ferramentas e da metodoloxía capaz de axudar a entender procesos complexos. Capacidade creativa á hora de afrontar a elaboración dunha mensaxe publicitaria e de superar as normas expresivas establecidas. Capacidade analítica das mensaxes publicitarias, das campañas e de todo tipo de accións publicitarias e de relacións públicas.
Competencias básicas e xerais:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
Transversais:
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
Específicas:
CE22 - Capacitar para a creación de estratexias efectivas de comunicación en produtos audiovisuais
CE23 - Adquirir a formación necesaria para o desenvolvemento profesional en calquera das competencias necesarias para a creación de publicidade audiovisual.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023
Lectura e visionado de todos aqueles textos impresos, sonoros, audiovisuais e multimedia con finalidade persuasiva analizados ou recomendados durante o desenvolvemento da materia. Interese pola actualidade publicitaria en todos os medio se soportes. Interese pola actualidade informativa e artística en todos os ámbitos: cine, literatura, televisión, arte...
Enrique Castello Mayo
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816529
- Correo electrónico
- enrique.castello [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
09.01.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 0 |
23.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 1 |