Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Aproximación teórica ao guión (conceptos, formatos e transformacións históricas). Coñecer as distintas fases de elaboración do guión (sinopse, argumento, escaleta, tratamento e guión).
Comprender e aplicar métodos de análise do guión (guión clásico e non clásico, guión e xénero cinematográfico, o guión do documental, guión e adaptación) a partir do estudo de filmes relevantes.
Aproximación aos métodos formais para a construción de personaxes (tipoloxías, evolución dramática, aportación
da psicoanálise, personaxe e conflito, personaxe e actor) e escenas (escena e conflito, subtextos, técnicas de diálogo).
Coñecemento das razóns e os mecanismos da reescritura do guión (erros comúns, etc.)
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
Escritura de guións cinematográficos. Análise estética, histórica e narratolóxica de guións cinematográficos.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. QUE É UN GUIÓN?
1.1. Definición
1.2. Labor do guionista
1.3. Formas de guión: longametraxe/curtametraxe
1.4. O nacemento da idea. O conflito
1.5. A estrutura clásica: o paradigma
1.6. Creación de personaxes
1.7. Fases do guión. Tratamento. Escaleta. Diálogos
1.8. A reescritura
TEMA 2. O GUIÓN ADAPTADO
2.1. A translación da linguaxe literaria á linguaxe audiovisual
2.2. A adaptación fiel e a adaptación libre
2.3. A adaptación da novela
2.4. A adaptación do relato curto
2.5. A adaptación da obra teatral
2.6. Estrutura do texto / estrutura do guión
TEMA 3. O GUIÓN PARA TELEVISIÓN
3.1. As series: por que facer unha serie e que serie facer
3.2. Clases de series
3.3. As fases da escritura de series. Biblia. Mapa de tramas. Piloto
3.4. Levar unha serie ao cine
3.5. As tv movies
3.6. Os programas de televisión
CONTIDOS PRÁCTICOS
Escritura (e reescritura) do guión dunha curta (estrutura e diálogos).
Comparación e análise dunha novela e a súa posterior adaptación a película ou serie de ficción.
Elaboración de escaletas e diálogo de secuencias.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
McKee, R. (2002). El Guion. Alba.
Ríos San Martín, M. (coord.). (2012). El guion para series de televisión. Instituto RTVE.
Sanz Magallón, A. (2007). Cuéntalo bien. El sentido común aplicado a las historias. Plot.
Tubau, D. (2007). Las paradojas del guionista. Alba.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Edgard-Hunt, R.; Marland, J.; e Richards, J. (2010). Bases del Cine: Guion. Parramón.
Field, S. (1995). El libro del guion. Fundamentos de la escritura de guiones. Plot.
Golman, W. (2002). Las aventuras de un guionista en Hollywood. Plot.
López, N. (2008). Manual del guionista de comedias televisivas. T&B.
Mamet, D. (2006). Bambi contra Godzilla. Finalidad, práctica y naturaleza de la industria del cine. Alba.
Sánchez Noriega, J.L. (2000). De la literatura al cine. Paidós.
Seger, L. (1991). Cómo convertir un buen guion en un guion excelente. Rialp.
Tubau, D. (2011). El guion del siglo 21. El futuro de la narrativa en el mundo digital. Alba.
RECURSOS WEB
https://bloguionistas.wordpress.com/
http://www.sindicatoalma.es/
http://www.abcguionistas.com/
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CG)
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con
perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na
definición e presentación de problemas como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT01 - Capacidade de organización e planificación.
CT02 - Capacidade de xestión da información.
CT03 - Traballo en equipo.
CT04 - Aprendizaxe autónoma.
CT05- Creatividade.
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT07 - Coñecementos básicos da profesión.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE01 - Capacitar para a dirección artística dunha produción audiovisual.
CE02 - Coñecer as técnicas de escritura para os guións de produtos audiovisuais.
CE03 - Coñecer as técnicas para a ideación e creación de produtos audiovisuais.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
Consultar a bibliografía recomendada e, ante todo, ver moito cine e moita televisión, facendo un visionado analítico centrado especialmente no guión.
Roberto Gonzalez Mendez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- roberto.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
23.01.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 7 |
23.01.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 8 |
18.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 1 |